Como ben sabedes, no día de hoxe asistimos á Mesa Xeral Extraordinaria de Negociación que convocou o señor Concelleiro o pasado 3 de maio, con 3 puntos na orde do día:
1.- Aprobación das actas das sesión celebradas os días 25.02.2022 e 04.03.2022.
2.- Oferta de Emprego Público do Concello da Coruña para o exercicio 2022 e taxa adicional prevista na Lei 20/2021, do 23 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público
3.- Toma de coñecemento das prazas de estabilización previstas nas ofertas de emprego público doa nos 2017, 2018 e 2022
A sesión comeza co señor Concelleiro recordando que se trata dunha sesión EXTRAORDINARIA e que polo tanto non vai a haber rolda de intervencións ao remate da sesión.
Dende a CIG, informámoslle ao señor concelleiro que alomenos un dos puntos que contén a convacotoria, a Oferta de Emprego Público, ten a entidade suficiente como para que debera ser considerada a sesión de hoxe como ordinaria , e non como extraordinaria, e que polo tanto, non compartimos que non poida darse unha rolda de intervencións ao final da sesión.
Ao respecto do punto 2, a OPE do 2022, o señor Concelleiro solicita ás centrais sindicais que fagan forza para conseguir que a nivel estatal se elimine a taxa de reposición para poder aumentar as ofertas de emprego. A CIG puntualiza que leva facendo esta labor dende a súa aprobación, non asinando acordos a nivel estatal que non condicionan nin esixen a eliminación da dita taxa, ao contrario das demais centrais sindicais.
Ao respecto da proposta que se achega por parte do Goberno Municipal para o OEP do 2022, dende a sección sindical expoñemos que a oferta que achegan de 3 prazas de promoción interna de Bombeiros é totalmente insuficiente e está totalmente alonxada das necesidades do servizo, e recordamos:
-
Prazas de Oficial: non hai ningunha cuberta
- Prazas de suboficial: só cubertas 2 de 5.
- Novas prazas de sarxento: recordamos que se están a facer unhas 600 horas extras ao ando cada un, e debería por tanto haber máis prazas na RPT.
- Convocar as prazas de cabo que están sen cubrir, o que provoca que os cabos fagan unhas 300 horas extras por ano cada un.
- A falta de todas estas prazas impide a promoción dos compañeiros.
Ao respecto das prazas de promoción interna relativas ao grupos A1 e A2 repasarán a porcentaxe xa que é posible que o cálculo non sexa o correcto e poida haber más prazas nesta quenda.
Ao respecto das 12 prazas de Administrativo que propón o Goberno Municipal para a quenda da Promoción Interna, clarexan que se corresponden co número de persoas que non superaron o proceso de promoción deste ano, para que todo o mundo teña a oportunidade de promocionar. Ante a posibilidade de aumentar este número para que poidan optar tamén persoas que na convocatoria deste ano non puidese ter participado, o señor Concelleiro di que “non van facer un traxe á medida”.
Ao respecto do punto 3, referido á toma de coñecemento das prazas afectadas polo proceso de estabilización, a CIG expón que a información que facilitan non permite ter o coñecemento suficiente como para poder garantir que están todas as prazas afectadas e que a información que facilitan, e que partillamos con todo o persoal municipal, non lles permite identificarse e ter as garantías suficientes neste procedemento. Sinalamos algúnhas cuestións que temos detectadas:
-
Nas prazas de estabilización a convocar mediante concurso-oposición: na taboa que facilitan as datas que amosan non permiten concluir que deban ser convocadas mediante concurso-oposición e non por concurso. A este respecto explican que, o goberno municipal seguindo as recomendacións estatais de función pública, todas aquelas prazas que tiveran un periodo de falta de cobertura de 3 meses entre unha alta e unha baixa, deben ser convocadas por concurso-oposición e non por concurso, ao entender que eses tres meses fan que non cumplan o criterio de “cobertura ininterrumpida” que sinala a lei. A CIG recordalle ao Goberno Municipal que se tratan de recomendacións, e que non son de obrigado cumprimento.
O Goberno Municipal comprométese a repasar todas as datas que se refiren neste apartado e reenviarán de novo.
-
Ao respecto da praza 6F23009 Axudante de Cemiterios, dende a CIG advertímoslles que sendo o mesmo código, está en dous procesos: o de estabilización por concurso-oposición e estabilización por concurso.
-
Ao respecto das prazas que a proposta do Goberno Municipal refire á disposición adicional 8ª solicitamos que clarexen por qué tendo unha data de alta posterior a 31 de decembro de 2020 se incluén na proposta de estabilización. Especifican que acordaron sinalar so a data da última alta na cobertura desas prazas, pero que estiveron ocupadas con anterioridade. Insistimos en que o Goberno Municipal debería facilitarnos toda a información completa de tódalas altas e baixas que houbo na cobertura dos postos afectados pola estabilización, xa que do contrario non podemos validala. De feito, tanto a CIG como CCOO mostramos a nosa abstención ante a proposta remitida, e UGT e CSIF a aceptan.
-
Recordámoslle ao Goberno Municipal que é necesario que se faga unha notificación ás persoas afectadas polo proceso de estabilización. Informan de que así o farán.
O señor concelleiro informa de que “próximamente” convocará de novo unha Mesa Xeral de Negociación, esta vez ordinaria e, polo tanto, teremos sorte e contaremos con quenda para rolda de intervencións, para comezar coa 2º fase na negociación das melloras para o persoal municipal.