imprimir

PLAN DE FORMACIÓN PARA O ANO 2025

Aprobamos o plan de formación para o persoal municipal para este ano 2025. Dende a nosa sección sindical criticamos que o plan de formación se aprobe a mediados de abril xa que non da tempo a executalo na sua totalidade e solicitamos, de novo, que o próximo plan de formación se aprobe a principios de ano para ter tempo a impartir todos os cursos planificados. O concelleiro comprométese a ter traballado este asunto a finais do 2025, para poder aprobar e executar o plan de formación a principios do 2026.

Acordouse sacar as prácticas de tiro da policía local do plan de formación, algo que a nosa sección sindical leva reclamando dende hai anos, e adicaranse esas 200 horas das prácticas para mais cursos de carácter transversal para todo o persoal  municipal.

Solicitouse tamén un cronograma da calendarización dos  cursos ao longo do ano para facilitar a organización e planificación de todo o persoal municipal.

 

OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025

Aprobamos a Oferta Publica de Emprego para o ano 2025, a proposta inicial do goberno municipal foi modificada tras as solicitudes das seccións sindicais expostas na mesa.

Despois da negociación coas sección sindicais o goberno municipal acepta as seguintes modificacións:

A nosa sección sindical preguntou cal era o motivo de que non aparezan na OPE 2025 as prazas necesarias para o proceso de internalización do persoal de bibliotecas xestionado por unha empresa privada cando si aparecían no cadro de persoal do ano 2025 aprobado na MXN  do mes de Xaneiro pasado. O sr.concelleiro contestou que o goberno municipal seguía coa folla de ruta marcada para o proceso de internalización e cos prazos comunicados nas anteriores mesas xerais de negociación sin dar ningún outro tipo de explicacións sobre este tema.

 

MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 2/2021 SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA.

Aprobouse a modificación da Instrucción 2/2021 previamente tratada en mesa técnica e que consiste na adaptación lexislativa de varios permisos incluídos nesta instrucción e a introducción na mesma do permiso parental retribuído de 8 semanas para o coidado de fillos e do permiso para os actos preparatorios da doazón de órganos e tecidos.

O goberno municipal tiña interese en concretar o permiso retribúido por falecemento, accidente grave, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar, en concreto no referido ao suposto de hospitalización. Anteriormente a instrucción establecía que esta entendíase cando implique a estancia hospitalaria que inclúise unha noite e unha comida. A proposta inicial do goberno municipal era unha nova redacción na que se entendera a hospitalización se transcorrían 24 horas de estancia no centro hospitalario. A nosa sección sindical defendeu que debía reducirse esta cantidades de horas de estancia no centro hospitalario, e finalmente o goberno municipal estableceu que entenderase a hospitalización cando transcurran alomenos 12 horas de estancia no centro hospitalario.

 

MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 4/17 SOBRE O PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO DO CONCELLO DA CORUÑA

Aprobouse a modificación da Instrucción 4/17 ,previamente tratada en mesa técnica, modificándose o artigo 2 (apartado 6 bis) no relativo á utilización de varias listaxes de forma simultánea por terse agotado a listaxe principal de chamamentos, o artigo 4 sobre a mellora de emprego, o artigo 5 relativo ao rexeitamento xustificado dun chamamento (solicitado pola Sección Sindical da CIG), o artigo 7 relativo á rotación nos chamamentos e a creación do artigo 5 bis para recoller o disposto no artigo 24.2 da Lei de Emprego Público de Galicia que regula o período de proba.

 

APROBACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAXES DE PERSOAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTOS PROTOCOLARIOS POR MATRIMONIOS CIVÍS NO CONCELLO DA CORUÑA

Aprobouse o novo procedemento de listaxes para a realización de actos protocolarios por matrimonios civís, previamente tratado en mesa técnica, e ao que poderán optar as/os funcionarios de carreira do Concello da Coruña pertencentes aos subgrupos C2 e C1 de Administración Xeral.

Este procedemento rixe a elaboración da listaxe, os chamamentos e as retribucións do persoal municipal dos subgrupos C2 e C1 para a sua participación nos actos protocolarios de matrimonios civís con funcións vinculadas á elaboración das actas dos matrimonios celebrados no Concello da Coruña.

Tanto o procedemento aprobado, como a listaxe de chamamentos e as retribucións a percibir serán publicadas.

Coa a aprobación deste procedemento corríxese unha situación absolutamente inxusta na que  o persoal administrativo percibía unha retribución menor que o resto do persoal municipal participante nestes actos (persoal de conserxería e maceros da policía local) e pasará a estar retribuído mediante unha produtividade de 300€ por cada fin de semana de chamamento.

 

APROBACIÓN DAS BASES DE CONCURSO ORDINARIO

A aprobación deste punto quedou adiada ata unha próxima mesa xeral de negociación que o Sr. Concelleiro se comprometeu a convocar a mediados do próximo mes de maio.

A solicitude de aprazar a aprobación das bases de concurso ordinario partiu da totalidade da representación sindical despois de que o sr. Concelleiro anunciase na mesa, sin comunicalo previamente, que a aprobación das bases de concurso requeriría unha previa modificación puntual da RPT  co fin de establecer requisitos específicos de titulación para todos os postos de administración especial que actualmente non os teñen na RPT. A obriga de incluir as titulacións no caso dos postos de administración especial, é unha demanda de vello desta sección sindical que este goberno municipal desoiu reiteradamente nas anteriores modificacións puntuais da RPT.

Ante a pregunta da nosa sección sindical de si esa nova modificación puntual da RPT incluiría mais cambios que os requisitos de titulación o Sr. Lage contestou que, nese momento, non tiña na cabeza ningunha outra modificación da RPT. Dende a CIG fixemos esta pregunta toda vez que nas mesas técnicas deixouse claro por parte do goberno municipal que o novo concurso ordinario chegaría ata o nivel 24, o que supón que deixaría fora ás Xefaturas de Departamento, que ocupan un nivel 26 na actualidade, e polo tanto, deben incluirse no novo concurso ordinario.

Acordouse, despois da nosa solicitude, que se nos daría traslado da modificación puntual da RPT anunciada na mesa xeral e que se trataría nunha mesa técnica con carácter previo á levar de novo as bases de concurso a mxn o próximo mes de maio.

Cabe dicir que, despois de varios meses con mesas técnicas de bases de concurso, aínda non acadamos un acordo en varios apartados do baremo do concurso polo que haberá que agardar para saber si achegamos posturas co goberno municipal para chegar a unhas bases de concurso ordinario negociadas e pactadas.

 

ROGOS E PREGUNTAS

Dende a nosa Sección Sindical preguntamos pola data de celebración da mesa técnica do persoal auxiliar da casa de acollida, solicitada con carácter urxente, pola cada vez mais conflictiva e insostible situación de conflictividade coas persoas usuarias con situacións de agresións  físicas e verbais ao persoal municipal e varias intervencións policiais. Mentres dende a CIG expoñíamos a grave situación destas compañeiras o sr. Concelleiro comunicouse coa concelleira responsable desta área polo que esperamos que a convocatoria se produza canto antes.

Tamén se preguntou polos procesos selectivos de técnico medio de emprego e de axudantes de cemiterios e pola convocatoria da mesa técnica de mercados.

 

Categoría: MXN
Visitas: 1828