En cumprimento de acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Persoal, en data 23 de Febreiro, achegámosvos a relación dos escritos enviados a persoal e do seu estado:
DATA |
OBXECTO |
ESTADO |
03/07/2015 |
Proposta de Cronograma das MXN |
No contestado |
03/07/2015 |
Cumprimento de Acordo de Descontos |
No contestado |
03/07/2015 |
Proposta de Cobertura do Director da Banda |
No contestado |
03/07/2015 |
Petición de Cadeiras e Equipo Multifunción pa Xunta de Persoal |
No contestado |
03/07/2015 |
Queixas no Servizo da Estación de Autobuses |
No contestado |
03/07/2015 |
Información dos Procesos de Recuperación dos Servizos Externalizados |
No contestado |
13/8/2015 |
Respetar os xustificantes Médicos |
No contestado |
13/8/2015 |
Nova listaxe de Bodas |
No contestado |
13/8/2015 |
Mes natural de Vacacións |
No contestado |
13/8/2015 |
Dependencia Xerarquica do Sevizo de Sinalización Vial |
No contestado |
02/10/15 |
Aplicación do Decreto Lei 10/2015 |
Convocaron MXN |
07/10/2015 |
Notificacións dos cambios de centro de Traballo os Delegados de Prevención |
No contestado |
06/10/2015 |
Plan de Pensións |
No contestado |
06/10/2015 |
Nomeamento dos Delegados de Prevención |
No contestado |
06/10/2015 |
Información de Permutas |
No contestado |
07/10/2015 |
Cumprimento de Acordos |
No contestado |
09/10/2015 |
Relación de Escritos Presentados |
No contestado |
13/11/2015 |
Presuposto 2016 |
No contestado |
13/11/2015 |
Cobertura das Prazas Vacantes |
No contestado |
13/11/2015 |
Acordo Reclasificación Policía Local |
No contestado |
09/12/2015 |
Escrito de apoio a Banda Municipal |
No contestado |
11/12/2015 |
Seguridade nos Centro Sociais - Cívicos |
No contestado |
11/12/2015 |
Contratación de persoal - Banda |
No contestado |
11/12/2015 |
Solicitude de MXN para tratar a “ED” |
No contestado |
01/02/2016 |
Asesoramento Xurídico pos traballadores |
No contestado |
01/02/2016 |
Información da Cobertura do Seguro |
No contestado |
01/02/2016 |
Negociar as Coberturas do Seguro antes da súa renovación |
No contestado |
05/02/2016 |
Alegacións as Bases dos Concursos |
No contestado |
05/02/2016 |
Acordo Sistema de desempate dos Procesos Selectivos |
No contestado |
Todos estes escritos están colgados na Intranet Municipal, nas carpetas publicas (Xunta de Persoal - Actas)
A Coruña, 25 de Febreiro de 2016
Asdo.: José Ángel Varela Moure Asdo.: Roberto Tizón Miguéns
Secretario Presidente
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3135
Bo día,
achegamosvos o contido da solicitude rexistrada hoxe (19 febreiro 2016), é algo que solicitamos fai moito tempo, esperemos ter contestación desta vez
"SOLICITO
Que se nos facilite a listaxe dos empregados e empregadas municipais que non ocupen posto en adscripción definitiva e a de aqueles que a pesar de ter un posto en adscripción definitiva ocupan outro posto en comisión de servizos facendo mención en ambos casos do nome do empregado e empregada, do posto de orixe, do posto ocupado en adscripción provisional ou comisión de servizo e a data da resolución que deu orixen á mesma."
http://cigconcelloacoruna.com/images/PDF/PMH/ingreso.jpg
o secretario da sección sindical da CIG
José María Calatayud
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3240
Enviado el: viernes, 05 de febrero de 2016 10:12
Asunto: SUBIDA DO 1%
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3021
Que no pasado 13 de novembro solicitamos unha Mesa Xeral de Negociación urxente para tratar a aplicación dunha sentenza que afecta as actuais normas de xestión da RPT, en concreto ao concepto da Especial Dedicación.
Que no pasado 30 de decembro nunha reunión mantida ante a Xefatura de Personal e de Seguridade Cidadana, recoñeceuse que habendo postos de traballo que cobran o concepto de ED, non cumpren nin as 40 horas minimas que marca as normas de xestión para estos postos.
Que dende a CIG, levamos anos denunciando que o concepto da Especial Dedicación, na maioria dos casos é unha retribución que non obedece a ningún criterio coñecido e é totalmente despropocionada respecto aos salarios dos que non teñen este concepto e que en moitos casos fan o mesmo traballo.
Que a cantidade de postos con ED foi criticado polo anterior Goberno Municipal do Partido Popular, se ben non fixo nada por correxilo e nas últimas modificacións incluso creou postos novos con este concepto.
Que nas primeira reunións co actual Goberno Municipal tamén causoulle extraneza á Concelleira de Persoal, a cantidade de postos con ED neste Concello.
Que a día de hoxe non houbo máis que silencio sobre este tema.
Polo anteriormente exposto
REITERO:
A solicitude do pasado 13 de novembro e se convoque a Mesa Xeral de Negociación para coñecer dunha vez os criterios polos que se deron as ED e no caso de non habelos, revisar a RPT posto a posto.
A Coruña 14 de xaneiro de 2016
esperamos que fora do voso interese.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3010
- Como único punto da orde do día aprobouse modificar a OEP do ano 2015 incluíndo 3 novas prazas de sarxento do SEIS. Como recoñeceu a propia concelleira de persoal tratábase de executar o acordo acadado co anterior Goberno Municipal, son vacantes producidas polo proceso de promoción interna de sarxento a suboficial. Ao ser un tema xa negociado aprobouse por unanimidade e sen discusión.
- Rolda de intervencións e por orde de petición
CSIF: “Actos en honor del personal en activo y jubilados”
CIG: Pola nosa parte sen comentarios..........
CSIF:Especial dedicación: “Tras la sentencia del TSXG que reconoció a una afiliada de CSIF su derecho al descanso, CSIF pedimos que se extiendan los efectos de esta sentencia a todo el personal municipal afectado, y se consensuen los límites y efectos de la actual ED.”
CIG. Recordámoslle á concelleira que a CIG e a xunta de persoal xa fixemos solicitude de convocatoria de mesa de negociación con este asunto como orde do día e con propostas concretas para negociar.
CSIF:Delegados Comité de Seguridad y Salud. Propusimos tomar acuerdo para posibilitar la designación de Delegados Sindicales, al objeto de poder constituír dicho órgano a la mayor brevedad.
CIG: Recordámoslle á mesa que un acordo deste tipo so o poden adoptar os órganos de representación, que a Xunta de Persoal xa ten nomeados os seus delegados e que para facelo habería que modificar o convenio colectivo do persoal laboral.
CSIF: Mejora de la cobertura para conductores de vehículos municipales: a través de ampliar las pólizas de seguro, para que los conductores de todos los servicios municipales puedan percibir indemnizaciones por secuelas en caso de que involuntariamente ocasionen un accidente
CIG: Consideramos que un accidente de tráfico é un accidente laboral e a cobertura das secuelas dos accidentes laborais deben ser igual para todos e constar incluídas na póliza xeral. Persoal quedou en revisala para mirar se non é así.
CSIF:Que el ayuntamiento asuma la indemnización a los trabajadores municipales, en casos de insolvencia de terceros condenados por agresiones a personal municipal
A xefa de persoal mencionou que esa situación pódese dar noutros supostos e con cantidades mais importantes, o Goberno Municipal non se posicionou neste asunto, nos dubidamos da posibilidade legal de aplicar esta proposta.
Na quenda da CIG
Criticamos con firmeza que non se efectúe o pagamento do 26.23% da extra do 2012 neste ano 2015, cuestionamos a legalidade de adialo a xaneiro do 2016 e mostramos a nosa perplexidade por como se tratou todo este asunto dende o momento de publicación do RD 10/2015. Solicitámoslle a concelleira que no suposto que a lexislación do estado volva a conter normas que recorten dereitos as apliquen coa mesma rotundidade.
A Concelleira manifesta que a cuestión da legalidade é interpretable e que pagarán en xaneiro o total do que falta da paga si dan aprobados os orzamentos do 2016.
Criticamos a falta de axilidade na resposta da asesoría xurídica a dous asuntos urxentes, un sobre un caso de suposto acoso ( solicitude de aplicación do protocolo) e outro sobre un asunto de responsabilidade penal en urbanismo. Non obtivemos resposta.
UGT:Que se recupere á aportación do concello ao plan de pensións e a devolución da semana de antiguidade .
Todos nos sumamos a esta petición. O Goberno Municipal non dixo nin pío
UGT:Que se graven as incidencias de nomina no momento que se produzan e non a mes vencido
Dende persoal manifestan que é responsabilidade de cada departamento pero que non ten incidencia nas nóminas.
CCOO:Falan das substitucións no rexistro, que se lles informe do cese de interinos e solicitan que se priorice a xestión de persoal. Manifestan que é unha boa noticia o da paga e falan tamén dos problemas do cuadrante da estación .
Non houbo resposta concreta do Goberno Municipal
CONCLUSIÓNS DENDE A SECCIÓN SINDICAL DA CIG
O goberno municipal só convoca aos representantes dos traballadores para tratar asuntos que lle interesan e de obrigatoria negociación, pero non ofrecen ningún tipo de resposta ante demandas que teñen incluso maior urxencia e importancia.
Esperemos que esta información fora do voso interese.
un saúdo
O secretario da Sección Sindical da CIG
José María Calatayud Sánchez
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3257
RPT e Normas de Xestión
Na nosa Relación de Postos de Traballo(RPT) hai dous grupos de postos diferenciados, os que teñen Especial Dedicación(ED) e os que non.
Segundo as Normas de Xestión da RPT os postos con “ED .- Natureza: Retribue a dispoñibilidade e maior dedicación temporal no desempeño do posto. Os postos retribuidos con EDterán unha xornadamínima de 40 horas semanais, sen prexuízo do maior horario que ocasionalmente requira o servizo. Durante o horario de verán terán a mesma redución que o resto do persoal.”
A aplicación desta norma produce agravios comparativos, entre os postos que teñen ED e os que non, os primeiro non sofren rebaixa nese complemento ao estar de baixa como sucede coa Produtividade, ademais disto as ED perciben ao ano 14 pagas de ED contra as 12 da Produtividade.
As ED que figuran na RPT do Concello,asignáronse sen xustificación algunha , pois utilizouse de inicio como complemento para os postos de xefatura, co argumento dunha valoración baixa dos mesmos, algo que despois foi utilizado sen criterio.
SENTENZA
Unha recente sentenza do TSXG limita a ED a 40 horas máximo, o resultado desto é que o valor da hora de ED é totalmente desproporcionada coa táboas de gratificación das horas extraordinarias aplicadas aos postos sen ED.
PRECIO HORAS EXTRAORDINARIAS |
|
ANTIGUO GRUPO |
PRECIO |
A |
23,54 € |
B |
19,52 € |
C |
16,35 € |
D |
13,80 € |
E |
12,32 € |
POSTURA DA CIG
Nas nosas propostas electorais incluíamos a revisión e adecuación da RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto de ED
A postura que a CIG sempre mantivo sobre a ED nas Mesas Xerais de Negociación(MXN) é a de aclarar os criterios polos que se aplicou este complemento e no caso de que non existan créalos e determinar de novo a que postos deberían adxudicarse
A CIG non avalou ningunha modificación da RPT que non se fixera en base a criterios aplicables ao conxunto dos postos de traballo e así seguirá sendo no futuro.
A recente sentenza sobre este asunto desnaturiza o concepto de ED e converte en absolutamente desproporcionada a súa retribución polo que solicitaremos que se convoque, con carácter de urxencia, a MXN para tratar este tema.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3293
José María Calatayud Sánchez con DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais da Xunta de Persoal sitos no terceiro andar do Pazo Municipal, na miña condición de Secretario da sección sindical da CIG do concello da Coruña
EXPOÑO:
- Que o pasado 26 de outubro do presente ano publicouse a aprobación inicial do expediente M1C/2015 modificativo do orzamento 2015 aprobado en sesión extraordinaria e urxente do Pleno Municipal o día 20 de outubro.
- Que no citado modificativo de crédito se transfiren sobre 467.000 € da partida de gastos de persoal a outras partidas.
- Que o RDL 10/2015 de 11 de setembro Recolle no seu artigo 1.1 o seguinte:” 1. As distintas administracións públicas, así como os seus entes dependentes e vinculados, aboarán, dentro do exercicio 2015, e por unha soa vez, unha retribución de carácter extraordinario cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por cento dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012, por aplicación do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, co alcance e límites establecidos no presente artigo.”
- No apartado 3. Do RDL citado contemplase a posibilidade de non realizar o pagamento mencionado no apartado anterior a que a situación económica-financeira non o permita.
- A retirada dunha partida tan cuantiosa do capitulo de gastos de persoal incide negativamente na posibilidade de executar o pagamento das retribucións citadas, o que podería impedir ao concello cumprir coa súa obriga de efectuar o pagamento do 26.23 % da paga retirada no 2012 dentro do ano 2015.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teñan por presentadas estas ALEGACIÓNS e non se aprobe definitivamente o expediente M1C/2015 por impedir o cumprimento da obriga legal de efectuar o abono do 26.23% da paga extra de decembro do 2012 aos empregados do concello da Coruña
A Coruña 12 de novembro do 2015.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2560
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3023
-
Aplicación do RDL 10/2015 .
-
Bases para cobertura de comisión de servizo.
-
RPT.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3001
Informamosvos que hoxe a nova Concelleira de Persoal convocou a todos os sindicatos a unha reunión para facer un primeiro contacto e solicitarnos unha proposta para o horario de verano.
Achegámosvos a solicitude entregada hoxe en cumprimiento do acordo da Xunta de Persoal do Pleno do 12 de xuño, nela figura no primeiro lugar o horario de verano, e por parte da parte do Presidente da Xunta de Persoal se lle dou conta coma se estivo xestionando a xornada de verano antes da chegada do Goberno do PP, a isto a Concelleira dixo que o estudiaría e daría resposta.
Esperamos que esta información sexa do voso interese.
A/A DA CONCELLEIRA DELEGADA DE PERSONAL
COMUNICA
Que no pasado Pleno da Xunta de Personal celebrado o 12 de xuño de 2015, aprobouse por unanimidade presentar unha serie de medidas de carácter urxente, de fácil aplicación que non supoñen custe económico e que non precisan estudio nin negociación previa, solicitando a súa execución.
1) Aplicación da xornada de verán.
2) Recuperación do día de Sta. Rita e a semana de antigüidade.
3) Paralización dos procesos de externalización e recuperación dos que vaian rematando.
4) Dar acceso á Xunta de Persoal e as organización sindicais de toda a documentación solicitada no pasado e no futuro ao goberno municipal.
5) Aplicación do Acordo Regulador e a nova lei de emprego público de Galiza 2/2015, en canto as vacacións.
6) Solucionar a falta de Director na Banda de Música a partir do 1 de agosto, e a falta do Aux. Administrativo.
7) O cumprimento da xornada e horarios na Estación de Autobuses
8) Policia nos Centros Cìvicos.
9) Xornada de verán en Bibliotecas.
10) Problemas co persoal adscrito ao Rexistro de María Pita.
A Coruña a 16 de xuño de 2015-06-16
O Presidente da Xunta de Persoal
Roberto Tizón Miguens
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2785
O pasado 13 de febreiro tivemos Mesa Xeral de Negociación co Goberno Municipal, nela a Concelleira, pon como excusa para non ter convocado antes a mesa por no estar rematada a negociación do Grupo de Rescate Acuático(GRA).
Apróbase a acta do 7 de novembro de 2014.
A mesa de negociación da por aprobado o texto presentado pola mesa técnica de Bombeiros e inícianse os trámites oportunos para a entrada en vigor do GRA.
Volvemos a denunciar o problema que persite no tempo coa falta de Bombeiros nas quendas, reiteramos que o mínimo que se está cubrindo actualmente non garantiza dúas saídas simultaneas. Facemos a proposta de ter un mínimo de 13 Bombeiros de quenda en maio de 2014 e 15 en maio de 2015. Queda pendente unha reunión coa xefatura de servizo para intentar alcanzar un acordo.
Recordamos que en novembro faláramos da discordancia que existe no complemento de Perigrosidade entre os Policías, Bombeiros e os seus repectivos mandos, tamén solicitamos a adecuación á nova clasificación de grupos do EBEP (o novo Grupo B), a revisión do específico por atención ao público e o pase ao C1 dos Bombeiros coma ocurre noutras administracións. A poucos meses das ELECCIÓNS MUNICIPAIS dinnos que non están dispostos a facer modificacións puntuais na RPT, agora que xa non hai tempo, din que son partidarios de facer unha RPT nova. Tiveron 4 anos para facela e o que fixeron foron modificacións puntuais, nas que eliminaron postos de promoción, crearon postos novos, algúns deles con Especial Dedicación e ademáis encheron os postos de Xefatura de Servizo con persoal doutras administracións.
Unha das antiguas reivindicaciones nosas é a Promoción Horizontal, isto en certa medida desenvolvería a carreira profesional da mayoría dos postos bases do Concello e tamén unha parte do acordo de reclasificación da Policía Local. Contestáronnos que mirarían o regulamento que se está a negociar na Xunta de Galiza e o falaríamos.
Sobre o Regulamento de Axudas Económicas, reprochamos que non se tivera máis axilidade contestando á Xunta de Persoal, na súa petición de aforrar no gasto que supón solicitar documentación no Rexistro da Propiedade.
A Estación de Autobuses segue tendo problemas na xestión de persoal, pois hai persoal ocupando postos distintos polos que cobra e quedan desatendidos as tarefas dos que deberían exercer, isto está ocasionando que as quendas non estén ben cubertas.
Contestan negativamente a solicitude de tarxetas de transporte público para todos os empregados municipais.
Oferta Pública de Emprego 2015:
Aínda quedan 29 vacantes de 2014….
Promoción interna:
4 Subalternos a C2 .
5 Auxiliares Administrativos a C1.
No SEIS, 1 oficial, 3 suboficiales,4 sarxentos,4 cabos.
Na Policía 1 inspector principal.
Apróbase por unanimidade sustituir nas bases das promocións internas, que o tribunal poida poñer a nota de corte, quedando a partir de agora no 50%, incluíndo o proceso de promoción a administrativos que está en marcha.
Postos novos:
10 Bombeiros
2 Oficiais de Policíaç
2 Técnicos medios
A Concelleira presenta un informe do ministerio no que se lava máis o menos as máns sobre o acordo da reclasificación da PL, a Concelleira conclúe que non cabe aplicación do acordo de Policía.
Logo de falar sobre a productividade mensual, se propón trasladar o mesmo criterio que aos descontos que por Incapacidad Transitoria.
Aclárase a forma e prazos para presentar os xustificantes médicos en caso de ausencia
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3574
Páxina 6 de 7