Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación

no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,

 

 

EXPON:

 

  • Que a sección sindical da CIG leva anos solicitando transparencia nos procesos de provisión de postos polo sistema extraordinario que son as COMISIÓNS DE SERVIZO (CS).

 

  • Que esta falta de transparencia fixo que acudiramos ao xulgado a inicios de 2021, deu como resultado unha sentenza favorable no Contencioso Administrativo en febreiro de 2022 que foi  firme no TSXG en xuño de 2023, isto obriga ao concello a facilitar determinada información necesaria para  coñecer as motivacións das urxencias e necesidades ase como foron as valoracións para os nomeamentos:

 

  1. A) De todas as resolucións dictadas en todosos nomeamentos de funcionarios en comisións de servizo dende o 24 de xuño de 2019 que non se houberan informado
  2.  B) Das motivacións de urxencia e inaplazablenecesidade para cubrir eses posto en comisión de servizos
  3.  C) Dos criterio utiliazados para a selección dos aspirantesaos postos en comisión de servizos
  4.  D) Das valoracións que deron aos distintos nomeamentos

 

  • Que ao inicio do mandato 2019/23 descoñecíamos que persoas foron elixidas para ocupar os postos en CS.

 

  • Que a raíz da denuncia no xulgado comezaron a publicar as resolucións co nome das persoas elixidas nas CS.

 

  • Que , logo da primeira sentenza sobre a falta de transparencia en febreiro de 2022, comezaron a aparecer por primeira vez nas resolucións no apartado que o concello denominou CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS, uns códigos de verificación que daban acceso a través da web municipal https://servicios01.coruna.gal/valida/, aos electrónica (CVE) informes dos distintos responsables que avaliaron a idoneidade das persoas nomeadas en CS. A pesar das reiteradas denuncias da  CIG sobre a falta de transparencia nunca foi comunicado que existía o  acceso a estes documentos, foi pola denuncia a título persoal dunha delegada da CIG  que estaba interesada nun proceso, que soubemos a existencia deles.

 

  • Que en xuño e en outubro de 2023, baseándonos na sentenza do TSXG 00399/2023, solicitamos tanto a anulación dos postos nomeados en CS que teñen adxudicación definitiva como a non convocatoria de ningún outro que tivera esta circunstancia, solicitude que non tivo ningún tipo de resposta.

 

A maiores dos puntos mencionados anteriormente DICIR:

 

Que o acceso aos mesmo non resultaba doado, non é a primeira vez que o persoal municipal desiste nos accesos ao portal mencionado, tal é así que algún/ha traballador/a municipal ten un certificado notarial que acredita os infrutuosos intentos de acceder a un expediente a través dos CVE, polo que non é algo puntual que se pode achacar a fallos técnicos ou a torpeza do usuario.

 

Que seguen a producirse situacións con algunhas CS de moi difícil explicación, a finais de novembro publicouse a resolución da CS do posto 329 a Xefatura de Departamento de Exp. E Colec. E M.H., unha CS que transcendeu a distintos medios de comunicación polas  suspicacias entorno ao proceso, esta resolución cos CVE é a última da que temos constancia a día de hoxe pois agora a pesar de que anuncian na web mupal a publicación de RESOLUCIÓNS, o que realmente anuncian son NOTIFICACIÓNS no que só mencionan a persoa elixida como información relevante, agachando o resto de información. Precisamente despois deste controvertido proceso, publicouse a notificación CS do posto 1911 Xefatura de Servizo de Edificación xa sen o CVE, que non estivo exenta de suspicacias tanto por como se produciu polo candidato elixido.

 

Que asemade do mencionado sobre os distintos criterios de publicación dende 2019, temos constancia dos atrancos ao persoal municipal que solicita información máis detallada destes procesos de CS por estar interesados/as nos mesmos, os atrancos mostrados polo servizo de persoal resultan sorprendentes porque a pesar das peticións claras e expresas sobre a ter COPIAS DIXITAIS dos expedientes, as persoas que os solicitan son inmersas nun tedioso proceso, os fan acudir de maneira presencial ante algún responsable de RR.HH. no que se lles da acceso a documentación só en papel con imposibilidade de sacar fotografías e  posteriormente logo de insistir nas COPIAS DIXITAIS, obrigan ao persoal a pagar taxas, para a CIG unha clara intimidación cando o persoal municipal exercita o  seu dereito a ter acceso a informes que lles afectan directamente.

 

Que observamos con preocupación a NON publicación de Resolucións das CS de postos dos que temos sospeitas fundadas que levan tempo sendo ocupados de facto, ben por ser renovadas tacitamente ou ben de postos que a pesar de ter titular e polo tanto NON VACANTES,  un exemplo ao do posto da Xefatura de Departamento de RR.HH. a do posto co código 0186, resulta inaudito que non existan publicacións previas ao respecto, entre outras cousas porque impide exercer o dereito ao recurso,  pois sen a pertinente publicación non cabe reclamación posible.

 

Polo anteriormente exposto SOLICITO:

 

  1. Que se publiquen os CVE agachados das notificacións dende finais de novembro de 2023

 

  1. Que se de acceso a calquera persoa interesada nos procesos de CS ás copias dixitais dos expedientes completos se ase o solicitan sen os atrancos amosados ata agora e sen as taxas aplicadas.

 

  1. Que se publiquen a totalidade de Resolucións da CS, tanto das renovacións como das novas antes da toma de posesión dos postos.

 

  1. De maneira reiterada, que se anulen todos aqueles nomeamentos en posto considerados NON VACANTES segundo os preceptos da Sentenza do TSXG 00399/2023.

 

 

 

A Coruña a 8 de Xaneiro de 2024

 

SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA