NOTA ENVIADA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña queremos mostrar a nosa indignación polo acontecido no pleno da Corporación Municipal celebrado onte no relativo ao reintegro do 26.23% da paga extra de decembro do 2012. Indignación contra o PP pola ausencia de dous dos seus concelleiros , o que fixo innecesario que o PSOE apoiase o voto en contra da Marea. Indignación contra o PSOE por non manter o compromiso que tiña manifestado aos sindicatos e absterse na votación tratando de eludir a súa responsabilidade. E indignación contra o Goberno Municipal por non manter o compromiso manifestado pola concelleira de facenda de realizar o pagamento neste ano, tan pronto como fora posible.
Estamos indignados co Goberno Municipal pola falta de correspondencia entre o que din e o que fan, non se pode dicir que se está a favor da clase traballadora, en contra das medidas adoptadas polo Goberno do PP e mes e medio despois da publicación dunha lei que permite recuperar parte dos recortes, neste concello este sen aplicar, cando así o fixeron noutras administracións públicas, incluso gobernadas polo PP, supoño que os membros do equipo de goberno e os seus asesores que veñen doutras administracións públicas, alcalde e concelleira de facenda incluídos, negaranse a cobrar a parte que lles corresponde da súa paga extra, cando a súa administración de orixe decida pagarlla aos seus empregados, ate que non o fagan os empregados do concello da Coruña. Non se pode levar no programa electoral a recuperación dos servizos públicos e concesionar a ORA por un período de 8 anos, ou seguir tramitando como se nada pasara a concesión do mantemento dos parques e xardíns do concello.
O Secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 3077
A sección sindical da CIG no concello da Coruña, en relación coa noticia aparecida na prensa de que a Marea e o PSOE van apoiar a proposta inicial do Modificativo de Crédito, na que se contempla a retirada de 467.000 € dos gastos de persoal, o que dificultaría a posibilidade de facer efectiva a obriga legal de aboar o 26.23% da paga extra secuestrada en decembro do 2012 mediante un decreto lei do Goberno do PP, e a expresa vontade da Marea de votar en contra dos votos particulares que propoñan o seu pagamento temos que manifestar o seguinte:
- A concelleira de Facenda e Persoal, Eugenia Vieites, puxo de manifesto na primeira e única mesa xeral de negociación á que fomos convocados os representantes dos traballadores que a súa intención era efectuar o pagamento no presente ano, que non o podían facer este mes por dificultades de tesourería pero que tratarían de facelo ao longo deste ano.
- O portavoz do PSOE, José Manuel Dapena manifestounos, nunha reunión que mantivo cos sindicatos a petición do seu grupo municipal, que apoiarían as reivindicacións dos sindicatos, nos lles dixemos que recorreriamos calquera modificación do capitulo de persoal diante dos tribunais por que iso dificultaría o cobro da paga extra e contestounos que eles tamén llo advertiran e “que o tiñan bastante claro”.
- Esta maneira de comportarse dos dous grupos políticos que sustentan ao Goberno Municipal, cambiando de criterio e de posición nun prazo inferior a 15 días, fai que no futuro sexa complicado aplicarlles o principio de boa fe, base fundamental para poder chegar a posibles acordos nas mesas de negociación.
- A CIG, como xa puxo de manifesto ,tanto na mesa de negociación como na reunión co grupo municipal do PSOE, recorrerá este modificativo diante dos tribunais para tratar de impedir un novo espolio aos salarios dos empregados municipais.
A Coruña, a 17 de outubro de 2015
O Secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 3153
O Consello de Ministros aprobou este venres un Real Decreto de medidas en materia de emprego público, sen previa convocatoria da Mesa de Negociacións
A Área Pública da CIG lembra que o Ministro de Facenda e Administracións Públicas xa se comprometera ante a mesa Xeral das administracións públicas do pasado 30 de xullo a abrir un proceso de negociación en dito ámbito. Porén asegura que, a día de hoxe, cun Real Decreto Lei anunciado este venres e o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 en trámite, non houbo nin unha soa convocatoria a Mesa de Negociación.
Por iso considera que é “un insulto aos órganos de representación que hoxe se aprobe esta modificación das condicións de traballo sen convocar á mesa xeral de empregadas/os públicos/as”. Entende ademais que é “insultante que a CSIF queira utilizar as/os traballadoras/es públicos como vasalos do Partido Popular” e que se presente como “portavoz da organización política que nos suprimiu os nosos dereitos adiantando as medidas que adoptará o goberno”.
A Área Pública da CIG lembra ademais que xa na primeira semana de agosto o propio Feijóo anunciou tras da celebración do Consello da Xunta que o 25% da paga extra do ano 2012 será reintegrada aos traballadores/as da Xunta de Galiza en este ano 2015. “Non sabemos nada efectivo sobre iso, repiten este anuncio unha e outra vez como pura propaganda e agora o reiteran porque estamos ás portas dun novo proceso electoral”.
CIG-Área Pública queda á espera de poder coñecer o contido completo do Decreto e ver o alcance que terá para o conxunto das administracións públicas aquí en Galiza. En todo caso denuncia “a discriminación que supón entre distintas administración, xa que ese decreto é de aplicación directa para o persoal da Administración Xeral do Estado” e subliña que “cando son recortes ou anulación de dereitos os decretos leis son de obrigado cumprimento para o persoal de todas as administracións pero cando son reposicións levan coletillas de que quedan á consideración das posibilidades de cada administración”.
En todo caso, para a CIG é insuficiente que se limiten unicamente a devolver as pagas extra subtraídas. Xunto a isto exixe que se recuperen todos os dereitos que foron suprimidos a través dos sucesivos decretos e leis que supuxeron un retroceso gravísimo nas condicións laborais, salariais e sociais de todas as empregadas e empregados públicos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2514
Considera un anuncio electoralista o incremento salarial do 1% para o persoal das administracións e reclama aumentar o emprego público estábel para garantir uns servizos calidade
Para Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) a proposta trasladada polo ministro de incremento salarial do 1% para o vindeiro ano resulta unha medida "electoralista" e "unha esmola" tras anos de perdas de dereitos e salarios. Neste senso, lembran que as políticas salariais até o ano 2015, conlevaron que a perda do poder adquisitivo dos/as traballadores/as das administracións públicas galegas se elevase a máis do 30% dende o ano 2010.
A paga extraordinaria, por etapas
En canto ás pagas extraordinarias, o goberno do PP ten previsto abonar ao longo deste ano outro 25% da paga de 2012, mais as empregadas e empregados públicos terán que agardar até o próximo ano para percibir o 50% da cantidade restante. Porén este pago tan só está garantido para o persoal da administración xeral do Estado e, segundo as informacións do ministro, as demais institucións abonarán as cantidades adebedadas "en canto lles sexa posíbel".
De igual xeito, tampouco se regula a recuperación das pagas recortadas ao persoal da Xunta de Galiza. Sobre este punto, a CIG esixiu garantías para que en Galiza as traballadoras e traballadores públicos teñan a recuperación salarial do mesmo xeito que se determine para o persoal da Administración Xeral do Estado.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 3149
Este xoves está convocada a Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas para tratar os Orzamentos Xerais do Estado para 2016
A CIG (como central sindical con maior representación nas administracións públicas con presenza en Galiza) está convocada á Mesa Xeral na que se tratarán os aspectos contidos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2016 que afectan ao persoal das administracións, tales como as cuestións retributivas ou a oferta de emprego público.
Para a Área Pública da CIG, unha vez máis, o Goberno nin sequera acerta nas formas, xa que as centrais sindicais asistirán a esa mesa de negociación sen coñecer unha proposta concreta. “Acudiremos sabendo só dos anuncios e noticias que, descaradamente, son transmitidos aos medios de comunicación coa finalidade de manipular a opinión pública sobre a falsa recuperación de dereitos e condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos, así como a falsa recuperación de servizos públicos”.
A orde do día, critica Maricarme López Santamariña, voceira da CIG-Área Pública, resulta como sempre xenérica e “oca de contido”. O que, entende, pon de manifesto a nula vontade negociadora “e xa nos adianta que a postura do Goberno é puramente estética e falsa”.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 3148
Seixo, que participou na concentración celebrada en Compostela, lembrou que está previsto que o CETA –un tratado de características similares ao TTIP, negociado entre Canadá e a UE- vaia a debate no parlamento Europeo en decembro deste ano. “O que ocorra con este tratado pode ser bastante determinante para o que suceda despois co TTIP xa que o contido de ambos os dous acordos é moi similar e se conseguimos que a maioría dos eurodeputados non o aproben podería implicar que este tamén quedara aparcado de momento”, sinalou.
Para o secretario xeral da CIG o TTIP hai que inserilo no espírito das políticas de liberalización do comercio e dos investimentos a nivel internacional da Organización Mundial de Comercio (OMC), que pretendía facilitar a entrada das empresas multinacionais nos mercados de todo o mundo eliminando as trabas existentes. “Como iso atopou moitas dificultades pola oposición de moitos países, sobre todo do terceiro mundo, e provocou infinidade de mobilizacións sociais en contra, o que se fai a través destes acordos de carácter bilateral é intentar facer efectivos esas normas de liberalización que pretendía a OMC por esta vía”.
A isto engadiu que para evitar que se estabelezan medidas proteccionistas por parte dos estados, con estes acordos créase un mecanismo de Resolución de Disputas entre Investidores e Estados (ISDS). Un órgano de arbitraxe ao que poderán recorrer as multinacionais para demandar os estados se ven prexudicados os seus intereses polas decisións que os gobernos adopten en calquera materia. “É determinante, porque a través dese mecanismo o que buscan precisamente é que calquera intento que poida haber por parte dun goberno dun estado para defender os seus intereses o teña moi difícil”.
Parello a isto, estes tratados prevén a creación do chamado “Consello de Cooperación Reguladora”. Un órgano permanente encargado de harmonizar a lexislación e a normativa xa existente que poderá reducir ás cotas máis baixas posíbeis de exixencia os estándares de dereitos en materia laboral, de saúde, mediomabiental… “Trátase de institucionalizar os mecanismos a través dos que as grandes empresas multinacionais poidan incidir e de dificultar que os estados poidan facer novas regulacións que poñan en cuestión a rendibilidade dos seus investimentos”.
De feito Seixo alertou de que ese Consello de Cooperación Reguladora terá capacidade -ao longo do tempo e de forma aínda máis opaca- para ir recortando a regulación en materias como servizos, medioambiente, saúde ou alimentación, que poderían quedar agora á marxe destes tratados pola presión social. “Camiñamos cara un modelo de sociedade no que os estados van ter menos capacidade fronte os intereses das multinacionais”, asegurou.
Xunto a isto denunciou que serán tribunais de arbitraxe internacionais privados os que diriman as cuestións entre empresas e estados. “Son tribunais á marxe dos ordinarios de xustiza e da lexislación dos estados que estarán constituídos por avogados/as de grandes bufetes especializados na materia. Dáse ademais a circunstancia de que eses mesmos avogados que nun momento actúan como tribunal de arbitraxe, logo actúan como avogados de parte das multinacionais co cal xa se pode imaxinar a favor de quen vai ser o seu posicionamento”.
Para o secretario xeral da CIG todo isto supón que o capital transnacional non só vai ter influencia directa nas políticas económicas e laborais senón que mesmo vai institucionalizar uns mecanismos e crear un escenario no que se vai permitir o luxo de ter garantida unha marxe de beneficios en todos os investimentos que faga.
Precariedade laboral
Seixo chamou especialmente a atención sobre as consecuencias que estes tratados terán para as condicións laborais de de vida da clase traballadora. “Van acentuar as políticas xa emprendidas polo FMI, a UE de ir cara unha cada vez maior redución de dereitos, flexibilización e desregulación do mercado laboral”, dixo.
Lembrou que as últimas políticas que se promoveron por parte do PP e do PSOE de reformar o mercado laboral, a reforma da negociación colectiva ou o debate permanente que está introducindo a patronal en materia de folga “pretenden ir reducindo dereitos en materia laboral e de prestacións sociais seguindo o modelo norteamericano”.
Ao seu entender un tratado destas características vai acelerar aínda máis este proceso, porque as propias empresas da UE van presionar moito máis aos gobernos. “Estamos a falar de gobernos que son moi proclives ás súas exixencias, alegando que non poden competir nas mesmas condicións que as multinacionais norteamericanas á hora de vender os seus produtos no mercado europeo, porque parten dunhas condicións laborais e sociais cunhas exixencias moito máis baixas das que hai hoxe na UE”.
Ante isto concluíu que “estes tratados o que van facer é acelerar a tendencia das políticas da UE de recorte de dereitos, desregulación e flexibilización do mercado laboral. Por iso é tan importante que non sexan aprobados”.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2889
Vigo acolleu a primeira das asembleas informativas da campaña nacional sobre o TTIP que continúa este martes día 3 en Ferrol
No acto celebrado no local do sindicato na cidade -que foi presentado polo secretario comarcal, Alberte Gonçalves- interviron o director da Fundación Moncho Reboiras, Manuel Mera: o secretario comarcal da CIG-Saúde, Manuel G. Moreira; e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara.
O máximo responsábel da CIG-Vigo lembrou que a asemblea enmárcase nunha campaña nacional que vén de poñer en marcha o sindicato nacionalista e que inclúe actos informativos nas sete cidades galegas. Gonçalves denunciou que o acordo está a ser negociado de xeito oscurantista “en centros de decisión cada vez máis afastados de nós” e advertiu que a pesar de tratarse dun acordo comercial “vai afectar tamén aos convenios colectivos e ás condicións de traballo”.
Neste senso, incidiu en que é máis que un simple tratado de libre comercio, xa que modifica a normativa xa existente en materia laboral, social e mesmo ambiental. “Trátase dun novo golpe do capital no saqueo á clase traballadora, e polo tanto hai que inserilo no marco da loita de clases”.
Un novo paso na globalización
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2956
A CIG inicia hoxe en Vigo unha campaña informativa sobre os contidos e as consecuencias para a clase traballadora do TTIP e do CETA
Na primeira fase desta campaña a central sindical ten convocados actos abertos en cada unha das comarcas para informar do contido dos acordos e explicar as consecuencias que terán para nós como clase e como nación. As conferencias, nas que tamén se proxectará un vídeo-documental, comezarán este mesmo mércores 28 en Vigo e rematarán o 24 de febreiro en Ourense.
As datas previstas dos actos públicos (a falta de concretar lugares a horas) son:
- Vigo, 28 de xaneiro: ás 18:30 horas no local sindical (r/ Greogorio Espino, 47).
- Ferrol, 3 de febreiro
- Lugo, 10 de febreiro.
- A Coruña, 11 de febreiro.
- Compostela, 12 de febreiro.
- Pontevedra, 12 de febreiro.
- Ourense, 24 de febreiro.
Que é o tratado TTIP?
O TTIP (nas siglas en inglés de Transatlantic Trade and Investment Partnership) é un acordo transatlántico que se negocia en segredo dende ano pasado entre a Unión Europea e os Estados Unidos de América. Está prevista a súa entrada en vigor a finais do ano 2015. Plenamente coincidente en contidos e obxectivos é o texto -xa pechado- do Acordo Económico e Comercial Global (CETA - AECG) entre o Canadá e a Unión Europea.
Este Tratado non se discute en ningún Parlamento, é secreto; por tanto, os parlamentos dos estados membros non poden participar, negociar, aprobar ou rexeitar o Acordo. Contrariamente, participan máis de 600 asesores/as das máis grandes empresas multinacionais destes continentes. Son, por tanto, estas corporacións as que impoñen as condicións políticas do Acordo por riba dos estados.
Negocian acordos que diminúan ou eliminen todas aquelas normas que protexen ou aseguran a calidade dos servizos, dos alimentos, da agricultura, dos dereitos sindicais, do salario, das pensións, da sanidade, do ensino, do medio ambiente, etc., para asegurar a liberdade de mercado destas grandes multinacionais e bancos.
Créanse tribunais privados constituídos por estas grandes empresas, que poderán sancionar a un ou varios estados con indemnizacións millonarias, se consideran ser afectadas na súa competencia ou actividade por normas ou lexislación que protexan o traballo, a alimentación, o comercio, o medio ambiente ou os servizos e prestacións públicas.
Que consecuencias vai ter?
Na seguridade alimentaria.- Exemplos: En Europa só está permitido a comercialización dun produto transxénico, en EEUU 160. Eliminarase o control sobre os pesticidas; eliminarase a prohibición sobre a hormona de crecemento bovina relacionada con cancro en humanos. Permitirase a venda e consumo de carnes de ave tratadas con cloro para branquealas. Trátase de non pór trabas ás grandes empresas agroalimentarias. O principal é o negocio e non a saúde da poboación. Os nosos produtos, os nosos labregos/as e gandeiros/as non poderán resistir contra estas multinacionais.
Nos dereitos no traballo.- Os convenios colectivos, o salario mínimo, a protección sanitaria e pensións públicas resultan afectados. Os EEUU non asinaron os acordos da OIT sobre dereitos Internacionais no traballo, por tanto non aceptan a liberdade sindical e a organización en sindicatos. As empresas americanas que se instalen aquí non estarán obrigadas a cumprir a lexislación laboral, nin convenios nin salario mínimo. As consecuencias serán que as empresas de aquí reclamarán a aplicación das normas de equivalencia alegando razóns de competencia; por tanto, os nosos dereitos universais e colectivos serán atacados.
Nos servizos e prestacións públicas as normas de competencia que reclama EEUU para servizos públicos como a sanidade, ensino primario, secundario e universidades, pensións, ou servizos prestados por concellos, etc., son considerados como monopolios públicos e, por tanto, afectan á actividade privada e ao libre mercado das empresas. Unha vez que un servizo público se privatiza, o Acordo prohibe que volva ser recuperado polo estado. As persoas ricas non terán problema en contratar a súa sanidade privada nin a súa pensión, pero que sucederá coa clase traballadora? Sucederá, acaso, como en Estados Unidos que cando pecha unha empresa os traballadores/as perden os seus fondos de pensións?
Nas normas de saúde e medio ambiente os estados perden capacidade efectiva para controlar as multinacionais e prohibir actividades perigosas. En tratados idénticos a este, a tabaqueira Philip Morris reclama miles de millóns de indemnización a Australia por prohibir a publicidade dos cigarros. Tamén reclama millóns de dólares a Uruguai por obrigar ás compañías a ilustrar nos paquetes de cigarros as fotos e gráficos que advirten do risco de fumar. A petroleira Occidental Petroleum reclama 1.700 millóns a Ecuador, por rescindir este país o contrato por violar as leis de contaminación. Canadá tivo que pagar 122 millóns por revogar os dereitos sobre a auga a unha compañía do seu propio país.
Ningún Estado pode gañar nestas reclamacións, porque os tribunais son privados e creados polas empresas. É ilustrativo o caso recente de Arxentina, que debe pagar 500 millóns a Empresas Americanas por desvincular o peso na relación co dólar. Os países non mandan nin na súa moeda.
Os estados perden a súa soberanía e poder de decidir e gobernar sobre os seus recursos. A clase traballadora resulta sacrificada en beneficio dos multimillonarios aos que estes Gobernos entregan todo o poder, porque traballan para eles. Parece lóxico que nacións como Catalunya, Euskal Herria e mesmo Escocia na Unión Europea queiran exercer a súa soberanía, porque os ricos de Madrid e Alemaña non poden decidir o destino de todos os pobos.
En que situación quedará o pobo galego, como se enfrontará a nosa industria, a nosa pesca, o noso agro e a nosa clase traballadora a un ataque tan brutal e antidemocrático aos nosos recursos e dereitos? Se non decidimos nós o noso destino, non teremos futuro como pobo.
Paremos o Tratado Transatlántico!
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2825
Denuncia que a administración volveu remitir o texto sen apenas cambios e sen aceptar ningunha das emendas presentadas hai máis de un anoA Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galiza volveu remitir o anteproxecto de Lei do Emprego de Galiza e deu un novo prazo para a súa revisión que remata este venres. Tras analizalo, a CIG-Área Pública reitera o seu rexeitamento á totalidade do texto e solicita a súa retirada. Denuncia que apenas se introduciron modificacións e que non se aceptou ningunha das emendas presentadas hai máis de un ano.
A Área Pública da CIG na que están integradas as federacións de Ensino, Saúde e Administración considera que este ‘mal chamado’ anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza, é en realidade unha nova Lei de Función Pública Galega pero que non contempla o dereito á negociación colectiva nas administracións públicas; non recolle a recuperación dos dereitos laborais e económicos sustraídos aos traballadores e traballadoras das administracións públicas; non promove a recuperación do emprego público en Galiza e tampouco recolle a defensa dos servizos públicos, entre moitas outras cuestión.
A Área Pública denuncia que porén si é un proxecto de Lei que posibilitará “impulsar o desmantelmamento dos servizos públicos e camiñar cara unha administración totalmente dixital, onde desparecerá a necesaria independencia dos empregados/as públicos/as no desempeño das súas tarefas”. O novo borrador do anteproxecto de LEPG apenas introduce modificacións respecto do enviado en abril do ano 2013 e a CIG-Área Pública ratifica e mantén todas as alegacións presentadas en maio dese mesmo ano. Daquela remitiu un escrito no que se recollína unha serie de consideración xénericas aos apartados relativos a : 1.- Regulación e definición Persoal directivo; 2.- Carreira profesional e novo sistema de retibucións; 3.- Normalización lingua galega nas admininistracións públicas e 4.- Supresión Plus dos altos cargos. Xunto a este, presentou, xa en abril do pasado ano un texto onde se recollían centos de alegacións á totalidade do articulado. Por iso manifesta, unha vez máis, a súa oposición aos "paripés" de negociación do ano 2013. Un ano no que “se perderon moitas horas en facer lectura das alegacións xa presentadas por escrito por parte de esta organización sindical ante a administración, para que finalmente o texto que nos remiten novamente non recolla ningunha das nosas propostas e apenas contemple modificacións co inicialmente enviado”, denuncia a Área Pública. Preme aquí para ver a documentación que xa están en poder desa Dirección Xeral da Función Plública.
|
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2626
O secretario xeral da CIG, presente na marcha de Vigo, rexeita as “condenas abusivas” e chama a mobilizarse contra a vaga represiva do Goberno español do PP
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na marcha de Vigo, denunciou as “condenas abusivas” que lles foron impostas. Penas que considerou que “no se corresponden cos feitos acontecidos” e que entende que responden a unhas “directrices claras” do PP e do Goberno ao que este sustenta, “dirixidas á Fiscalía e aos xuíces que lle son afíns ideoloxicamente”, co obxectivo de que endurezan as condenas contra traballadores/as por participar nos piquetes informativos.
Con esta mesma vaga represiva vinculou a política do Goberno de sancionar con multas importantes a traballadores/as por participar en piquetes informativos. “Unha política represiva coa que pretenden amedrentar á xente para que non participe nas convocatoria de folga e polo tanto non teña unha actitude activa fronte os recortes de dereitos laborais e sociais”.
Con todo, Seixo manifestou a súa esperanza de que o Goberno sexa sensíbel ás peticións de indulto destes traballadores/as, que considerou que “estarían bastante máis xustificados que outros que se están a conceder a persoas que cometeron delitos que son realmente graves, ben económicos ou ben por vulneración de dereitos fundamentais”.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 3022
Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:
- Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
-Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.
Para ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. O período máximo subvencionábel será de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013. En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.
A contía desta axuda estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral gozada, da duración desta e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante.
Os formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.es). O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG do 22 de maio de 2013).
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: PRENSA
- Visitas: 2731
Páxina 3 de 4