Nas eleccións do ano 2015 a CIG continuou  incrementando aceptación entre as/os empregadas/os do concello da Coruña  acadando un delegado mais  respecto as anteriores eleccións sindicais.

A rivalidade existente entre a UGT e o CSIF  propiciou que uniramos os nosos votos e os da UGT para nomear os cargos da Xunta de Persoal , asumindo a CIG a súa presidencia. Durante o tempo que a CIG temoneou  a Xunta de Persoal  fomos quen de acadar un acordo unánime de modificación do Regulamento de Axudas Económicas, que no momento  de ser levado a Mesa Xeral de Negociación foi cuestionado polo resto dos sindicatos, cada un deles atendendo aos seus intereses particulares, o que trouxo como consecuencia que a día de hoxe sega sen ser modificado.

Durante un período de 17 meses (xuño 2015 ata novembro 2017) se lle estiveron facendo propostas conxuntas ao Goberno Municipal con mais ou menos fortuna, pero a partir do empeño de executar o Acordo de Policía por parte dos tres sindicatos asinantes, a pesar de que a Lei de Orzamentos do Estado o impedía expresamente, empezou a xerarse unha dinámica na Xunta de persoal que a CIG non podía asumir por ser contraria aos nosos principios e dimitimos dos cargos que ocupabamos en novembro de 2017 , 3 meses despois o resto dos sindicatos repartíronse os cargos e acusáronnos de abandonar a Xunta de Persoal “nun momento crítico e cando mais necesita o persoal estar representado”, dende esa data ate o día de hoxe suspendéronse varios plenos (nov. 2018, xan., marzo, abril 2019). das reunións programadas. Na nosa opinión anularon a Xunta de Persoal en prol dos seus intereses sindicais.

Temos que salientar que a pesar de que non estabamos de acordo co acordo de policía sempre fixemos propostas que, por fora deste, terían como consecuencia un incremento das retribucións da policía, tales como   a inversión dos criterios de perigosidade ou a elevación ao nivel 18 o mínimo do subgrupo C1, por certo, neste ultimo caso,  a subida de nivel, afectaría tamén ás técnicas auxiliares de bibliotecas (con só 16 efectivos) e por parte da CSIF se nos acusou de intentar utilizar á Policía para beneficiar a outros colectivos.  

Durante estes catro anos a CIG realizou un grande número de actuacións  de todo xénero das que salientamos as seguintes.

  1. .Amplos resumos das máis de 30 Mesas Xerais de Negociación e Técnicas
  2. .Propostas de equiparacións retributivas e de valoración de postos.
  3. Propostas de subidas de nivel de destino xerais.
  4. Nas MESAS DE NEGOCIACIÓN tratamos de eliminar de todos os acordos adoptados aquelas cláusulas que a o noso entender supoñían discriminacións ou agravios comparativos, algunhas aceptáronse e se incorporaron aos acordos e para defender o noso criterio cando no foi así acudimos ao xulgado con desigual fortuna, pero sempre tendo coma única meta o beneficio do conxunto dos empregados municipais, coma exemplo as titulacións distintas ao posto que se opta no concurso.
  5. .Propuxemos varias alternativas ao regulamento da CARREIRA PROFESIONAL
  6. .Participamos activamente na consecución do Acordo no Servizo do SEIS
  7. .Denuncias na Inspección de Traballo e na Fiscalía
  8. .Presionamos para a contratación de persoal nalqueles servizos que eran necesarios .
  9. .Visitas periódicas na maioría dos centros de traballo
  10. .Envíos masivos de información sobre saúde laboral e acordos estatais.

De todas estas actuacións fomos dando conta puntualmente a través da nosa páxina Web, (143 publicacións na www.cigconcellocoruna.com) a que por certo e  para a nosa satisfacción  visitades cada vez un maior número de compañeiras/os, atendemos infinidade de consultas tanto telefónicas como presenciais mantendo o noso local aberto a practica totalidade dos xornadas laborais..

O feito de que as nosas actuacións se adopten sempre en criterios técnicos e de aplicación á totalidade do persoal afectado permítenos dar sempre as explicacións que nos demandan sen necesidade de que , nos supostos de que non se compartan os nosos criterios , nos vexamos obrigados a utilizar desculpas do tipo de “é unha imposición do goberno local e por iso o asinei”

As nosas actuacións baséanse no principio de lealdade e transparencia e por iso non temos ningún reparo en dicir o que facemos nin en facer o que dicimos, e  diso son conscientes tanto os políticos coma os técnicos deste concello.

Se acreditas nestes principios e consideras que o sindicalismo debe ser propositivo e combativo ao mesmo tempo e consideras que a CIG e o sindicato que mellor pode defender os teus dereitos, o 23 de maio.

VOTA  CIG