José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

MANIFESTA

  1. Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as  municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
  2. Que os criterios utilizados son os de cumprimento de obxectivos, incremento da carga de traballo, acumulación de tarefas, atribución de novas funcións, etc.
  3. Nas resolucións destes expedientes afirmase que se cumpre a normativa recollida no artigo 5 do RD 861/1986 que regula a aplicación deste complemento retributivo.

Dende a sección sindical da CIG consideramos que os decretos polos que se determina o abono destes complementos son contrarios a dereito polos seguintes motivos:

  1. Incúmprese o apartado 6 do artigo 5 do RD 861/86 por aplicar uns criterios para determinar as cantidades a aboar que non foron establecidos polo Pleno da Corporación nin negociados cos representantes dos empregados do concello
  2. Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu  caso teña  establecido ol Pleno, sen na lei 7/1985, de 2 de abril.
  3. Incúmprese o apartado 4 do artigo 5 do RD 861/86 por non informar nin aos empregados públicos nin aos seus representantes da existencia destas gratificacións nin da súa contía.
  4. Corresponde ao Pleno de cada Corporación determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade aos funcionarios dentro dos límites máximos sinalados no artigo 7.2, b), desta norma.

Polo anteriormente exposto

 SOLICITA:

Que se cese de forma inmediata con esta, ao noso xuízo, practica ilegal de reparto de produtividade e que se convoque con carácter de urxencia  á Mesa Xeral de Negociación para tratar de consensuar uns criterios de aplicación da produtividade que se poidan remitir ao Pleno da Corporación  para a súa aprobación.

 

A Coruña, 15 de maio de 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.