imprimir

ORDE DO DÍA:

 

Como podedes observar polos puntos que conforman a orde do dia, o pasado día 30 de decembro de 2024 fomos convocados a unha mesa xeral de negociación sin ningún tipo de contido real para negociar, o último día hábil do ano e en pleno nadal.

As razóns para esta convocatoria inútil e vacía de contido habería que preguntarllas ao goberno municipal.

Dende a nosa sección sindical facemos o noso propio balance do ano 2024, moi alonxado do exposto polo señor concelleiro na mesa:

Durante o ano 2024 non se pechou ningunha negociación das iniciadas agás o acordo acadado para o colectivo de conserxes de colexio e estamos moi lonxe de acadar ningún acordo nos temas fundamentais para todo o persoal municipal como poden ser unha nova valoración de postos ou as bases de concurso.

Estivemos todo o ano o ano 2024 escoitando que a obligatoriedade legal de rematar os procesos de estabilización a data 31 de decembro de 2024 tivo ao departamento de recursos humanos moi ocupado, non dubidamos de que a  gran cantidade de procesos de estabilización supón un gran traballo, pero non pode servir de excusa para todo, xa que a data de hoxe  a situación é a seguinte:

Moito ten que cambiar a actitude do goberno municipal para este ano 2025 si  pretenden pechar algún dos moitos temas que temos enriba da mesa, a nosa sección sindical, como sempre, traballará para pechar acordos en todas as cuestións pendentes.

Categoría: MXN
Visitas: 1807