REXISTRADO 17/11/2014
Roberto Tizón Miguéns, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPÓN:
1. A falta de expectativas de promoción na súa carreira profesional xunto coa perda de retribucións destes últimos anos, e o incumprimento de determinados acordos, está xerando un malestar profundo que está producindo unha falta de motivación no traballo e unha crecente conflictividade laboral entre o persoal ao servizo do concello da Coruña.
2. O EBEP recolle no seu CAPITULO II o o dereito á promoción profesional e no artigo 17 contemplase a posibilidade da carreira horizontal dos funcionarios de carreira.
3. En base ao recollido no artigo mencionado con anterioridade as organizacións sindicais tiñan acordado un sistema de promoción horizontal co anterior Goberno Municipal. Este sistema sustentábase na aplicación de tres variables: antiguidade no servizo, itinerarios de formación e valoración do traballo desenvolvido; esta última variable, en tanto non estivera aprobado un sistema de avaliación do desempeño, considedaríase superada pola non existencia de expedente disciplinario algún.
4. Esta falta de carreira horizontal é moito mais perniciosa naqueles colectivos xerarquizados de caracter piramidal (policia e bombeiros) nos que so é posible a promoción horizontal, polo que nos apoiariamos que os procesos de execución do sistema de carreira horizontal empezara a aplicarse a estes dous colectivos, sempre e cando ao mesmo tempo se procedera á convocatoria do concurso de provisión
de postos de traballo que, a pesar do compromiso do Goberno Municipal, leva dous anos sen executarse.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS:
Que se convoque con caracter urxente a Mesa Xeral de Negociación para tratar da carreira horizontal e do concurso de provisión de postos e a súa inmediata aplicación.
A Coruña, 17 de novembro do 2014
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3375
|
||||||||
|
||||||||
En relación coa nota enviada pola concellaría de persoal sobre os gastos en persoal para o exercicio do ano 2015, a sección sindical da CIG considera un exercicio de cinismo tratar de presentar como un logro que o persoal ao servizo do concello da Coruña siga a percibir polo seu traballo as mesmas retribucións que recibía no ano 2010, mellor dito, as retribucións do ano 2010 MENOS O 5%.
Un salario reducido e conxelado dende o ano 2010 por realizar unha carga de traballo incrementada en relación directa coa reducción sistemática do número de traballadoras e traballadores producida nestes últimos anos. Para o vindeiro ano, o cadro de persoal redúcese en 43 prazas. A proposta inicial era dunha redución de 53 pero á petición da CIG, argumentando que se están a producir situacións de imposibilidade física de realizar os traballos por falta de persoal, decidiron amortizar 10 prazas menos do inicialmente previsto: dúas de A1, dúas de A2 e 5 de auxiliar administrativo C2. A que falta para sumar 10 é a do director da Banda Municipal que se tiñan esquecido de incluír no cadro de persoal, tal e como nós fixemos constar.
O incremento de 7000 euros na partida de formación , menos de 5€ por traballador ao ano, non ten a suficiente entidade para ser significativa e os 10.000 € disponibles para os anticipos non deberían ser un problema xa que non supoñen un gasto e o Goberno Municipal xa nos ten retidos mais de 2.000.000 € da paga extra de nadal de 2012.
O anuncio da devolución de 44 días da paga de nadal do 2012 coincide, curiosamente, co importe recoñecido en numerosas sentenzas e haberá que dilucidar se o que nos devolverán de xeito tan xeneroso correspóndese co que nos detraeron a golpe de decreto ou coa parte da paga roubada, perdón, devengada.
Facemos constar que, existindo a posibilidade legal de reiniciar as aportacións ao plan de pensións negáronse en redondo a facelo.
Para resumir: o persoal do Concello da Coruña temos que alegrarnos de cobrar menos que no ano 2010 a cambio de traballar mais e todo iso en función da sacrosanta austeridade, que non se contempla cando se pide un crédito de 12.000.000€ para o túnel do Parrote, por certo en terreos portuarios e non municipais.
|
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3420
- Nos sempre mantivemos que segue en vigor, o artigo 75.2 da LFPG na que se contempla o incremento dos días de vacacións en función da antigüidade, e unha sentenza dun xulgado de Ferrol así o confirma.
- O modelo de reclamación que se enviou por outro sindicato baseandose nuha sentenza de Euskadi sobre a aplicación do decreto 20/2012 con caracter retroactivo, serve para non perder os días de antiguidade xerados ate esa data, pero non permitiría seguir acumulando antigüidade ate chegar ao máximo legal (4 dias), esto podería estar ben para o resto do estado pero é moi pobre para nos que temos lexislación propia en vigor que si contempla esta posibilidade.
- Si se utiliza o modelo de reclamación anterior e o concello non contesta ou o denega, habería que acudir ao contencioso ou desistir da reclamación.
- Dende a CIG estamos esperando a que unha das nosas afiliadas, que ten acadado o máximo de dias, esgote o seu período vacacional (22días) para a continuación pedir os de antigüidade. Si o concello llos denega iríamos ao contencioso, se non lle contesta en prazo entendemos que o silenzo é positivo e todo o persoal municipal podería facer o mesmo
No momento que teñamos algunha novidade ao respecto, informaremosvos coma sempre.
Un saúdo
Sección sindical da CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3255
Aquí tedes a sentenza do Xulgado do Social núm 4 pola que declara o dereito do Persoal Laboral do Concello da Coruña a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria de nadal correspondente ao periodo comprendido entre o 1 de xuño e o 14 de xullo de 2012.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3451
Roberto Tizón Miguéns con DIxxxxxxxS e enderezo para os efectos de notificación nos locais que ocupa a CIG no Pazo de María Pita, na miña calidade de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPOÑO:
1. Que a Resolución do 23 de decembro do 2013 da Secretaria do Estado de Administracións Públicas no seu apartado 1.2 modifica a redacción do apartado 9.7 da Resolución do 28 de decembro do 2012 que queda redactado so seguinte seito:” ao longo do ano os empregados públicos terán dereito a gozar ate catro dias por asuntos particulares…………”
2. Que naResolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, contemplase na súa disposición Décimo segunda apartado 5, Permiso para asuntos persoais (artigo 76.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo), se recolle que:” seincorporará un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano.
3. No calendario laboral para o ano 2014, publicado no BOE nº278 o 20 de novembro do 2013, determínanse como festivos de carácter nacional non recuperables os sábados 1 de novembro e 6 de decembro.
4. A resolución do 23 de decembro do 2013 da Secretaria do Estado de Administracións Públicas no seu apartado 1.2 modifica a redacción do apartado 9.7 da Resolución do 28 de decembro do 2012 que queda redactado so seguinte seito:” ao longo do ano os empregados públicos terán dereito a gozar ate catro dias por asuntos particulares…………”
Polo anteriormente exporto
SOLICITO:
Que se adopte o acordo de conceder aos empregados do concello da Coruña dous días adicionais de asuntos propios e que, en aplicación do mesmo, se comunique a todo o persoal que serán seis os dias de asuntos propios para o ano 2014 para que os diferentes servizos se poidan ir organizando.
A Coruña, 2 de marzo de 2014
SR.ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
Rexistrado o 3/3/2014 ás 13:59:44 nº 5275
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 3925
O pasado 5 de xullo recibimos a contestación da concelleira de persoal, Dª Rosa Gallego sobre a valoración das modificacións á RPT consensuada por todos os sindicatos. Neste documento aparecen unha serie de falsidades e mentiras que consideramos necesario aclarar:
1. Cando a concelleira di que os sindicatos solicitamos a apertura de tódolos postos de xefatura de departamento ao subgrupo A2 está falseando a realidade e ocultando as motivacións da nosa contestación. A PRETENSIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL ERA REGULARIZAR UNHA ACTUACIÓN ANTERIOR QUE NON SE AXUSTABA Á LEGALIDADE VIXENTE XA QUE TIÑA ADSCRITO UN TECNICO MEDIO A UN POSTO DE TECNICO SUPERIOR. Nós o que lle dixemos foi que esa modificación non se podía facer ad personam, que tería que facerse con criterios xenéricos e aplicárselle a todos aqueles postos que os cumprisen.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4069
Páxina 7 de 7