Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,

EXPON:

O pasado día 3 de setembro de 2026 convocouse unha mesa técnica/ comisión de seguimento das listas de agarda e nesa reunión comunicóusenos ás/ós integrantes da comisión de seguimento que, ante o esgotamento das posibilidades de chamamento das listas de agarda de Técnico de Administración Xeral (A1) pasarían a considerar “categoría equivalente” a listaxe de Técnicos Medios de Xestión (A2) sempre que as persoas candidatas posuíran a titulación necesaria para o subgrupo A1. Do mesmo xeito pasarían a considerar “ categoría equivalente” para a listaxe de Técnico Medio de Xestión (A2) a listaxe de administrativos (C1) sempre que as persoas candidatas posuíran a tiulación necesaria para o subgrupo A2.

En datas recentes publicáronse na web municipal dentro do apartado adicado ás listaxes de agarda dous documentos denominados:

“Acordo Interpretativo sobre a Instrución 4-17 de listaxes de agarda (LISTAS C1-A2)” “Acordo Interpretativo sobre a Instrución 4-17 de listaxes de agarda (LISTAS A1-A2)”

Ambos documentos preséntanse como un acordo interpretativo da comisión de seguimento, cando atendendo ao establecido na Instrución 4/17, non poden selo.

O artigo 2.7, da Instrución 4/17 establece:

“7. Cando non existan listas de agarda nalgún corpo ou categoría ou cando se esgoten as existentes, convocaranse procesos de selección específicos para a constitución de novas listas de agarda, nos que estarán garantidos os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, con aplicación dos mesmos criterios e garantías recollidos na convocatoria unitaria vixente nese momento.

Con todo ao anterior, mentres non finalice o proceso específico para a constitución da nova lista de agarda, poderase acudir á unha lista de agarda dunha categoría equivalente o que se comunicará previamente ás persoas integrantes da comisión de avaliación e seguimento das listas de agarda.”

A Sección Sindical da CIG expresou na reunión a sua postura en contra de esta interpretación de categoría equivalente ao que dende a dirección de área e a xefatura de servizo de recursos humanos se nos contestou que non se necesitaba a autorización da comisión de seguimento, que simplemente nolo estaban comunicando tal como establece a Instrución das listas de agarda.

POLO EXPOSTO, SOLICITA:

A rectificación e corrección dos documentos administrativos denominados “Acordo Interpretativo sobre a Instrución 4-17 de listaxes de agarda (LISTAS C1-A2)” e “Acordo Interpretativo sobre a Instrución 4-17 de listaxes de agarda (LISTAS A1-A2)” eliminando do documento a consideración de acordo interpretativo da comisión de seguimento das listas de agarda, xa que non poden ter esa natureza atendendo ao establecido no artigo 2.7 da Instrución 4/17 sobre o procedemento de creación de listaxes de agarda para o nomeamento de persoal interino do Concello da Coruña.

 

 

Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento