Jose María Calatayud Sánchez na súa condición de secretario  da sección sindical da CIG no concello da Coruña

MANIFESTA:

 A sección sindical da CIG no concello da Coruña quere mostrar o seu total apoio ao persoal das bibliotecas municipais externalizadas, consideramos inaceptable que traballadores dun servizo público non perciban os seus salarios en tempo xa que isto so pode significar tres cousas, que a empresa se quede cos cartos, que o concello non abone o importe do contrato a empresa que xestiona o servizo en tempo ou que o prezo do contrato non sexa suficiente para facer fronte as nóminas das traballadoras e resto de gastos. O concello sería responsable directo dos dous últimos supostos e responsable subsidiario no caso do primeiro, ao final as débedas da empresa acabarán pagándose con diñeiro público.

Unha vez que a Sala do Social do Tribunal Supremo aclarou que é o que se debe facer nos supostos de recuperación da prestación dos servizos públicos de xestión privada, que foi o principal atranco para realizar esta recuperación co anterior Goberno da Marea, instamos ao Goberno Municipal a que inicie o proceso de reversión no concello da prestación deste servizo público.

 

 

A Coruña a 30 de xuño de 2022