ACCIÓN SINDICAL
ELECCIÓNS Á XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 345
ACORDO XGL CARREIRA HORIZONTAL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 261
PROPOSTA CARREIRA PROFESIONAL CONCELLO DA CORUÑA
O Goberno municipal achegounos o 29 de marzo pola tarde (coincidindo ca asemblea da CIG) unha proposta ca implantación da carreira horizontal
A proposta do goberno municipal é a retribución progresiva en 6 anualidades (2023-2028), nas que propoñen comezar cun 20%, para a Sección Sindical da CIG tanto a porcentaxe como o número de anualidades (6) son inaceptables.
A horas da MXN enviaron unha proposta incompleta, quedaron pendentes cousas tan importantes como as contías e as porcentaxes a aplicar, a proposta final será na MXN, se ben existe consenso sindical en canto ás contías, non hai unidade sindical en canto as porcentaxes porque o resto de centrais sindicais ou ben non fixeron ningunha consideración, ou ben sinalaron que con que non se baixase dun 20% na primeira anualidade sería suficiente, algo xa plasmado neste no último borrador.
Para que poidades valorar mellor do que estamos a falar, na táboa seguinte podedes comprobar a insignificancia da proposta do 20% se temos en conta as cantidades que manexamos os sindicatos , a do GM a descoñecemos pero nas Mesas Técnicas as consideraban moi elevadas, polo que a proposta municipal incluso podería ser de cantidades menores ás seguintes.
PARA O GRAO 1
A1 118€ (1414€/12) : 24€
A2 111€ (1330€/12) : 22€
B 104€ (1246€/12) : 21€
C1 97€ (19€/12) : 19€
C2 90€ (1078€ /12) : 18€
AP 85€ (1022€/12) : 17€
Dende a CIG consideramos que un Concello como o da Coruña debería promover unha CARREIRA HORIZONTAL á altura e non entrar nun mercadeo como ao que estamos acostumados noutras xestións.
Asemade desta información podedes consultar o documento sobre a que debatimos o 29 de marzo na asemblea con máis datos como a proposta de contías por graos LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 930
MEDICIONS DE GAS RADON
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña
EXPOÑO:
O pasado 7 de marzo de 2023 na sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña tratouse na orde do día, entre outros, o seguinte punto:
“5.- Informe sobre as medicións de gas radón e de temperatura en centros de traballo municipais.”
Neste punto douse lectura por parte do presidente do Comité de Seguridade e Saúde a un breve informe sobre as medicións de gas radón que se levaron a cabo nos últimos meses no centro de traballo do Pazo Municipal de María Pita.
Non se facilitaron aos membros do Comité de Seguridade e Saúde o resultado concreto de todas as medicións efectuadas en diferentes puntos deste centro de traballo.
O real decreto 1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición as radiacións ionizantes establece nos seus artigos 75 e 76 a obrigación de tomar medidas cando nos lugares de traballo existan zonas de concentración de radón en aire que, en promedio anual, superen o nivel de referencia de 300Bq/m3, e que o resultado das estimacións estará a disposición do traballador, das autoridades sanitarias, da inspección de traballo, doutras administración públicas competentes en materia laboral e do consello de seguridade nuclear.
O artigo 82 deste mesmo decreto establece, entre outras cousas, que a Inspección de Traballo e Seguridade Social colaborará co Consello de Seguridade Nuclear na vixiancia do cumprimento das obrigas dos titulares de actividades laboráis con exposición ao radón, particularmente no referido aos incumplimentos relativos á disponibilidade do informe previsto no artigo 76.3.
O artigo 18 da lei 31/1995 de 8 de novembro de prevención de riscos laboráis establece que a información nesta materia se facilitará aos traballadores a través dos seus representantes.
Asemade pregunteille ao presidente do Comité de Seguridade e Saúde si se levaran a cabo as obras previstas no centro de traballo de Casa Paredes para reducir os niveis o gas radón, a resposta do presidente do Comité de Seguridade e Saúde foi que non sabía si as obras se fixeran ou non.
Levamos preguntando polas obras de Casa Paredes dende hai varios anos sin recibir resposta por parte do goberno municipal.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Se me faciliten como delegada de prevención e representante dos traballadores municipais as medicións de gas radón de todos os medidores instalados nas diferentes prantas do pazo municipal de maría pita, e o informe das estimacións de promedio anual de concentración de radón en aire de todas as zonas donde se realizaron medicións nos últimos meses por parte dunha empresa especializada.
- De non facilitarse a información solicitada darase traslado á autoridade competente para que actúe en consecuencia conforme ao establecido no real decreto 1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición as radiacións ionizantes.
- Se informe sobre si se levaron a cabo as obras para a reducción dos niveis de gas radón en Casa Paredes. En caso de non estar feitas estas obras, se inicien de maneira inmediata procedendo, unha vez rematadas, a novas medicións a fin de comprobar si se reduciron os niveis coas obras efectuadas.
A Coruña a 20 de marzo de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 386
RESPOSTA DO SERVIZO DA POLICIA LOCAL SOBRE DENEGACION DE PERMISOS
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 522
COMISION DE RISCOS PSICOSOCIAIS
Ana Filgueiras Espasandín con D.I XXXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña
EXPON:
No comité de seguridade e saúde do Concello da Coruña do pasado 7 de marzo de 2023 constituiuse unha comisión técnica sobre riscos psicosociais para a analise dos resultados do test de riscos psicosociais efectuado ao persoal de servizos sociais do Concello da Coruña e proposta de posibles medidas correctoras. Esta comisión estará composta por catro delegados de prevención, persoal do servizo de prevención do concello da Coruña, persoal de recursos humanos e duas persoas designadas polo servizo de servizos sociais.
Nesta sesión do CSS expuxen que debería ser o Concello da Coruña o que propoña as medidas correctoras precisas e non unha comisión técnica xa que a planificación da actividade preventiva debe facela o concello atendendo ao establecido na lexislación.
O plan de prevención do concello da coruña establece que o concello opta por constituir un servizo de prevención propio que cubra as áreas de Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.
Neste mesmo plan de prevención establecese, dentro do servizo de prevención de riscos laboráis, como función dos técnicos superiores de Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada propor medidas para eliminar, reducir ou manter controlados os riscos laboráis.
O real decreto 39/1997 de 17 de xaneiro polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención di:
-Art.8:” Cando do resultado da avaliación puxese de manifesto situación de risco o empresario planificará a actividade preventiva que proceda co obxeto de eliminar ou controlar e reducir ditos riscos, conforme a unha orde de prioridades en función da sua magnitude e número de traballadores expostos aos mesmos.”
-Art.35.c: “Funcións de nivel básico:c-Realizar avaliacións elementais de risco e , no seu caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu grao de formación”
Aos delegados de prevención do concello da coruña só se lles exixe formación básica en prevención de riscos laborais, descoñezo que tipo de formación teñen o resto de membros da comisión técnica constituída, agás os membros do servizo de prevención do concello para os que a rpt recolle como requisito un curso superior en p.r.l, seguridade, ergonomía e hixiene.
POLO EXPOSTO SOLICITO:
- Se establezan , en base aos resultados dos test de riscos psicosociais efectuado na área de servizos sociais, as medidas correctoras oportunas por parte do Concello da Coruña a fin de eliminar ou controlar e disminuir os riscos.
- Se informe no seo do comité de seguridade e saúde ou da comisión técnica creada das medidas correctoras que se van a implantar, a fin de que os seus membros poidan prestar a colaboración que se precise na sua implementación, facendo as propostas que consideren.
- Se informe por parte do concello da coruña sobre si todos os membros da comisión técnica creada teñen a formación suficiente en materia de prevención de riscos laboráis para exercer as funcións para as que foi creada.
- Unha vez implementadas as medidas correctoras se faga unha nova avaliación nun prazo de 6 meses co fin de comprobar a efectividade das mesmas.
A Coruña a 13 de marzo de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 377
DENEGACION DE PERMISOS NA POLICIA LOCAL
José María Calatayud Sánchez co DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de
notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de
secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPON:
Tivemos coñecemento de que se están denegando reiteradamente no corpo da policía local o desfrute dos días de asuntos particulares pendentes do ano 2022 e cuxo período de desfrute remata o 31 de marzo de 2023.
O permiso por asuntos particulares é un dereito recoñecido na lexislación de función pública e recollido na clausula décimo novena da Instrucción 2/2021 sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal do Concello da Coruña.
O desfrute deste permiso só poderá denegarse por necesidades do servizo debidamente xustificadas. Pola información que nos consta as razóns destas denegacións son razóns estructurais de organización do funcionamento da policía local e non poden servir para denegar un permiso de maneira constante.
Consideramos que se está vulnerando un dereito dun funcionario público legalmente recoñecido.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Que cese a denegación do dereito ao desfrute do permiso por asuntos particulares no corpo da policía local do Concello da Coruña.
A Coruña a 9 de marzo de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 762
REALIDADE VS ENSOÑACIÓN
A realidade ao respecto das negociacións en materia de persoal no Concello da Coruña a 3 meses do fin de mandato, é a seguinte:
CARREIRA PROFESIONAL
Se ben é certo que dende o pasado mes de outubro vimos traballando en mesas técnicas (que non negociadoras) non é menos certo que estas mesas técnicas están paralizadas, e que o Concello sen motivación nin xustificación anulou a última mesa técnica que estaba prevista para o pasado 06 de febreiro. Preocúpanos a deriva que tomou o traballo das mesas técnicas, coa última xuntanza nas que nos reuniron ás sección sindicais por separado. Sospeitamos que, unha vez máis, a suposta negociación á que se refiere UGT no seu último correo é a que ten lugar noutros espazos e despachos que non son os da negociación colectiva. A realidade é que a un día de rematar o mes de febreiro non hai proposta definitiva para a carreira profesional, non hai coñecemento da contía económica que o concello vai a adicar, nin data para a Mesa Xeral de Negociación.
RPT
Gábase tamén a sección sindical da UGT do bo resultado nas negociacións... recordamos novamente que o único ámbito negociador é o da MXN e que ata o de agora o único que se ten producido son duas xuntanzas INFORMATIVAS E INFORMAIS coa empresa adxudicataria. No último contacto coa empresa mantido o pasado 02 de febreiro non nos facilitaron datos concretos para comezar a traballar, como nos pensabamos. A realidade que non ofreceron da nova RPT é a seguinte: a participación dos traballadores nas enquisas non chegou ao 50%, o contacto da empresa adxudicataria coas xefaturas de servizo (unha das cuestións fundamentais para poder ter unha valoracións real dos servizos) non está sendo doado nin tan sequera foron quen de reunirse co coordinador xeral municipal, ou que a empresa non ten constancia de que exista un acordo da Mesa Xeral de Negociación ao respecto da negociación do método de valoración que se empregue na elaboración da nova RPT.... Polo tanto, ao respecto da negociación da nova RPT, nada que celebrar.
PLAN DE IGUALDADE
Máis de un ano despois da primeira xuntanza da Comisión Negociadora do Plan de igualdade, o pasado 24 de febreiro tivemos a segunda xuntanza da comisión. Para a nosa sorpresa, nesta segunda xuntanza, se nos achega xa a proposta do borrador do IV Plan de Igualdade, sen que mediara durante todo este ano a preceptiva negociación. O Concello non achega a documentación obrigatoria e precisa para negociación do plan, a pesar de ter aberto na Inspección de Traballo un expediente sancionador por falta grave por este motivo, a raíz da denuncia que esta sección sindical tivo que interpoñer. a CIG deixou claro nesta segunda sesión de traballo que non vai a asinar ningunha proposta en materia de plan de igualdade que non cumpra a legalidade vixente, e non dubidaremos en dar os pasos legais precisos para que esta se cumpla.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 673
DENUNCIA INSPECCION DE TRABALLO CONVOCATORIA COMITE DE SEGURIDADE E SAUDE
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXX e domicilio para os efectos de
notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María
Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da
Coruña
EXPON:
O día 14 de novembro de 2022 solicitei mediante escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña con código de asento RMPE161UJ7, como delegada de prevención do Concello da Coruña, a convocatoria de sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña (adxúntase copia).
O día 25 de novembro de 2022 a secretaria do Comité Seguridade e Saúde solicita aos membros do CSS, via correo electrónico (adxúntase copia):” se lles insta para que, antes do día 2 de decembro, comuniquen ó Departamento de Saúde Laboral e Prevención de Riscos Laborais os temas que consideren de interese para a súa inclusión na Orde do día da vindeira convocatoria.”
O día 2 de febreiro de 2023 reitero, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello da Coruña con código de asento RMPE17060S, a solicitude de convocatoria de sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña (adxúntase copia)
A data de presentación deste escrito non foi convocada a sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña, incumprindo o establecido no artigo 38.3 da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais.
Nos últimos anos o Concello da Coruña ven incumprindo a periodicidade de tres meses establecida no artigo 38.3 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais de 8 de novembro para a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde.
POLO EXPOSTO,SOLICITA:
Se comprobe pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de A Coruña o arriba exposto e se faga cumplir o establecido no artigo 38.3 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais requerindo ao Concello da Coruña para que convoque a sesión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña.
A Coruña a 24 de febreiro de 2023
A/A INSPECCION PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DE A CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 440