ACCIÓN SINDICAL
SENTENZA CONTENCIOSO ADM 3 ACORDO RECLASIF PL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1600
SENTEZA TSXG RECLASIFICACIÓN PL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1671
AMPLIACION XORNADA CONSERXES DE COLEXIO
Dende a sección sindical da CIG queremos denunciar a falta de respecto que a concellaría de educación cultura e memoria historica , a Xefatura do Servizo de Educación e os responsables do Servizo de Persoal co seu concelleiro ao fronte, mostran cara os conserxes dos colexios e aos seus representantes legais, ao impor por decreto unha ampliación da súa xornada anual no período de descanso estival.
Falamos de falta de respecto aos conserxes ao comunicarlles, vía wassap/mail, que tiñan que prolongar durante dez dias no mes de xullo a súa xornada laboral; diante do rebumbio que isto produciu os convocaron a unha asemblea, con nutrida representación municipal, na que se lles preguntou a súa opinión para despois non respectala en absoluto, ameazando con impoñerllo por Resolución de Persoal ,como así fixeron.
Falamos de falta de respecto aos Órganos de Representación por saltarse os procedementos legais, obviando as disposicións legais en materia de negociación, en concreto o apartado m) do punto 1 do artigo 37 do EBEP. Esta falta de respecto agrávase co feito de que , despois da primeira noticia do vontade de realizar esta ampliación de xornada, dende a CIG instaramos aos responsables de educación e persoal a negociar este asunto sen obter ningún tipo de resposta.
Chéganos a información de que alguén esta barallando, co visto e prace do Servizo de Persoal, de que “ os conserxes abran e pechen os colexios próximos aos seus domicilios durante este período, por acordo entre eles”. Chapuza sobre chapuza.
Dende a CIG instamos ao Goberno Municipal a que realice unhas das seguintes opcións:
- Si a motivación do punto 1º da súa circular é valido e correcto que proceda a negociar, polas canles legais, a compensación deste exceso de xornada.
- Si a motivación do punto 1º da súa circular xa non é necesaria, que deixe sen efecto a circular.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1327
ALEGACIÓNS ORZAMENTOS 2020
Jose María Calatayud Sánchez con DIxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 13 de xaneiro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a aprobación inicial do orzamento xeral da corporación para o exercicio 2020 do Concello da Coruña.
No cadro de persoal que acompaña a este orzamento só se incrementan en 23 as prazas de administrativo do subgrupo C1. Esto supón aproximadamente un 10% das prazas de Auxiliar Administrativo subgrupo C2.
O Acordo asinado entre o anterior goberno municipal e a maioría das organizacións sindicais con representación neste concello contemplaba un mínimo do 40% das prazas de Aux Adm. Para a promoción interna ao subgrupo C1 no período 2019/2020 o que suporía un total de 82 prazas máis co que supón unha diferencia de 59 prazas menos. Esto fai que no orzamento non contemple a dotación orzamentaria necesaria para executar o acordo citado.
Tendo en conta que o RDL 2/2004 determina no art. 171 apartado b) como causa de impugnación dos orzamentos o seguinte: “Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións exixibles a la entidade local, en virtude de precepto legal o de calquera outro título lexítimo.”
SOLICITO:
Que se teñan por presentado estas alegacións contra o orzamento municipal 2020 do Concello da Coruña e non se proceda á aprobación definitiva destes, en tanto non se contemplen un incremento mínimo de 82 prazas de administrativos C1 para cumprir o acordo citado con anterioridade.
A Coruña, 27 de xaneiro de 2020
SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1949
SOLICITUDE MXN URXENTE
José María Calatayud Sánchez co DI XXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPÓN:
Que o pasado 5 de decembro aprobouse na Xunta de Goberno Local unha modificación da RPT.
Que pola información á que tivemos acceso, o servizo de persoal preferiu desestimar unha alegación da CIG contra esta modificación de RPT e así crear unha disfunción nas normas de xestión da RPT en canto as incompatibilidades.
A maiores disto, a sección sindical da CIG, rexistrou as seguintes solicitudes sen ter ningún tipo de resposta ata o día de hoxe:
- O 27 de setembro en relación a fase de resultas que se adaptara a listaxe de postos ofertados.
- O 30 de setembro en relación á ocupación efectiva dos postos acadados no concurso.
- O 4 de outubro en relación a convocatoria da segunda fase de concurso subgrupos A2 e A1.
- O 18 de novembro sobre as rotacións nas quendas do persoal que traballa na Casa de Acollida, en canto a respectar as libranzas establecidas en anos anteriores.
Dende a CIG consideramos que existen demasiadas cuestións que deberían ser tratadas de maneira inmediata.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
A convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación de carácter URXENTE para tratar os asuntos anteriormente mencionados.
A Coruña a 12 de decembro de 2019
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2240
MODIFICACIÓN RPT E AS NEFASTAS CONSECUENCIAS DA DESETIMACIÓN DAS ALEGACIÓNS CIG
NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE DEC. DE 2019:
Aprobáronse unha serie de modificacións na RPT, coma o do: barrado en grupos superiores no servizo do SEIS (reivindicación histórica da CIG), unha serie de erros materiais en canto a duplicidade de FR (advertido pola CIG en mesas de negociación) e algunhas cuestións de tramite para executar sentenzas ou corrixir erros, pero dentro desta suposta corrección de erros inclúen...
Unha modificación das NORMAS DE XESTIÓN que traerá como consecuencia que AS/OS CONSERXES DE COLEXIOS VEXAN REDUCIDAS AS SÚAS RETRIBUCIÓNS ENTRE 125 E 140€ MENSUAIS.
Vamos a tratar de explicalo porque non é doado de entender:
- Antes do 2017 dicía sobre Incompatibilidades entre retribucións.- “ Os elementos retributivos de especial dedicación (ED) e a Dispoñibilidade (DP) son incompatibles coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias.(non menciona para nada nin a JP nin a FN)”
- Acompañando a modificación da RPT do ano 2017 publicáronse as Normas de Xestión , que en principio non tiñan que levar cambios, con modificacións do artigo 52 de incompatibilidades retributivas: “A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si e ambas son incompatibles cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN).” Esta modificación non se aplicou nas retribucións dos postos afectados porque só quen a enviou a publicar tiña coñecemento deste cambio.
- Na proposta de texto das NORMAS DE XESTIÓN para o 2019 non só non se corrixe esta “anomalía” senón que se reitera disfrazada de corrección de erros, todo isto sen aplicala na nova RPT, onde se sigue compatibilizando a DP coa JP FN. Nesta nova redacción non se corrixe a modificación “anómala” do 2017, se non que se mantén ca inclusión da incompatibilidade cos servizos extraordinarios.
- Diante destes feitos a CIG fixo a seguinte ALEGACIÓN LIGAZÓN que foi desetimada...
DESESTIMACIÓN ALEGACIÓNS DA CIG
A alegación da CIG foi desestimada en base ao seguinte: Desestimar a alegación presentada en base as seguintes consideracións: as funcións e criterios que determinaron a valoración destes postos de traballo non variaron con respecto á valoración inicial que determinou as características, nivel e complemento específico deste posto; en segundo lugar, por parte dos alegante non acredítase a asunción de novas funcións ou responsabilidades que motiven esta petición, se non que se basean nunha referencia a outros postos de traballo que non concreta e que por tanto, non ten ningún tipo de interrelación nin en canto a funcións, formación, competencia ou responsabilidades. Por tanto, non existe identidade funcional das tarefas e funcións dos postos de traballo citados, no sentido establecido na Sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo de 18/11/2003, que fixa doutrina legal: para que prospere unha reclamación desta natureza non basta coa coincidencia de denominación entre uns postos e outros, senón que é imprescindible que se acredite a identidade funcional entre someter a contraste, xa que a inclusión na relación de postos de traballo de varios postos coa mesma denominación, pero con diferente nivel de complemento de destino e contía do complemento específico, non implica necesariamente que non poida existir diferenza entre eles no que fai a algúns aspectos do seu contido funcional e ás condicións particulares que legalmente permiten o recoñecemento do complemento en cuestión.
Como podedes comprobar non ten nada que ver a motivación da desestimación, coa petición feita na alegación, nós falamos de normas de xestión e contestan sobre retribución de diferentes postos. (Pregunta: tes fame? Resposta: fai calor?).
A MAIORES DE TODO ISTO FALEMOS DOUTRA SOLICITUDE DA CIG QUE NON FOI ATENDIDA
A raíz da sentenza dunha demanda presentada pola UGT (e que non solo non foi recorrida polo Concello se non que se allanou nos postos aceptados, estivo dacordo), na que se lle recoñecía AP1 a uns postos determinados, dende a CIG fixemos unha solicitude para que se aplicara a outros postos cas mesmas características, porque ao noso entender cumprian os fundamentos de dereitos mencionados na sentenza. Nos informes da aprobación de modificación de RPT 2019, nin fan mención á nosa petición LIGAZÓN da que xa informamos en maio.
CONSIDERACIÓNS FINAIS
Este tipo de actitudes non son novas e ten moito que ver coa desestimación sistemática das alegacións de calquera tipo presentadas por este sindicato ou traballadores/as con parecidas inquietudes. Unha vez máis mantense o esperpento porque, ao noso entender, quen ten que solucionalo mira máis a cara de quen presenta as alegacións que a sustancia destas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2433
ALEGACIÓN CIG ELIMINACIÓN INCOMPATIBILIDADES DP con XP
NÚMERO DE REXISTRO 20860/2019
Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTO
- O día 12 de abril de 2019 publicouse no BOP da Coruña a aprobación inicial da modificación puntual e corrección de erros da relación de postos de traballo do Concello da Coruña e das súas normas de xestión.
- Neste docuemento se declara incompatible o concepto retributivo de Disponibilidade(DP) coa percepción, entre outros, dos elementos retributivos de xornada partida e festivo nocturno.
- Dende o aprobación inicial da RPT os conserxes de colexio veñen cobrando polo concepto de dispoñibilidade e por xornada partida.
- A ampliación do número de horas anuais que implica o concepto de disponibilidade non ten relación algunha co ter que traballar en xornada partida durante todo o ano, facer incompatibles estes dous conceptos retributivos levaría a que a xornada que non se corresponde coa de disponibilidade que realicen en período de tarde quedara sen retribución algunha e debe terse en conta que a disponibilidade retribue un incremento de xornada concreto e non o xeito de prestala.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentada esta ALEGACIÓN e eliminen a incompatibilidade existente entre os conceptos retributivos de disponibilidade e xornada partida.
A Coruña a 4 de Xuño de 2019
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1707
RECURSO DE REPOSICIÓN COBERTURA TEMPORAL POSTO A EXTINGUIR
Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
- Que o pasado día 26 de novembro publicouse no portal web municipal na sección de selección de personal, unha convocatoria para a cobertura temporal dun posto de Técnico/a de Apoio a Dirección de Economía e Facenda coa referencia número 71.
- Que este posto foi creado coa condición de “a extinguir”, porque se crearon única e exclusivamente para darlle cobertura aos habilitados/as nacionais que foron removidos do seu posto de xefatura de servizo en cumprimento dunha sentenza xudicial.
- A condición de a extinguir, execútase de dúas maneiras: Por decisión organizativa da propia administración ou por devenir este posto vacante por calquera circunstancia.
- Cumbrir un posto vacante coa consideración de a extinguir, ainda que sexa de maneira temporal, significa, ao noso entender, que se incumple a condición imposta na RPT, xa que si este posto resulta tan necesario, sería preciso eliminar das observacións, esta consideración de a extinguir.
Que contra este proceso de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e SOLICITO:
Que se teña por presentado e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución anulando esta convocatoria e que se proceda na primeira modificación que se produza na RPT en vigor, á supresión de todas as prazas vacantes que na RPT figuren os postos a extinguir.
A Coruña, 29 de novembro de 2019
SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1918
SOLICITUDE SEGUNDA FASE CONCURSO C.E./19
José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o 3 de outubro o servizo de persoal mediante correo masivo, comunicou unha convocatoria de cobertura temporal de 20 postos de traballo a través de comisións de servizo, 17 para o persoal do Concello da Coruña e 3 abertos a outras administracións.
Que os 6 postos barrados cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 no grupo C (subgrupo C2 e C1) teñen como forma de provisión a Libre Designación.
Que aínda está pendente a convocatoria da segunda fase de concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1.
Que convocatoria C.E./19 quedou parada na publicación do 7 de xuño de 2019, sen mediar máis publicacións ou resolucións.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que os 6 postos cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 sexan provistos con carácter definitivo polo sistema de provisión que consta na RPT, nomeadamente a LIBRE DESIGNACIÓN, xa que os trámites para unha cobertura provisional ou definitiva son os mesmos.
Que se convoque a segunda fase de concurso de provisión de postos de traballo C.E./19. que afecta as vacantes que inclúan algún dos subgrupos A2 e A1.
A Coruña a 4 de outubro de 2019
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1873
OCUPACIÓN EFECTIVA POSTOS ACADADOS NO CONCURSO
Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o venres 27 de setembro a primeira hora o servizo de persoal, notificou por correo electrónico a aquelas persoas que acadaron un posto no concurso 1/18.
Que nesta notificación dí :
-La firma del acta de aceptación del puesto adjudicado tendrá lugar durante los días 1, 2 y 3 de octubre, aunque los efectos económicos y administrativos de la firma serán del 1 de octubre de 2019.
-Asimismo se informa que, para evitar distorsiones y alteraciones en el funcionamiento de los servicios y la atención a los ciudadanos, y facilitar la adaptación de los compañeros a las nuevas tareas y funciones, las incorporaciones a los nuevos puestos de trabajo se realizarán de forma progresiva cuando así se considere necesario por las Jefaturas de Servicio y/o las Direcciones de Área de los puestos de trabajo de origen, en coordinación y colaboración con las Jefaturas de Servicio y Direcciones de Area de los nuevos destinos.
Que a ocupación efectiva acadada no concurso nin pode nin debe quedar a criterio das diferentes xefaturas de servizo ou direccións de área, xa que veñen directamente marcados na lexislación vixente e tal e como recoñece o mesmo escrito do que estamos falando, os efectos económicos son do 1 de outubro.
Que retribuir ao persoal, cas cantidades determinadas para un posto que non desenvolve podría constituir un delito de malversación de caudales públicos
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se efectivicen a ocupación efectiva dos postos de traballo aos prazos legalmente establecidos.
A Coruña, 30 de setembro de 2019
SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1833
FASE RESULTAS CONVOCATORIA 1/18
Jose María Calatayud Sánchez con DI XXXXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que as bases definitivas para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/18, no seu apartado 3.4. di “Así mesmo, o persoal funcionario que o desexen poderán solicitar, no prazo especialmente habilitado a este efecto, os postos que poidan resultar vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no Anexo I. A adxudicación dun posto en resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no Anexo I.”
Que o pasado 13 de setembro publicouse a listaxe de postos ofertados na fase de resultas.
Que unha vez examinada a listaxe, atopamos que aparecen postos que non formaron parte dos postos ofertados inicialmente no convocatoria (exemplos, código 0059 e 1328) e que outros que resultaron vacantes logo da adxudicación de postos, non son ofertados nesta fase de resultas.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
1º) Que se cumplan as bases na súa totalidade, tanto na inclusión de postos vacantes derivados da execución da primeria fase coma a exclusión dos postos que non formaban parte do concurso inical
2º) Que se adapte á legalidade a listaxe de postos ofertados na fase de resultas e se inicie de novo o prazo de solicitudes.
A Coruña, 27 de setembro de 2019
SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2180