Logo de ter varias mesas técnicas coa área de seguridade cidadán o pasado luns 26 asistimos á mesa técnica de bombeiros na presencia das Concelleiras Rocío Fraga(seguridade cidadán) e Eugenia Vieto (personal) que acudiu acompañada pola xefa de servizo de persoal e o oficial maior para intentar chegar a acordos sobre:
- 1)Aumento do mínimo de quenda de 11 a 15 efectivos
- 2)Subgrupo C1 en Bombeiros e Cabos coa correspondente subida de subgrupos na escala de mandos.
- 3)Revisión do concepto da Perigosidade.
No primeiro asunto é o máis urxente, por que hai que elaborar o cadrante de 2019 tanto a totalidade dos sindicatos coma os responsables a área de seguridade cidadán estabamos da cordo en todos os números revisados con anterioridade nas distintas mesas técnicas, que en cuestións económicas non supoñen un aumento e si un ordenamento das xornadas. A concelleira de persoal e a xefa de servizo persoal, puxeron todo tipo de problemas e escusas á hora de comprometerse a dar datas para a posible aplicación do acordo.
Sobre o segundo punto, que a CIG leva anos incluíndo no seu programa electoral, por parte da concellaría de persoal non aportaron ningún tipo de compromiso xa que o único que manifestaron é que tiñan que estudalo, nós propuxemos que se barraran os postos de C2 a C1 coma se fixo cos auxiliares administrativos e que esa promoción se executara co mesmo ritmo que o resto de persoal.
Sobre á perigosidade a CIG leva tempo solicitando unha revisión deste complemento que afecta tanto ao persoal do SEIS coma ao da Policía ligazón. Nesta ocasión a xefa de persoal recoñece que este complemento actualmente é ilóxico, pois os postos que están máis expostos son os que cobran menos, sen embargo as pegas da concelleira de persoal nesta ocasión volven a ser a de que calquera cambio na RPT resulta moi complexo e hai que miralo con calma.
VALORACIÓNS
Ao remate da mesa técnica e xa sen a presencia da parte de persoal dende a CIG démoslle á nosa valoración sobre a reunión á concelleira de seguridade cidadán, consideramos que persoal ten moi pouca intención de abordar o conxunto da proposta e que pretende ir dándolle largas ata chegar ao final da lexislatura.
FALTA DE AUTOCRÍTICA
A concelleira de persoal, cada vez que se critica a falta de resolución na execución dos asuntos que temos pendentes adoita votarnos as culpas pola xudicialización que facemos de determinados asuntos, tal e como saen as sentenzas mellor sería que se dedicaran a cumprir a legalidade evitando facerlle perder o tempo tanto a asesoría xurídica do concello como o negociado de persoal que ten que repetir as cousas varias veces.