Diante dos comentarios que os sindicatos Ugt e Csif fan sobre a non comparecencia na MXN do pasado xoves 25 de febreiro , para aclarar as causas da nosa incomparecencia imos facer un relato cronolóxico dos feitos.
- O martes 23 ás 15:32 horas ( fora do horario laboral e na CIG non temos delegados con Especial Dedicación ED, outros si) chega a caixa do correo da CIG un correo polo que se nos convoca a unha mesa de negociación para o xoves 25 ás 9:30 horas.
Este correo conten unha acta anterior, a proposta de Plan de Formación e a seguinte Orde do día :
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Plan de Formación 2022.
- Modificación do sistema da quenda de noite da Policía Local.
- Modificacións puntuais da RPT e das súas Normas de xestión.
- Rogos e preguntas
2. O mércores 24 ás 9:31 horas enviamos un correo no que avisamos que a convocatoria non foi feita en tempo e forma e solicitamos que se adíe a mesa para que de tempo a estudar a documentación que aínda non fora achegada. Este correo non obtivo resposta.
O mesmo día 24 o Xefe de Servizo de RRHH envía ás 15:42 Horas, por segunda vez fora da xornada laboral, unha nova acta da sesión anterior, para substituír a que enviou co primeiro correo do dia 23 por que contiña erros.
Ás 18:20 horas, outra vez fora da xornada laboral o Xefe de Servizo de RRHH envía a documentación relativa á modificación da quenda de noite da policía e ás modificacións puntuais da RPT e das Normas de Xestión.
- O dia 25 as 8:49 rexistramos un documento solicitando a anulación da mesa que se tiña convocada para as 9:30.
- A CIG decidiu non acudir a esa mesa polo noso propio sentido da responsabilidade, que nos impide tomar decisións sobre asuntos que afectan ao persoal municipal sen estudalos previamente, a outros lles da igual con tal de que se aprobe o que lles interesa, porque parécenos que se lles está tomando o pelo aos empregados municipais, ao enviarlle aos seus representantes unha documentación deste calado a 15 horas da reunión, noite incluída e fixémolo así por que consideramos que a lexislación nos avala , e o Goberno Municipal debe pensar o mesmo, xa que, coa mesma motivación, adiou a mesa convocada para o 3 de marzo e pasouna para o día 4. Habería que preguntarse por que a totalidade das comunicacións sobre esta convocatoria foron realizadas fora da xornada laboral
- Ao final o que podería terse solucionado retrasando un día a mesa de negociación terá que resolvelo o xulgado do contencioso e para o resto dos sindicatos a CIG seguirá sendo a culpable.
Sobre o resto das opinións vertidas por estes sindicatos nas súas notas informativas sobre que non facemos nada que torpedeamos todo, que os nosos afiliados deberían buscarse outro sindicato, que somos malos malísimos, pois iso, sen comentarios