ORDE DO DIA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Bases Xerais dos procesos de selección
  3. Oferta de emprego para 2021
  4. Instrucción de vacacións, permisos e licenzas
  5. Instrucción de teletraballo
  6. Modificación da Instrución 4/2017, de listas de agarda
  7. Toma de coñecemento da aplicación do incremento retributivo para 2021, do 0,9%
  8. Toma de coñecemento da Instrucción 1/2021, de compensación dun día laborable no 2021, por festivos estatais.
  9. Rolda de Intervencións libres.

 

1) A acta da sesión anterior quedou pendente de aprobación, xa que nos foi entregada no momento de comezar a mesa sin tempo para revisala.

2) Neste punto explicáronnos e debatimos o documento de bases xerais dos procesos selectivos que rexerán tanto os procesos de quenda libre como de promoción interna.

Propuxemos melloras no referente á promoción interna: introducir a antiguedade como criterio de desempate no caso de empate, aumentar de 5 a 7 anos o período en que se conservará a nota obtida no proceso sempre que se supere a fase de oposición cunha nota igual ou superior ao 50% da cualificación máxima e non se obteña praza. Apoiamos tamén a proposta de que se estableza no 50% da nota máxima a nota necesaria para superar a fase de oposición, foi  a argumentación e insistencia da CIG neste punto a que o fixo posíbel, poñendo como exemplo o acontecido na última promoción interna de C2 a C1 no que foi preciso acadar mais dun 9 na fase de oposición para superala, desvirtuando totalmente a parte do concurso.

3) Entregáronnos na mesa o documento da oferta de emprego público para 2021, valorarémola e faremos as nosas achegas.

Informáronnos de que teñen intención de abordar todos os procesos pendentes de ofertas anteriores sin executar antes do fin da lexislatura, comenzando polos procesos de promoción interna. Tamén nos informaron de que teñen previsto un total de 121 prazas para a promoción interna de C2 a C1.

4) Neste tema propuxemos algunha modificación nos puntos que non foran tratados en mesa técnica: tempo para a formación e flexibilidade horaria.

5) Entregáronnos na mesa o borrador da Instrucción de Teletraballo para que as seccións sindicais fagamos as nosas achegas e comencemos a negociala.

6) Acordamos modificar a Instrucción 4/2017 de listas de agarda en dous puntos: --Modificación dos apartados 2 e 3 do artigo 2 polo que o servizo de persoal elaborará a lista de agarda unha vez rematado o proceso selectivo co fin de axilizar o procedemento.

     Modificación do apartado 6 do artigo 2 no sentido de que cando se esgoten as posibilidades de chamamento dunha lista concreta se poida, de maneira excepcional e previa aprobación da Comisión de Seguimento das listas de agarda, facer chamamentos dunha lista anterior, se a houbere.

7) Informásenos de que o incremento retributivo do 0,9% para 2021 será aboado á maior brevidade, posiblemente xa na próxima nómina do mes de xuño.

8) Informásenos da Instrucción 1/2021 de compensación dun día laborable por coincidir en sábado festivos estatais. Explicámoslle ao gobernó municipal que este tratamento vai facer que o persoal de horario xenérico ( luns a venres) vai facer un dia mais de traballo que os que teñen traballo a quendas os 365 dias do ano xa que estes teñen descontado en cuadrante tódolos festivos. Falamos incluso da posibilidade de reclamar ao final de ano un dia de horas extras por superar a xornada establecida de 1508 horas

9) Na rolda de intervencións recordámoslle ao goberno municipal a necesidade de abordar unha nova valoración da rpt e de desenvolver un sistema de carreira profesional.