NOTA DE PRENSA CIG
CON ROGO DE PUBLICACIÓN
Diante da nova aparecida na Voz de Galicia baixo o titular de “ O Goberno Local notifica o despido a dous interinos” no que desenvolvemento desta nova, fan mención ao resto dos interinos e a vinculación que deste feito se fai ca rescisión de contrato de Pedro Rial, a Sección sindical da CIG quere manifestar o seguinte:
Os dous interinos que se mencionan estaban contratados para a execución dun proxecto concreto, polo tanto a finalización dese proxecto e o remate do seu obxetivo non debería ser considerado como despido se non como fin de contrato. Todo isto con independencia da posible legalidade da modalidade ou non da contratación e do obxeto do mesmo.
Vincular a este tipo de contrato co cese da relación laboral de Pedro Rial significa non ter coñecemento da legalidade vixente ou actuar con bastante mala fe. O cese destre traballador é consecuencia dunha sentenza xudicial firme, producida por unha demanda da CIG, ao ser contratado de maneira “irregular”, ase o demostra a senteza, polo anterior goberno municipal que xa debería ter executada esta senteza.
O secretario da sección sindical da CIG no Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez