Na seguinte LIGAZÓN o protocolo de acoso laboral

No dia de hoxe tivemos a xuntanza do Comité de Saúde Laboral para  Tratar sobre o protocolo de reincorporación ao traballo presencial e as medidas de seguridade contra o Corona virus

Logo de estudar o borrador achegado o día anterior temos que dicir que é pobre e  de carácter xeneralista, que da traslado, con pouca fortuna, a normativa estatal. Un protocolo para unha organización tan complexa coma a nosa precisa  adecuacións específicas ás particularidades dos diferentes servizos. Para a CIG non é un protocolo á altura dunha administración do tamaño e complexidade do concello da Coruña

Tal e como se desenvolveu a reunión consideramos que o servizo de prevención de riscos laborais está facendo abandono das súas funcións ao deixar en mans das xefaturas de servizo a organización e planificación dos sistemas de reincorporación do persoal

Mentres o Goberno do Estado decretou centralizar nun mando único  a xestión desta pandemia, este Goberno Municipal descentraliza e descarga a responsabilidade nas Xefaturas de Servizo. A des coordinación pode ser brutal, serva como exemplo o feito de que hoxe, ao mesmo tempo que mantíñamos a xuntanza do CSL e se decidía que ningún empregado voltaría ao seu posto de traballo en tanto non se publicara o protocolo definitivo, o servizo municipal de educación mandaba incorporar aos conserxes dos colexios, contradicindo un protocolo da Xunta de Galiza que non obriga a reincorporarse aos seus propios conserxes.

A vista do acontecido , e tendo en conta que non haberá mais reunións do Comité de Seguridade e Saúde por decisión do Goberno Municipal, a CIG non avalará  o protocolo que se adopte para a  prevención do contaxio por COVID-19  nas fases de reincorporación dos/as empregados/as do Concello da Coruña, ao mesmo tempo advertímoslle ao concelleiro que se detectabamos que algún procedemento non garante  o coidado da saúde dos/as nosos/as compañeiros/as será posto con, carácter inmediato, en coñecemento da autoridade competente.

Recordámosvos que se tedes algunha dúbida respecto ao voso posto de traballo e as medidas que se tomen na vosa reincorporación, podedes contactar con nós polos medios habituais, correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos facilitados no correo do 15 de marzo.

NÚMERO DE REXISTRO:13919

Ana Filgueiras Espasandín con D.I. XXXXXX con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da CIG no Concello da Coruña, na miña condición de delegada de prevención deste concello

EXPON

O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde  acordouse que se nos enviaría o informe da empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.

O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo  de persoal  reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.

A data de hoxe non recibimos o dito informe.

Por todo o exposto SOLICITO:

Que se nos facilite aos delegados de prevención do Concello da Coruña o informe sobre gas radón arriba mencionado.

 

A Coruña a 12 de abril de 2019

 

 

Fdo. Ana Filgueiras Espasandín

 ALCALDE –PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

Aquí podedes consultar a resolución da pola que se establece a obrigatoriedade do uso da máscara:

“1.3. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

a) Obriga xeral.

Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

c) Condicións de uso da máscara. Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído. Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada.

d) Excepcións á obriga de uso da máscara.

A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

1º) Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación dediscapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

 

LIGAZÓN publicación DOG

Aprobación das actas de 12, 13 de marzo e 7 de maio: As únicas alegacións presentadas foron as nosas á acta do 7 maio, apróbanse todas aceptando as alegacións que presentamos á acta do día 7.

Acórdase tamén  a partir de agora gravar o audio das sesións do CSS para facilitar a redacción das actas.

Infórmase por parte do concello que a documentación enviada á Inspección de Traballo está a disposición das delegadas/os de prevención, que non se pode enviar por e-mail porque é unha cantidade grande de arquivos.

Infórmase das medidas adoptadas fronte ao covid-19:

-Colocación de mais de 150 mamparos, estase estudiando a colocación de mais mamparos en diversas dependencias municipais. Nas bibliotecas colocáronse so nos postos de recollida de libros, vanse colocar en todos os mostradores das bibliotecas.

-Dotación de papeleiras para depósito de epis en todos os centros de traballo, neste punto dixémoslle que non se dotou destas papeleiras nos CEIPs. Dinnos que ten que facelo a Xunta de Galicia e que se comunicarán con eles para que  o fagan.

-Dotación de xel hidroalcólico en todas os andares dos edificios municipais, dixémoslle que os traballadores nos comunicaran que algún dos dispensadores de María Pita están baleiros dende hai uns días.

-Informáronnos de que están rematadas case todas as valoracións de persoal sensible. Volvemos a criticar que a empresa responsable da vixilancia da saúde chame con numero oculto e que se soliciten datos médicos por este sistema

-Informáronnos de que os baños das dependencias municipais están pechados ao público e son de uso exclusivo para o persoal municipal agás casos de extrema necesidade

-Preguntamos que solución se lle ía dar as traballadoras de atención ao público do padrón municipal de maría pita polas queixas recibidas polo frío que pasan ao permanecer aberta a porta de saída do público que está ubicada diante dos mostradores do padrón. Dixéronnos que están estudiando como solucionalo, nos suxerímoslle como posible solución a instalación dunha porta automática con corta ventos na parte interior.

-Tamén lles comunicamos as queixas das traballadoras de atención ao público do padrón municipal  pola escasez de máscaras de protección. Informóusenos de que enviaron ao Servizo de Interior de gran cantidade de material no día de onte

-Preguntouse por parte doutros delegados pola desinfección dos postos de acceso a internet das bibliotecas xa que agora teñen que facelo as auxiliares de bibliotecas. Informóusenos de que  queren que sexan os propios usuarios os que os desinfecten tras o seu uso coa supervisión do persoal municipal.

- Tamén se preguntou si se vai manter a posibilidade do tele traballo por problemas de conciliación,  o concelleiro dixo que se está estudiando mantelo para certos casos de persoal sensible, que queren que se complete a incorporación presencial ao traballo de todo o persoal municipal antes do fin do mes de xuño, que queren elaborar unha Instrución  ao respecto.

Sobre o tele traballo por conciliación manifestou o concelleiro que unha vez rematado o estado de alarma deberá volverse á situación anterior. Fixo mención, a modo de comentario, de que non se estaban a cubrir as ofertas de campamentos de verano, nos entendimos que era un argumento para xustificar que a conciliación xa non era un problema diferente a como o foi no pasado anterior ao Covid 19

Informóusenos que se nos convocaría para un novo CSS a mediados do mes de xullo

Covid-19: Infórmannos de que se están  facendo medicións do nivel de CO2 nos centros de traballo comenzando polos que poden ter mais problemática coa ventilación e así tomar as medidas necesarias como a instalación de purificadores de aire nos centros de traballo no que sexa necesario para previr os contaxios de covid-19 por aerosois.

Gas Radón: Infórmannos de que actualmente está en preparación o proxecto para executar as obras necesarias para diminuír os niveis de gas radón  no departamento de  informática, este proxecto estará listo nun prazo de dous meses. Unha vez elaborado o proxecto comezárase a execución das obra necesarias.

Despois do departamento de informática continuarase coas medidas que sexan necesarias no resto do Pazo Municipal de María Pita.

Recordámoslle ao goberno municipal que están pendentes de executar as obras necesarias tamén en Casa Paredes.

Preguntamos si se iban a continuar facendo medicións de gas radón no resto de edificios municipais e dixéronnos que non está previsto de momento xa que consideran prioritario rematar as obras pendentes antes de iniciar novas medicións.

Servizos Sociais, en relación a este departamento tratáronse as seguintes cuestións:

  • Avaliación de riscos psicosociais: ante a nosa petición de retomar a avaliación de riscos psicosociais para o persoal de servizos sociais, que leva pendente polo menos dous anos, o goberno municipal considera que coa situación sanitaria actual non é posible facelo neste momento e que se fará en canto a situación pandémica o permita, primeiro en servizos sociais e despois en urbanismo.
  • Seguridade en centros cívicos: Dende fai tempo vimos plantexando os graves problemas de inseguridade para o persoal municipal dos centros cívicos, o goberno municipal manifesta a sua intención de acadar unha solución definitiva a este problema.
  • Avaliación de riscos novos postos cc novoboandanza: no mes de decembro solicitamos información sobre si se fixera a preceptiva avaliación de riscos nos novos postos do equipo de atención social do centro cívico de Novoboandanza, ante a falta de resposta plantexamos de novo o tema no comité de seguridade e saúde e contestáronnos que ata que nos solicitamos a información non tiñan coñecemento de que existira un novo equipo de atención social neste centro cívico e que nos próximos días farían a correspondente avaliación de riscos dos mesmos.

 

Tratáronse tamén outras cuestións que afectan  aos servizos de sinalización vial e cemiterios

Aqui tedes a LIGAZÓN das condicións reflectidas no REAL DECRETO 486/1997 que establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, como poden ser, orden, limpeza, condicións ambientais (temp, humidades...), iluminación, vías de circulación, accesos...

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxxx  e con domicilio a efectos de notificación nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N- 3ª planta- A Coruña), na súa condición de delegados de prevención do Concello da  Coruña

EXPÓN

O pasado 7 de febreiro de 2019 no comité extraordinario de seguridade e saúde  acordouse que o goberno municipal  nos enviaría aos delegados de prevención o informe elaborado pola empresa encargada das medicións de gas radón e da proposta de medidas a adoptar.

O 22 de marzo mediante correo electrónico á xefa de servizo  de persoal  reiterouse a petición de que se nos enviase o informe mencionado.

O 12 de abril de 2019 reiterouse de novo  a petición de que se nos enviase o informe mencionado mediante escrito presentado no rexistro xeral do Concello da Coruña con nº de rexistro 13919.

A data de hoxe non recibimos o informe mencionado.

O artigo 36.2 apartado b da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais establece:

Final del formulario

Artículo 36. Competencias y facultades de los Delegados de Prevención.

  1. En el ejercicio de las competencias atribuidas a los Delegados de Prevención, éstos estarán facultados para:
  2. b) Tener acceso, con las limitaciones previstas en el apartado 4 del artículo 22 de esta Ley, a la información y documentación relativa a las condiciones de trabajo que sean necesarias para el ejercicio de sus funciones y, en particular, a la prevista en los artículos 18 y 23 de esta Ley. Cuando la información esté sujeta a las limitaciones reseñadas, sólo podrá ser suministrada de manera que se garantice el respeto de la confidencialidad.

Por todo o exposto SOLICITA:

Que se inste ao Concello da Coruña a facilitar a todos os delegados de prevención do Concello da Coruña a copia do informe arriba mencionado tal como foi acordado polo Comité de Seguridade e Saúde  deste Concello e conforme ao establecido no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

 

A Coruña a 6 de maio de 2019

 

 

A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA

Deficiencias nos edificios visitados:

  • A carteleira interior e exterior que indica as normas de seguridade para o publico e para o persoal é insuficiente ou inexistente nalgúns casos.
  • So localizamos un único cartel coas normas de seguridade encima da máquina de fichar e, nalgún caso, na entrada de cada planta. De tamaño pequeno, hai que achegarse moito para poder léelo polo que non cumpre a súa función de forma adecuada.
  • Nas distintas dependencias non todas as portas están abertas o que implica ter que tocar as manillas para acceder.
  • Nas oficinas de atención ao público so uns vinilos ou pegadiñas no chan que marcan onde se ten que poñer a xente para que o atendan e outras que ,supoñemos, serán para indicar por onde circular. Estes vinilos ou pegadiñas non levan ningún tipo de texto que indique a súa función e, polo tanto, é moi difícil que o público saiba para que serven.
  • Nalgunhas oficinas de atención ao público non localizamos nin no interior nin no exterior ningún cartel para o público coas normas de acceso, seguridade e espera. Soamente uns  carteis impresos en folios que indican a saída e a entrada, pequenos non compren a súa función.
  • Nalgúns Ascensores: un cartel tamaño pequeno nas portas exteriores dos mesmos que indican que non se use o ascensor que é de uso preferente para persoal sensible. O protocolo municipal indica o seguinte para o uso dos ascensores:      Uso de ascensores prioritario para persoas maiores, con discapacidade ou mobilidade reducida. Hai que garantir en todo  caso a distancia de seguridade de dous metros e , de non ser posible, se utilizará o ascensor de forma individual salvo no caso en que as persoas indicadas necesiten asistencia.”   Os carteis colocados nas portas exteriores son insuficientes, deberían colocarse carteis donde figuren as normas de uso tal cual están indicadas no protocolo en un tamaño suficiente para que sexa suficientemente lexible para o persoal e o público.
  • A falta de indicacións suficientes para o público fai que as colas no exterior para o acceso non sexan suficientemente ordenadas e coa distancia de seguridade suficiente polo que puidemos observar.
  • Nas zonas comúns dos edificios visitados (pasillos, hall, escaleiras, baños…) non hai ningunha carteleria nin indicación por outros sistemas nin no chan nin nas paredes  que indique por donde transitar nin o sentido de circulación para a xente que deba transitar polo interior.
  • Nos baños non hai ningún cartel que indique as normas de uso e seguridade, o aforo máximo do aseo según o seu tamaño e características, nin si son de uso público ou so para o persoal municipal.
  • Detectamos tamén insuficiencia de xel hidroalcohólico nas instalacións visitadas.
  • Non localizamos papeleiras específicas para desbotar os EPIs tras o seu uso (mascarillas, guantes)
  • Os conserxes que filtran o público nas oficinas municipais da franxa e maría pita dispoñen de mascarillas ffp2, non é así para outros conserxes con atención ao público a os que so se lles facilitaron mascarillas cirúrxicas pese a que o protocolo indica que deben levar mascarillas ffp2. Polo tanto o nivel de protección non é o mesmo para todos.
  • Recibimos moitas queixas sobre a calidade das pantallas  faciais facilitadas que , nalgún caso , consisten nun trozo de plástico cunha goma e que se rompen con moita facilidade.

Deficiencias particulares:

MARÍA PITA 20 de maio

-Rexistro:

  • Mamparas demasiado baixas onde hai mesas e que non cobren máis aló de 150cm de altura
  • O pasillo do rexistro é moi estreito, imposible un tránsito fluído. Asemade a primeira hora ante a apertura da porta de saída podería haber temperaturas por debaixo do permitido.

-Conserxería:

  • Dúas das mesas que usan están pegadas sen a suficiente distancia de seguridade nin ningún sistema de separación física (mampara)

Reprografía:

  • O mostrador non ten mampara

URBANISMO 20 de maio

Quen filtra a entrada no rexistro e o garda de seguridade que esta fora na porta do rexistro, debe ser o único persoal destinado a esta función xa que non atopamos a ninguén que filtre a entrada de xente no edificio principal e nesta situación debería establecerse un control.

O garda de seguridade non leva os EPIs axeitados á función que desempeña, o protocolo municipal indica que é de obrigado cumprimento tamén para o persoal de empresas privadas nos edificios municipais.

ESTACIÓN AUTOBUSES 20 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas
  • Falta de xel hidroalcohólico en licencias (mobilidade)

AGORA 20 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas.
  • Mamparas de rexistro moi baixas non máis de 150cm.

FORUM 21 de maio

  • Non había papeleiras específicas para as mascarillas
  • As mamparas de rexistro moi baixas cobren ata 147cm.

OFICINA TECNICA INFRAESTRUCUTRAS 21 de maio

  • Na entrada, un xel e un cartaz  advertido de chamar a un teléfono en caso de síntomas como únicas medidas colectivas, centro que aínda que esporadicamente, recibe visitas de empresas, casualmente dúas no tempo da nosa visita.

PARQUE MOVIL 21 de maio

  • Ningún cartaz que evidencie o COVID-19 e escasez de xel hidroalcohólico.

FRANXA 21 de maio

  • Deficiencias similares ás atopadas no resto de edificios municipais que visitamos.

Subcategorías