imprimir

RESUMO MXN EXTRAORDINARIA 25 DE AGOSTO DE 2023

 

ORDE DO DÍA:

1-Modificación puntual da Relación de Posto de Traballo (RPT) do Concello da Coruña.

O 25 de agosto fomos convocados a unha mesa xeral de negociación extraordinaria para tratar unha modificación puntual da RPT. Unha vez máis, a documentación achegada para a realización desta mesa xeral é enviada o día anterior, fora da xornada laboral, e polo tanto, impídesenos unha vez máis o estudo e valoración da mesma antes da negociación.

O documento que se nos presenta para tratar na mxn dista moito, na nosa opinión, de poder considerarse unha modificación “puntual” da RPT, trátese dunha reestructuración de grandes dimensións, que supera a potestade de autoorganización.

Créanse unha boa cantidade de postos de xefaturas de departamento, de sección e tamén de servicio, créanse tamén postos de técnicos superiores pero casi ningún posto de administrativo ou auxiliar administrativo. Ademáis, os postos créanse con valoracións superiores ás dos postos base (agás a do único posto de auxiliar administrativo que se crea, que se fai coa valoración máis baixa) sen que o concelleiro dera explicación ao respecto.

Outro punto a destacar sería a apertura a ser ocupados por persoal doutras administración públicas de varios postos de xefatura de departamento e postos de letrado da asesoría xurídica. Ao ser preguntado pola nosa banda o sr. Lage sobre si non confía na capacidade do persoal municipal para acceder a  estes postos contesta que hai que atraer talento. Parece non preocuparlle coartar a carreira profesinal do persoal municipal.

O certo é que as formas de “atraer talento” deste goberno están sempre vinculadas á discrecionalidade: comisións de servizo sen motivacións nen criterios, un resultado de valoración de memorias no proceso do concurso de difícil explicación técnica, procesos de selección que rematan con prazas desertas e as persoas que o superan con vinculacións políticas e familiares, nomeamentos de tribunais que levantan suspicacias pola procedencia dos seus membros, nomeamentos de persoal eventual alleo á administración e sen experiencia na xestión pública….Está claro que temos unha concepción totalmente distinta no concepto de talento que ten este goberno municipal e esta sección sindical.

A pesar das críticas desta sección sindical, e tamén de CSIF   e de CCOO, e a pesar de que o propio concelleiro reconoceu que a creación de tantos postos de xefatura sin unha estructura debaixo de postos administrativos non ten sentido non considerou cambiar absolutamente nada da proposta de modificación da rpt que presentaron o que evidencia que esta modificación non obedece a criterios técnicos si non a intereses doutro tipo.

Durante á rolda de intervencións pregúntaselle ao señor concelleiro polos seguintes asuntos:

Categoría: MXN
Visitas: 2360