NOTA DE PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN 13 MAIO 2020
Dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña queremos poñer en coñecemento da cidadanía que, no día de hoxe, vimos de presentar unha denuncia na inspección de traballo (LIGAZÓN DENUNCIA) contra o goberno Municipal por incumprimentos na lexislación laboral ao respecto da saúde laboral dos seus traballadores durante este proceso de pretendido retorno á normalidade.
O Goberno Municipal implementou un “ Protocolo polo que se establece a reincorporación do persoal público ao traballo presencial, así como as medidas de prevención fronte ao covid-19 no concello da Coruña” imposto sen negociación previa , xa que o borrador que se levou ao Comité de Seguridade e Saúde non era mais que un conxunto de ideas de carácter xeral, que non era negociable, xa que, segundo manifestou o Concelleiro de Persoal, este comité so tiña carácter consultivo e xa non ía haber mais reunións para acadar o documento definitivo.
Advertimos no seu momento que o feito de deixar nas mans das xefaturas dos diferentes servizos a aplicación practica deste protocolo ía causar unha grave falla de coordinación cos conseguintes agravios comparativos. Como exemplo, a reincorporación das/os conserxes de colexio foi unha autentica chapuza na entrega do material de protección e este non se axustaba ao que determinaba o protocolo e resultou de dubidosa calidade, algunha pantalla xa rachou antes de poñela.
Ao noso entender este protocolo, ao non facer valoracións individualizadas , deixa mal protexidas/os as empregadas/os municipais, serva como exemplo que naqueles lugares de traballo onde supostamente non accede a cidadanía a única protección que teñen os traballadores e a hixiene e a separación sen ter en conta que hai espazos de tránsito e lugares comúns nos que a separación mínima non se poderá manter, coas consecuencias que todos podemos supor.
A tres dias da reincorporación da maioría do persoal aínda non está protocolizado nin o uso dos servicios públicos empregados, nin os sistemas de accesos as dependencias por parte da cidadanía, nin a xestión das agardas ou listas de espera...
Dende a sección sindical da CIG pregámoslle á cidadanía sentidiño á hora de utilizar os servizos públicos , que utilicen medidas de protección e que desculpen calquera inconveniente causado por esta nova situación.