• Como único punto da orde do día aprobouse modificar a OEP do ano 2015 incluíndo 3 novas prazas de sarxento do SEIS. Como recoñeceu a propia concelleira de persoal tratábase de executar o acordo acadado co anterior Goberno Municipal, son vacantes producidas polo proceso de promoción interna  de sarxento a suboficial. Ao ser un tema xa negociado aprobouse por unanimidade e sen discusión.
  • Rolda de intervencións e por orde de petición

CSIF: “Actos en honor del personal en activo y jubilados”

CIG: Pola nosa parte sen comentarios..........

CSIF:Especial dedicación: “Tras la sentencia del TSXG que reconoció a una afiliada de CSIF su derecho al descanso, CSIF pedimos que se extiendan los efectos de esta sentencia a todo el personal municipal afectado, y se consensuen los límites y efectos de la actual ED.”

CIG. Recordámoslle á concelleira que a CIG e a xunta de persoal xa fixemos solicitude de convocatoria de mesa de negociación con este asunto como orde do día e con propostas concretas para negociar.

CSIF:Delegados Comité de Seguridad y Salud. Propusimos tomar acuerdo para posibilitar la designación de Delegados Sindicales, al objeto de poder constituír dicho órgano a la mayor brevedad.

CIG: Recordámoslle á mesa que un acordo deste tipo so o poden adoptar os órganos de representación, que a Xunta de Persoal xa ten nomeados os seus delegados  e que para facelo habería que modificar o convenio colectivo do persoal laboral.

CSIFMejora de la cobertura para conductores de vehículos municipales: a través de ampliar las pólizas de seguro, para que los conductores de todos los servicios municipales puedan percibir indemnizaciones por secuelas en caso de que involuntariamente ocasionen un accidente

CIG: Consideramos que un accidente de tráfico é un accidente laboral e a cobertura das secuelas dos accidentes laborais deben ser igual para todos e constar incluídas na póliza xeral. Persoal quedou en revisala para mirar se non é así.

 CSIF:Que el ayuntamiento asuma la indemnización a los trabajadores municipales, en casos de insolvencia de terceros condenados por agresiones a personal municipal

A xefa de persoal mencionou que esa situación pódese dar noutros supostos e con cantidades mais importantes, o  Goberno Municipal non se posicionou  neste asunto, nos dubidamos da posibilidade legal de aplicar esta proposta.

Na quenda da CIG

Criticamos con firmeza que non se efectúe o pagamento do 26.23% da extra do 2012 neste ano 2015, cuestionamos a legalidade de adialo a xaneiro do 2016 e  mostramos a nosa perplexidade por como se tratou todo este asunto dende o momento de publicación do RD 10/2015. Solicitámoslle  a concelleira que no suposto que a lexislación do estado volva a conter normas que recorten dereitos as apliquen coa mesma rotundidade.

A Concelleira manifesta que a cuestión da legalidade é interpretable e que pagarán en xaneiro o total do  que falta da paga si dan aprobados os orzamentos do 2016.

Criticamos a falta de axilidade na resposta da asesoría xurídica a dous asuntos urxentes, un sobre un caso de suposto acoso ( solicitude de aplicación do protocolo) e outro sobre un asunto de responsabilidade penal en urbanismo. Non obtivemos resposta.

 

UGT:Que se recupere á aportación do concello ao plan de pensións e a devolución da semana de antiguidade .

Todos nos sumamos a esta petición. O Goberno Municipal non dixo nin pío

UGT:Que se graven as incidencias de nomina no momento que se produzan e non a mes vencido

Dende persoal manifestan que é responsabilidade de cada departamento pero que non ten incidencia nas nóminas.

CCOO:Falan das substitucións no rexistro, que se lles informe do cese de interinos e solicitan que se priorice a xestión de persoal. Manifestan que é  unha boa noticia o da paga e falan tamén dos problemas do cuadrante da estación .

Non houbo resposta concreta do Goberno Municipal

 

CONCLUSIÓNS DENDE A SECCIÓN SINDICAL DA CIG

O goberno municipal só convoca aos representantes dos traballadores para tratar asuntos que lle interesan e de obrigatoria negociación, pero non ofrecen ningún tipo de resposta ante demandas que teñen incluso maior urxencia e importancia.

 

Esperemos que esta información fora do voso interese.

un saúdo

O secretario da Sección Sindical da CIG

José María Calatayud Sánchez