O martes as 20:00 a xefatura de persoal enviounos documentación sobre os asuntos a tratar, tivemos que volver a recordar que fixeran entrega da listaxe de postos orzados e dos vacantes, única maneira de comprobar que non existen irregularidades... anotaron novamente a petición sen máis...
ANEXO CONCURSO 1/2019 e como mudan as necesidades e urxencias...
Unha vez comparado co anexo anterior, salvo erro ou omisión atopamos as seguintes diferencias co anexo do concurso específico aprobado anteriormente.
POSTOS ENGADIDOS Á CONVOCATORIA |
ELIMÍNANSE DA CONVOCATORIA |
8 | 398 |
386 | 402 |
443 | 1188 |
445 | 1266 |
1154 | 1298 |
1252 | 1321 |
1267 | 1536 |
1304 | 1724 |
1305 | 1752 |
1535 | |
1560 | |
1619 | |
1686 | |
1699 | |
2089 |
Preguntamos a que obedecían estes cambios, a xefa de persoal contestou que pasou un ano dende a publicación anterior e que estes cambios responden a intención de non perpetuar as comisións de servizo, é curioso cando as persoas que os ocupaban marcharon a novas CS, comentou tamén que detectaron algún erro sobre postos que eran de orixe(que teñen titular pero este está en CS) e non podían saír. O argumento esgrimido pola xefa de persoal é que prioriza os que están en CS e non os vacantes producidos por novas CS... valorade por vós mesmos, a nós non convence de que isto vai a impedir máis CS.
Mención a parte foi o argumento da xefa de persoal sobre a inclusión de adscricións provisionais, resulta estraño que a CIG solicitara que tamén foran incluídos no concurso ordinario e fora rebatido polo servizo de persoal no contencioso administrativo que xa todos coñecedes, podedes comprobalo aquí LIGAZÓN concretamente na páxina 6.
Volvemos a cuestionar que continúen os concursos dende abaixo, polas consecuencias que traerán, recordade que as persoas que ocupan as xefaturas de servizo poden verse na necesidade de concursar... resultado máis CS? tampouco convence a prioridade marcada, neste caso do concelleiro de persoal.
Cando se falou da periodicidade dos concursos de provisión de postos a CIG defendeu un prazo inferior aos dou anos por dous motivos fundamentais, o primeiro é que as comisións de servizo teñen de duración máxima dous anos e de non sacalas a concurso o concello incorrería nunha nova ilegalidade, se as prolonga, e o segundo a de estabilizar ao persoal nos postos, de todos é sabido que consecuencias produciron os sucesivos concursos de comisión de servizo do anterior goberno Municipal.
Fixemos tamén mención a situación que se pode producir coa nova RPT ao ter que eliminar, en aplicación do artigo 76. Que di textualmente, referido ao grupo A: A clasificación dos corpos e escalas en cada Subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso. Isto pode supoñer que nos atopemos que pode ocorrer que algunha persoa titular dun posto de A1 non cumpra cos requisitos, isto causara un problema que teremos que resolver no seu momento.
Cando se lle recordou ao concelleiro o prazo que figura no acordo marco a súa resposta foi, unha vez mais, de menosprezo dese acordo, facendo mención a que se aprobou “ dez dias antes de que abandonaran o goberno”
A MOD RPT, e a falta de criterios técnicos
Dentro da potestade organizativa que ten o Goberno Municipal para acometer cambios na Relación de Postos de Traballo, criticámoslle:
- A amortización de postos inferiores en beneficio da creación de postos superiores ca carga de traballo que supón para os primeiros.
- Apertura dos postos das secretarias de Adm. Xeral a Adm Especial, nin fan mención as titulacións específicas que nós consideramos necesarias para a Adm Especial nin xustifican este cambio.
- Apertura dunha xefat. de departamento en museos a todas as administracións, pois aseguraron que non hai persoal municipal ca titulación requirida... aquí si conta o tema da titulación.
Fora do ámbito organizativo da RPT que deberían ser obxecto de negociación, manifestamos a noso rexeitamento a:
- Que se modificaran os específicos dalgúns postos cando se nos ten dito por activa e por pasiva que iso non tocaba ate a próxima RPT. Non cuestionamos que sexan acaídos ou non, senón que non se apliquen a tódolos que están nas mesmas circunstancias.
- Asemade cuestionamos que aos postos de nova creación se lles asignen específicos co método de comparación con outros, de todos e sabido que na RPT vixente se manteñen postos de traballo iguais con retribucións diferentes e cando se fixeron reclamacións con este criterio foron rexeitadas.
Isto pode dar lugar a pensar que se utilizan criterios de carácter persoal e non técnico.
Solicitamos que se nos facilite o informe de intervención sobre os cambios retributivos e a valoración dos novos postos
En canto cambios das NORMAS DE XESTIÓN
Despois de ter rexeitada a nosa alegación LIGAZÓN sobre as incompatibilidades da LD e a DP, por fin “ caeron da burra”
- ARTICULO 52: Incompatibilidades retributivas.
- Entre os conceptos retributivos previstos neste Título establécense as incompatibilidades seguintes:
- A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si. A especial dedicación é incompatible cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN) e coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2020 que a CIG vincula ao de 2021
Se ben a oferta en canto as promocións para O COLECTIVO DOS/AS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS parécennos insuficiente, a CIG solicitoulle o compromiso claro ao Concelleiro de Persoal da inclusión das restantes prazas de C1 para acadar o 100% das promoción posibles na OPE do ano 2021. O concelleiro aceptouno e comprometeuse a incluílas no 2021.
O concelleiro falou con pesar da cantidade de procesos por abordar, os achegados nesta mesa e os arrastrados de anos anteriores, informounos de que seríamos convocados a unha mesa exclusivamente para tratar de buscar maneiras de axilizar todos os procesos, contestámoslle que podía contar ca nosa axuda.
ROLDA DE INTERVENCIONS
O concelleiro manifestou que estaban traballando nun documento para regular o tele traballo e mencionou que estaban a usar como referencia o da Xunta de Galiza.