José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

COMUNICA:

Que na MXN do pasado 24 de xullo, o Goberno municipal achegounos unha listaxe das prazas a estabilizar, na que se incluían algunas que pertenecían a programas (UAMI).

Que non é a primeira vez que existindo postos vacantes na RPT, este concello opta por contratar a traves de programas e non por interinaxes.

Que a CIG xa denunciou situacións similares e avalar a inclusión deste tipo de prazas nun proceso como é o de estabilización nin nos parece razoable nin legal, pois ata o de agora moitos  derivaron en procesos xudiciais con cuantiosos custes económicos para o concello.

Polo anteriormente exposto

A CIG non avalará a listaxe proposta non facendo máis pronunciacións ao respecto.

 

A Coruña, 30 de xullo de  2018

Diante do incremento da campaña desinformativa levada a cabo polos sindicatos asinantes do chamado “Acordo de Policía” do ano 2009, CSIF,UGT E CCOO, campaña que non é puntual  senón sistémica dende o primeiro minuto en que nos negamos a asinar ese acordo, vémonos na necesidade de trasladarvos o relato dos feitos para que sexades vos mesmos os que tiredes as conclusións que consideredes oportunas.

No ano 2006 a CIG reúnese con CSIF para acordar o inicio das accións necesarias para conseguir que no Concello da Coruña se fixera unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que mellorase os precarios salarios que tíñamos a totalidade dos/as empregados/as do noso Concello. Convén recordar que con anterioridade se tiñan producido mobilizacións de policías e bombeiros, cada seu pola súa conta, sen que tiveran resultado algún.

Aquel acordo inicial do ano 2006, tiña dous obxectivos: Conseguir sinaturas de apoio do persoal municipal e implicar ao resto dos sindicatos. Dous delegados, un da CIG e outro da CSIF, conseguiron arredor de 800 sinatura de empregados/as do Concello apoiando a realización dunha RPT. Armados deste documento e xa co apoio de CCOO e UGT, solicitamos do goberno do PSOE que realizase unha RPT. A unidade sindical durou ben pouco; a UGT desmarcouse do resto e pactou pola súa conta e co PSOE unha RPT que non satisfixo a ninguén, dando comezo ao conflito.

O obxectivo dos dous colectivos máis combativos, policías e bombeiros, era chegar aos mil cincocentos € de salario; e na procura deste obxectivo mantívose o conflito que durou cerca dos dous anos. É de salientar que non todos tiveron a mesma determinación de loitar ate acadar este obxectivo; e é de xustiza recordar que a sección sindical de CCOO, a pesares das presións dos responsables na comarca, mantivo o seu compromiso ate o final sen fraquezas.

Coa perda da maioría absoluta do PSOE, nas eleccións do 2007, e a conformación do bipartito (PSOE-BNG) a totalidade de sindicatos xunto co goberno municipal, asinamos unha RPT que garantía os 1500€ a policías e bombeiros, cun incremento retributivo (para estes colectivos) do 50% e subidas, en diferentes contías, ao resto de persoal municipal. Na asemblea xeral realizada no Coliseum para consulta ao persoal sobre da sinatura ou non deste acordo, nos dixemos que esa RPT proposta era tecnicamente moi deficiente aínda que  estes defectos podían permitirnos perfeccionar a RPT nun futuro, cando o Goberno Municipal pretendera a súa modificación.

No medio do conflito aprobouse a lei 4/2007, de Coordinación de Policías Locais de Galicia (LGPLG), que modificaba os grupos de titulación dos corpos da Policía Local e permitía que non se aplicasen as retribucións desta modificación ate o ano 2010. Se ben é certo que dita lei contemplaba detraer do complemento específico a cantidade que se incrementase polo cambio ao grupo C1 iso  implicaría unha modificación da RPT que iría en contra do acordo que dera fin ao conflito estando xa en vigor esa lei, polo que o Goberno do PSOE non se atrevería a facelo.

Pois neste contexto, a UGT e CSIF, iniciaron unhas negociacións por fora da Mesa Xeral de Negociación (das que xa nos gustaría saber de quen partiu a iniciativa), levou co apoio final de CCOO á aprobación do “acordo de reclasificación da Policía Local no ano 2009. A CIG NEGOUSE A ASINAR ESE ACORDO POR CONSIDERAR QUE ERA LESIVO PARA OS INTERESES DOS/AS POLICÍAS E, ADEMÁIS, VOLVÍASE A MODIFICAR A RPT DE XEITO ARBITRARIO E SEN XUSTIFICACIÓN TÉCNICA ABRINDO UNHA BRECHA QUE POÑÍA EN PERIGO O USO DA RPT EN PREXUIZO DA TOTALIADE DOS POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO; ESTA VEZ CON APOIO DOS SINDICATOS CSIF, UGT E CCOO. (Posición da CIG proposta 2009  - preme eiquí-).

Ese acordo adiou no tempo o incremento correspondente ao cambio de grupo nos policías que tiñan ingresado coa titulación anterior á LGPLG, que era a inmensa maioría, excepto os que tiñan preto a súa xubilación. Tal adiamento lastrou a consabida perda de retribucións varios anos. A PARTE DO DO ACORDO QUE AFECTABA Á RPT NON SE EXECUTOU POR IMPERATIVO LEGAL E PORQUE OS SINDICATOS ASINANTES DO MESMO NON FORON O SUFICIENTEMENTE HÁBILES OU PRECAVIDOS PARA APROVEITAR A ADECUACION NA RPT AOS NOVOS GRUPOS DE TITULACIÓN PARA MODIFICAR O ESPECÍFICO E O COMPLEMENTO DE DESTIÑO; AÍNDA NO CASO DE TER QUE ADIAR A SÚA APLICACIÓN POLO ACORDO, TAL E COMO SE FIXO COA RPT DE DECEMBRO DE 2009.

A necesidade dos asinantes para xustificar un mal acordo levounos á non aceptación dos impedimentos legais para a súa aplicación e non ter que asumir o seu erro teimando en aplicar o inaplicable e mostrando unha grande docilidade cos gobernos de quenda e obviando explorar outras posibilidades que terían permitido incrementar as retribucións, non só dos policías senón tamén do resto de empregados/as do Concello.

Dende a CIG, levamos tempo facendo unha proposta neste senso; proposta que ningún dos tres sindicatos asinantes do acordo 2009 atenderon e que limitáronse a criticar:

  1. Nivel mínimo de Complemento de Destiño para o subgrupo C1: CD 18 (coas consecuencias de efecto dominó nos corpos xerarquizados). A esta posibilidade negáronse co argumento de que a CIG pretendía utilizar “o seu acordo” para subir a outros colectivos. A realidade é que só afectaría a un colectivo fora do policial que son os/as compañeiros/as de bibliotecas que teñen o C1 – é dicir 21 persoas-). Así de ter aceptada esta proposta, os/as policías poderían levar todos estes anos cobrando a suba correspondente ao nivel e ter o nivel consolidado (a cambio desto se fixo cómplice aos policías da ilegalidade do pagamento dunha formación como compensación no ano 2015. –preme eiquí-
  2. Tamén levamos tempo defendendo a revisión da aplicación do complemento de perigosidade (que non só afecta á Policía , senón tamén a o S.E.I.S., lóxicamente) regulada no art. 49 das Normas de Xestión da RPT: “O perigo, representado polas siglas PG, retribúe a penosidade derivada do maior risco obxectivo e de exposición a situacións máis conflitivas no desempeño de postos relacionados coa seguridade cidadá” . Así, a nosa proposta sempre foi a aplicación textual do definido nese art. 49 o que suporía aos/ás policías o paso do PG1 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 126€ mesuais e o Oficial, do PG2 ao PG4 cun aumento nas súas retribucións de 101€ mensuais.

Con esta proposta, evidentemente, baixarían o complemento de perigosidade do Inspector en adiante e subiría o resto. Pensamos que non enfadarse cos mandos para telos da súa parte foi a causa de non apoiar a proposta da CIG.

José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, Locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que na Mesa Xeral de Negociación(MXN) do 19 de maio de 2016, a CIG fixo proposta a reclasificación automática ao novo grupo B, para todos aqueles postos co requisito específico de estar en posesión de titulación de FP2.

Que na actual RPT existen postos de traballo barrados no subgrupo C1 e o novo grupo B.

Que en distintas MXN solicitamos que se abordara esta cuestión e a resposta que obtivemos sempre do Goberno Municipal foi que se valoraría nunha Mesa Técnica(MT), pero esta nunca foi convocada a pesar dos recordatorios ao final de cada MXN, porén durante estes últimos anos si houbo MT previas as MXN para abordar problemáticas doutros colectivos.

Polo anteriormente exposto

MANIFESTA:

Que unha vez máis dende a concellaría de educación se trasladan os horarios para o curso 2018 -2019 aos directores de centro o último día lectivo e sen negociar cos representantes dos/as traballadores/as, xerando cara o futuro curso as mesmas inquedanzas que as do curso pasado.

 

SOLICITAMOS:

Que se convoque unha mesa técnica  para tratar estes asunto ou, no seu defecto, que se inclúa na orde do día da seguinte convocatoria.

A Coruña 17 de xullo do 2018

SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

EXPÓN:

Que o pasado mércores 4 de xullo publicouse no BOP (ligazón BOP)  a APROBACION INICIAL DA MODIFICACIÓN DA  RELACIÓN  DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DA CORUÑA E DAS SÚAS NORMAS DE XESTIÓN PARA A APLICACIÓN E EFICACIA DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 15/06/2018.

Que, tras estudar a documentación publicada , vémonos na obriga de facer as seguintes ALEGACIÓNS:

  1. FALTA DE NEGOCIACIÓN EFECTIVA. Non se negociou coa CIG esta modificación da RPT a pesar de ter a consideración de Sindicato Mais Representativo e de contar co 30.43 % do número de delegados da Xunta de Persoal, o que vulnera a obriga legal recollida no Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público nos seus artigos 33.1 e 37 b).
  2. As modificacións realizadas non se sustentan nin en ningún criterio técnico, nin método de valoración obxectiva aplicable á totalidade do persoal municipal, proba diso é que para poder efectuala tivéronse que modificar á mantenta as Normas de Xestión da RPT vixentes.
  3. Esta modificación da RPT é contraditoria co acordo da Xunta de Goberno Local que ordena con total e absoluta claridade “ restablecer , con efectos económicos e administrativos do 1/07/2018, as retribucións vixentes antes da minoración operada como consecuencia da suspensión de efectos do acordo do 4/12/2009,para á aplicación da Lei 4/2007 de Coordinación das Policías Locais de Galiza ás distintas categorías da Policía Local do concello da Coruña. Pois ben, dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña mantemos que non se produciu ningún tipo de minoración nas retribucións do persoal do Corpo da Policía distinta as que se lle aplicaron á totalidade do persoal municipal. Baseamos esta afirmación nos seguintes feitos:
  • O salario base de cada grupo ou subgrupo de titulación ven determinado na Lei de Orzamentos do Estado para cada ano, o nivel de Complemento de Destino e as retribucións do complemento específico veñen determinados na RPT.
  • As escalas e categorías aos que pertencen os membros dos corpos de policía local de Galiza veñen determinados no artigo 24 da Lei 4/2007 de LCPLG e se corresponden exactamente coas recollidas na RPT do concello da Coruña dende decembro do 2009 no que foi modificada a RPT do 2007co seguinte motivación, recollida na pax 95 do BOP nº 272 de 29 de decembro.”integración de los puestos y modificación de los Grupos para adaptarlos a la Ley, 4/2007, de 20 de abril de Coordinacion de Policías Locales de Galicia”
  • Os elementos que conforman o complemento específico e o nivel de complemento de destino de cada un dos postos de traballo do corpo da Policía Local permanecen inmutables dende a RPT do 2007 a pesar da modificacións e correccións de erros da RPT publicadas no BOP nas seguintes datas: 29/12/2009, 8/02/2010, 23/08/2011, 18/10/2012, 11/06/2013, 31/07/2014, 4/08/2014 e 31/08/2017. En ningunha destas ocasións os asinantes do acordo do 3/12/2009 realizaron ningún acto para reclamar que a RPT se adaptara aos termos do que tiñan pactado.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA:

Que se teña por nula e por non feita a modificación da RPT publicada o 04/07/2018 por ser contraria a dereito

 

A Coruña, 13 xullo de 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.

Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 26 de xuño publicáronse no BOP da Coruña as bases para a provisión de postos de traballo por Concurso Ordinario do concello da Coruña, convocatoria 1/2018 acompañadas dun anexo cos postos a ofertar.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

IV

  1. Descoñecemos si estas bases estan informadas polo Secretario/a do Concello polo que solicitamos que se nos de traslado ou vista do dito INFORME.
  2. O apartado 5.3 das Bases da Convocatoria so permite a valoración de dous niveis por encima do nivel do posto ao que se opta, ao non ter en conta aos candidatos que superen esa marxe se lles estaría discriminando ao non ter en conta a totalidade da súa carreira profesional para os efectos do concurso

5.3 – Grao persoal consolidado. O grao persoal consolidado valorarase en relación co nivel dos postos aos que se opta ata un máximo de 4 puntos do seguinte xeito: Nivel do grao persoal consolidado en relación co do posto ao que se opta Puntos Superior en dous niveis 4,00 Superior nun nivel 3,34 Igual 2,68 Inferior nun nivel 2,02 Inferior en dous niveis 1,36.

  1. O apartado 5.4 das Bases da Convocatoria equipara aos Colexios Profesionais e as Administracións Públicas para os efectos de homologación de cursos de formación cando a Lei 11/2001 de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galiza no seu artigo 9, que determina as súas, funcións non lle recoñece esa competencia nesta materia, exclusivamente no apartado j) fala de organizar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos seus colexiados. Non debemos esquecer que esta mesma lei no sei artigo 3 exime de colexiarse para o exercicio das súas funcións aos profesionais ao servizo das Administracións Públicas

5.4 Cursos de formación e perfeccionamento.. Todos os cursos deberán ser impartidos por organismos oficiais ou homologados polas Administracións Públicas e Colexios Profesionais. Terán esta consideración os cursos organizados polo Concello da Coruña, os recibidos na EGAP, no INAP, Servizos de Prevención e Mutuas ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. 5.4.2 Por cada título propio (master ou outro título de especialización) directamente relacionados

 

  1. O apartado 5.4.4 da bases ao valorar calquera tipo de titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo dende o que se concurse é contraria ao recollido no artigo 44, 18 a) do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado que di que so poderán valorarse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto que se determinen nas respectivas convocatorias. Asemade, naqueles postos barrados a dous grupos de titulación, podería suceder que houbera dous candidatos, un de cada grupo de titulación, coa mesma titulación académica, a do grupo superior, que suporía un mérito a valorar só ao que concursa dende o grupo inferior, o que é manifestamente discriminatorio.

5.4.4 Titulacións académicas. Valorarase a titulación académica ou master oficial sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso no corpo desde o que se concurse e sexa de igual ou superior nivel académico

  1. Non saen a concurso os postos que a continuación se relacionan, todos eles cubertos nestes momentos ou en adscrición provisional ou en comisión de servizo a excepción o posto co CÓD 1895 que está vacante, o que impedira que os que estean en adscrición provisional que están obrigados a concursar non o podan facer ao posto que están desempeñando e que os que están en comisión de servizo non teñan a obriga de facelo para seguir neles ao impedir que se podan prover de xeito definitivo.

 

servizo

Cod.un.orga

Unidad Org

Ref. Pto

Pto. Trabajo

grupo

nivel

escala

Pr. Es. Ec.

SH0000

Presup. y Est. Eco.

98

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

113-114-115

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

123-125

Astte. Admón.

 

C1/C2

18

AG

Gest. Trib.

GT5000

Inf. y Reg. Franja

159

Admvo. At. Tribut.

C1

20

AG

Emp. y Empr.

PS2200

Ap. Admvo. PS

225

Aux. At. Ciud.

 

C1/C2

16

AG

Contrat.

CT1000

Contratos

265

Administrativo

 

C1

20

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

449   

Aux. At. Ciud.

C1/C2

16

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

463    

Aux. At. Ciud.

C2

14

AG

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1201

 J. Unidad

A2/C1

22

AE

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1215

 Of. Inspec. MA

C2

14

AG/AE

Int. Gral.

IG1300

Ap. J. Serv. IG

1231

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1235

Administrativo

 

C1

20

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1238

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Tes. Gral.

TG1000

Recaudacion

1270-1271

Administrativo

 

C1

20

AG

Tes. Gral.

TG3000

Ap. Admvo. TG

1305

Administrativo

 

C1

20

AG

Educac.

ED0000

Educacion

1328

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1430

Administrativo

 

C1

20

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1432

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Igualdad

IG1100

Ap. Admvo IG

1524

Aux. At. Ciud.

 

C2

14

AG

Rh. y Viv.

RV0000

Rehab. y Vivienda

1552

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

I. Ed. D. Urb.

UR4300

Disciplina Urb.

1610

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Mov. Urb.

MU4000

Ap. Admvo. MU

1750

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Infraest.

IE7000

Vía Pub. y Patrim.

1882

Engdo. Gral. V. Pub.

C1

20

AE

Infraest.

IE9000

Delineacion IE

1895

J. Delineación

B/C1

20

AE

Int. y At. Ciud.

IT2210

Atención Ciudadana

1949

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. y At. Ciud.

IT2500

Ap. Admvo. IT

2077

Of. Admvo

 

C1/C2

16

AG

                           

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito e se anulen os apartados 5.3 e 5.4.4 das bases de convocatoria, se corrixa o apartado 5.4 no que se refire aos colexios profesionais e se inclúan nesta convocatoria os postos recollidos no punto 5 deste recurso.

A Coruña, 5 de xullo de 2018

 

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

Dende a  sección sindical da CIG no concello da Coruña e para saír ao paso das informacións ,claramente interesadas, que se transmiten por algúns sindicatos sobre o acontecido no pleno da xunta de persoal, do pasado martes 23 de xullo, temos que manifestar o seguinte:

  1. O punto da orde do día obxecto da discordia titulábase, de xeito literal:” Declaración de apoio o Servizo da Policía Local pola actuación da Insumisa”, e foi proposto pola CSIF
  2. O Presidente da Xunta de Persoal e responsable do sindicato que achegou a proposta fixo unha explicación do escrito que se pretendía facer cargando especialmente as tintas sobre as declaracións da concelleira do BNG.
  3. Nós dixemos que tal como o presentaban non podiamos apoialo por que o Servizo da Policía Local non so comprende os membros do Corpo actuantes senón que tamén á Xefatura do Corpo ,ao Director da Area de Seguridade e a concelleira responsable. Manifestamos que os policías actuantes non foron responsables do resultado da actuación e a noso desexo da pronta recuperación dos feridos. Nos non podemos avalar a actuación dos cargos mencionados con anterioridade por que os consideramos responsables dos feitos acaecidos en base ao seguinte: A concelleira dispuxo que se fixera un desaloxo “Amable” para evitar enfrontamentos cos okupas e, en base a iso , o Director da Area e o Xefe da Policía deseñaron un operativo en base a criterios políticos e non técnicos, falto de material antidisturbios, escaso de efectivos e con policías que souberon a onde e a que  ían  cando chegaron ao lugar. Non se tivo en conta en absoluto que ao redor do movemento okupa  móvense unha serie de colectivos, cualificados como perigosos, que soen presentarse nestas situacións co único obxectivo de xerar violencia, como así manifestou o Presidente da Xunta de Persoal. Dende po noso punto de vista o deseño deste operativo puxo en risco innecesario aos policías actuantes e incluso aos propios manifestantes ao non dotar ao operativo da capacidade disuasoria adecuada para evitar ter que actuar de forma represora en defensa da legalidade. Por outra parte expuxemos que non considerabamos lóxico que se esixira mais responsabilidade a quen fai valoracións de feitos producidos, esteamos de acordo ou non, que aos responsables de que eses feitos se produzan.  En concordancia co exposto nos propuxemos que o escrito se redactara cos seguintes termos: manifestar que non considerabamos responsables do desenvolvemento do operativo aos integrantes do mesmo, solicitude de  dimisión dos responsables mencionados con anterioridade e que se solicitara a quen tivera feito declaracións, que falseando a verdade, atentaran contra a imaxe dos policías actuantes pedira desculpas públicas. Esta proposta non poido ser votada por oposición do resto dos sindicatos e por que , segundo o Secretario da Xunta de Persoal non se axustaba ao literal do punto da orde do día.

É unha magoa que outra vez mais os sindicatos CSIF, UGT e CCOO, que por certo non estaba ninguén deste último sindicato con dereito a voto presente no Pleno da Xunta de Persoal, valoren tan pouco a dignidade e a seguridade dos policías que din defender, 83 € neste caso

Información sobre o ACORDO ESTATAL cos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.

COMUNICA:

Que no día de hoxe recibín unha queixa telefónica das traballadoras do servizo de recadación da Franxa, polo ruído ocasionado por un martelo pneumático que estaba a traballar ao carón das fiestras da oficina.

Postos en contacto coa técnica de prevención, esta manifesta que é unha empresa privada e que non pode facer absolutamente nada, deixando as traballadoras afectadas nunha situación de indefensión.

Un feito parecido a este, ocorreu fai uns días nas oficinas do padrón municipal pola execución dunha obra do propio concello.

Postos en contacto coa responsable municipal da obra, esta manifesta que lle enviemos por correo a nosa queixa e que tomará as medidas oportunas para evitar esta situación. 

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

 Que se lle comunique a todos os servizos municipais que contraten obras, que sexan susceptibles de entorpecer a actividade normal das oficinas públicas ou xerar molestias ao persoal municipal, que fagan costar nas cláusulas do propio contrato que as obras deberan realizarse fora da xornada de atención ao público 

A Coruña, 23 de maio de  2018.

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

 

 José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-Z  e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

 

MANIFESTA:

 

Que despois de ter recibido as propostas de bases que a continuación se relacionan:  OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17, TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16, TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016, TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017, ARQUITECTO C.E. /16, TECNICO MEDIO DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17 TECNICA MEDIA DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17

Despois de examinalas coa debida atención non podemos evitar facer as seguintes

ALEGACIÓNS:

XENÉRICAS:

  1. Determínase como nivel mínimo de coñecemento do lingua galega o Celga IV para tódalas prazas ofertadas con independencia do grupo de titulación e dos cometidos que teñen que desenvolver. O lugar onde se ten que determinar o nivel de coñecemento da lingua adecuado ao posto é na RPT e non nunhas bases de convocatoria específica.
  2. O nivel de coñecemento da lingua non pode ser determinado polo tribunal na proba a realizar para quen non teña o Celga IV, deberá adecuarse ao nivel do Celga requirido como requisito para ser equiparable e non resultar discriminatorio.
  3. Tratar o manexo de aplicacións informáticas como un mérito e non como un requisito e incluílo dentro da fase de oposición podería traer como consecuencia que accedera á praza en cuestión alguén con nivel cero de coñecementos nesta materia. Os coñecementos do uso de aplicacións informáticas ou forman parte dos méritos na fase de concurso ou deberían demostrase dentro da proba practica da fase de oposición. En todo caso na fase de oposición non debe haber exercicios non eliminatorios.
  4. Debería eliminarse de tódolos textos a frase: “ O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima”, esta xa ven suficientemente determinada na aplicación das bases e a aplicación de criterios distintos en cada proba podería alterar o resultado final e a ponderación do peso determinado nas bases para cada unha delas ao impedir que, alguén que matematicamente superara o 50 % dunha proba, ao ser este limite elevado polo tribunal, non puidera acceder á seguinte ou impedira que se puidera computar a fase de concurso.

ESPECÍFICAS:

OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17

  1. No apartado a) da fase de concurso na xustificación dos méritos non se ten en conta nin a diversidade de RPT nas diferentes administracións locais, nin a escandalosa falta destas en moitos concellos pequenos, nin a multiplicidade de tarefas que se lle encomendan ao persoal laboral ao servizo destas, o que fai que moitas veces non coincidan o denominación dos postos coas tarefas descritas no punto 2 destas bases.

Para solucionar este inconveniente e aproveitando que nas bases veñen descritas as funcións do posto obxecto da convocatoria, debería de admitirse como xustificante da experiencia profesional, ademais do determinado no apartado 8.1, a), certificación de ter desenvolvidas as tarefas que están descritas no apartado 2 destas bases. De non aceptarse esta alegación non se valoraría na súa xusta medida  o traballo realizado por algúns axudantes do cemiterio que para compensar a falta de oficiais están executando esta labor de xeito voluntario, enviándolles unha mensaxe bastante negativa.  

  1. Na descrición do posto realizada no punto 2, dotación económica, figuran como requisitos específicos titulacións técnicas que non están na RPT en vigor, en concreto 4301-02, 4306. Débense eliminar.

TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16

A denominación do posto e a titulación requirida non se axusta ao recollido na RPT, o posto se denomina Técnico Medio de Mobilidade e os requisitos de titulación son 4301-02; 4306. Débese adecuar a titulación requirida e a denominación do posto ao recollido na RPT vixente.

TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016

Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza. Consideramos que esta formación non ten relación co posto de traballo obxecto da convocatoria. Se fose necesario ter coñecementos de linguas estranxeiras deberían formar parte dos requisitos do posto. Deberíase eliminar o coñecemento de linguas estranxeiras dos méritos do concurso.

TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017.

  1. O posto de traballo vinculado a esta praza non está previsto para ser un posto de acceso por iso ten nivel de CD 24 e esta aberta a AG/AE. A cobertura deste posto debe ser por provisión e non por acceso.
  2. Se piden requisitos de titulación e nivel do idioma inglés que non constan na descrición do posto na RPT, estanse utilizando unhas bases especificas para modificar os requisitos dun posto de traballo, os requisitos para o desempeño deste posto de traballo non poden ser distintos dos recollidos na descrición que figura na RPT vixente.
  3. Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza pero ao contrario que nas bases de Técnico Superior de A.E. so se valora o nivel C e se esquece do nivel B, isto pode ser un erro inducido por facer do nivel B2 de inglés un requisito e non un mérito. Neste suposto ao ser o posto ligado a praza o de T.Sup. Prox. Europeos si consideramos que os idiomas teñen que ver co posto de traballo pero so se deberían valorar os idiomas  propios dos países que forman parte da  Unión Europea.
  4. No apartado 7.2 fala de catro exercicios e son 

 

TECNICA MEDIA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TECNICA MEDIA DE INCLUSIÓN SOCIAL) C.E./16.

A este respecto so mencionar a sentenza 00206/2017 do  procedemento abreviado nº187/2017  que no seu fallo di “Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.”

En atención a esta sentenza deberanse eliminar as titulacións de carácter xenérico e incluír as titulación as de carácter social.

 

A Coruña,22 de maio do 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

MANIFESTA

  1. Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as  municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
  2. Que os criterios utilizados son os de cumprimento de obxectivos, incremento da carga de traballo, acumulación de tarefas, atribución de novas funcións, etc.
  3. Nas resolucións destes expedientes afirmase que se cumpre a normativa recollida no artigo 5 do RD 861/1986 que regula a aplicación deste complemento retributivo.

Dende a sección sindical da CIG consideramos que os decretos polos que se determina o abono destes complementos son contrarios a dereito polos seguintes motivos:

  1. Incúmprese o apartado 6 do artigo 5 do RD 861/86 por aplicar uns criterios para determinar as cantidades a aboar que non foron establecidos polo Pleno da Corporación nin negociados cos representantes dos empregados do concello
  2. Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu  caso teña  establecido ol Pleno, sen na lei 7/1985, de 2 de abril.
  3. Incúmprese o apartado 4 do artigo 5 do RD 861/86 por non informar nin aos empregados públicos nin aos seus representantes da existencia destas gratificacións nin da súa contía.
  4. Corresponde ao Pleno de cada Corporación determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade aos funcionarios dentro dos límites máximos sinalados no artigo 7.2, b), desta norma.

Polo anteriormente exposto

 SOLICITA:

Que se cese de forma inmediata con esta, ao noso xuízo, practica ilegal de reparto de produtividade e que se convoque con carácter de urxencia  á Mesa Xeral de Negociación para tratar de consensuar uns criterios de aplicación da produtividade que se poidan remitir ao Pleno da Corporación  para a súa aprobación.

 

A Coruña, 15 de maio de 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.

Hai moito tempo que o servizo de persoal leva modificando os criterios nas distintas de bases de provisión de postos (concurso, promoción ou acceso) nalgúns casos sen petición previa por parte dos/as representantes dos/as traballadores/as e sen aclaración dos motivos polos que se cambiaban, recordámosvos os que tivemos nos últimos tempos:

2016

Bases de promoción interna á Sarxento do S.E.I.S. a pesar da ser coñecedores de que ían en contra da legalidade vixente, propuxeron pechar unha promoción ao subgrupo C1, só a Cabos impedindo a participación dos Bombeiros, ambos  encadrados no subgrupo C2 . A avertencia da CIG de que acudiría ao xulgado foi o que lles fixo rectificar  LIGAZÓN. Aclarar que mentres este colectivo non dispoña dunha regulamentación propia, terá que rexerse polos sistemas que regulan ao resto do persoal municipal.

Bases de arquitectos/as interinos/as con retribucións superiores a postos da RPT, mostramos o malestar na MXN do 25 de novembro LIGAZÓN,  pero nesta ocasión sen posibilidade de recorrer ao xulgado, nin polo nivel CD24, nin polo temario que carecía de referencias ao PXOM co argumento de que a selección era para un programa concreto de Xustiza Social, a pesar diso este proceso foi utilizado posteriormente para a selección destes/as profesionais, tanto en medio ambiente, como no servizo de urbanismo, no que o coñecemento do PXOM é fundamental.

2017

Bases de 8 procesos selectivos ás que presentamos alegacións LIGAZÓN  entre elas merecen especial atención as de acceso a  TAS e que foron paralizadas pola CIG no xulgado LIGAZÓN  

A outra xestión destacada foi a das de Cabo de Bombeiros, neste caso polo ninguneo que ven sendo algo habitual cara ás alegacións que rexistra a CIG, así o denunciabamos no resumo da MXN do 18 de decembro LIGAZÓN

2018

E volta outra vez cos Cabos...a pesar da suposta urxencia para a cobertura de prazas de Cabos , 11 meses despois achegáronnos unhas Novas, modificadas substancialmente pola concelleira e obviando a última proposta sen ningún tipo de negociación polo medio...non é de recibo que se modifiquen constantemente, porque da a sensación de que tantos cambios son “ad persónam” e crea inseguridade na planificación da carreira profesional do Parque.

Sobre a última “versión” das bases de Cabos presentamos outras alegacións no pasado marzo coa conseguinte valoración  LIGAZÓN  . A estas últimas alegacións fomos contestados sobre os cambios, dunha maneira moi pouco clara, mesturando cuestións non solicitadas nos mesmos parágrafos de alegacións aceptadas á CIG LIGAZÓN, isto creou máis controversia da que xa había.

A última contestación as nosas alegacións de bases, foron as de acceso para unha praza de Técnico de Residuos, nesta contestación nomean a CIG nunha serie de reclamacións realizadas por particulares e colexios oficiais, no que ao noso entender é un novo intento de agachar canta labor sindical da CIG sexa posible, algo que así lle fixemos ver na pasada MXN a quen asina estas notificacións LIGAZÓN