Resumo da Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de abril:
24 e 31 de decembro: o GM infórmanos que van a aplicar a compensación por coincidir estos días en sábado. A CIG xa o daba por suposto en apliación da lexislación vixente. Neste punto comentamos que temos constancia da negación do día de Sta Rita os Conserxes de Colexio, dixeron que isto o trataríamos nunha mesa técnica esta semana. A CIG tamén solicitou a resposta sobre a posibilidade de fraccionar en horas os días de libre disposición, quedamos en estudar o máximo de días e o mínimo de horas en que se poderían fraccionar
Bases promoción de Sarxento SEIS: achégannos un informe da asesoría xurídica que avala a solicitude da CIG para que se modifiquen as Bases da convocatoria. Na mesa aceptamos que aos efectos de antigüidade puntúe 0.2 puntos para os Cabos e 0.1 puntos para os Bombeiros.
ITL: O GM acepta facer a avaliación de riscos psicosociais dos postos de traballo, pedida pola CIG ata en 5 servizos, onde así nolo solicitou o persoal do Concello, abertas a novas incorporacións. SOLICITAMOS QUE SE COLABORE NOS CENTROS ONDE SE FAGA A AVALIACIÓN ENCHINDO OS CUESTIONARIOS QUE SE PASEN AO EFECTO. Da participación do persoal dependerá que se poidan adoptar ou non medidas correctoras de situación problemáticas.
RPT: neste punto achégannos a RPT de Medio Ambiente, Igualdade e Emprego no que había cambios organizativos e de valoración do posto. Recordámoslles que os de valoración do posto sería de negociación global e non só nas áreas mencionadas. Isto levounos outra vez aos debates sobre a ED, postos abertos a Habilitados Nacionais, novo Grupo B e diferencias retributivas entre postos con identidade de función.
Horas extraordinarias SEIS: preguntado sobre isto na anterior MXN, contestan que están previstas a mesma cantidade de horas que no exercicio anterior.
Información solicitada: apelando á intención que ten o GM de aprobar un decreto sobre transparencia, pedimos que se nos facilite a listaxe de non adscritos de maneira definitiva solicitada o pasado 19 de febreiro ase coma a publicación da totalidade das vacantes que existe actualmente, ao que non contestaron. Tamén pedimos que se fixera pública as listaxes de sustitución e as súas modificacións
Produtividade: A CIG informa de que ten constancia do pagamento de dúas produtividades no Servizo de Tesourería, contestan que foi algo puntual debido a unha urxencia. Recordamos ao GM que as retribucións do persoal teñen que ser negociadas cos sindicatos. Nos manifestamos que esta situación non é puntual, que é debido a falta de persoal e que sucede prácticamente na totalidade do Concello.
Paga Extra 2012: sobre isto infórmannos que de aprobarse os orzamentos na data prevista polo GM, faríase efectivo o pagamento no mes de xuño o en todo caso o seguinte na súa aprobación.
Esperamos que ista información fora do voso interese.
un saúdo
O Secretario da Sección Sindical da CIG
José María Calatayud Sánchez