PLAN DE FORMACIÓN PARA O ANO 2025
Aprobamos o plan de formación para o persoal municipal para este ano 2025. Dende a nosa sección sindical criticamos que o plan de formación se aprobe a mediados de abril xa que non da tempo a executalo na sua totalidade e solicitamos, de novo, que o próximo plan de formación se aprobe a principios de ano para ter tempo a impartir todos os cursos planificados. O concelleiro comprométese a ter traballado este asunto a finais do 2025, para poder aprobar e executar o plan de formación a principios do 2026.
Acordouse sacar as prácticas de tiro da policía local do plan de formación, algo que a nosa sección sindical leva reclamando dende hai anos, e adicaranse esas 200 horas das prácticas para mais cursos de carácter transversal para todo o persoal municipal.
Solicitouse tamén un cronograma da calendarización dos cursos ao longo do ano para facilitar a organización e planificación de todo o persoal municipal.
OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025
Aprobamos a Oferta Publica de Emprego para o ano 2025, a proposta inicial do goberno municipal foi modificada tras as solicitudes das seccións sindicais expostas na mesa.
Despois da negociación coas sección sindicais o goberno municipal acepta as seguintes modificacións:
- Nas prazas de promoción interna aumentaron a 4 as 2 prazas previstas para técnico medio de bibliotecas, que sumadas as 9 de OPES anteriores farían un total de 13 prazas, defendido pola sección sindical da CIG nos últimos meses en varias mesas técnicas e de negociación, e co que terá opción de promocionar todo o persoal municipal de bibliotecas que está en condicións de facelo.
- A nosa sección sindical solicitou que a praza de técnico superior de servizos sociais prevista na quenda libre (con reserva a persoas con discapacidade) se sacase por promoción interna ao que o señor concelleiro contestou que se mantiña a praza prevista por quenda libre e se inclúe na OPE outra praza mais de técnico superior de servizos sociais por promoción interna.
- Solicitáronse tamén prazas de auxiliares da casa de acollida debido á situación absolutamente precaria que viven estas compañeiras na que tan so 1 das 9 prazas previstas na RPT está cuberta por funcionarias de carreira, nun servizo que funciona as 24 horas os 7 días da semana o resto de postos están cubertos dende hai anos mediante programas de carácter temporal. O concelleiro acepta incluir 2 prazas de auxiliar da casa de acollida na OPE do ano 2025 a cambio de retirar 1 praza de Auxiliar Administrativo e 1 praza de Técnico Medio de Xestión.
- Quedou pendente de valoración por parte do goberno municipal do incremento dunha praza mais de oficial do parque móvil.
A nosa sección sindical preguntou cal era o motivo de que non aparezan na OPE 2025 as prazas necesarias para o proceso de internalización do persoal de bibliotecas xestionado por unha empresa privada cando si aparecían no cadro de persoal do ano 2025 aprobado na MXN do mes de Xaneiro pasado. O sr.concelleiro contestou que o goberno municipal seguía coa folla de ruta marcada para o proceso de internalización e cos prazos comunicados nas anteriores mesas xerais de negociación sin dar ningún outro tipo de explicacións sobre este tema.
MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 2/2021 SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA.
Aprobouse a modificación da Instrucción 2/2021 previamente tratada en mesa técnica e que consiste na adaptación lexislativa de varios permisos incluídos nesta instrucción e a introducción na mesma do permiso parental retribuído de 8 semanas para o coidado de fillos e do permiso para os actos preparatorios da doazón de órganos e tecidos.
O goberno municipal tiña interese en concretar o permiso retribúido por falecemento, accidente grave, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar, en concreto no referido ao suposto de hospitalización. Anteriormente a instrucción establecía que esta entendíase cando implique a estancia hospitalaria que inclúise unha noite e unha comida. A proposta inicial do goberno municipal era unha nova redacción na que se entendera a hospitalización se transcorrían 24 horas de estancia no centro hospitalario. A nosa sección sindical defendeu que debía reducirse esta cantidades de horas de estancia no centro hospitalario, e finalmente o goberno municipal estableceu que entenderase a hospitalización cando transcurran alomenos 12 horas de estancia no centro hospitalario.
MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 4/17 SOBRE O PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO DO CONCELLO DA CORUÑA
Aprobouse a modificación da Instrucción 4/17 ,previamente tratada en mesa técnica, modificándose o artigo 2 (apartado 6 bis) no relativo á utilización de varias listaxes de forma simultánea por terse agotado a listaxe principal de chamamentos, o artigo 4 sobre a mellora de emprego, o artigo 5 relativo ao rexeitamento xustificado dun chamamento (solicitado pola Sección Sindical da CIG), o artigo 7 relativo á rotación nos chamamentos e a creación do artigo 5 bis para recoller o disposto no artigo 24.2 da Lei de Emprego Público de Galicia que regula o período de proba.
APROBACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAXES DE PERSOAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTOS PROTOCOLARIOS POR MATRIMONIOS CIVÍS NO CONCELLO DA CORUÑA
Aprobouse o novo procedemento de listaxes para a realización de actos protocolarios por matrimonios civís, previamente tratado en mesa técnica, e ao que poderán optar as/os funcionarios de carreira do Concello da Coruña pertencentes aos subgrupos C2 e C1 de Administración Xeral.
Este procedemento rixe a elaboración da listaxe, os chamamentos e as retribucións do persoal municipal dos subgrupos C2 e C1 para a sua participación nos actos protocolarios de matrimonios civís con funcións vinculadas á elaboración das actas dos matrimonios celebrados no Concello da Coruña.
Tanto o procedemento aprobado, como a listaxe de chamamentos e as retribucións a percibir serán publicadas.
Coa a aprobación deste procedemento corríxese unha situación absolutamente inxusta na que o persoal administrativo percibía unha retribución menor que o resto do persoal municipal participante nestes actos (persoal de conserxería e maceros da policía local) e pasará a estar retribuído mediante unha produtividade de 300€ por cada fin de semana de chamamento.
APROBACIÓN DAS BASES DE CONCURSO ORDINARIO
A aprobación deste punto quedou adiada ata unha próxima mesa xeral de negociación que o Sr. Concelleiro se comprometeu a convocar a mediados do próximo mes de maio.
A solicitude de aprazar a aprobación das bases de concurso ordinario partiu da totalidade da representación sindical despois de que o sr. Concelleiro anunciase na mesa, sin comunicalo previamente, que a aprobación das bases de concurso requeriría unha previa modificación puntual da RPT co fin de establecer requisitos específicos de titulación para todos os postos de administración especial que actualmente non os teñen na RPT. A obriga de incluir as titulacións no caso dos postos de administración especial, é unha demanda de vello desta sección sindical que este goberno municipal desoiu reiteradamente nas anteriores modificacións puntuais da RPT.
Ante a pregunta da nosa sección sindical de si esa nova modificación puntual da RPT incluiría mais cambios que os requisitos de titulación o Sr. Lage contestou que, nese momento, non tiña na cabeza ningunha outra modificación da RPT. Dende a CIG fixemos esta pregunta toda vez que nas mesas técnicas deixouse claro por parte do goberno municipal que o novo concurso ordinario chegaría ata o nivel 24, o que supón que deixaría fora ás Xefaturas de Departamento, que ocupan un nivel 26 na actualidade, e polo tanto, deben incluirse no novo concurso ordinario.
Acordouse, despois da nosa solicitude, que se nos daría traslado da modificación puntual da RPT anunciada na mesa xeral e que se trataría nunha mesa técnica con carácter previo á levar de novo as bases de concurso a mxn o próximo mes de maio.
Cabe dicir que, despois de varios meses con mesas técnicas de bases de concurso, aínda non acadamos un acordo en varios apartados do baremo do concurso polo que haberá que agardar para saber si achegamos posturas co goberno municipal para chegar a unhas bases de concurso ordinario negociadas e pactadas.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa Sección Sindical preguntamos pola data de celebración da mesa técnica do persoal auxiliar da casa de acollida, solicitada con carácter urxente, pola cada vez mais conflictiva e insostible situación de conflictividade coas persoas usuarias con situacións de agresións físicas e verbais ao persoal municipal e varias intervencións policiais. Mentres dende a CIG expoñíamos a grave situación destas compañeiras o sr. Concelleiro comunicouse coa concelleira responsable desta área polo que esperamos que a convocatoria se produza canto antes.
Tamén se preguntou polos procesos selectivos de técnico medio de emprego e de axudantes de cemiterios e pola convocatoria da mesa técnica de mercados.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 970
ORDE DO DÍA:
1-ORZAMENTO E CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA PARA O EXERCICIO 2025
2- ROGOS E PREGUNTAS
Neste punto a nosa Sección Sindical solicitou un incremento na partida adicada ao plan de formación do persoal municipal, un incremento necesario para garantir unha formación adecuada para a totalidade do persoal municipal, algo que neste momento claramente non sucede.
Ao respecto do cadro de persoal o mais destacado é o incremento das prazas tanto de técnico como auxiliar de bibliotecas coa finalidade de ter as prazas necesarias para o proceso de internalización do persoal de bibliotecas actualmente xestionado por unha empresa privada.
Pola nosa banda, e xa de cara á próxima convocatoria da mesa de negociación para a aprobación da oferta pública de emprego deste ano, solicitamos o aumento de prazas de promoción interna para o persoal de bibliotecas e tamén a necesidade de prazas de promoción interna para o persoal municipal que acaba de superar os procesos de estabilización.
Comunicáronnos tamén que no mes de febreiro comenzarían as mesas técnicas dos múltiples temas que temos pendentes. Esperemos que as negociacións este ano sexan máis áxiles e non nos vexamos de novo nun punto morto sin avances tal como aconteceu durante o 2024.
No turno de rogos e preguntas , despois de recibir pola vosa parte algunha consulta ao respecto, preguntamos si a baremación de méritos da fase de resultas do concurso 1/19 foi a mesma que na primeira fase e respostáronnos que si e que era a comisión de valoración a que interpretaba as bases establecidas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1308
ORDE DO DÍA:
- APROBACIÓN DA ACTA DA MXN DO 14/10/2024
- BALANCE DO ANO 2024
- PREVISIÓNS E OBXETIVOS PARA O ANO 2025
- ROGOS, PREGUNTAS E SUXESTIÓNS
Como podedes observar polos puntos que conforman a orde do dia, o pasado día 30 de decembro de 2024 fomos convocados a unha mesa xeral de negociación sin ningún tipo de contido real para negociar, o último día hábil do ano e en pleno nadal.
As razóns para esta convocatoria inútil e vacía de contido habería que preguntarllas ao goberno municipal.
Dende a nosa sección sindical facemos o noso propio balance do ano 2024, moi alonxado do exposto polo señor concelleiro na mesa:
Durante o ano 2024 non se pechou ningunha negociación das iniciadas agás o acordo acadado para o colectivo de conserxes de colexio e estamos moi lonxe de acadar ningún acordo nos temas fundamentais para todo o persoal municipal como poden ser unha nova valoración de postos ou as bases de concurso.
Estivemos todo o ano o ano 2024 escoitando que a obligatoriedade legal de rematar os procesos de estabilización a data 31 de decembro de 2024 tivo ao departamento de recursos humanos moi ocupado, non dubidamos de que a gran cantidade de procesos de estabilización supón un gran traballo, pero non pode servir de excusa para todo, xa que a data de hoxe a situación é a seguinte:
- Valoración de postos: ningún avance e todo por facer.
- Bases de concurso: pese ao exposto polo señor concelleiro nesta última mesa de que quedaba pouco para chegar a un acordo o certo é que estamos nun punto morto e, salvo que cambie completamente a proposta inaceptable feita nas mesas técnicas, non se acadará ningún acordo alomenos coa sección sindical da CIG.
- Fase de resultas do concurso 1/19: pese ao tempo transcurrido dende o inicio desta fase a previsión dada na mesa é que tardará aproximadamente outros 6 meses en resolverse.
- Mesas técnicas solicitadas dende a Xunta de Persoal para diferentes colectivos: ningunha convocada ata o momento agás a de conserxes de colexio.
- Falouse doutros temas na mxn aos que se lle ten que dar “impulso” no 2025: procesos selectivos, promoción interna, reunificación da rede de bibliotecas, novas listas de agarda para sustitucións …
Moito ten que cambiar a actitude do goberno municipal para este ano 2025 si pretenden pechar algún dos moitos temas que temos enriba da mesa, a nosa sección sindical, como sempre, traballará para pechar acordos en todas as cuestións pendentes.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1015
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN celebrada o 02.08.2024.
- Proceso de unificación da rede de bibliotecas.
- Dación de conta das reunións desenvolvidas nas diferentes mesas técnicas.
- Rogos e preguntas.
PROCESO DE UNIFICACIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS
Neste punto informáronnos do comezo do proceso para a unificación da rede bibliotecas pasando a unha xestión directa do concello do 100% das bibliotecas municipais que, como ben sabedes, actualmente é un modelo dual con unha parte de xestión directa municipal e outra parte externalizada e xestionada por unha empresa privada.
O señor concelleiro comezou a sua explicación recalcando que este proceso é froito dun acordo político, a continuación explicounos que se crearán algo mais de 60 prazas de técnico medio de bibliotecas e de técnico auxiliar de bibliotecas, o proceso selectivo consistirá nun concurso- oposición no que intentarán que a fase de concurso se valore no máximo legal permitido.
Todo este proceso comenzará a finais deste ano 2024 e preveen telo rematado no primeiro trimestre do ano 2026, para elo será necesario a creación das prazas correspondentes, a modificación da RPT para incluir os postos necesarios e unhas bases específicas para o proceso selectivo.
Esta foi toda a información que se nos proporcionou e, probablemente, pouca mais vamos a recibir xa que o Sr. Lage Tuñas deixou moi claro que so ía someter a negociación o estrictamente establecido na lei, que non haberá ningún tipo de mesa técnica para traballar neste proceso.
Esta actitude por parte do goberno municipal non pode calificarse doutra maneira que non sexa de pouco transparente, parécenos imprescindible a negociación coas seccións sindicais do concello da coruña dun proceso destas características polo que instamos ao goberno de Inés Rey a que rectifique e someta a negociación todo o proceso de unificación da rede de bibliotecas municipais.
DACION DE CONTA DAS REUNIÓNS DESENVOLVIDAS NAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
Ao longo do que levamos do mes de outubro tivemos unha serie de mesas técnicas sobre diferentes temas e das que dou conta o director de área de recursos humanos na mesa xeral de negociación:
Con respecto á mesa técnica de conserxes de colexio rematouse o documento de adxudicación de centros e está case rematado o documento de funcións e tarefas quedando pendente as cuestións relativas a horario e xornada. Estes documentos serán levados á mesa xeral de negociación para a sua aprobación e esta sección sindical expresará a sua opinión ao respecto unha vez se nos facilite a redacción definitiva dos documentos en negociación.
Tivemos tamén unha mesa técnica sobre a elaboración dun documento de xestión das listaxes de persoal municipal para os actos de matrimonios civís no concello que está case rematado a falta de aclarar os conceptos retributivos e as cantidades percibidas polo persoal municipal, xa que na actualidade existen diferencias tanto na cantidade a percibir como no concepto retributivo. Esta sección sindical considera que o mesmo traballo non pode retribuirse con dous conceptos diferentes e con cantidades diferentes para traballos iguais. Tamén fixemos saber na mesa técnica que os conceptos retributivos e as cantidades a percibir deben figurar no documento de xestión que se está elaborando.
Por último falaremos da mesa técnica de bases de concurso xeral e específico que se ven desenvolvendo dende hai varios meses:
O vaivén continuo que se está producindo con estas mesas técnicas e os continuos cambios de propostas e de opinións por parte do goberno municipal parécennos unha falta de respeto ao traballo sindical a así llo fixemos saber na última mesa técnica.
A falta de seriedade e de rigor con que se están desenvolvendo estas mesas é moi preocupante.
Fai varios meses que se lle trasladou ao goberno municipal dende a Xunta de Persoal a pregunta de a que postos iban a aplicar o concurso específico, na última mesa técnica trasladáronnos unha resposta sorprendente e inaceptable, non so queren aplicar o concurso específico ás xefaturas de departamento si non tamén aos postos asimilados de nivel 26 e 27 e ás xefaturas de sección o que implicaría necesariamente unha modificación da RPT incumplindo o que se nos trasladou por parte do Sr. Lage de que o concurso se faría coa RPT en vigor. Pola nosa banda deixamos moi claro que o concurso debe producirse coa RPT vixente tal como se acordou. Non é o único motivo que nos leva a considerar que a CIG é probable que non apoie estas bases porque tamén nos parece inaceptable a proposta para a segunda fase que non garante nin o anonimato, nin a obxetividade e que ten un peso excesivo sobre o total. Parece mais ben unha proposta “a medida” e non precisamente a medida en igualdade, mérito e capacidade.
Aínda nos esperaba nesta mesa técnica outra sorpresa, nada menos que a insinuación de que na parte común a ambos concursos (xeral e específico), no baremo de méritos o goberno municipal quere que se valore a totalidade do tempo en comisión de servizos cando legalmente a provisión de maneira temporal dun posto en comisión de servizos non pode durar mais de 2 anos.
Pensamos que non é necesario explicarvos a opinión da CIG sobre esta insinuación, mais que coñecida é a loita en solitario desta sección sindical contra o uso abusivo e fraudulento das comisións de servizo neste concello.
Entenderedes despois desta explicación o escándaloso da proposta do goberno municipal e, obviamente, non apoiaremos unhas bases destas características.
Esperamos e desexamos que o goberno de Inés Rey cambie de actitude neste tema e, en xeral, na xestión de recursos humanos e que poidamos chegar a acordos xustos e que beneficien a todo o persoal municipal.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa sección sindical preguntamos pola convocatoria dos procesos de promoción interna de 9 prazas de bibiotecario medio da OPE do ano 2022 e fixémoslle saber o interese nesta promoción interna do persoal funcionario das bibliotecas municipais. Contestáronnos que non é intención do goberno municipal deixar caducar ningunha praza ofertada.
Preguntamos tamén polo prazo de resolución da fase de resultas do concurso 1/19 e contestóusenos que estaba a piques de publicarse a lista definitiva de admitidos pero non nos dixeron nada sobre o prazo de resolución. A lista de admitidos publicouse fai uns días xunto coa composición da comisión de valoración que non parece a mais idónea xa que, aínda reunindo o requisito legal de pertenza dos membros da comisión ao subgrupo A1, está composta en gran parte por persoal con pouca experiencia e por persoal con postos moi específicos de administración especial que fan imposible a valoración de memorias doutros postos pertencentes a outra administración especial. É difícil de crer que nunha plantilla tan ampla e diversa como a nosa non se atopen perfís mais axeitados para esta comisión de valoración.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1164
RESUMO M.X.N DE 2 DE AGOSTO DE 2024
ORDE DO DÍA:
1-APROBACIÓN DA ACTA DA MXN CELEBRADA O 27/05/2024
2-PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
3-DACIÓN DE CONTA DO ESTADO E PREVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN PENDENTES
4- DACIÓN DE CONTA DAS SESIÓNS DESENVOLVIDAS DAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
5- CALENDARIO DAS MESAS XERAIS DE NEGOCIACIÓN PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO 2024.
6-ROGOS E PREGUNTAS
PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
Do mesmo xeito que na modificación puntual da RPT de agosto de 2023, o que se nos dixo que sería unha simple adaptación da RPT á nova estructura organizativa e unha corrección de erros, convírtese en moito mais que eso coa creación de novos postos de traballo e dun novo servizo denominado Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos, área íntegramente controlada polo señor concelleiro Lage Tuñas.
O mércores 31 de xullo nunha mesa técnica de elaboración da RPT (dous días antes da MXN) o goberno municipal argumentou que tiñamos unha RPT sobredimensionada e que habería que correxilo durante o proceso de elaboración da nova RPT . Porén, o venres 2 de agosto, na MXN o señor Lage preséntanos outra modificación puntual coa creación dun bo número de postos novos e un novo servizo.
Nesta modificación puntual créanse duas novas xefaturas de departamento e, de novo, abertas a ser ocupadas por persoal de calquera administración pública coartando a carreira profesional do persoal municipal. No documento que se nos achega, xa nin se molestan en xustificar e motivar a apertura destas xefaturas de departamento a outras administración, nin tampouco a motivación da creación dunha nova xefatura de servizo por libre designación.
Dende a nosa sección sindical mostramos a nosa disconformidade con esta modificación puntual pola inxente creación de novos postos de traballo e pola apertura das novas xefaturas de departamento a persoal doutras administración, esto último foi tamén argumentado por tres das catro seccións sindicais presentes na MXN (CIG, UGT e CCOO). Ante os argumentos dados por estas tres seccións sindicais o señor Lage evitou dar ningún tipo de explicación nin capacidade de negociación deste asunto que, evidentemente, non contou coa aprobación da maioría da representación sindical. Unha vez máis, o señor Lage Tuñas demostra que o ámbito da negociación para el é tan so un requisito formal e legal que ten que cumprir, pero sen capacidade de chegar a acordos nin amosar unha capacidade real de negociación.
Esta modificación inclúe tamén a modificación do sistema de provisión, dos seguintes postos do SEIS: cabo, sarxento, suboficial, oficial técnico, oficial e inspector que pasarían a cubrirse por concurso específico. Auméntase tamén a dotación nun posto de oficial operativo.
Ao tempo que falabamos da calendarización das negociacións para a elaboración dunha nova RPT, trasladasenos unha nova modificación “puntual” reorganizativa que, ao noso entender, dista moito de selo e ademáis, carente da motivación necesaria.
Por si non fora suficiente con todo isto, o mesmo día da mesa de negociación, ás 15:00 horas, con total premeditación e alevosía, sacan unha nova convocatoria de nada menos que 24 postos para a súa cobertura en comisión de servizos en pleno mes de agosto (e cunha parte imporante do persoal de vacacións), incluíndo incluso a convocatoria dalgún posto que chegou a ser anulado por sentenza do TSXG gañada pola CIG e mesmo xefaturas de servizo.
Por todo isto, a sección sindical da CIG vese na obriga de seguir dando conta ante o xulgado competente na investigación do que, entendemos, é unha forma de xestión do persoal de este concello irregular e que non se axusta a dereito, así como a interpoñer os correspondentes recursos na defensa dos vosos intereses.
Asistimos a un suma e sigue auténticamente descontrolado na política de recursos humanos deste Concello que está superando todos os límites imaxinables, sendo a nosa sección sindical a única que fai fronte a este sistema de provisión de postos a base de comisións de servizo e dilacións nos concursos.
DACIÓN DE CONTA DO ESTADO E PREVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN PENDENTES
Informóusenos do estado de tramitación dos procesos selectivos de estabilización pendentes: dos procesos que se densevolven por concurso estarían finalizados 18 procesos, 7 pendentes do nomeamento e toma de posesión e 2 en trámite. Dos procesos que se desenvolven por concurso-oposición estaría publicacada a data de exame en 2 procesos e 8 pendentes da publicación da data do exame.
DACIÓN DE CONTA DAS SESIÓNS DESENVOLVIDAS DAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
Fíxose un resumo das mesas técnicas desenvolvidas ata a data referidas a bases de concurso ordinario e específico, calendario de elaboración da nova RPT e mesa técnica de conserxes de colexio.
Ao respecto das mesas técnicas de negociación das novas bases do concurso, e tal e como xa lles trasladou na mesa técnica, a Xunta de Persoal non vai facer ninguna proposta ao entender que non dispoñemos da información precisa e clara por parte do Goberno Municipal. Ao chegar a este punto, o señor concelleiro insinua que o Goberno Municipal non é preciso e claro por “peticións” sindicais que lle fan ao respecto de persoas concretas e postos concretos. A CIG contéstalle de xeito contundente que o que este sindicato negocia son criterios obxectivos para un novo concurso, non nomes. E que si esa é a maneira de proceder doutras centras sindicais deberán ser estas as que den contas. A sección sindical de CCOO apoia esta consideración.
Faltarían por desenvolverse a mesa de cemiterios e a de bibliotecas. Informouse tamén da intención de desenvolver unha mesa técnica de mercados.
No tema da mesa técnica de bibliotecas informóusenos de que se vai aplazar ata a unificación da rede de bibliotecas que se fará mediante a modificación da RPT, aprobación das bases dos procesos selectivos e desenvolvemento do proceso selectivo.
CALENDARIO DAS MESAS XERAIS DE NEGOCIACIÓN PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO 2024.
Informousenos de que se intentaría facer unha mesa xeral de negociación con carácter mensual.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa sección sindical solicitouse que se publicara no BOP o texto completo da RPT que inclúa todas as modificacións puntuais para faciltar a sua consulta, contestaron que publicarán un refundido ao completo da RPT con todas as modificacións puntuais.
O sr. Concelleiro informounos dunha nova data para ter rematada a nova RPT, antes da primaveira do ano 2026.
Comunicouse ao goberno municipal os problemas xurdidos no servizo de mercados polos cambios continuos nos horarios dos conserxes municipais nos últimos meses.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1344
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN realizada o 29/04/2024.
- Proceso de negociación para unha nova RPT.
- Seguimento dos asuntos da anterior MXN.
- Rogos e preguntas.
PROCESO DE NEGOCIACIÓN PARA UNHA NOVA RPT
Retomando o xa falado na anterior mesa de negociación o goberno municipal expuxo de novo a súa intención de negociar unha nova RPT e de tela rematada a finais do ano 2025.
Quedaba pendente da anterior mesa de negociación a resposta de CCOO ao condicionante para poder negociar a RPT que, como lembraredes, era aceptar a provisión por libre designación das xefaturas de servizo. A resposta foi que aceptan esta condición.
A sección sindical da CIG mantivemos a postura expresada na mesa anterior explicando de novo que a forma de provisión dos postos de traballo é unha parte mais da RPT e que hai que negocialo como un conxunto, lembrámoslle ao sr.concelleiro que a libre designación ten que motivarse para cada posto de traballo e que existe unha sentenza firme de obrigado cumprimento que afecta a este tema.
A cuestión que fixo o sr. concelleiro de que “quen non esté de acordo co “marco de negociación” non participará na negociación da RPT” tanto na anterior mesa de negociación como nesta, nós dixémoslle que legalmente non nos pode excluír das negociacións e que defenderíamos o noso dereito a participar nelas.
SEGUIMENTO DOS ASUNTOS DA ANTERIOR MXN
Fomos informados de que o goberno municipal está estudando a posibilidade de xestionar a póliza colectiva dun seguro médico e da posible implantación do permiso parental de oito semanas para o cuidado de fillas/os.
De todas as mesas técnicas para diferentes colectivos solicitadas dende a Xunta de Persoal dixéronnos que ao remate do curso escolar seremos convocados para a mesa técnica de conserxes de colexio.
A sección sindical da CIG solicitou que se publicara a calendarización prevista dos cursos de formación para o persoal municipal e o goberno municipal accedeu a publicala.
Preguntouse tamén si se iba a retomar a aportación municipal ao plan de pensións do persoal que o ten subscrito, contestaron que non era unha prioridade para o goberno municipal.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1267
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN celebrada o 22/03/2024.
- Elaboración das Bases da negociación da RPT.
- Seguro médico.
- Recuperación da achega municipal ao Plan de Pensións.
- Provisión de postos de traballo. Concursos e bases futuras.
- Procesos de estabilización do emprego público municipal.
- Planificación e impulso do Plan de Formación 2024.
- Mesas Técnicas.
- Rogos e preguntas
ELABORACIÓN DAS BASES DE NEGOCIACIÓN DA RPT
O Concelleiro comunicounos a sua intención de poñer en marcha ao longo do mes de maio dun calendario de mesas para a negociación dunha nova RPT, tendo como data límite para estar rematada a negociación xunio de 2026.
O señor concelleiro estableceu como condición para que houbese negociación da RPT que a parte sindical aceptase como forma de provisión para as xefaturas de servizo a libre designación advertindo que si non se aceptaba non habería RPT.
As catro seccións sindicais con representación no concello tiñamos un acordo unánime de non aceptar a provisión das xefaturas de servizo por libre designación, chegado o momento de expresar a resposta sobre este condicionante tanto CSIF como UGT expresaron que aceptaban como forma de provisión para as xefaturas de servizo a libre designación, rompendo o acordo sindical establecido de maneira unilateral e sin previo aviso.
CCOO adiou a sua decisión ata a próxima MXN e pola nosa banda fomos os únicos en defender a postura acordada por unanimidade pola parte sindical, mantendo o acordado e explicando na mesa que a forma de provisión dos postos é unha parte mais da RPT e que había que negocialo como un conxunto.
A chantaxe foi tal que o Sr. Lage dixo literalmente que só negociaría a RPT con aquelas seccións sindicais que aceptasen a condición imposta e excluiría ao resto da mesa de negociación, aínda sabendo que legalmente non pode excluir da mesa de negociación a quen lle pete, ou non está ben asesorado ou non se deixa asesorar.
Na situación actual isto só pode obedecer a:
- Busca seguir provocando a quen non opina igual
- Pretende adiar calquera negociación torpedeándoa previamente sabendo que non é a primeira vez que denunciamos as súas prácticas nas MXN
SEGURO MEDICO
O goberno municipal vai a valorar a posibilidade de xestionar a póliza colectiva dun seguro médico ao que poda acollerse voluntariamente cada empregado municipal.
PLAN DE PENSIÓNS
O goberno municipal vai a valorar o impacto económico que suporía para o concello retomar as aportacións municipais ao plan de pensións do persoal municipal que o ten suscrito.
PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. CONCURSOS E BASES FUTURAS
Neste punto o concelleiro manifestou a súa intención de continuar coas negociacións das bases de concurso pero sin comprometerse a manter a calendarización de mesas técnicas cada 15 días tal e como se acordara.
PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
Informóusenos da situación de todos os procesos de estabilización pendentes e dixeron que intentarán axilizar as tomas de posesión previstas en xuño para a segunda quincena de maio.
PLAN DE FORMACIÓN
Tal como se solicitou dende a parte sindical facilitousenos unha calendarización dos cursos do plan de formación do persoal municipal para o ano 2024, faltan 7 cursos nesta calendarización que están pendentes de pechar as datas e que se nos facilitarán en canto estén pechados.
MESAS TÉCNICAS
Da petición de mesas técnicas para diferentes colectivos municipais solicitadas pola Xunta de Persoal comunicáronnos que intentarán facelas en canto lles sexa posible pero, de novo, sin comprometer datas, aínda que alguna delas foi solicitada fai tempo.
ROGOS E PREGUNTAS
Preguntouse pola aplicación do permiso parental para cuidado de fillos de 8 semanas previsto na lexislación e contestaron que consideran que non se pode aplicar ata que haxa un desenvolvemento regulamentario do mesmo.
Tamén se preguntou pola aplicación do R.D 6/2023 de 19 de decembro en canto á aplicación dos intervalos de niveis de cada grupo ou subgrupo de clasificación e contestaron que, nunha consulta verbal e informal coa asesoría xurídica do concello, opinan que habería que aplicalo no marco da negociación da RPT.
Esta sección sindical, despois de consultalo á asesoría xurídica da CIG, considera que é normativa estatal básica de aplicación a todo o funcionariado de calquera administración pública e, polo tanto, de aplicación directa ao persoal municipal deste concello tal e como solicitamos por rexistro o pasado mes de febreiro.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1545
ORDE DO DIA:
1-APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS DA MXN CELEBRADAS O 31/03/2023 E O 25/08/2023.
2-ORZAMENTO E CADRO DE PERSOAL PARA O EXERCICIO 2024.
3-APLICACIÓN DO INCREMENTO RETRIBUTIVO DO 0,5% NA NÓMINA DE DECEMBRO.
O pasado 23 de novembro fomos convocados polo goberno municipal a unha mesa de negociación extraordinaria coa única intención de cubrir o trámite preceptivo de levar á mxn o orzamento e o cadro de persoal para o exercicio 2024, e nunca mellor dito o de “trámite” xa que a convocatoria era ás 9:30 e o sr. Lage tiña outra reunión ás 10h polo que adicou escasamente media hora ás “negociacións” que afectan a todo o persoal municipal.
Como noutras ocasións, e así llo fixemos saber na mesa de negociación, a documentación para a mesa foi enviada con menos dun día de antelación o que imposibilita absolutamente poder preparar os temas a negociar. Esta forma de proceder converteuse xa en algo habitual pese a que mesa tras mesa lle recordamos a necesidade de enviar tanto a convocatoria como a documentos con tempo suficiente o sr. Concelleiro fai oídos xordos ao que non lle convén e manifesta unha absoluta falta de respecto aos representantes do persoal municipal.
Na pasada mxn do 25 de agosto o sr. Lage anunciou unha mesa de negociación ordinaria para finais do mes de setembro, algo que obviamente non cumpriu, si non que so convoca mesas extraordinarias coas cuestións puntuais que está obrigado a levar á mxn.
Así que, con esta maneira de actuar, pouco confía xa está Sección Sindical en que o goberno municipal teña intención de levar a bo porto una nova valoración de postos- nova rpt que a estas alturas debería estar xa moi avanzada ou case rematada e que volveu a decir que estaba estancada.
Anunciou o mes de Xaneiro de 2024 como data para sentarnos a falar en profundidade do tema da valoración de postos, dende esta sección sindical agardamos expectantes este anuncio pero pouco confiamos en que o goberno municipal o cumpra.
Fomos informados de que o incremento retributivo do 0,5% irá na nómina de decembro.
Dounos tempo a recodarlles, xa sin o sr. Lage presente que se ausentou ás 10h, que está pendente a resolución de moitos recursos da carreira horizontal e a constitución da Comisión prevista para este tema.
Tamén se falou da necesidade de adaptar a Instrución de permisos, licenzas e vacacións á nova normativa de permisos familiares e de que están pendentes as axudas económicas deste ano.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1128
RESUMO MXN EXTRAORDINARIA 25 DE AGOSTO DE 2023
ORDE DO DÍA:
1-Modificación puntual da Relación de Posto de Traballo (RPT) do Concello da Coruña.
O 25 de agosto fomos convocados a unha mesa xeral de negociación extraordinaria para tratar unha modificación puntual da RPT. Unha vez máis, a documentación achegada para a realización desta mesa xeral é enviada o día anterior, fora da xornada laboral, e polo tanto, impídesenos unha vez máis o estudo e valoración da mesma antes da negociación.
O documento que se nos presenta para tratar na mxn dista moito, na nosa opinión, de poder considerarse unha modificación “puntual” da RPT, trátese dunha reestructuración de grandes dimensións, que supera a potestade de autoorganización.
Créanse unha boa cantidade de postos de xefaturas de departamento, de sección e tamén de servicio, créanse tamén postos de técnicos superiores pero casi ningún posto de administrativo ou auxiliar administrativo. Ademáis, os postos créanse con valoracións superiores ás dos postos base (agás a do único posto de auxiliar administrativo que se crea, que se fai coa valoración máis baixa) sen que o concelleiro dera explicación ao respecto.
Outro punto a destacar sería a apertura a ser ocupados por persoal doutras administración públicas de varios postos de xefatura de departamento e postos de letrado da asesoría xurídica. Ao ser preguntado pola nosa banda o sr. Lage sobre si non confía na capacidade do persoal municipal para acceder a estes postos contesta que hai que atraer talento. Parece non preocuparlle coartar a carreira profesinal do persoal municipal.
O certo é que as formas de “atraer talento” deste goberno están sempre vinculadas á discrecionalidade: comisións de servizo sen motivacións nen criterios, un resultado de valoración de memorias no proceso do concurso de difícil explicación técnica, procesos de selección que rematan con prazas desertas e as persoas que o superan con vinculacións políticas e familiares, nomeamentos de tribunais que levantan suspicacias pola procedencia dos seus membros, nomeamentos de persoal eventual alleo á administración e sen experiencia na xestión pública….Está claro que temos unha concepción totalmente distinta no concepto de talento que ten este goberno municipal e esta sección sindical.
A pesar das críticas desta sección sindical, e tamén de CSIF e de CCOO, e a pesar de que o propio concelleiro reconoceu que a creación de tantos postos de xefatura sin unha estructura debaixo de postos administrativos non ten sentido non considerou cambiar absolutamente nada da proposta de modificación da rpt que presentaron o que evidencia que esta modificación non obedece a criterios técnicos si non a intereses doutro tipo.
Durante á rolda de intervencións pregúntaselle ao señor concelleiro polos seguintes asuntos:
- Toma de posesión do concurso de traslados: o señor concelleiro non é quen de concretar unha data para este trámite, limítase a dicir que cree que neste último trimestre podería estar resolto. Recordamos que estamos ante un proceso que leva máis de 3 anos de tramitación.
- Procesos de Estabilización: mesma resposta talentosa, que xa está en marcha e que se resolverá o máis pronto posible e dentro dos prazos legalmente establecidos.
- RPT: para a nosa sorpresa, manifesta que ve moi complexo que poda rematarse neste mandato… sen concretar os impedimentos dun traballo que para nos era e segue sendo imprescindible. Adianta que a este respecto, a finais do mes de setembro ten intención de volver a reunir ás sección sindicais para facermos unha proposta, sen máis concreción.
- Privatización de servizos: sinálaselle ao señor concelleiro que hai servizos que están sendo prestado por persoal traballador externo de empresas privadas. É realmente preocupante esta situación tanto pola privatización de servizos públicos coma a cesión ilegais de traballadores. O señor concelleiro di non coñecer esta situación nin os servizos onde isto ocorre: enuméranselle algún dos servizos que temos coñecemento: informática, casas museos, colexios públicos, mercados…
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1479
A orde do día dos asuntos a tratar nesta MXN foron os seguintes:
- Aprobación da acta da MXN anterior.
A CIG propuxo adiar a aprobación desta acta xa que tiñamos puntualizacións ao respecto que ofrecimos a enviar por correo posteriormente e sometela á sua aprobación na seguinte MXN. O Goberno Municipal non aceptou esta proposta e procedeu á aprobación da acta cos votos a favor das demais seccións sindicais.
- Aprobación da implantación do réxime transitorio da carreira profesional horizontal
Como xa saberedes, a implantación da carreira horizontal foi aprobado. O que non sabedes, é que este foi aprobado coa votación a favor das seccións sindicais UGT, CCOO e CSIF e coa ABSTENCIÓN da CIG. Procedemos a explicarvos o desenvolvemento da negociación e o por qué da nosa decisión.
Esta negociación non comezou e finalizou o pasado 31 de marzo. Nin tan sequera comezou hai varios meses cando comezaron os traballos a través de mesas técnicas. Tampouco comezou hai dous anos, coas mobilizacións doutras seccións sindicais que abandonaron sen conseguir o obxectivo da carreira profesional....
Esta negociación comezou no 2014, momento no que a CIG solicita por primeira vez negociar a implantación do sistema de Carreira Profesional. Non se atendeu a este requerimento por parte do entonces Goberno Municipal, nin conseguiu tampouco a consideración por parte das demais seccións sindicais, por estar naquel momento negociándose outras modificacións da RPT que afectaban so a un determinado colectivo de traballadores deste concello.
No 2018, conseguimos de novo levar a proposta dun sistema de carreira profesional, chegando incluso a unificar esta proposta co resto de seccións sindicais, tomando como referencia o sistema que do Concello de Santiago de Compostela. Novamente, esta proposta foi desbotada a cambio de acordos de beneficio para unha parte do persoal do concello da Coruña.
Dende entón, a postura da CIG sempre ten sido a de implantar melloras e progresións para TODO O PERSOAL MUNICIPAL, e sempre tentamos que as negociacións tiveran un foco: unha nova valoración de postos de traballos e a implantación dun sistema de carreira profesional, e partir de ahí, a atención das singularidades e problemáticas específicas.
É por este motivo, que cando hai varios meses xorde de novo a posiblidade de ter unha proposta conxunta e unificada co resto das seccións sindicais, tentamos novamente esta proposta de traballo, e conseguimos consensuar unha proposta económica baseada esta vez no Concello de Ferrol. A medida que fomos avanzado nun duro traballo de mesas técnicas, fomos percibindo que o Goberno Municipal mantiña unha idea clara nunha implantación a moitos anos, que para nos, era inaceptable, pero que para os demais, non parecía selo.
E deste xeito, o pasado venres chegamos a unha proposta económica global que cumpría as nosas demandas, pero cunha proposta de implantación a 6 anos que facía que a CIG non puidera estar de acordo. Porque, despois deste relato a realidade é que para o 2028, levaremos esperando xa 14 anos pola carreira profesional, e polo tanto perdendo dereitos e cartos dende entón.
Os sistemas de implantación de carreira que van tendo lugar ao longo do país, demostran que os plazos soen estar en 2 anos (o persoal ao servizo da UDC), 3 anos (acaba de aprobarse o sistema de implantación no Concello de Ribeira), a Xunta de Galicia tamén o regulou en tres anos, o SERGAS en 2 anos... Polo tanto, a implantación neste Concello nun prazo de 6 anos so pode supoñer un éxito por parte do Concelleiro Lage Tuñas, e non para os traballadores.
No transcurso da negociación do pasado venres, e ante a postura totalmente intransixente de non querer mover nin unha coma da proposta do goberno municipal que o señor concelleiro tivo, as catro seccións sindicais decidimos solicitar un receso na MXN para poder retirarnos e debatir conxuntamente a postura dos sindicatos.
Neste receso valoramos diferentes posibilidades de resposta, e a CIG propuxo a posibilidade de que todas as seccións sindicais nos abstiveramos para forzar un cambio de postura do goberno municipal ou que recaera nel a responsabilidade de aprobar unilateralmente a proposta ou retirala da mesa pero esta posibilidade non foi apoiada polo resto das seccións sindicais. O que poderíamos ter conseguido forma parte xa doutra historia que nunca coñeceremos, pero a CIG cre que a loita e unidade neste sentido tivera dado frutos.
É por todo isto, que a CIG decidiu absterse na votación da implantación deste sistema.
En definitiva, a implantación do réxime transitorio da carreira profesional horizontal en termos económicos queda nos mesmos que vos trasladamos na última información LIGAZÓN e implantarase nas seguintes porcentaxes e anualidades:
- 2023: 20%
- 2024: 25%
- 2025: 40 %
- 2026: 65%
- 2027: 85%
- 2028: 100%
3-Modificación das bases xerais dos procesos selectivos.
Aprobouse a modificación das bases xerais sin ter en conta as alegacións plantexadas na mesa pola CIG agás a subsanación dun erro de redacción.
4-Plan de Formación 2023.
Aprobouse o plan de Formación para o ano 2023 por unanimidade, despois de que se aceptara a proposta da CIG de eliminar a autorización das xefaturas de servizo para a solicitude dos cursos do plan de formación municipal, que será sustituída por unha comunicación .
5- Oferta de Emprego Público para o ano 2023.
A aprobación de OPE para o ano 2023 quedou pendente de aprobación xa que so nos proporcionaron os datos do total de prazas ofertadas( 85 de quenda libre, 46 de promoción interna), pero non aportaron datos mais específicos da distribución das mesmas.
Informousenos da intención de convocar un novo proceso de promoción interna para todas aquelas persoas que non acadaron praza na última convocatoria de promoción do grupo C2 a C1.
6-Dación de conta da modificación da xestión dos partes de IT, a raíz da entrada en vigor do Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro.
Informousenos de que a raíz da entrada en vigor do Real Decreto 625/2014 de 18 de xullo a partir do 1 de abril será o Instituto Nacional da Seguridade Social o encargado de remitir ao concello os partes médicoss de baixa, conformación e alta. Continuará sendo obrigatorio para o persoal municipal informar ao seu servizo a través dunha chamada telefónica do inicio da situación de incapacidade temporal.
7- Rolda de Intervencións.
Solicitamos que constase en acta que o acordo do rexime transitorio da carreira profesional é de aplicación tamén ao persoal do IMCE e do Consorcio de Turismo.
Fixemos constar tamén que si non se nos facilitan por escrito esta semana os datos das medicións de gas radón no pazo municipal de Maria Pita que solicitamos por rexistro, a próxima semana presentaremos un escrito na Inspección de Traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1515
O pasado 24 de outubro ás 18:55 envíasenos convocatoria de MXN a través de correo electrónico para celebrar o 26 de outubro ás 10.15.
A orde do día que se traslada é a seguinte:
1. Aprobación da acta da MXN anterior.
2. Bases xerais dos procesos de estabilización, por concurso e por concurso-oposición, para a redución da temporalidade no emprego público.
3. Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo.
4. Ampliación da Oferta de Emprego Público para o ano 2022.
5. Rolda de intervencións.
É preciso recordar que esta sección sindical ten unha demanda interposta e pendiente de resolución precisamente pola falta de respecto constante deste Goberno Municipal nas convocatorias das Mesas Xerais de Negociación, convocadas sen a antelación suficiente e sin a documentación precisa para poder preparalas. Adoita o señor Lage a incluir asuntos tan relevantes como modificacións constantes e puntuais da RPT que sempre van na mesma liña, favorecer a uns poucos.
A convocatoria desta mesa, foi unha mais convocada con este patrón que tanto gusta a este goberno, e unha vez máis, escondía unha nova modificación puntual da RPT e por este motivo, antes de comezar a mesma, deixámoslle constancia ao señor concelleiro que a Sección Sindical da CIG considera que esta mesa non está convocada en tempo e forma e que polo tanto, non opinaremos nin tomaremos acordos do resto de puntos da orde do día, agás o relativo ás bases de estabilización, xa que é o único que foi traballado e debatido a través de mesas técnicas, e que reservámonos o dereito de levar ao cabo as medidas legais oportunas, unha vez máis.
1.- Aprobación da acta da MXN anterior
Aprobación por unanimidade
2.- Bases xerais dos procesos de estabilización, por concurso e por concurso-oposición, para a redución da temporalidade no emprego público
No día anterior á celebración desta MXN, e vendo que na convocatoria remitida da mesma incluían a proposta de bases para os procesos de estabilización, pero co apartado referido aos criterios de desempate en blanco, celebrouse unha Xunta de Persoal na que estivemos todas as seccións sindicais. Todas decidimos que na MXN que se celebraría o día seguinte non poderiamos chegar a aprobar a proposta por carecer de toda a información, e que as someteríamos a debate e información a través dunha asamblea xeral de traballadores temporais do concello nunha convocatoria única de tódalas seccións sindicais.
Esta forma de facer sindicalismo, asamblearia, democrática, participativa…. Ao señor Lage non lle gusta, e deu paso a un discurso vitimista no que acusou a CIG de ser a culpable de todos os males, e ao resto de seccións sindicais de acostumar a negociar no seu despacho determinadas cuestión pero non telo avisado desta intención de facer unha asamblea. Rematou cunha atitude chantaxista na que amagou con retirar a proposta de bases que achegaba se non acordábamos nesta sesión a aprobación das mesmas e mantiñamos a nosa intención de non dar a conformidade ás bases ata sometelas a unha asamblea de traballadores.
Chegados a este punto, as seccións sindicais solicitamos un receso na MXN para poder reunirnos entre nos e acordar unha posición. Acordamos que non temos problema en aprobar hoxe a proposta que se nos achega, pero que realizaremos igualmente unha asamblea informativa cos traballadores temporais, e que si fose preciso facer algún axuste na proposta de baremación, todavía podería facerse. O Goberno Municipal acepta esta proposta.
Ao respecto dos procesos de estabilización que deberán rexerxe por concurso-oposición, na proposta de bases que achega o goberno municipal establece que as condicións dos exercicios se establecerán nas bases específicas. Propoñemos que sexa xa nas bases xerais (tipo de exercicios, nota de corte…), xa que se non haberá que volver a negocialas.
O señor concelleiro explica que a intención do goberno municipal é que os procesos de estabilización queden resoltos no primeiro semestre do 2023.
3. Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo e 4. Ampliación da Oferta de Emprego Público para o ano 2022
Ao respecto destes dous puntos, e tal e como vos adiantabamos ao inicio deste resumo, esta sección sindical non entrou en ningún tipo de valoración nin participou de ningún acordo, a pesar de que outros sindicatos gábanse nos seus resumos de ter chegado a un acordó por uninamidade de tódolos sindicatos.
5. Rolda de intervencións.
O concelleiro aproveita para informar da suba salarial do 1,5%. Di que tratarán de facela efectiva na nómina de novembro, e con carácter retroactivo.
Ao respecto da carreira horizontal volve a facernos o eterno anuncio de comezar cun sistema de traballo a través de mesas técnicas. Recordámoslle ao señor concelleiro que prometeu que este traballo comezaría de seguido á aprobación da modificación da RPT na área de seguridade cidadá.
Na mesa solicítaselle sair xa hoxe cunha data para a primeira mesa técnica….pero non quere fixar data. Di que se nos remitará “nos vindeiros días” a proposta de documento sobre o que comezaremos a traballar. A día de hoxe, máis de unha semana despois, este documento todavía non chegou…
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1422
Páxina 1 de 8