José María Calatayud Sánchez con D.I. xxxxxxx e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.

COMUNICA:

Que 24 de outubro de 2018 fomos informados de que a empresa que estivo xestionando as medicións de GAS RADÓN ata ese momento nas dependencias municipais era INTERA.

Que tamén se nos achegou un documento sobre as descricións de actuacións no que se menciona o laboratorio que realizou as medicións, LABORATORIO DE ANÁLISIS DE RADIACIONES (LAR).

Que o mencionado laboratorio non aparece no listado de laboratorios acreditados para medir radón no aire segundo a norma ISO/IEC17025, ubicados en España ou con distribuidores en España.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se nos aclare cal foi o laboratorio que fixo as medicións de gas radón nas depencias municipais .

Que se nos informe que empresa ou empresas fixeron xestións relacionadas co radón.

A Coruña, 28 de maio de  2019.

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.