Hoxe fomos convocados para a negociación da previsión orzamentaria de gastos de personal e cadro de personal do 2016. A Concelleira informounos entre outras cousas de:
• O incremento das retribucións do 1%
• A recuperación da paga extraordinaria do ano 2012
• Manteñense as Axudas Económicas cun aumento do 3%
• Plan de formación que faran máis participativo ao personal no seu deseño
• Executar as convocatorias dos anos anteriores (Policía, Bombeiros e Administrativos), máis o que se acorde este ano.
• Achegarán na próxima reunión o borrador da RPT adaptado á nova organización, deixando para outras xuntanzas cambios máis profundos na RPT, entre eles a promoción ao novo grupo B para técnicos especialistas.
A CIG pregunta sobre o incremento do 1% na productividade ao que contestan que esa partida é de aprobación anual e que é a mesma que para o 2015 mentras non se aprobe o novo orzamento, o Goberno Municipal dixo que se incrementaría ese 1% a partir da devandita aprobación. A CIG solicita que ese incremento se aplique con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2016.
A CIG recorda que a sentenza sobre a ED tería cabida nunha primeira modificación polos agravios comparativos que existen e recordamos que este concepto só valora o exceso de xornada. Contestan que van a consultar á asesoría xurídica sobre a extensión desta sentenza antes de abordar a ED. A Concelleira tamén amosou o seu desacordo coa aplicación actual que se fai deste complemento.
A CIG propón a reclasificación directa ao novo grupo B dos postos ocupados no que o seu requisito de ingreso figurase a Formación Profesional de segundo grado e fará chegar ao goberno municipal unha proposta concreta para súa negociación.
A CIG Pregunta se se van a respetar os acordos acadados co anterior goberno municipal para as prácticas formativas do Grupo de Rescate Acuático e o para incremento de personal das quendas do SEIS. Contestan que o van a mirar.
A CIG solicita que se orzamenten as 8 prazas que desaparecen no borrador do cadro de personal e así poder disponer delas no momento que non existan limitacións legais que impidan a posibilidade de incrementar a plantilla.
A CIG pide que se negocie un sistema para que se poida fraccionar en horas os días de asuntos propios e dispoñer deles a demanda para mellorar a conciliación da vida familiar.
Por último, A CIG pon de manifesto que se opón ao requirimento por parte do Goberno Municipal para nomear outro tribunal da promoción interna de Oficial de Policía, considera que a xestión deste asunto foi un despropósito dende o seu inicio e que se deberá esperar a que remate o procemento informativo, para depurar posibles responsabilidades se as houbera, antes de reinicar o proceso.
A Concelleira manifesta que se reunirá de maneira ordinaria cos sindicatos todos os días 15.
Esperamos que esta información fora do voso interese.
ACCIÓN SINDICAL
RESUMO MXN 15 de marzo de 2016
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 5655