Comprensión ca situación das comisións de servizo, foi o que nos solicitou o pasado 9 de xaneiro de 2024 o que por entón era o Coordinador de Facenda, Persoal e agora ostenta o cargo de Director con responsabilidades directas en PERSOAL, se temos en conta a sentenza firme do 20 de marzo de 2019 145/19 do TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA que remataba dicindo:
Solicitude de comprensión por parte dos máximos responsables que chegaron (seguen sendo os mesmos) en maio de 2019 e que tiñan unha encomenda xudicial moi clara, SER DILIXENTES NOS CONCURSOS para evitar o cese entre outros postos os da maior responsabilidade no noso concello.
En xuño de 2019 a CIG tivo a primeira reunión cos máximos responsables de persoal, unha reunión que mantivo con cada unha das sección sindicais por separado, nós entre outras cousas trasladámoslles a situación da provisión de postos, pola súa parte todo foron boas palabras e comprensión sobre o que comentamos, pero a realidade é que pasaron 65 meses e a maiores das 200 CS que existían en 2019, moi lonxe de actuar con sentido común, a concellaría de persoal e a súa dirección promoveron nada menos que 303 NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO, durante estes anos a CIG tivo que reiterar requirimentos no xulgado para que se executase a sentenza de 2018 ratificada en marzo de 2019. Tamén vímonos na obriga de denunciar no xulgado novos abusos en canto ao uso das CS como da falta de transparencia na adxudicación dalgún posto de traballo.
A situación a día de hoxe a provisión de postos de traballo está totalmente desmadrada, pois unhas CS provocan postos que quedan libres e que provocan CS en cadea.
Á vista da cantidade recente de convocatorias, e por todo o anteriormente comentado, CIG non deixa nin deixará de denunciar esta práctica abusiva que non garante a igualdade de oportunidades entre o persoal municipal e perpetúa un sistema discriminatorio na provisión de postos.
Xa para rematar queremos achegarvos unha gráfica que reflicte moi ben a NEFASTAS XESTIÓN que se fixo ata agora da provisión de postos de traballo neste concello, 303 NOVAS CS en cinco anos e pico, difícil ter COMPRENSIÓN, tanto polos datos como polo comportamento amosado ata agora.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 1026
Nesta nova podedes consultar ou descargar a situación das CS que a pesar da resolución do CONCURSO ESPECÍFICO 1/19 o pasado 11 de febreiro de 2024, reflicte un problema enquistado en canto a provisión de postos, provocando un rompecabezas cara á organización e un impedimento á carreira profesional, A VERTICAL, para a totalidade do persoal municipal
Salvo erro ou omisióna a listaxe das CS LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 375
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
En data 24 de Xaneiro de 2024 e 1 de febreiro de 2024 publicáronse convocatorias para a cobertura temporal, mediante comisión de servizos, de varios postos de traballo.
En ambas convocatorias figuran varios postos de traballo que saen publicados no anexo de postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19, publicado mediante resolución de data 3 de Xaneiro de 2024.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se informe a esta sección sindical sobre os motivos que xustifican a urxencia e necesidade de convocar a cobertura temporal mediante comisión de servizos dos postos anteriormente mencionados, tendo en conta que algúns forman parte dos postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19.
A Coruña a 5 de febreiro de 2024
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 389
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación
no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,
EXPON:
- Que a sección sindical da CIG leva anos solicitando transparencia nos procesos de provisión de postos polo sistema extraordinario que son as COMISIÓNS DE SERVIZO (CS).
- Que esta falta de transparencia fixo que acudiramos ao xulgado a inicios de 2021, deu como resultado unha sentenza favorable no Contencioso Administrativo en febreiro de 2022 que foi firme no TSXG en xuño de 2023, isto obriga ao concello a facilitar determinada información necesaria para coñecer as motivacións das urxencias e necesidades ase como foron as valoracións para os nomeamentos:
- A) De todas as resolucións dictadas en todosos nomeamentos de funcionarios en comisións de servizo dende o 24 de xuño de 2019 que non se houberan informado
- B) Das motivacións de urxencia e inaplazablenecesidade para cubrir eses posto en comisión de servizos
- C) Dos criterio utiliazados para a selección dos aspirantesaos postos en comisión de servizos
- D) Das valoracións que deron aos distintos nomeamentos
- Que ao inicio do mandato 2019/23 descoñecíamos que persoas foron elixidas para ocupar os postos en CS.
- Que a raíz da denuncia no xulgado comezaron a publicar as resolucións co nome das persoas elixidas nas CS.
- Que , logo da primeira sentenza sobre a falta de transparencia en febreiro de 2022, comezaron a aparecer por primeira vez nas resolucións no apartado que o concello denominou CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS, uns códigos de verificación que daban acceso a través da web municipal https://servicios01.coruna.gal/valida/, aos electrónica (CVE) informes dos distintos responsables que avaliaron a idoneidade das persoas nomeadas en CS. A pesar das reiteradas denuncias da CIG sobre a falta de transparencia nunca foi comunicado que existía o acceso a estes documentos, foi pola denuncia a título persoal dunha delegada da CIG que estaba interesada nun proceso, que soubemos a existencia deles.
- Que en xuño e en outubro de 2023, baseándonos na sentenza do TSXG 00399/2023, solicitamos tanto a anulación dos postos nomeados en CS que teñen adxudicación definitiva como a non convocatoria de ningún outro que tivera esta circunstancia, solicitude que non tivo ningún tipo de resposta.
A maiores dos puntos mencionados anteriormente DICIR:
Que o acceso aos mesmo non resultaba doado, non é a primeira vez que o persoal municipal desiste nos accesos ao portal mencionado, tal é así que algún/ha traballador/a municipal ten un certificado notarial que acredita os infrutuosos intentos de acceder a un expediente a través dos CVE, polo que non é algo puntual que se pode achacar a fallos técnicos ou a torpeza do usuario.
Que seguen a producirse situacións con algunhas CS de moi difícil explicación, a finais de novembro publicouse a resolución da CS do posto 329 a Xefatura de Departamento de Exp. E Colec. E M.H., unha CS que transcendeu a distintos medios de comunicación polas suspicacias entorno ao proceso, esta resolución cos CVE é a última da que temos constancia a día de hoxe pois agora a pesar de que anuncian na web mupal a publicación de RESOLUCIÓNS, o que realmente anuncian son NOTIFICACIÓNS no que só mencionan a persoa elixida como información relevante, agachando o resto de información. Precisamente despois deste controvertido proceso, publicouse a notificación CS do posto 1911 Xefatura de Servizo de Edificación xa sen o CVE, que non estivo exenta de suspicacias tanto por como se produciu polo candidato elixido.
Que asemade do mencionado sobre os distintos criterios de publicación dende 2019, temos constancia dos atrancos ao persoal municipal que solicita información máis detallada destes procesos de CS por estar interesados/as nos mesmos, os atrancos mostrados polo servizo de persoal resultan sorprendentes porque a pesar das peticións claras e expresas sobre a ter COPIAS DIXITAIS dos expedientes, as persoas que os solicitan son inmersas nun tedioso proceso, os fan acudir de maneira presencial ante algún responsable de RR.HH. no que se lles da acceso a documentación só en papel con imposibilidade de sacar fotografías e posteriormente logo de insistir nas COPIAS DIXITAIS, obrigan ao persoal a pagar taxas, para a CIG unha clara intimidación cando o persoal municipal exercita o seu dereito a ter acceso a informes que lles afectan directamente.
Que observamos con preocupación a NON publicación de Resolucións das CS de postos dos que temos sospeitas fundadas que levan tempo sendo ocupados de facto, ben por ser renovadas tacitamente ou ben de postos que a pesar de ter titular e polo tanto NON VACANTES, un exemplo ao do posto da Xefatura de Departamento de RR.HH. a do posto co código 0186, resulta inaudito que non existan publicacións previas ao respecto, entre outras cousas porque impide exercer o dereito ao recurso, pois sen a pertinente publicación non cabe reclamación posible.
Polo anteriormente exposto SOLICITO:
- Que se publiquen os CVE agachados das notificacións dende finais de novembro de 2023
- Que se de acceso a calquera persoa interesada nos procesos de CS ás copias dixitais dos expedientes completos se ase o solicitan sen os atrancos amosados ata agora e sen as taxas aplicadas.
- Que se publiquen a totalidade de Resolucións da CS, tanto das renovacións como das novas antes da toma de posesión dos postos.
- De maneira reiterada, que se anulen todos aqueles nomeamentos en posto considerados NON VACANTES segundo os preceptos da Sentenza do TSXG 00399/2023.
A Coruña a 8 de Xaneiro de 2024
SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 651
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, nos locais sindicais da CIG, na sua condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPÓN:
Mediante anuncio de data 30 de novembro de 2023 publicouse a resolución da cobertura temporal mediante comisión de servizos do posto de traballo de Xefatura de Servizo de Edificación (posto nº 1911).
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Información sobre cales foron os motivos que promoveron o cese de maneira selectiva da persoa que anteriormente ocupaba mediante cobertura temporal en comisión de servizos o posto de traballo de Xefatura de Servizo de Edificación (posto 1911).
- Se o candidato elexido mediante a resolución mencionada cumpre o requisito de ESCALA e CORPO establecido na vixente RPT do Concello da Coruña para o posto 1911.
A Coruña a 12 de Decembro de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 1065
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
EXPON:
Que o pasado 6 de xuño de 2023 presentamos no rexistro do Concello da Coruña un escrito con código de asento: RMPE170WYB no que solicitábamos que non se volveran a convocar mais coberturas temporais en comisión de servizos sen ter en conta o concepto que establece a sentenza do TSXG 00399/2023 para praza vacante, asemade a anulación das convocatorias anunciadas o pasado 1 de xuño que non cumpran este concepto.
Puidemos comprobar, salvo erro ou omisión, que os postos nº 58,98,159,180,1860,1862 e 1986 non cumpren o establecido na sentenza do TSXG 00399/2023 para praza vacante e, polo tanto, non poden ser cubertos temporalmente en comisión de servizos.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se anulen as coberturas temporais en comisión de servizos dos postos con nº de referencia na RPT: 58,98,159,180,1860,1862 e 1986 polo exposto nos parágrafos anteriores e tamén no escrito presentado o día 6 de xuño de 2023 con código de asento: RMPE170WYB.
A Coruña a 29 de setembro de 2023
SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 951
Aqui podedes atopar o seguimento para este novo mandado 2023/2027 das convocatorias das COMISIÓNS DE SERVIZO promovidas polo Concelleiro de Persoal Jose Manuel Lage Tuñas:
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 496
Na seguinte LIGAZÓN, podedes consultar a sentenza 550/2023 do TSXG gañada sobre as COMISIÓNS DE SERVIZO, a xustiza segue a darnos a razón, neste caso sobre a falta de transparencia, o problema a lentitude dos procedementos xudicias, os tempos con este asunto foron:
- 18 xaneiro de 2021 solicitude da CIG
- 2 febreiro de 2022 sentenza gañada pola CIG no Contencioso Administrativo
- 29 xuño de 2023 sentenza do TSXG que recoñece o dereito a recibir distinta información sobre as CS
O TSXG obriga ao concello a facilitar a seguinte información:
A) De todas as resolucións dictadas en todos os nomeamentos de funcionarios en comisións de servizo dende o 24 de xuño de 2019 que non se houberan informado
B) Das motivacións de urxencia e inaplazable necesidade para cubrir eses posto en comisión de servizos
C) Dos criterio utiliazados para a selección dos aspirantes aos postos en comisión de servizos
D) Das valoracións que deron aos distintos nomeamentos
Median máis de dous anos entre a solicitude e a obriga que ten o Goberno Municipal en achegar a información, tal é a demora que temos nova corporación, eso sí coincide a responsabilidade de persoal na mesma persoa, agora vai ter que explicar todos procesos que deron lugar aos nomamentos , incluído tres que formaban parte do seu organigrama e que cando chegou a María Pita xa estaban ocupados e que conforman un trío de xefaturas do máximo control municipal, concretamente as xefaturas de servizo de:
- PERSOAL
- CONTRATACIÓN
- INTERIOR
Nestes casos, provocou ceses que non fixo nas outras xefaturas de servizo, seguramente porque non tiña capacidade noutras concellarías (agora controla cinco), para dúas achegaronse persoas alleas ao persoal municipal, a outra persoa que estaba nunha situación de adscripción provisional neste concello mudou de posto pero no de situación, algo totalmente irregular segundo o art 63 RD 364/1995, para eles estará todo ben motivado (mantra utilizado polos máximos responsables) cando acheguen a información faremos a nosa valoración da que informaremos coma sempre, aínda quedan casi 30 días para que a sentenza sexa firme, solicitaremos a execución e volta a marear a perdiz, quizáis a finais de ano teremos algo de información de como se produciron... se non ao tempo.
Á vista de todo o que acontence sobre os NOMEAMENTOS DIXITAIS do Señor Lage Tuñas, non é de extrañar que se tomen represalias contra quen deixa ao descuberto a súa xestión en materia de persoal.
Quenes analizan isto dende fora do concello fan unha dianosis moi clara, cando expusemos aos Responsables Nacionais da CIG o expedente aberto a unha delegada da CIG que gañou varias sentenzas contra estas irregularidades, estableceron claramente unha ligazón, UN ATAQUE AO TRABALLO SINDICAL PORQUE DAS IRREGULARIDADES FIXERON UN MODELO DE XESTIÓN.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 1005
Ana Isabel Filgueiras, con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
EXPOÑEMOS
Que a INSTRUCIÓN 3/2020: PROCEDEMENTO INTERNO DE XESTIÓN DOS PROCESOS DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA
Ten como:
Primeiro.- Obxecto
A presente circular ten por obxecto o establecemento dos supostos nos que se procederá á provisión temporal de postos de traballo no Concello da Coruña mediante comisións de servizo, adscricións provisionais (nos supostos de persoal funcionario que non estea destinado nun posto con carácter definitivo) e adscricions temporais de funcións, cando se produza algunha das seguintes circunstancias:
- a) Existencia de prazas vacantes.
- b) Sustitución transitoria dos titulares con dereito a reserva do posto de traballo.
Que o pasado 10 de maio o TSXG na sentenza SENTENCIA: 00399/2023 entre outras cousas establece que:
“…soamente pode conceptuarse como praza vacante, para os efectos da cobertura por comisión de servizo, aquela que non teña un titular para quen se reserve, porque nese caso está provista definitivamente e non pode ser incluída na seguinte convocatoria”
Que recentemente houbo convocatorias amparadas na devandita instrución.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITAMOS
En primeiro lugar que non se volvan a convocar máis coberturas temporais sen ter en conta o concepto que establece a sentenza do TSXG 00399/2023 para praza VACANTE, asemade a anulación das convocatorias anunciadas o pasado 1 de xuño que non cumpran este concepto.
En segundo lugar que, tendo en conta a situación da tenencia da ALCALDÍA EN FUNCIÓNS e a falta dun claro responsable de persoal nun futuro próximo, non se proceda á convocatoria de máis comisións de servizo ata a formación dunha nova corporación municipal.
A Coruña a 6 de xuño de 2023
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 825
O TSXG anula, só nos casos que afectan aos recorrentes, criterios da Xunta para cubrir postos con comisións de servizos na Administración de Xustiza
A Sala explica que os recorrentes argumentan que algúns dos apartados da resolución “vulneran o dereito fundamental dos funcionarios de carreira a acceder aos postos de traballo mediante o sistema de provisión por substitución e dos funcionarios interinos a acceder ás funcións públicas en condicións de igualdade"
- Autor Comunicación Poder Judicial
A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu parcialmente o recurso interposto por nove persoas contra a resolución do 21 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta, na que se estableceron criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisións de servizos no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia. Desta forma, declarou a nulidade dos seguintes preceptos, en canto prexudiquen aos nove demandantes: os apartados c) e i) do artigo 3, a fin de que se exclúa da consideración de praza vacante, para os efectos da súa cobertura temporal por comisión de servizos, a excedencia voluntaria por coidado de familiares e a liberación sindical; así como do apartado 1 do artigo 2, que outorga preferencia á cobertura por comisión de servizos fronte á substitución.
Na sentenza LIGAZÓN, a Sala explica que os recorrentes argumentan que algúns dos apartados da resolución “vulneran o dereito fundamental dos funcionarios de carreira a acceder aos postos de traballo mediante o sistema de provisión por substitución e dos funcionarios interinos a acceder ás funcións públicas en condicións de igualdade e cos requisitos que sinalen nas leis, recoñecido no art 23.2 da CE”. Así, subliñan que o sistema que establece a resolución da Xunta “deu lugar a que se reduciron os nomeamentos por substitución e deixouse de chamar a funcionarios interinos para cubrir postos vacantes, excedencias e liberacións sindicais, cando tiñan dereito a iso, o que lles ocasiona a uns e a outros unha discriminación”.
Na resolución, os maxistrados a Sala analizan a pretensión de anulación dos apartados c) e i) do artigo 3 da resolución, “#a fin de que se exclúa da consideración de praza vacante, para os efectos da súa cobertura temporal por comisión de servizos, da excedencia voluntaria por coidado de familiares e da liberación sindical”. Os xuíces conclúen que o “orzamento esencial para que poida procederse á cobertura temporal dun posto en comisión de servizo é que este se ache vacante”. Por tanto, manifestan que, se o posto para cubrir non está vacante, “non cabe acudir á comisión de servizos para a súa provisión temporal”.
“Por conseguinte, soamente pode conceptuarse como praza vacante, para os efectos da cobertura por comisión de servizo, aquela que non teña un titular para quen se reserve, porque nese caso está provista definitivamente e non pode ser incluída na seguinte convocatoria”, recalca o TSXG, que entende que é ilegal a inclusión como vacante nos dous supostos que indican os recorrentes: tanto no caso de excedencia voluntaria por coidado de familiares como no de liberación sindical.
A seguinte pretensión que examina a Sala na resolución é a da anulación do artigo 2.1 da resolución do 21 de marzo de 2022, no que para a cobertura temporal dun posto de traballo concédese preferencia á provisión mediante comisión de servizos por persoal funcionario de carreira fronte á substitución. Ese artigo, segundo subliña, “contravén frontalmente o establecido no artigo 73.3 do RD 1451/2005, sempre que outorga preferencia á cobertura por comisión de servizos fronte á substitución, ao contrario do que se recolle no inciso terceiro do artigo 73.3 RD 1451/2005”, polo que decreta que procede a súa anulación.
O TSXG recalca que “só o cabe acordar a nulidade daqueles nos que os recorrentes poidan ser prexudicados, pois noutro caso a estimación do recurso excedería do ámbito da súa lexitimación”. O fallo non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 775
José María Calatayud Sánchez co DI XXXXe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que temos constancia de que no Concello da Coruña existe a provisión temporal de postos en COMISIÓNS DE SERVIZO que non están convocados en ningún tipo de CONCURSO. A pesar de telo solicitado, descoñecemos o número real deles nin de como se realizaron os procesos selectivos se é que os houbo.
Que tamén temos constancia de que algúns destes postos superan os dous anos en COMISIÓN DE SERVIZOS.
Que neste Concello existe unha sentenza de outubro de 2018 firme dende 2019 que anulou 152 COMISIÓNS DE SERVIZO por exceder ou dous anos permitidos, a execución da mesma é a provisión destes por CONCURSO ORDINARIO, execución só efectivizada para postos do grupo C e Asociacións Profesionais.
Que o resto de postos afectados pola sentenza que pertencen ao grupo A están afectados en procesos de provisión definitiva, a maioría no CONCURSO C.E. 1/2019, con bases publicadas o 24 de maio de 2019, con prazo de presentación de instancias ao mesmo o 23 de setembro de 2020 e que actualmente (4 anos despois da sentencia inicial) aínda está na fase de valoración de méritos.
Que os postos de XEFATURAS DE SERVIZO non figuran no mencionado CONCURSO C.E. 1/2019, porén algúns están inmersos en CONCURSOS ESPECIFICOS que tiveron en 2019 data limite na presentación de instancias para participar nos mesmos:
- SEL2019005 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A DE SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA POSTO CÓDIGO 104 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
- SEL2019014 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE MUSEOS CIENTÍFICOS POSTO CÓDIGO 165 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
- SEL2019012 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO MEDIO AMBIENTE POSTO CÓDIGO 1115 Publicación anuncio D.O.G.: 6 marzo de 2019
- SEL2019018 - CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A DEPARTAMENTO CONTROL FINANCEIRO E FISCALIZACIÓN POSTO CÓDIGO 1223 Publicación anuncio D.O.G.: 3 de abril de 2019
- SEL2019004 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE REHABILITACIÓN E VIVENDA POSTO CÓDIGO 1551 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
- SEL2019007 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE EDIFICACIÓN POSTO CÓDIGO 1911 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
- SEL2019003 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE INFORMÁTICA POSTO CÓDIGO 2088 • Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
- SEL2019006 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A DE SERVIZO INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO POSTO CÓDIGO 2118 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
Destes descoñecemos se están ocupados en COMISIÓN DE SERVIZOS e dende cando, porén tivemos constancia da convocatoria en COMISIÓN DE SERVIZOS dos seguintes cunha duración superior aos dous anos:
- SEL2019019 - XEFE/A SERVIZO PERSOAL POSTO CÓDIGO 169 3 de abril de 2019 Publicación anuncio D.O.G.: 3 de abril de 2019 e convocado en dúas ocasións en CS o 24 de xullo de 2020 e a inicios de 2021
- SEL2019008 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A SERVIZO EMPREGO E EMPRESA POSTO CÓDIGO 200 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 15 de outubro de 2019
- SEL2019010 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A SERVIZO DE CONTRATACIÓN POSTO CÓDIGO 258 • Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 20 de novembro de 2020
- SEL2019020 CONCURSO ESPECÍFICO XEFA/A DE XUSTIZA SOCIAL POSTO CÓDIGO 1372 Publicación anuncio D.O.G.: 30 de abril de 2019 e convocado en CS o 3 de outubro de 2019
- SEL2019017 XEFE/A DE SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL POSTO CÓDIGO 1451 Data publicación DOG: 13 de marzo de 2019 e convocado en CS o 18 de xullo de 2019
- SEL2019009 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE IGUALDADE E DIVERSIDADE POSTO CÓDIGO 1500 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 14 de xullo de 2020
- SEL2019013 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE MOBILIDADE URBANA POSTO CÓDIGO 1697 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 6 de novembro de 2019
- SEL2019011 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE INTERIOR E ATENCIÓN CIDADÁ POSTO CÓDIGO 1940 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 14 de agosto de 2020
A pesar de que todos os procesos de CONCURSOS ESPECÍFICOS, foron publicados previamente ao CONCURSO CE 1/2019 (maio de 2019), levan paralizados dende marzo de 2019, a día de hoxe non hai nomeados nin os tribunais para os concursos de moitos postos de funcionarios/as que teñen as maiores responsabilidades neste concello.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO cunha duración de máis de dous anos que non están convocadas en ningún proceso de provisión de postos definitivo.
A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO de Xefaturas de Servizo que excedan os dous anos de duración que a pesar de estar convocadas en distintos CONCURSO ESPECÍFICOS, levan paralizados dende o primeiro trimestre de 2019.
Asemade o reinicio dos procesos anunciados nos distintos D.O.G. que afectan aos postos de maior responsabilidade neste concello.
A Coruña a 28 de outubro de 2022
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 1063
Páxina 1 de 5