José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o Concello da Coruña leva moito tempo utilizando as Comisións de Servizo como sistema habitual na provisión de postos de traballo que teñen como obxecto a cobertura dos supostos de urxente e inaprazable necesidade.
Que logo de solicitalo en moitas ocasións, en setembro de 2016 o Concello da Coruña facilitounos unha relación de postos na que figuraban a situación administrativa deles, adscrición definitiva, adscrición provisional ou comisión de servizo. Tras unha revisión dela atopamos que a maioría dos que se atopan en comisión de servizo, superan en máis de 2 anos esta situación, o que vulnera o artigo 64 punto 3 do Real Decreto 364/1995.
Que acompañando a esta solicitude, achegamos a relación (PREME AQUÍ) de postos de traballo do Concello da Coruña na que sinalamos postos nomeados en comisión de servizos, no que alo menos algún efectivo atopase cunha duración superior aos 2 anos.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se anule, por ser contrario a dereito, o mantemento das “COMISIONS DE SERVIZOS” por maís de dous anos, RELACIONADAS no documento adxunto, acordando o cese inmediato dos/as funcionarios/as que as ocupan nesa situación e a procedencia da cobertura destes postos en forma legal.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.