Bo día,

Achegámosvos o resumo da MXN mantida onte xoves 19 de maio coa seguinte orde do día:

  1.   Estudo de posibles criterios - obxectivos produtividade non periódica.

2.     Instrución de tramitación de vacacións.

3.     Inicio do estudo das propostas de modificación da Relación de postos de traballo.

4.     Escrito da sección sindical UGT de data 13/05/2016 sobre: Servizo de Deportes (exceso de carga de traballo do persoal Municipal que non garante os descansos mínimos semanas, e 10 traballadores dunha empresa privada sen funcións), paga extra 2012 (compromiso de fixar unha data de pagamento), comisións de servizo (non utilizar esta vía para a cobertura provisional dos postos, creando falsas expectativas os traballadores), protocolo (criterios para sustitucións nas quendas)

5.     Rogos e Preguntas.

1) O Goberno Municipal achegounos unha proposta para pagar productividades (gratificacións)  ligada ao rendemento, actividade extraordinaria e interese ou iniciativa do funcionario/a que desempeña o seu traballo. Se ven é certo que a intención é regular as que se estaban a pagar, os criterios desta proposta para a CIG non poden ser, a carga de traballo, actividade extraordinaria, a mobilidade(sen especificar se é física ou de posto) volumen de expedientes, número de actos/eventos e de ningunha maneira a realización de funcións de superior categoría (algo do que algún sindicato estaba disposto a tratar). Despois de facerlle ver ao Goberno Municipal a imposibilidade de valorar esta productividade con estos criterios, a CIG solicitou que se traballara sobre 3 eixos e pendete de valoración dos mesmos:

  • A diferenza de retribucións entre posto ocupado e as do posto das tarefas que se encomendan, garantizando que non se minorarán as retribucións.
  • A lesividade causada pola  mobilidade funcional entre áreas
  • A lesividade causada pola  mobilidade física entre centros do traballo.

 

2) Achegaron unha instrucción para o disfrute de permisos de vacacións cunha novidade promovida pola CIG con anterioridade que é a de o fraccionamento en horas dos asuntos particulares, logo dun debate, acordamos deixar para este ano 2016, o dereito a fraccionar 3 días de asuntos particulares nun período de tempo igual á metade da súa xornada ordinaria de traballo.

3) Este pola falta de documentación e de tempo quedou adiada para a próxima semana.

4) Neste punto o Goberno municipal informounos de que se volverán a estudar puntualmente os problemas deste servizo. Da posible data do cobro da parte da extra de 2012, según a previsión do Goberno municipal será en xuño. Sobre as Comisións de Servizo a CIG argumentou que costaba o mesmo traballo facer un concurso para Comisións de Servizos que para Adscripción definitiva, contestaron que era unha medida provisional. Quedou pendente redactar unha proposta para creación dunha nova lista de vodas, protocolo e criterios de xestión das mesmas.

5) Por mor doutras intervencións e sen tempo para tratalos, a CIG trasladou os seguintes puntos:

  • Proposta de promocións do subgrupo C2 ao C1 na que engadimos na reunión unha cos mesmos criterios para o subgrupo A2 ao A1 mentres non exista título habilitante (preme aquí).
  • Proposta de reclasificación ao Novo Grupo B (preme aquí).
  • Proposta de fraccionamento de Asuntos Propios en horas (preme aquí).
  • Reiteramos a petición da listaxe de non adscritos de maneira definitiva
  • Solicitamos os criterios aplicables as sentenzas de despido improcedente, a uns se lles readmite e a outros se lles indemniza.
  • Solicitamos información sobre os criterios para a concesión das Comisión de Servizos na Policía.
  • Solicitamos que na próxima reunión sexa tratado o transporte do personal que se ten que desprazar entre centros de traballo.
Esperamos que esta información fora do voso interese
 
un saúdo
O Secretario da Sección Sindical

 

José María Calatayud Sánchez