A Reforma local do PP persegue, sinteticamente, os seguintes obxectivos:
· <!--[endif]-->Encadrar e limitar á Administración Local dentro da Lei de Estabilidade Orzamentaria (LO 2/2012, de 27 de Abril) desde o concepto de “economía de crise”, aplicando unha perspectiva exclusivamente económica e financeira e “favorecendo a iniciativa económica privada evitando actuacións administrativas desproporcionadas”
· <!--[endif]-->Imposición centralista dun maior control estatal en múltiples aspectos. Auméntase o poder centralista do Estado , que á súa vez trata de “racionalizar a estrutura organizativa da Administración Local…..nas medidas incluídas para fortalecer ás Deputacións Provinciais que asumirán parte das competencias ate agora prestadas polos Concellos”
· <!--[endif]-->Re interpretar o artigo 137 da Constitución española e o artigo 3 da Carta Europea da Autonomía Local para reducir as competencias municipais e acernar a autonomía local. Na exposición de motivos exponse o obxectivo principal da reforma, que non é outro que “ a redución da dimensión do sector público local”
· <!--[endif]-->Fomentar e impor o transvasamento de competencias municipais ás Deputacións Provinciais.
· <!--[endif]-->Mudar a estrutura organizativa da Administración Local promovendo a desaparición das mancomunidades e entidades locais menores.
· Modificar a disposición adicional 2ª e transitoria 7ª do Estatuto Básico dos Empregados Públicos para que o persoal “funcionario habilitado” pase a depender da Administración central en lugar da autonómica e se volvan a denominar de “carácter nacional”.