Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o día 29 de outubro publicáronse no portal de ALFRESCO as bases para de Cobertura  Temporal dos seguintes postos de Traballo:

X.Sección Xefe EAA, X.Sección Ocupación Dom. Público, X.Sección Promoción cultural, X.Sección Seguridade e Prevención, X.Sección Tesoureria Xeral, X.Sección Conservación da Edificación, Director/a de Unidade Técnica no servizo de Xustiza Social e Director/a de Unidade Técnica no servizo de Igualdade.

  • Que a oferta dunha comisión de servizo non se pode circunscribir só a un servizo, coma figura nas bases destas convocatorias (Apart. I.1ª).:“A cobertura deste posto realizaráse preferentemente con persoal do propio servizo de .... Entendese a estes efectos como persoal do propio Servizo tanto as persoas que desenvolvan postos de traballo como dependencia xerárquica como con dependencia funcional do Servizo de... ...En consecuencia, na oferta que se realice ao persoal do Servizo de ..., as persoas funcionarias doutros servizos que soliciten a cobertura deste postos serán inadmitidos.”
  • Que tamén figura (Apart. II. 2.1). a obrigatoriedade de achegar o permiso do xefe: “...ás solicitudes acompañaranse de informe favorable da persoa que ostente a xefatura de servizo...”
  • Que no apartado de Formación (agás no de Directora Ud. Téc Igualdade) só se valoran cursos de carácter administrativo e non os que teñen que ver coa área de traballo, sendo estes necesarios para poder exercer con solvencia, as primeiras das funcións requiridas na  ficha de funcións do posto de traballo.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teña por presentado o RECURSO DE REPOSICIÓN nos seguintes puntos:

  • Que se eliminen das Bases os requisitos de pertencer aos servizos (Apart. I.1ª) .
  • Que non sexa requisito os informes favorables das xefaturas (Apart. II. 2.1).
  • Que se valoren os cursos que teñan que ver coa área de traballo na que se encadra o posto.

 

A Coruña, 31 de outubro de 2018