NOVA CIRCULAR CORONAVIRUS ABRIL 2022
Na seguinte ligazón podedes consultar a circular enviada polo Director de Econcomía, Facenda e Réxime Interior respecto á obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación da crise sanitaria
- CIRCULAR 22 abril 2022
Asemade tedes a ligazón do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, onde iran actualizando lexislación e todo tipo de información sobre medidas, trámites e demais.
ANTERIORES
A continuación as decisións e medidas adoptadas no Concello da Coruña que afectan ao seu persoal e que iremos actualizando.
- PROTOCOLO PARA TODO O PERSOAL 15 marzo 2020
- RESOLUCIÓN SOBRE A APLICACIÓN DO REAL DECRETO LEI 10/2020,do 29 DE MARZO (actualizado 30 marzo 2020)
- PROTOCOLO DE REINCORPORACIÓN AO TRABALLO PRESENCIAL 8 maio 2020
- PROTOCOLO TELETRABALLO 19 outubro 2020
- CIRCULAR RECOMENDACION TELETRABALLO 30 outubro 2020
- Interpretación CIRCULAR TELETRABALLO 25 xaneiro 2021
Para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento
- PROTOCOLO INTERVENCIÓNS (actualizado 23 marzo 2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS BOMBEIROS 2020
Para o Servizo da Policía Local
- GUIA AUTOPROTECCIÓN, PATRULLAXE INTERVENCIÓNS POLICIAIS (actualizado 19 marzo 2020)
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2146
Nas seguintes ligazóns podedes atopar información sobre a ferramenta RadarCOVID.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1125
Desde o Departamento de Saúde Laboral anunciamos que entre os días 15 de outubro e 18 de decembro de 2020, ambos incluídos, procederase á vacinación da gripe común para aqueles empregados municipais que o desexen.
A vacina da gripe común está especialmente recomendada ás persoas de 60 anos ou máis e aqueles que padecen enfermidades crónicas pulmonares (incluído a asma), cardiovasculares, renais, hepáticas, hematológicas (hemoglobinopatías, anemias, hemofilia e outros trastornos da coagulación e hemorrágicos) ou metabólicas (incluíndo diabetes), persoas inmunodeprimidas (incluídas as VIH ou por medicación), asplenia, enfermidade hepática crónica incluíndo alcoholismo crónico, enfermidades neuromusculares graves, cancro e hemopatías malignas, implante coclear, fístula de líquido cefalorraquídeo, enfermidade celíaca, enfermidade inflamatoria crónica, enfermidades con disfunción cognitiva como síndrome de Down ou demencias, obesidade mórbida con IMC de 40 ou máis e mulleres embarazadas. Así mesmo está recomendada en traballadores que desenvolven traballos esenciais para a comunidade tales como policías, bombeiros e persoal de protección civil..
A vacinación levarase a cabo no departamento de Saúde Laboral sito na rua da Franxa 20-2º en horario de 8:30 a 10:30 horas. É NECESARIO PEDIR CITA PREVIA no Departamento de Saúde Laboral (Extensións 11099 e 11090)
Departamento de Salud laboral
Ayuntamiento de A Coruña
C/Franja, 20-22
15001 A Coruña
Tfnos.: 981.18.42.00; ext: 11099 /11090/ 11056
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1085
Aquí podedes consultar a contestación que nos deu a Inspección de Traballo en canto a vosa reincorporación aos postos de traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1811
Boa tarde
Diante das informacións e queixas que nos están chegando por distintas vías solicito ao departamento de saúde laboral a seguinte información:
-Si hai notificación de positivos ou posibles positivos por covid-19 no cadro de persoal municipal.
-Que información se lle dou ao resto das/dos traballadores municipais do entorno das/dos positivos ou posibles positivos por covid-19.
-Si existen traballadores municipais exentos do uso da máscara por criterio médico que compartan espazo de traballo con outras/os traballadores municipais ou que atendan público, de ser así o persoal exento do uso de máscara por criterios médicos non debe compartir espazo de traballo con ningún outro/a traballador/a municipal nin atender ao público polo alto risco de contaxio .
-Pola información que aparece tanto na web municipal como na prensa sobre a realización nestes días de probas a PCR a determinados colectivos de traballadores municipais, cal é o criterio que se aplica para elaborar as listaxes de traballadores municipais que se poden someter ás probas PCR.
Ana Filgueiras Espasandín
Delegada de prevención do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1766
Deficiencias nos edificios visitados:
-Falta de xel hidroalcólico nos centros de traballo
-Insuficiente cartelería sobre normas de seguridade.
-Non hai indicacións nin no chan nin nas paredes de por donde deben circular tanto os funcionarios como o público.
-Non hai papeleiras específicas para desbotar os epis.
-As mamparas son demasiado baixas, non cubren toda a mesa e non deixan oco por onde entregar a documentación.
-No caso dos centros cívicos non lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias na primeira e única entrega de epis polo momento.
Como indicamos mais abaixo no parte de recollida de epis si figura que se lles facilitaron mascaras fpp2 cando non é certo.
Fixéronse dúas aclaracións por parte do servizo, sempre según nos contan algunhas compañeiras, con respecto ás máscaras fpp2 para visitas domiciliarias:
Nun primeiro momento aclarouselle que si había mascaras fpp2, que estaban na central de servizos sociais en fdez. latorre,que tiñan que avisar con 48 horas de antelación e ir a recollelas alí.
Nunha segunda aclaración díxoselles que habería mascaras fpp2 en cada centro cívico para o persoal que teña que facer visitas domiciliarias, comprobaremos que esto se cumpra.
Temos que apuntar tamén que moitas veces se realizan varias visitas domiciliarias nunha mesma xornada, indo dun domicilio a outro coas consecuencias que esto pode acarrexar para os usuarios ( moitos deles nunha situación de dependencia que os fai mais vulnerables fronte a unha infección por covid-19) e para os funcionarios xa que non se lles facilitan traxes protectores desbotables para cambiar en cada domicilio visitado.
O tema dos traxes protectores foi tratado no comité de seguridade e saúde previo á fase de desescalada, por parte do servizo de saúde laboral se dixo que contemplaban os traxes desbotables non so para as visitas domiciliarias de servizos sociais senón para todo o persoal que tivese que facer visitas domiciliarias e puxeron como exemplo ao servizo de urbanismo que ten que facer inspeccións en vivendas e locais. Esta intención quedou tan so en iso, en intención xa que o documento final do protocolo municipal non o recolle.
Polo dito anteriormente, solicitamos ao concello unha modificación do protocolo municipal que recolla traxes protectores desbotables para o persoal municipal que faga visitas domiciliarias.
-Nalgúns servizos estase indicando aos traballadores municipais que recollan os epis nas oficinas centrais de cada servizo. Esta forma de reparto de epis vai a supoñer un ir e vir continuo do persoal municipal do seu posto de traballo habitual aos servizos centrais ou a o lugar designado para recoller os epis co conseguinte incremento das posibilidades de contaxio entre o persoal.Ademais estes desprazamentos se terán que facer cunha periodicidade mínima semanal xa que nalgúns servicios o paquete de material que se lles dou consiste en catros mascaras cirúrxicas e catro pares de guantes que chegan no mellor dos casos para catro días e no peor para un ou dous.
-Os traballadores de empresas privadas que traballan en edificios municipais (limpeza, seguridade, conserxería etc) non dispoñen de epis adecuados cando o protocolo municipal establece que deben cumprir as mesmas medidas de seguridade.
Queixas Recibidas:
Teletraballo: Estamos recibindo queixas sobre casos de denegación do teletraballo tanto por situación de persoal sensible como por conciliación por coidado de menores. En ambos casos se incumple a normativa dictada polo ministerio de sanidade.No caso do persoal sensible e , pola información que nos facilitan, a mutua Quirón Prevención esta emitindo informes médicos nos que reconoce a condición de persoal sensible pero indica que se pode incorporar ao posto de traballo de maneira presencial. As chamadas que fai, supostamente, o médico da mutua fanse dende un número oculto polo que é imposible verificar a procedencia da chamada.
Desinfección de centros de traballo: neste sentido recibimos queixas tanto pola falta de desinfección periódica nalgúns centros de traballo como pola forma de facelo.
Remítennos dúbidas sobre si se cumpre o período de seguridade no que non debe permanecer ninguén no centro de traballo tras a desinfección/fumigación.Enviamos esta consulta ao departamento de saúde laboral do concello preguntando polo procedemento de desinfección, periodicidade, período de seguridade e produtos utilizados na mesma. A data de hoxe non recibimos resposta .
Habería que recordar a todo o persoal dos centros de traballo, o obrigado cumprimento das distancias mínimas e ,no seu defecto, o uso das máscaras, algo que se poido constatar en distintas visitas que se incumpre.
Deficiencias particulares:
CENTRO CIVICO DE MONTE ALTO 27 de maio
Mamparas que non cubren toda a mesa, demasiado baixas e sin oco no medio para entregar documentación polo que o público ten que entregala por arriba ou polos laterais.
Falta de xel hidroalcólico, papeleiras para epis, cartelería sobre medidas de seguridade.
Ao persoal so se lle facilitaron máscaras cirúrxicas e non fpp2.
Pantallas faciais de dubidosa calidade como as facilitadas no resto de centros de traballo.
Non localizamos papeleiras para desbotar epis.
BIBLIOTECA MONTE ALTO 27 de maio
A mampara colocada para a entrega de libros nunha mesa na entrada da biblioteca é demasiado baixa, dixéronnos que a iban a cambiar por unha mais alta pero polas medidas que nos facilitaron non chegaría tampouco a os 1,80 metros necesarios.
Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade e falta de indicacións nin no chan nin nas paredes sobre por donde debe circular o público cando reabran a semana próxima según nos dixeron.
As mascaras facilitadas ao persoal son cirúrxicas, non localizamos papeleiras para desbotar epis.
CENTRO CIVICO DOS MALLOS 27 de maio
Insuficiente cartelería sobre medidas de seguridade, falta de xel hidroalcólico tanto para o público como para os traballadores.
As mamparas das mesas son demasiados baixas, non deixan espacio para a entrega de documentación e non cubren toda a mesa.
As pantallas faciais facilitadas son de dubidosa calidade, non hai papeleiras para desbotar epis.
So se lles facilitaron mascaras cirurxicas e non fpp2 cando este persoal realiza visitas a domicilio.
Aquí detectamos que non soamente non se lle facilitaron mascaras fpp2 para as visitas domiciliarias si non que no parte de recollida de epis que deben asinar os traballadores figura que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 e so se lles entregaron as cirúrxicas. Recomendámoslle a estes compañeiros que non firmen partes de material que non recibiron ou que fagan constar no mesmo que non recibiron mascaras fpp2, que o poñan en coñecemento da sua xefatura e do departamento de saúde laboral.
CASA PAREDES 27 de maio
Un único dispensador de xel hidroalcohólico na entrada para as 3 prantas, recordar que existen equipos multifuncións compartidos.
Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados
Persoal na primeira planta reunido sen mascaras e sen respetar distancia de 2 metros.
Ningunha sinalización nin nos baños nin de acceso as distintas dependencias
DURAN LOGIRA Biblioteca Estudos Locais 27 de maio
Segue sen haber mamparas no mostrador ao público e de ser instalado na altura das mesas poderían non cubrir a altura necesaria
Non hai contenedores exclusivos para mascaras sinalizados
CIMETERIO SAN AMARO 28 de maio
Na conserxería ningún tipo de cartaz nin sinalización clara no chan para o público
Na oficina, ningún contenedor visible para as mascaras.
Non hai sinalizacións de uso dos espazos comúns (aseos).
CEIP SAL LENCE 28 de maio
A Conserxería deste colexio é dunhas dimensións moi reducidas, para acceder tanto a dirección como a secretaría tense que acceder pola conserxería. Pegada á mesa da conserxe hai unha fotocopiadora que usa todo o persoal do centro.
Polo mencionado no parágrafo anterior é imposible manter unha distancia de 2 metros, polo tanto debería establecerse unha separación mediante a instalación dunha mampara ou similar ou que se lle dote de mascara fpp2 e pantalla facial. Isto mesmo debe contemplarse para todos os postos nos que non se poida manter unha distancia de dous metros.
O persoal do centro suxire incluso a posibilidade de cambiar a conserxería de sitio.
CENTRO CIVICO DE SAN DIEGO 28 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa. Pero neste caso, a maiores, as mamparas foron colocadas no lado contrario a polo que vai acceder o público.
De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.
CENTRO CIVICO DE ELVIÑA 29 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.
De novo o parte de recollida de epis recolle que se lles entregan mascaras cirúrxicas e fpp2 cando so lles entregaron cirúrxicas. Recomendámoslles que non asinen a recepción de material que non lles foi entregado ou que fagan constar que non se lles entregaron mascaras fpp2.
CENTRO CIVICO DE LABAÑOU 29 de maio
Observamos as mesmas deficiencias que no resto de centros cívicos: insuficiencia de cartelería con información sobre medidas de seguridade, falta de indicacións no chan e nas paredes sobre o percorrido que ten que seguir o público, insuficiencia de xel hidroalcólico, falta de papeleiras para desbotar epis.
Neste caso a falta de sinalización sobre o percorrido que debe facer o público foi suplido por iniciativa dos propios traballadores mediante frechas recortadas en cartulina e pegadas no chan.
Neste centro igual que nos outros as mamparas colocadas son moi baixas, non teñen oco para entregar documentación e non cubren toda a mesa.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1638
NOTA DE PRENSA CON ROGO DE PUBLICACIÓN 13 MAIO 2020
Dende a Sección Sindical da CIG no concello da Coruña queremos poñer en coñecemento da cidadanía que, no día de hoxe, vimos de presentar unha denuncia na inspección de traballo (LIGAZÓN DENUNCIA) contra o goberno Municipal por incumprimentos na lexislación laboral ao respecto da saúde laboral dos seus traballadores durante este proceso de pretendido retorno á normalidade.
O Goberno Municipal implementou un “ Protocolo polo que se establece a reincorporación do persoal público ao traballo presencial, así como as medidas de prevención fronte ao covid-19 no concello da Coruña” imposto sen negociación previa , xa que o borrador que se levou ao Comité de Seguridade e Saúde non era mais que un conxunto de ideas de carácter xeral, que non era negociable, xa que, segundo manifestou o Concelleiro de Persoal, este comité so tiña carácter consultivo e xa non ía haber mais reunións para acadar o documento definitivo.
Advertimos no seu momento que o feito de deixar nas mans das xefaturas dos diferentes servizos a aplicación practica deste protocolo ía causar unha grave falla de coordinación cos conseguintes agravios comparativos. Como exemplo, a reincorporación das/os conserxes de colexio foi unha autentica chapuza na entrega do material de protección e este non se axustaba ao que determinaba o protocolo e resultou de dubidosa calidade, algunha pantalla xa rachou antes de poñela.
Ao noso entender este protocolo, ao non facer valoracións individualizadas , deixa mal protexidas/os as empregadas/os municipais, serva como exemplo que naqueles lugares de traballo onde supostamente non accede a cidadanía a única protección que teñen os traballadores e a hixiene e a separación sen ter en conta que hai espazos de tránsito e lugares comúns nos que a separación mínima non se poderá manter, coas consecuencias que todos podemos supor.
A tres dias da reincorporación da maioría do persoal aínda non está protocolizado nin o uso dos servicios públicos empregados, nin os sistemas de accesos as dependencias por parte da cidadanía, nin a xestión das agardas ou listas de espera...
Dende a sección sindical da CIG pregámoslle á cidadanía sentidiño á hora de utilizar os servizos públicos , que utilicen medidas de protección e que desculpen calquera inconveniente causado por esta nova situación.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2588
RESPOSTA DO DEPARTAMENTO DE SAÚDE LABORAL
Ola,
En contestación ao seu escrito remíteselle informe emitido polo Servizo de Medio Ambiente, que é o encargado da coordinación e xestión da desinfección dos centros municipais
Un saúdo
LIGAZÓN INFORME REMITIDO POR SAUDE LABORAL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1854
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxx e José María Calatayud Sánchez con D.I.xxxxxxxxx con domicilio a efectos de notificacións nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N, 3ª planta.C.P:15001- A Coruña ), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña
EXPOÑEN
INSTRUCCIÓN IS-33
Que a instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear sobre criterios radiolóxicos para a protección fronte a exposición á radiación natural, establece os datos a incluír na declaración de actividades que realizan os titulares da actividade laboral nas que existan fontes naturais de radiación e en que casos este titulares deben remitir aos órganos competentes en materia de industria das comunidades autónomas os estudos que se require no título VII do Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes (PRSPI).
Que nos centros de traballo soterrados ou non, que se atopen en areas identificadas polos seus elevados niveis de radon débense realizar medicións para avaliar o risco.
CTE HS-6
Que o Proxecto do Real Decreto no que se modifica o Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (CTE) establece a inclusión no requisito básico de habitabilidade unha nova exixencia regulamentaria de protección contra o radón establecida na Directiva 2013/59/EURATOM do Consello, de 5 de decembro de 2013, que di:“.. insta a los Estados miembro a establecer niveles nacionales de referencia para las concentraciones de radón en recintos cerrados, indicando que los niveles de referencia para el promedio anual de concentración de actividad en el aire no superarán los 300 Bq/m3.”
Que a devandita modificación desenvolve a sección HS-6 na que inclúe a clasificación de municipios en función do potencial e radón, nela o Concello da Coruña figura como MUNICIPIO DE ZONA II (a de maior potencial de radón) en canto aos territorios de actuación prioritaria a nivel municipal.
LEI 31/95
A lei 31/95 de 8 de novembro de Prevención de riscos laborais establece o dereito dos traballadores a ser informados dos riscos para a súa saúde existentes no seu posto de traballo.
Por todo o exposto,
SOLICITAMOS:
1-Que se inste ao Concello da Coruña a informar por escrito a todos os traballadores municipais que superen os 300 Bq/m3 nos seus centros de traballo.
2-Que se nos informe por escrito aos delegados de prevención da totalidade de medicións efectuadas nos centros de traballo no que desenvolvan a súa actividade laboral os traballadores municipais.
3-Que se faga un seguimento tanto pola Inspección de Traballo coma por parte da Consellería de Industria para que se adopten as medidas correctoras necesarias para reducir os niveis da gas radón aos niveis legalmente esixidos.
A Coruña a 28 de maio de 2019
A/A XUNTA DE GALICIA-CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA-XEFATURA TERRITORAL DA CORUÑA
A/A DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2320
Aquí podedes consultar o manual publicado pola Oganización Mundial da Saúde sobre o gas Radón
E a directiva Europea que regula o Radón nos centros de traballo
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3765
Como moitas/os de vos saberedes o Gas Radón é un gas radioactivo, incoloro, inodoro e insípido, que segundo a organización mundial da saude(OMS) é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. LIGAZÓN
Os niveis que establecen distintas organizacións e adminstracións son de:
- OMS: 100 Bq /m3
- Axencia Norteamericana de Protección Ambiental: 148 Bq/m3
- Directiva Europea do ano 2013: 300 Bq/m3
- Normativa Española RD 1439/2010 : 600Bq/m3
A primeiros deste ano, tanto a Concelleira de persoal como o Servizo de Saúde Laboral informaron as/os delegadas/os de saúde Laboral de distintas medicións en centros de traballo municipais e que tomaron como límites máximos os que marcaba España no ano 2010 e non os de Europa que deberían ser tomados como referencia, o argumento utilizado por persoal foi que España non traspuxo a normativa europea e polo tanto non tiñan a obriga nin de actuar sobre os niveis superiores a 600Bq/m3 nin a informar as/os traballadoras/es, pero a Concelleira comprometeuse a facer actuacións para minimizar os focos por riba dos 300 Bq/m3, pero negándose a informar das medicións para non xerar alarma entre as/os traballadoras/es afectadas/os.
Logo deste Comité de Saúde Laboral, a CIG fixo consultas xurídicas sobre a lexislación aplicable no territorio español e a resposta foi de que a normativa europea (300 Bq/m3) prevalece sobre a española e que sería de aplicación dende o 6 de febreiro de 2018.
Ademais desta consulta a nosa asesoría xurídica, o 29 de maio rexistramos unha solicitude na Inspección de Traballo sobre a obrigación que ten o Concello da Coruña de informar ás/ós súas/seus traballadoras/es nas medicións superiores a 300 Bq/m3 . A isto contestáronnos o 5 de xuño que esta competencia pertence ata a data á Xunta de Galicia-Consellería de economía, emprego e industria a quen nos diriximos nunha solicitude o pasado 8 de xuño sen ter resposta ata hoxe.
A 10 de agosto aínda non fomos informados de ningunha obra ou actuación para os centros que superan os 300 Bq/m3 e ao mesmo tempo estanse normalizando estes niveis dende o Concello como adecuados pois nalgúns postos está sendo informadas/os as/os traballadores de que todo está ben, polo que vémonos na obriga de informarmos dos resultados achegados naquel comité de saúde laboral e nunha visita a Casa Paredes:
- CASA DAS CIENCIAS: por debaixo dos 100 Bq/m3
- BIBLIOTECA CASA DAS CIENCIAS: por debaixo dos 200 Bq/m3
- DOMUS: un medidor por riba dos 300 Bq/m3
- FRANXA: 3 medidores por riba dos 300 Bq/m3
- PAZO MUNICIPAL: 9 medidores por riba dos 300 Bq/m3 e superando os 600 Bq/m3 en Informática
- CASA PAREDES: algún medidor por riba dos 600 Bq/m3
Este Goberno Municipal é moi recorrente a criticar toda a normativa estatal na que se escuda para non aplicar beneficios ao seu persoal, porén a aplica cando lle interesa, neste caso coa saúde laboral polo medio.
Temos solicitado en distintas Mesas Xerais de Negociación tratar novamente este tema e fomos acusados de ser alarmistas, mentres non volvamos a abordar este problema, ben a través do Comité de Saúde Laboral ou por orde dun organismo superior, dende a CIG recomendámosvos que se vos é posible manteñades unha ventilación de aire nos vosos centros de traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3809
Subcategorías
Páxina 1 de 2