INICIO
O pasado 28 de agosto recibimos da xefa de persoal un correo electrónico sobre a aprobación definitiva da RPT, nel se que incluían respostas as nosas alegacións a RPT.
Logo de analizar estas contestacións, chegamos a conclusión que cando non existen argumentos para defender os cambios realizados fronte as nosas alegacións, utilizan algo tan elástico como é concepto de AUTOORGANIZACIÓN, a xefatura de persoal confunde este concepto co DESPOTISMO, que aplica para determinar as retribucións no Concello da Coruña, volvendo a utilizar de maneira arbitraria as modificacións na RPT, un exemplo máis pode ser complemento que sempre da lugar á controversia, tanto polo trato discriminatorio sobre os descontos nas ITL(Baixas), nas concesión de compatibilidades, ou o computo horario... a Especial Dedicación(ED), lonxe de abordar un debate serio sobre este complemento, a suman e restan como se dun reparto de caramelos se tratase.
VALORACIÓN DESTA MODIFICACIÓN DA RPT
Se ben é certo que a nova RPT, abre o camiño para a promoción profesional, a valoración da CIG sobre a aprobación desta nova RPT é que asume a arbitrariedade como modelo de xestión, esta maneira de actuar non é nova para nós, pois o negociado de persoal está xestionado pola mesmas persoas dende fai moito tempo.
O que inicialmente tiña que ser unicamente unha modificación a nivel organizativo, e que no debería levar moito para a súa adecuación á nova estrutura política, retrasouse demasiado e agora a menos de 21 meses das próximas eleccións este goberno municipal, afirma que abordará unha revisión da valoración dos postos desta RPT, se para a proclamada “aotoorganización” necesitou máis da metade do seu mandato, Canto tempo tardará en facer unha valoración dos postos?
Por último, informar que estudiaremos emprender accións legais contra aprobación desta RPT.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6422
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o pasado 25 de agosto solicitamos por erro o 1% correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
Que o erro foi producido ao revisar unha nómina e dar por finalizada a súa lectura polo pé da páxina onde xa figuraban os totais.
Que trala lectura correcta non atopamos máis novidades ao respecto do complemento de PRODUCTIVIDADE
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que se de por non feita a reclamación referida aos atrasos de xaneiro, febreiro e marzo e aproveitamos para reiterar o solicitado no complemento de PRODUCTIVIDADE.
A Coruña, 28 de agosto de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6089
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que na pasada nómina o persoal municipal percibiu o 1% pendente tanto nas retribucións básicas coma nas retribucións específicas devengado só dende abril de 2017.
Que o complemento de PRODUCTIVIDADE non tivo este incremento, pero sí o de Especial Dedicación(ED), volvendo a producirse outro agravio comparativo entre estes dous complementos.
Que o devandito complemento sufriu o 5% de desconto no 2010 como o resto das retribucións do persoal deste Concello.
Que temos solicitado en moitas ocasións e con distintos gobernos municipais a inclusión deste complemento no factor de responsabilidade, tendo como resposta unha falta de interese pola outra parte da Mesa de Negociación.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que se retribúa o 1% correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo e que tamén se inclúa o 1% de incremento no complemento de PRODUCTIVIDADE.
Que o complemento de PRODUCTIVIDADE forme parte do factor de responsabilidade (FR) naqueles postos que actualmente non teñen a ED.
A Coruña, 25 de agosto de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5595
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080Z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
COMUNICA
Que dende fai moito tempo hai unha falta de persoal nas unidades de estatística e padrón que prestan atención ao público.
Que non nunca existiu un cadro de quendas do funcionariado no caso de rotacións entre as unidades de estatística e padrón de María Pita, Ágora e Fórum
Que o pasado 14 de xuño de 2017 a xefatura de servizo de interior decidiu centralizar a tramitación de expedientes de inscrición ou modificación do Padrón en María Pita, o argumento para este cambio foi o de axilizar e mellorar a atención ao público e evitar as grandes colas que se producían nos rexistros do Ágora e do Fórum.
Que esta nova organización fíxose coincidindo no inicio da xornada de verán do funcionariado, algo que que a Xefa de Servizo utiliza como argumento para rebaixar a carga de traballo.
Que si sumamos que agora unha única oficina encargase do traballo que antes facían tres e que durante a xornada de verán hai menos tempo para facelo, o resultado non pode ser outro que o que está a acontecer... masificacións, longas esperas e máis carga de traballo en María Pita.
Que non temos constancia de que se reforzara con persoal, ou se foi así, non deu o resultado esperado.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
Que se reforce con máis persoal a unidade de estatística e padrón e se avalíe polos responsables do servizo de interior, se este cambio foi acertado ou non.
A Coruña 10 de agosto de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5788
REXISTRADO 21 DE XULLO
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o 11 de xullo recibimos un correo do servizo de persoal informando que tras as Mesas Xerais de Negociación (MXN) para a creación dunha instrución realizadas en xuño, daban por definitivo un texto que non foi acordado nin validado polos representantes sindicais.
Que o 17 de xullo presentamos alegacións ao devandito texto.
Que sen mediar contestación as alegacións, o 21 de xullo recibimos un correo masivo onde se informa que foi negociada cos representantes sindicais e da por finalizada a devandita MXN.
Que o incio da negociación desta instrución foi debido á denuncia que fixemos pola xestión ANORMAL dunha lista de agarda para nomeamento de Orientadores/as laborais.
Que dende o 7 de xullo temos solicitado diversa documentación sobre os chamamentos que se produciron para cubrir postos de Orientadores/as Laborais e coa información á que tivemos aceso, podemos afirmar que foi, ou xestionado de maneira moi torpe ou cunha intención de beneficiar a uns integrantes da lista sobre os outros.
Que mentres este goberno municipal é moi exquisito anulando probas e paralizando procesos de selección como a recente de Policía Local, por outro lado non se preocupa de que formen parte dun proceso de negociación representando ao goberno municipal, alguén que se tiña que terse inhibido por ter un familiar directo que habitualmente forma parte destas listas.
Que a maiores de todo isto, na web municipal na que se publican os procesos de selección de persoal están desaparecendo convocatorias moi recentes e nalgúns casos como é a de ADL, nunca foi publicada a listaxe coas puntuacións finais de todos/as os/as participantes e que segundo as propias bases (publicadas no seu día), podería dar lugar a unha lista de agarda deste posto.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS
- Que se atenda a solicitude de documentación do 7 de xullo relacionada co proceso de Orientadores/as Laborais.
- Que se atendan as alegacións presentadas o pasado 17 de xullo.
- Que se publique o resultado final do proceso de ADL
- Que en aras da transparencia, se publiquen todos os procesos de selección de persoal que tiveron lugar dous anos atrás.
A Coruña, 21 de xullo de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6189
Alegacións listas de agarda
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6642
Aquí podedes consultar o documento que enviamos á Concellería de Xustiza Social onde denuciamos tanto inxerencias da xefatura en materia normativa de persoal, coma condicións laborais.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5543
Bo día a todos e todas,
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5637
CORREO 29 DE MAIO 2017
Bo día a todos e todas,
Informámosvos que o pasado 24 de maio as 13:00h tivemos unha reunión coa vosa Concelleira delegada en materia de Seguridade Cidadán Rocío Fraga a petición dela.
Nesa reunión estivemos 3 delegados da CIG e a propia Concelleira.
O motivo da xuntanza foi dunha toma de contacto para coñecer as reclamacións que existen nos colectivos de Policías e Bombeiros.
Aproveitamos para achegarlle as seguintes reivindicacións:
Bombeiros:
-paso ao C1
-Regulamento SEIS
-Promocións/Provisións
Policías:
-Regulamento Policía
Cuestións xenéricas
-aclaración FN
-Perigosidade
-CD 18 min para todos os C1 da RPT
Tamén dixémoslle que para modificar estas cuestións, terán que ser tratadas en Mesa Xeral de Negociación(MXN) coa Concelleira responsable de persoal.
Esperamos que esta información fora do voso interese.
un saúdo
a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5714
Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Convocatoria de Cursos de Formación para o persoal do Concello da Coruña PREME AQUÍ PARA ENLACE
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG).
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4585
O Goberno Municipal da Marea fixo oficial o pasado 15 de decembro por correo electrónico dirixido ao Comité de Empresa e a Xunta de Persoal o recoñecemento da obriga de efectuar o pago da extra de decembro do 2012 , secuestrada polo Goberno do PP, con cargo aos orzamentos do 2015 por existir disponibilidade económica e a súa "intención",
de facela efectiva en xaneiro do 2016.
Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña queremos mostrar a nosa disconformidade e repulsa con esta decisión do Goberno Municipal en base as seguintes consideracións:
1. Adiar o pagamento ao 2016 fará que no próximo ano teñamos un 75% máis de ingresos derivados do que resta da paga extra de nadal de 2012 a marxe da suba xeral do 1%, que non só pode influir negativamente na declaración da renda senon que, nalgúns casos, pode significar que se superen os tramos máximos para optar á concesión de bolsas e outras axudas.
Isto ven desmentir o que nos trasladou o Goberno Municipal da Marea en Mesa Xeral Negociación, o favor que nos queren vender co argumento de que NON a pagan en decembro porque as retencións a aplicar serían moi elevadas.
2. Incumpre o recollido no RD 10/2015 que obriga o efectuar o pagamento no ano 2015, con mais abondamento despois de telo recoñecido.
3. Deixan aos empregados municipais na mais absoluta indefensión xa que nen sequera nos queda a posibilidade do recurso aos tribunais, xa que con efectuar o pago inmediatamente antes do xuízo deixarán a demanda sen obxecto.
Esta maneira de actuar arbitraria, moi lonxe dunha actitude responsable que se lle debe supoñer a quen presume de formar parte dun goberno con talante aberto, democrático, popular e de respectar os dereitos dos traballadores pero, que diante dos seus empregados/as actúa coa mesma prepotencia que gobernos anteriores para os quen nunca fomos unha prioridade.”
O Secretario da Sección Sindical da CIG
José María Calatayud Sánchez
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4480
Páxina 8 de 8