Comprensión ca situación das comisións de servizo, foi o que nos solicitou o pasado 9 de xaneiro de 2024 o que por entón era o Coordinador de Facenda, Persoal e agora ostenta o cargo de Director con responsabilidades directas en PERSOAL, se temos en conta a sentenza firme do 20 de marzo de 2019 145/19 do TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA que remataba dicindo:

 

Solicitude de comprensión por parte dos máximos responsables que chegaron (seguen sendo os mesmos) en maio de 2019 e que tiñan unha encomenda xudicial moi clara, SER DILIXENTES NOS CONCURSOS para evitar o cese entre outros postos os da maior responsabilidade no noso concello.

En xuño de 2019 a CIG tivo a primeira reunión cos máximos responsables de persoal, unha reunión que mantivo con cada unha das sección sindicais por separado, nós entre outras cousas trasladámoslles a situación da provisión de postos, pola súa parte todo foron boas palabras e comprensión sobre o que comentamos, pero a realidade é que pasaron 65 meses e a maiores das 200 CS que existían en 2019, moi lonxe de actuar con sentido común,  a concellaría de persoal e a súa dirección promoveron nada menos que 303 NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO, durante estes anos a CIG tivo que reiterar requirimentos no xulgado para que se executase a sentenza de 2018 ratificada en marzo de 2019. Tamén vímonos na obriga de denunciar no xulgado novos abusos en canto ao uso das CS como da falta de transparencia na adxudicación dalgún posto de traballo.

A situación a día de hoxe a provisión de postos de traballo está totalmente desmadrada, pois unhas CS provocan postos que quedan libres e que provocan CS en cadea.

Á vista da cantidade recente de convocatorias, e por todo o anteriormente comentado,  CIG non deixa nin deixará de denunciar esta práctica abusiva que non garante a igualdade de oportunidades entre o persoal municipal e perpetúa un sistema discriminatorio na provisión de postos.

Xa para rematar queremos achegarvos unha gráfica que reflicte moi ben a NEFASTAS XESTIÓN que se fixo ata agora da provisión de postos de traballo neste concello, 303 NOVAS CS en cinco anos e pico, difícil ter COMPRENSIÓN, tanto polos datos como polo comportamento amosado ata agora.