Bo día achegámoste cuestións que poden ser do teu interese,
RPT
En contra do que propuxo a Xunta de Persoal por unanimidade, o goberno municipal optou por introducir na proposta de modificación orgánica, valoración de determinados postos de traballo, iso levou a que un traballo que podería terse feito nun curto espazo de tempo, levara máis dun ano e sen rematar nunha proposta de acordo clara.
E así o pasado 20 de abril presentáronnos a RPT para a súa aprobación definitiva.
A pesar de que se introducen cuestións nas que podemos estar da cordo, apertura de postos C2 16 en adiante a C1 (neste suposto negáronse a incluír aos Bombeiros) , recoñecemento do novo Grupo B, igualación de distintos complemento de destino nos postos de igual denominación e igual específico, corrección de algunhas desigualdades na aplicación de determinados complementos(AP no negociado de Policía) , nos atopamos que moitas das modificación que se producen non se aplican con carácter xenérico e nós sempre fomos contrarios (non aprobamos ningunha RPT dende o seu inicio por este motivo) a aplicación parcial de criterios que por norma deberían ser xenéricos.
Nesta reunión tamén tratamos as novas normas de xestión nas que entre outras cuestións eliminouse a parte que estaba publicada e que non constaba no documento que estaba en Galego. Fixemos propostas de modificacións e de aclaracións dalgúns apartados e esperemos que se reflictan no documento que publiquen.
Persoal quedou en publicar tanto a nova RPT coma as Normas de Xestión e abrirase un prazo de 20 días para que quen se sinta prexudicado ou discrepe, presente alegacións. Tanto as achegas dos sindicatos como a documentación de xustificacións ou valoracións de postos, estarán a disposición pública no departamento de persoal.
Na Rolda de intervencións solicitamos que se aclarasen as Áreas Funcionais de cara ao futuro concurso.
un saúdo
A sección sindical da CIG