Transcorrida a metade do mandato do goberno do PSOE na cidade da Coruña dende a sección sindical da CIG neste concello queremos facer publica nosa frustración `pola falta de cumprimento dos obxectivos que asumiu este Goberno en materia de persoal e pola falta de execución dos acordos acadados co anterior goberno da Marea Atlántica que este goberno debería desenvolver.
Tras dous anos de goberno aínda esta sen resolver o pase dos bombeiros ao subgrupo C1, a promoción interna dos auxiliares administrativos, non se deu ningún paso cara a realización dunha nova RPT nin da carreira profesional.
Mención aparte merece o sistema de provisión de postos de traballo, dous anos despois segue sen completarse o concurso de traslados , non se resolven concursos de libre designación convocados xa hai mais de dous anos e pola contra utilízanse as comisións de servizo para colocar aos seus afines, xa sexan desta ou doutras administracións públicas en postos de xefatura deste concello.
As comisións de servizo son a gran mentira deste goberno, baixo a aparencia dun concurso, no que non se valoran méritos de ningunha clase, nomean a dedo as persoas que lles interesa, sen publicidade de ningún tipo sobre o desenvolvemento do proceso. Estas afirmacións podemos facelas porque tivemos acceso á documentación dun expediente deste tipo que tivemos que pedir nun xulgado.
Este goberno do PSOE leva creadas o dobre de novas comisións de servizo en dous anos que o goberno da Marea ou do PP na totalidade das súas respectivas lexislaturas LIGAZÓN
A transparencia dos poucos procesos selectivos que se realizan confronta co feito de que, por vez primeira en mais de vinte anos, non se deixa que Xunta de Persoal propoña un vocal nos procesos de selección , acudindo a persoal doutras administracións publicas para conformar estes tribunais. Descoñecemos que méritos poden ter que non teña o persoal ao servizo deste concello, pero podemos supoñelo.
Ao Sr. Concelleiro Delegado de Persoal non lle chega con “matizar” os tribunais deste concello senón que se permite intervir nos procesos doutros concellos propoñendo vocais distintos dos que lle tiñan solicitado. Explicámonos, hai uns dias o concello de Sada solicitou ao colexio de traballadoras sociais dúas vogais para un proceso selectivo, o colexio utilizando unha lista de persoal cualificado que ten para estes casos propón a dúas traballadoras sociais do concello de Coruña, co argumento de que estas traballadoras tiñan moita carga de traballo propón a outras dúas no seu lugar. CASUALIDADES DA VIDA, ESTAS DUAS ULTIMAS ACABABAN DE ACCEDER A POSTOS DE XEFATURA EN COMISION DE SERVIZO NOMEADAS A DEDO. Que cousas que os subalternos sexan imprescindibles e os xefes non. Tanto o concello de Sada como as aspirantes ao posto convocado deberían estar ollo atento co desenvolvemento deste proceso
Xa para rematar dicir que un destacado integrante do goberno anterior criticou nas redes sociais que non acudamos á fiscalía polos actos do PSOE como fixemos con eles, creemos que no canto de culpabilizarnos a nos debería pensar en que o Goberno do PSOE non ten maioría absoluto e que goberna grazas ao apoio do seu propio grupo.
A Coruña 11 de maio do 2021