REUNIÓN DA MESA DE NEGOCIACIÓN DO CONCELLO DA CORUÑA DO DIA 30 DE NOVEMBRO DO 2021

Instrución sobre teletraballo: Aprobouse por unanimidade a instrución sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo no que se recolle, entre outras cousas:

Poderá prestarse ata un máximo do 40% da xornada semanal nesta modalidade, un 20% menos que na administración do estado.

Deberá establecerse na RPT que postos son susceptibles de ser exercidos en teletraballo

O concello proporcionará o equipamento informático necesario (por razóns orzamentarias durante un período transitorio , sen determinar,serán as persoas solicitantes as que deben achegar os medios informáticos) e mirarán como compensar os gastos do teletraballo.

O espazo de traballo deberá cumprir coa normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais


A mesa xeral de negociación do día de hoxe será recordada como a do dia en que os traballadores en activo expulsaron aos seus compañeiros pensionistas e xubilados do ámbito de aplicación do Regulamento de Axudas Sociais do concello da Coruña, compañeiros xubilados que durante a súa vida laboral non tiveron ningún inconveniente en compartir unha parte do seu salario cos cónxuxes e fillos do resto dos empregados. Hoxe, cando xa non se poden defender, foron apartados do último vinculo que os unía a esta administración co único obxectivo de saciar a avaricia de algúns e engordar o ego de outros.

Pero a expulsión de pensionistas e xubilados, presentes e futuros, deste regulamento non foi o único cambio radical que sufriu o regulamento de axudas xa que tamén se modificaron as táboas para determinar o porcentaxe do gasto suxeito a axuda beneficiando con este cambio ás unidades familiares con mais ingresos, e se lle dará validez aos informes dos médicos privados para xustificar a necesidade dos gastos,

Dende o principio da negociación deste regulamento UGT estivo de acordo con estes cambios mostrándose en contra CSIF CCOO e CIG, hoxe á hora de votar os representantes da CSIF cambiaron o seu sentido do voto e avalaron este cambio. A explicación do cambio fíxose clara ao tratar o punto seguinte da orde do día.

O concelleiro informounos que quedara deserto o concurso da Relación de Postos de Traballo e para compensar que xa non dará tempo nesta lexislatura de rematar a nova valoración de postos ía abordar por fases a mellora de factores de carácter retributivo para compensar, a saber:

  • Executar os acordos retributivos dos “corpos especiais”, policías e bombeiros, ( UGT dixo que se tería que incluír a protección civil).

  • Administración xeral

A primeira parte negociaríase no primeiro trimestre do vindeiro ano e a segunda parte no trimestre seguinte. Si tomamos como exemplo o tempo que lles leva executar a sentenza das comisións de servizo ou a realización dos concursos, é facil que non se poida aplicar nesta lexislatura .

A CIG manifestou que , como sempre sostivo, e como a maioría das seccións sindicais mantiveron nas distintas xuntas de persoal celebradas en meses anteriores, se debería empezar por aquilo que afectara ao maior número de empregados como era a carreira profesional que afectaba á totalidade do persoal. Debedes saber que a Sección Sindical da CIG nesta mesa de negociación foi a única que mantivo a súa postura, como non podía ser doutro xeito.

Lembrouse unha vella petición da totalidade dos sindicatos que é a de incluír no especifico a produtividade mensual.

O concelleiro dixo que ía empezar polo que xa estaba practicamente resolto e que non ía cambiar a súa orde proposta.

Dende a CIG pedímoslle ao concelleiro que fixera de vez o da perigosidade e o da produtividade e logo nos puxeramos xa coa carreira profesional, esta non é a súa prioridade. Saberemos si esta proposta, conseguida como moeda de cambio, ten resultados prácticos cando vexamos os orzamentos deste concello para o 2022.

Para rematar falou o concelleiro de que ían facer promoción do A2 ao A1 en Bibliotecas e unhas promocións en Bombeiros e que para o ano que ven se sacarían á OPE tódalas vacantes que se produzan este ano.


Non entendemos como un goberno que se define como socialista pode desentenderse dos xubilados, adoptar medidas de cómputo que benefician aos que mais cobran, promocionar a educación infantil privada ou equiparar os intereses da medicina privada cos servizos públicos de saúde.

Estase a producir neste concello unha Baltarización da xestión do persoal, ao mais puro estilo ourensán, repártense postos e retribucións en comisións de servizo en contra dos intereses da propia administración ( rotación excesiva deste persoal que lle impide desenvolver os postos do xeito mais eficaz) ou repartindo produtividades con xustificacións espurias. O mais grave disto e que algúns dos que debería defender os intereses da totalidade dos empregados son beneficiarios deste sistema.

Convocará a señora alcaldesa aos compañeiros que se xubilaron este ano para agradecerlles os servizos prestados antes de darlles unha...............................

Neste momento de incremento dos contaxios polo Covid non atopamos explicación a convocatoria realizada pola señora alcaldesa para realizar un ágape con +-1500 posibles asistentes coas consecuencias que un brote nese contexto suporían para o funcionamento do concello. Gustaríanos moito neste asunto coñecer a opinión dalgún dos colectivos que durante a primeira fase da pandemia fartáronse de falar de grupos burbulla, de evitar contactos nos solapes, medidas de protección individual..................

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación das actas das MXN anteriores.
  2. Modificación da Instrución 4/2017, de listaxes de agarda.
  3. Instrución sobre teletraballo.
  4. Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña.
  5. Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.
  6. Rogos e preguntas.

 

  1. Apróbanse as actas das sesións de 27 de maio de 2021 e de 7 de xullo de 2021.
  2. Modificación da Instrucción 4/2017, de listaxes de agarda

Apróbanse duas modificacións xa tratadas na comisión de seguimento das listaxes de agarda, concretamente:

Engádese o apartado 9 ao artigo 2 que permite adiar os novos nomeamentos por un prazo non superior a un mes,(este prazo dun mes foi a proposta da CIG xa que a proposta inicial do goberno municipal na comisión de seguimento so contemplaba un prazo prudencial sin concretar)para non perxudicar o funcionamento dos servizos.

Apróbase unha modificación proposta pola sección sindical da CIG, engadindo un artigo 4-bis que permite que as persoas que teñan un nomeamento a  tempo parcial poidan ser chamadas para un nomeamento a tempo completo como unha mellora de emprego.

  1. Instrución sobre teletraballo

O concelleiro de persoal fai unha exposición sobre os puntos principais do borrador da instrucción de teletraballo que nos entregaron e, a continuación unha rolda de intervencións de todas as seccións sindicais.

Dende a CIG  manifestamos o noso desacordo con varias cuestións desta Instrucción, entre outras: os gastos derivados do teletraballo a cargo dos empregados, a falta dunha avaliación directa por parte do servizo de prevención de riscos do concello, a non esixencia de motivación para a revogación ou modificación da autorización de teletraballo concedida, os criterios de preferencia, a persoa supervisora da actividade en teletraballo etc

Dada a insuficiente antelación con que nos foi entregada a documentación (o dia anterior ás 20:30 horas) non foi posible analizala en profundidade e acordamos enviar as nosas achegas por escrito para analizalas despois nunha mesa técnica.

  1. Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña

O borrador desta Instrucción foinos entregado, xunto  co de teletraballo, o día anterior a última hora da tarde. Espuxemos na mesa a nosa protesta pola falta de tempo para analizar o documento e, ao igual que con anterior, faremos as nosa achegas por escrito para tratalas nunha mesa técnica posterior.

Nunha primeira lectura xa vos podemos dicir que o goberno municipal plantexa modificacións de moito calado que cambian completamente o enfoque existente ata o momento para as axudas económicas e coas que estamos en total desacordo.

Entre as modificacións que propoñen estaría a exclusión do persoal xubilado do concello do ámbito de aplicación deste regulamento, cuestión na que estamos totalmente en contra e así o fixemos saber na mesa.

Analizaremos o documento en profundidade e faremos as nosas achegas, xa que as modificacións importantes non se limitan so ao persoal xubilado, hai mais modificacións sustanciais.

  1.  Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.

Informasenos da licitación dun contrato para a contratación da analise e elaboración dunha nova RPT  e o señor concelleiro de persoal ofrécenos a posibilidade á representación sindical de participar activamente no proceso de elaboración da RPT.

Recordámosvos que a CIG xa puxera como condición para participar na elaboración dunha nova RPT que o método de valoración fose negociado, e, si é así, a nosa sección sindical participará activamente nesta negociación.

  1. Rogos e preguntas

Neste punto informáronnos de que o goberno municipal ten intención de executar todos os procesos selectivos xa ofertados, comenzando polas promocións internas, despois as prazas de turno libre e, por último, os procesos de estabilización.

Tamén nos  confirmaron novamente que as probas dos procesos de promoción interna actualmente en tramitación (bombeiros, administrativos e auxiliares administrativos) terán lugar antes de fin de ano.

 

1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR

Non se pode proceder a aprobación da acta xa que foi enviada horas antes do inicio da mesa de negociación, sen marxe para poder facer un estudio e análise. Nunha rápida lectura aprécianse erros que fan imposible a súa aprobación, como por exemplo, que di que o presidente da mesa (o señor Concelleiro) procede a levantar a mesma na súa finalización. Hai que recordar que o señor Lage ausentouse na mesa xusto no momento en que daba comezo a rolda de intervencións. Ou que cando fala de dar conta da aprobación do regulamento de licenzas, permisos e vacacións se recolla que se aproba por unanimidade, isto xa fora aprobado no seu día, era un punto so informativo. Adíase a aprobación da acta á seguinte mesa xeral de negociación e trasládasenos que tentarán enviar as actas con máis antelación.

2.- MODIFICACIÓN INSTRUCCIÓN LISTAS DE AGARDA

Achégase unha proposta consensuada na última Comisión de seguimento das listas de agarda, mais bótase en falta un punto que tamén foi consensuado con todas as seccións sindicais, que é o relativo aos traballadores que están contratados a tempo parcial, para que poidan ser tidos en conta para posibles melloras de emprego, xa que era algo que a actual instrución non contemplaba tal e como estaba redactado.

O xefe de servizo de persoal manifesta que non considerou que esa proposta fose acordada e que por iso non se incluíu. O concelleiro comprométese a que se convocará á maior brevidade posible de novo a Comisión de Seguimento das Listaxes de a garda para acordar esta modificación e trasladala de novo á seguinte Mesa Xeral de Negociación para a súa aprobación. Acórdase á aprobación da proposta de modificación que achegan hoxe.

3.- BASES PROCESOS SELECTIVOS E PROMOCIÓN INTERNA

O concelleiro da conta do anuncio inmediato de varios procesos de promoción interna demandados dende hai tempo. As convocatorias sairán ao longo deste mes de xullo, e que a intención é que estean finalizados antes do remate de ano:

                - 121 prazas de administración xeral (c2 a c1)

                - 91 prazas de bombeiros (c2 a c1)

                - 8 prazas de subalternos a c1

4.- INSTRUCCIÓN DE VACACIÓNS, LICENZAS E PERMISOS

O señor concelleiro da conta de que a súa publicación será inminente no BOP nos vindeiros días.

En realidade comprobamos que a publicación foi xusto ao día seguinte da MXN e que A Voz de Galicia, unha vez mais e sen que nos sorprenda, fai unha publicación totalmente tendenciosa cunha finalidade máis que cuestionable. O señor concelleiro falou durante a MXN de iniciar procesos de diálogo social e negociación "sen pistolas" enriba da mesa e sen obxectivos ocultos. Xulgade por vos mesmos quen está incumprindo esta vontade.

Esta sección sindical considera que a nova da Voz de Galicia non contribúe a favorecer ese "bo clima" ao que o señor concelleiro dedicou máis dunha hora de discurso na súa intervención durante a MXN.

5.- DIÁLOGO SOCIAL

O señor concelleiro solicita que as distintas seccións sindicais expresen as súas propostas e prioridades e que en base a iso o goberno municipal formulará unha proposta.

CSIF: remite aos puntos que se consensuaron na Xunta de Persoal. O señor concelleiro quere que cada sindicato exprese os seus particulares nesta mesa. Os asuntos e prioridades da CSIF son:

                - Carreira Horizontal: polo menos o referido ao regulamento da mesma, entendendo que os prazos para executala van depender da situación económica.

                - Nova RPT

                - Modificación das actuais normas de xestión mentres non se elabore a nova RPT

UGT

                - Tele traballo

                -Nova RPT: considera que é necesario facelo antes que a carreira profesional

                - Plan de Pensións

CIG: sinalamos que as propostas e prioridades desta sección sindical son as que afecten e beneficien ao maior número de empregados/as. Polo tanto a nosa proposta é:

                - RPT

                - Carreira Profesional

                - Novo regulamento das axudas de fondo social para empregados do concello

                - Regulamento do Tele traballo

CCOO

                - Nova RPT e VPT

                - Carreira profesional

                - Tele traballo

                - Estabilización do persoal temporal

Escoitadas todas estas propostas o señor Concelleiro comeza un discurso de máis dunha hora no que adianta unha situación económica moi dificultosa e na que avanza, unha vez máis, que debido a isto moitas melloras para os empregados municipais non poderán ser levadas ao cabo, falou tamén de que a falla de persoal non se resolvía cos procesos de estabilización  ao que  A CIG recórdalle que algúns sindicatos e o Goberno do Estado acaban de asinar un acordo no que se mantén a taxa de reposición  e que os empregados públicos non poden estar pagando permanente as crises económicas. Ao respecto das propostas que fixeron as distintas seccións sindicais, resume:

  • Comezo do expediente administrativo para a elaboración dunha nova RPT: anuncia que no día de hoxe da comezo a tramitación.
  • Proposta de concursos: o señor concelleiro fai a proposta de que se celebren entre o terceiro e cuarto ano dende que se teña feito o anterior. Hai que recordar que isto non se corresponde co establecido no acordo marco, que falaba de celebración de concursos cada 18 meses.
  • Proposta do regulamento das axudas de fondo social para o persoal do concello: parécelle boa esta proposta e non ve inconvenientes  para retomar de novo este traballo.
  • Proposta do regulamento do tele traballo: móstrase a favor. Dende o servizo de persoal xa enviaran unha proposta de regulamento que estaba pendente de traballarse, mais o concelleiro anuncia que remitira una nova proposta.
  • Proposta para retomar as aportacións ao plan de pensións: dálle o visto e prace.

A proposta para o diálogo social que fai o señor concelleiro resúmese en establecer o traballo e negociación colectiva en dous planos:

- Plano regulamentario: que se traballará a través de mesas técnicas de diferentes temáticas (regulamento das axudas de fondos social, tele traballo, normas de xestión....) e que unha vez que se consensúe o traballo destas mesas daráselle traslado de eses asuntos á MXN para a súa aprobación

- Plano económico: negociacións amplas con efectos económicos nas que se tratará, entre outras cuestións: RPT e VPT, carreira horizontal......

Ao respecto dos procesos de estabilización o señor Concelleiro anuncia unha nova intención, que é que de aquí ao final do seu mandato se convoquen o 80% das prazas ofertadas tanto de promoción interna, libre e estabilización.

A CIG neste punto solicita que os procesos relativos á estabilización sexan os últimos en executarse, tendo en conta que ante a modificación do EBEP e ao considerar que non se axusta aos ditames europeos no que se refire á sanción polo abuso, é posible que se presenten recursos. Ademais, executar estas prazas de forma rápida pode dar lugar a que se incorporen a estes postos persoas sen experiencia que incidirían sobre os problemas que están causando a falta de persoal. O señor concelleiro di que o Goberno si vai convocar estes postos, mais concorda en que non teñen por que ser os primeiros en convocarse. Empraza a que primeiro hai que negociar a transposición do novo Real Decreto.

O señor concelleiro empraza ás seccións sindicais ao 14 de setembro para iniciar este proceso de negociación no que proporá un calendario de traballo.

6.- ROLDA DE INTERVENCIÓNS

CC.OO: solicita que tamén se faga un calendario para os procesos de selección. Pregunta pola falta de oferta de prazas de subalternos e preguntan se pode responder a un intento de privatización. O goberno di que non, que non hai ningunha intención de privatizar.

CIG: Propoñemos non esperar ao 14 de setembro para iniciar o proceso de diálogo social e ofrecemonos para comezar de xeito inmediato.

Ao respecto da elaboración da nova RPT, somos conscientes de que non é doado nun concello cas dimensións do da Coruña, sobre todo se hai vontade de agrupar ou de singularizar postos. Recordámoslle ao señor concelleiro que ten un compromiso de negociar o método de valoración e que non vai ser imposto pola empresa

CSIF: pregunta por prazos concretos para a licitación da elaboración da nova RPT. O concelleiro da como referencia os prazos actuais: expedientes que se iniciaron no mes de maio-abril, estanse resolvendo na mesa de contratación deste mes de xullo. A CSIF fai mención ao chamamento para a concentración de persoal municipal que teñen convocada para mañá, e manifestan que a pesar da vontade amosada hoxe para a negociación, van a mantela.

UGT: solicita que o concelleiro inclúa do plano regulamentario da negociación o relativo á reactivación das aportacións ao plan de pensións. O goberno di que formará parte da negociación global, pero no como algo prioritario. Solicita de novo a prioridade do tele traballo.

 

Aquí podedes consultar o ACORDADO

LIGAZÓN

  1. Aprobación da acta anterior.
  2. Nomeamento de vogais para comisión de valoración o C.E. 1/19.
  3. Ratificación informe recursos axudas económicas.
  4. Funcionamento da XP.
  5. Solicitude de equipos informáticos portátiles para as Seccións Sindicais.
  6. Consensuar as medidas de presión ante a falta de negociación do Goberno Municipal.
  7. Solicitude de rectificación das manifestacións do Xefe da Policía Local sobre do uso das horas sindicais feito por unha delegada.
  8. Rolda de Intervencións
  1. Houbo discrepancias sobre o que cada sección sindical trasladou no pasado pleno, debido a que a gravación dese día borrouse, queda pendente a súa aprobación.
  2. Ante o ninguneo que se está a facer por parte do goberno municipal ,non so cas propostas que por acordo debería facer a Xunta de Persoal para os tribunais deste concello, si non tamén polas inxerencias en órganos alleos a este concello, decidimos por unanimidade non facer propostas a esta petición.
  3. Non ratificamos o informe de recurso de axudas económicas porque o secretario non as enviou ao resto de delegados/as
  4. Dende a CIG queixámonos do papel do secretario da Xunta de Persoal, ao perder gravacións ou non gardar as medidas de custodia que se lle supón, asemade criticamos que a Presidenta da Xunta de Persoal non dera amparo a unhas compañeiras de servizos socias ante unha petición concreta. Dende a nosa sección sindical non atisbamos autocrítica ante as exposición dos feitos.
  5. CCOO solicitou equipos informáticos para realizar labores sindicais por teletraballo, a CIG posicionouse en contra desta petición, co argumento de que sería difícil explicarlle ao persoal municipal que non conta cos medios informáticos facilitados polo concello e si aos sindicatos.
  6. Dende a CIG congratulámosnos de que por fin a CSIF DEFENDA A APLICACIÓN DA INVERSION DA PERIGOSIDADE E A IMPLEMENTACIÓN DA CARREIRA HORIZONTAL, VELLAS propostas da CIG, LIGAZON 2014 CARREIRA PROFESIONALLIGAZON 2015 PERIGOSIDADE pero polas que fomos duramente criticados no 2018 POR ESTE MESMO SINDICATO    co argumento que queríamos beneficiar a outros colectivos APROVEITANDONOS DAS REINVINDICACIÓNS DOS POLICIAS. No debate sobre a falta de negociación a que nos ten acostumados o Concelleiro de Persoal, Economía e Facenda,  aprobamos POR UNANIMIDADE solicitarlle unha reunión con carácter de urxencia á Alcaldesa antes do día 7 de xullo, DESPOIS DECIDIREMOS AS MEDIDAS  E O CAMIÑO A SEGUIR.
  7. Dende a CIG manifestamos que as declaracións que fixo o responsable do Corpo da PL foron de mal gusto, pero evitamos pronunciarnos, XA QUE A VALORACIÓN DO USO DAS HORAS SINDICAIS DEBE FACELA O SEU PROPIO SINDICATO QUE TEN MEDIOS MAIS QUE SUFICIENTES PARA DEFENDELA, TAMPOUCO OPINAMOS SOBRE O FEITO DE QUE ALGUNS/HAS DELEGADOS/AS , A PESAR DE TERSE PRONUNCIADO AS SUAS ORGANIZACIÓNS OU ELES MESMOS EN CONTRA DAS COMISIÓNS DE SERVIZOS NON DUDEN EN ACEPTAR UN NOMEAMENTO DESTE TENOR PARA O SEU PROPIO.
  8. Dende a CIG preguntamos o estado da reclamación da productividade anual para xubilados, reclamación que vai a costa dos fondos da Xunta de Persoal, a Presidenta da XP contestou que preguntaría a persoa ca que contactamos para facer unha primeira fronte xudicial cara a que se recoñecera no futuro a todo o persoal municipal.

ACORDO CCOO, UGT E CSIF LIGAZÓN SOBRE a proposta de modificación do EBEP que penaliza dobremente o persoal vítima do abuso da temporalidade.

ORDE DO DIA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Bases Xerais dos procesos de selección
  3. Oferta de emprego para 2021
  4. Instrucción de vacacións, permisos e licenzas
  5. Instrucción de teletraballo
  6. Modificación da Instrución 4/2017, de listas de agarda
  7. Toma de coñecemento da aplicación do incremento retributivo para 2021, do 0,9%
  8. Toma de coñecemento da Instrucción 1/2021, de compensación dun día laborable no 2021, por festivos estatais.
  9. Rolda de Intervencións libres.

 

1) A acta da sesión anterior quedou pendente de aprobación, xa que nos foi entregada no momento de comezar a mesa sin tempo para revisala.

2) Neste punto explicáronnos e debatimos o documento de bases xerais dos procesos selectivos que rexerán tanto os procesos de quenda libre como de promoción interna.

Propuxemos melloras no referente á promoción interna: introducir a antiguedade como criterio de desempate no caso de empate, aumentar de 5 a 7 anos o período en que se conservará a nota obtida no proceso sempre que se supere a fase de oposición cunha nota igual ou superior ao 50% da cualificación máxima e non se obteña praza. Apoiamos tamén a proposta de que se estableza no 50% da nota máxima a nota necesaria para superar a fase de oposición, foi  a argumentación e insistencia da CIG neste punto a que o fixo posíbel, poñendo como exemplo o acontecido na última promoción interna de C2 a C1 no que foi preciso acadar mais dun 9 na fase de oposición para superala, desvirtuando totalmente a parte do concurso.

3) Entregáronnos na mesa o documento da oferta de emprego público para 2021, valorarémola e faremos as nosas achegas.

Informáronnos de que teñen intención de abordar todos os procesos pendentes de ofertas anteriores sin executar antes do fin da lexislatura, comenzando polos procesos de promoción interna. Tamén nos informaron de que teñen previsto un total de 121 prazas para a promoción interna de C2 a C1.

4) Neste tema propuxemos algunha modificación nos puntos que non foran tratados en mesa técnica: tempo para a formación e flexibilidade horaria.

5) Entregáronnos na mesa o borrador da Instrucción de Teletraballo para que as seccións sindicais fagamos as nosas achegas e comencemos a negociala.

6) Acordamos modificar a Instrucción 4/2017 de listas de agarda en dous puntos: --Modificación dos apartados 2 e 3 do artigo 2 polo que o servizo de persoal elaborará a lista de agarda unha vez rematado o proceso selectivo co fin de axilizar o procedemento.

     Modificación do apartado 6 do artigo 2 no sentido de que cando se esgoten as posibilidades de chamamento dunha lista concreta se poida, de maneira excepcional e previa aprobación da Comisión de Seguimento das listas de agarda, facer chamamentos dunha lista anterior, se a houbere.

7) Informásenos de que o incremento retributivo do 0,9% para 2021 será aboado á maior brevidade, posiblemente xa na próxima nómina do mes de xuño.

8) Informásenos da Instrucción 1/2021 de compensación dun día laborable por coincidir en sábado festivos estatais. Explicámoslle ao gobernó municipal que este tratamento vai facer que o persoal de horario xenérico ( luns a venres) vai facer un dia mais de traballo que os que teñen traballo a quendas os 365 dias do ano xa que estes teñen descontado en cuadrante tódolos festivos. Falamos incluso da posibilidade de reclamar ao final de ano un dia de horas extras por superar a xornada establecida de 1508 horas

9) Na rolda de intervencións recordámoslle ao goberno municipal a necesidade de abordar unha nova valoración da rpt e de desenvolver un sistema de carreira profesional.

O pasado 25/3/2021 fomos convocados as representacións sindicais polo Goberno Mpal. do Concello da Coruña a unha Mesa de Formación:

“A orde do día consistía en:

  1. Plan de accións formativas 20/21
  2. Rogos e Preguntas”

No primeiro punto desta Mesa de Formación, “Plan de accións formativas 20/21”, non se ía falar, como noutras ocasións, só dos cursos propostos polas distintas partes, senón que o Goberno Municipal tamén presentaba un texto chamado “criterios de selección (criterios xerais e criterios específicos)”.  Estes criterios son os que van servir para seleccionar ao persoal solicitante de cursos, por este motivo a CIG propuxo un análise por separado do que contiña expresamente os cursos formativos propostos, dada a súa importancia, e a pesar de que no primeiro parágrafo destes criterios xerais din que “aplicarasen con carácter supletorio aos establecidos nas convocatorias de cada acción formativa”, para nós estes teñen que valer para os distintos colectivos do concello;  non obstante  esta sección sindical quixo analizar o texto que presentou o GM e intentar expoñer as nosas  achegas.

Deseguido expoñemos moitas das cuestións formuladas pola CIG e debatidas, fundamentalmente, co concelleiro de Persoal:

  • “A relación do curso solicitado co posto de traballo” isto é considerado pola CIG como prioritario.
  • Establecer unha orde de prelación dos cursos polas/os solicitantes 
  • Na aplicación do “dereito preferente a participar nos cursos de formación no caso de licenzas de maternidade, permiso de paternidade, redución da xornada ou por excedencia para o coidado de familiares”, art. 93 do Decreto lexislativo 2/2012, do 12 febreiro (“preferencia en cursos formativos autonómicos”): a proposta era aplicar o aprobado nas “bases para a provisión do posto de concurso ordinario” que están vixentes aplicación.
  • Propoñíamos que para evitar o exceso de traballo do persoal que non solicite ou que non consiga cursos a pesar de solicitalos que as xefaturas sexan coñecedores e mesmo autoricen os cursos que solicite o seu persoal, co fin de organizar o traballo.
  • Tamén da importancia de retomar os Mapas de Formación que están xa obsoletos e que é moi necesaria a súa actualización.”

A CIG presentou propostas de cursos na fase inicial e tamén unha adenda de mínimos para intentar que tiveran en conta algún colectivo que  levan tempo demandado certos cursos, aínda que temos que salientar un colectivo que por estar en primeira liña con colectivos especialmente vulnerables como é: Servizos Sociais, e que teñen que ter unha boa formación como ferramenta básica para prestar un bo servizo, o GM considera que un curso é suficiente.

Xa avanzada a reunión e case diríase a punto de rematar,   para a CIG aínda faltaba un punto moi importante por debater, o recollido no Anexo I, “baremación de puntuación”,  un punto moi  importante dado que deste baremo depende a meirande parte da asignación de cursos aos solicitantes e que vai servir de base para as distintas convocatorias.

Deseguido recollemos a nosa proposta:

“Respecto da valoración dos cursos recibidos nos dous últimos anos deberíase ter en conta o seguinte:

  1. Na solicitude dos cursos deberase indicar a orde de prelación.
  2. Aplicarase a baremación proposta so no curso solicitado en primeiro lugar.
  3. Na baremación do curso solicitado en segundo lugar aplicarase o número de horas do curso solicitado en primeiro lugar no caso de que acadara praza, esta adición de horas de formación realizada se fará en tódolos cursos solicitados a continuación

Exemplo: se escollo 3 cursos relacionados co meu posto de traballo, resultaría:

1º tería 60 puntos (aplicación do baremo do apartado a)) + 40 de antigüidade = 100 puntos, tería o 1º curso solicitado concedido (este 1º curso dura 12 h)

se o seguinte curso que solicito dura 20 h sumamos as 12 h do curso concedido anteriormente 20+12= 32 horas, (aplicarías o baremo c))= 40 puntos + 40 (de antigüidade) = 80 puntos, teríamos ou non o curso, pero no suposto de que sí probarías o seguinte curso solicitado

3º teríasmos 12 h+20 h+30 h de cursos de formación =62 h de formación (20 puntos en aplicación do baremo e) = 20 puntos+ 40 de antigüidade = 60 puntos

Esta sería unha fórmula para que este baremo sí funcione”

O concelleiro rexeitou falar deste tema, co razoamento de que o GM  consideraba correcto a baremación que presentaban,  ante a negativa de negociar este último punto a CIG votou en contra do texto que presentaba o GM “criterios de selección” porque nin sequera tivemos oportunidade de defender a nosa proposta e que sen dúbidas, ao noso entender, evitaría posibles problemas vividos e trasladados anteriormente,  entendemos que son os máis obxectivos posibles pero, disto o concelleiro xa non quixo falar.

O que provocou que o sr. concelleiro cambiase  totalmente de actitude, sendo ata o momento amable, dialogante case de colegueo,  pasou a unha actitude  altiva, distante, querendo marcar claramente as diferenzas, manifestando expresións pouco afortunadas para os de alí presentes e principalmente coa única sección sindical coa que estaba a debater neses momentos.

A última orde que deu pouco antes de abandonar o Salón Dourado foi: “que non se teña en conta nada do aquí falado”, a pesar de que coa maioría dos puntos mencionados e tratados estaba conforme, ou iso nos quixo facer crer a todas/os as/os presentes.

TELETRABALLO

Onte fomos convocados a unha MXN de URXENCIA, o motivo desta foi a de poñernos en coñecemento da intención que tiña o concello de crear grupos BURBULLA (que non se mesturen entre si) e no caso de contaxios entre a plantilla, que non caian servizos ao completo, para este fin propoñen a ampliación da xornada de tele-traballo ata o 50% na modalidade mixta da prestación do servizo, pareceunos axeitada a todos os asistentes. 

Dadas as circunstancias, dende a CIG, solicitámosvos a colaboración para tratar de reverter o incremento dos contaxios, cas medidas que xa todos/as coñecedes.

CONCILIACIÓN

Dende persoal recoñecen que a redacción que vinculaba a conciliación con peches de centros (educativos ou doutro tipo de servizos sociais) non era a mellor, van a aclarar este apartado.

VENTILACIÓN

O Xefe de Servizo informa que teñen unha proposta do Departamento de Prevención de Riscos Laborais en canto a ventilación, nel propoñen espazos para instalación de purificadores de aire, din que enviarán un documento, cando o teñamos faremos unha valoración, mentres recomendámosvos que tratedes de manter unha boa ventilación dos vosos espazos de traballo. A CIG solicitou que se estude o uso dos aires acondicionados, pois este sistema NON renova o aire.

Como xa vos informamos na pasada Mesa Xeral de Negociación do 30 de setembro, aprobamos por unanimidade a teleformación da EGAP proposta polo concello, recordar que a CIG fixo unha solicitude de establecer 3 tramos na valoración de acceso aos cursos,  recordar tamén que foi aceptada por unanimidade.

Se ben todos acordamos a puntuación nos tramos finalmente aprobados

  • No último ano: 10 puntos.
  • Nos dous últimos anos: 20 puntos
  • Nos tres últimos anos: 30 puntos

Ninguén dos que estivemos na MXN, caeu na conta de que aplicar literalmente as bases desta convocatoria non limitaba acadar máis dun curso, grazas aos vosos correos, detectamos alo menos que 4 persoas repiten ou tripiten cursos. Vindo o resultado o máis normal sería penalizar no mesmo momento da adxudicación dun curso desta convocatoria cos 10 puntos que figuran nas bases...

Visto o visto, hoxe falamos ca responsable de formación (presente na MXN por un sindicato) e recoñecía que era un erro, que estaba apuntando todo, pero que non tiña outra que aplicar o acordado e que as presas na aprobación deste plan foron as que deron este resultado . A continuación contactamos co xefe de servizo de recursos humanos para queixarnos da falta de mecanismos cara a corrixir erros como o explicado, o xefe de recursos humanos contestounos que resultáballe complicado, unha vez publicado a adxudicación de admitidos, denegar os cursos. Tamén solicitámoslle que no futuro calquera listaxe sexa publicada por orde alfabético.  O xefe de recursos humanos dixo que como medida paliativa intentaría aumentar o número de prazas nos cursos máis solicitados.

Se ben parécenos unha boa medida a ampliación de prazas, esperamos que ante circunstancias parecidas nas que se detecten erros tan evidentes, se contacte cos representantes sindicais para buscar unha solución se é posible consensuada e así evitar unha mala aplicación de acordos acadados.

Achegámosvos o noso resumo da pasada MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Protocolo de medidas para a adaptación funcional da prestación de servizos das empregadas/os públicos do Concello da Coruña no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  3. Plan de e-formación do Concello da Coruña e liñas de futuro
  4. Acordo relativo á compensación dun festivo no exercicio 2020.
  5. Ratificación do acordo en mesa técnica en relación co horario dos/as conserxes de colexios.
  6. Rogos e preguntas

 

  1. En canto a acta, está pendente de redacción por parte da anterior xefa de persoal. Queda a súa aprobación na próxima MXN.
  2. O concelleiro de persoal, antes de ausetarse da MXNA presentounos ao novo Xefe de Persoal. A continuación o novo Xefe fixo unha exposición do PROTOCOLO DE TELETRABALLO afirmando que a intención da xuntanza de hoxe neste asunto era escoitar as nosas aportacións.

O xefe de persoal fai mención a que non creen no tele-traballo como un fin en si mesmo e que este documento o consideran  como unha ferramenta na mellora administrativa da organización.

Dadas as circunstancias e tendo en conta o carácter provisional deste protocolo, a CIG está da cordo co modelo presentado polo xefe de servizo e ca maior parte do seu contido, que non publicamos xa que o seu carácter non definitivo pode levar a crear confusión ao persoal se o seu contido non se axusta ao documento final.

Chegado este punto fixemos as seguintes:

ACHEGAS CIG PARA O PROTOCOLO DE TELE-TRABALLO

  • Por similitude co resto de traballadores/as alleos/as ás AAPP, solicitamos que se aumentara o mínimo de xornada laboral proposto polo concello.
  • Que en canto as persoas sensibles fronte ao COVID-19, faltan avaliacións de riscos laborais en postos de traballo. Solicitamos que se realicen no futuro.
  • Devido ás dúbidas en canto as funcións dos postos de traballo, preocúpanos a interpretación que poidan facer as distintas xefaturas de servizo en canto as autorizacións. Solicitamos que no caso de conflitos, se teña información permeable das distintas interpretacións e evitar discriminacións en función do posto que se ocupa ou da xefatura de que dependa.
  • Control do tempo de traballo en canto aos posibles accidentes de traballo para determinar se se produce na xornada laboral.
  • A avaliación do desempeño que se faga ao persoal en teletraballo debería aplicarse á totalidade da plantilla, implementalo agora sería de gran axuda á hora de aprobar dunha vez por todas a CARREIRA PROFESINAL(solicitada por este sindicato reiteradamente). Ademais a avaliación sobre a totalidade, evitaría discriminar as persoas que tele-traballan sobre o resto do persoal municipal.
  • Para a CIG o máis importante é que este protocolo é temporal. Nunha futura prestación de tele-traballo en situación de normalidade deberá ser negociada. Solicitamos que este documento non sexa utilizado coma definitivo no futuro.
  • Por último recordamos unha petición previa da XUNTA DE PERSOAL aprobada unánimente, sobre que o persoal con dependentes ao cargo portadores do COVID-19 e que teñan a obriga de permanecer na casa sen declaración de ser portadores do virus, teñan a mesma consideración de portadores do COVID-19.
  1. O plan de tele FORMACIÓN DA EGAP non é a totalidade do plan formativo para o Concello e proximamente propoñerán un documento de maior alcance, esta primeira parte servirá para testar a plataforma ONLINE e avaliala.

Parécenos correcta a proposta para iniciar a tele formación, se ben pensamos que os criterios de selección no apartado de valoración respecto a distancia no tempo co último curso realizado, habería que cronificalos en máis tramos e non só en menos ou máis de dous anos. Aceptan a nosa proposta de establecer tres tramos na valoración.

  1. Propoñen a COMPENSACIÓN POLO 15 DE AGOSTO en un día de asuntos propios que poderase desfrutar ata o 31 de marzo. Tramitarán unha instrución aos efectos oportunos.
  2. Ratifícase por unanimidade o acordo acadado nas Mesas técnicas de Conserxes de Colexio.
  3. ROLDA DE INTERVENCIÓNS

A petición dun sindicato, aceptan o pagamento do plus de protocolo ao persoal de conserxería.

Solicitan información da licitación do contrato que fará a VALORACIÓN DA RPT. A CIG recorda que hai o compromiso de NEGOCIAR O METODO DE VALORACIÓN, o Director de Facenda e Persoal recoñece ese compromiso.

A CIG reitera a petición da información das COMISIÓNS DE SERVIZO LIGAZÓN, advertimos que se non é facilitada, por consello da nosa asesoría xurídica, a reclamaremos por vía xudicial, contestan que van a estudar a forma de que teñamos acceso a esa documentación.

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.