ACCIÓN SINDICAL
HISTORICO POR LEXISLATURAS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO
Aqui podedes consultar a listaxe das COMISIÓNS DE SERVIZO de pasadas lexislaturas despois do ÚNICO CONCURSO que abarcou a todos os grupos e categorías da nosa RPT
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2294
RECURSO DE REPOSICIÓN INSTRUCCION 3/2020
DATA, HORA E NUMERO DE REXISTRO
16/03/2021 15:36:30 nº22608
Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que solicitei por rexistro electrónico o 30/10/2020 as 13:15:08 co número de rexistro nº55416, unha convocatoria dunha MXN para a negociación dunhas bases xerais a rexer nos procesos de provisión de postos para a cobertura temporal mediante comisión de servizos e o procedemento a seguir nestes casos.
Que solicitei en numerosas ocasións o estado das COMISIÓNS DE SERVIZO, en canto aos titulares, duración e motivacións, a última o 18/01/2021 13:03:56 co número de rexistro nº4074
Que a día de hoxe nin se negociaron unhas bases para a provisión de postos para a cobertura temporal (COMISIÓNS DE SERVIZO) nin se publicou ou achegou a información sobre a totalidade das coberturas.
Que o pasado 12 de marzo de 2021 o servizo de persoal fixo publica unha INSTRUCIÓN 3/2020: PROCEDEMENTO INTERNO DE XESTIÓN DOS PROCESOS DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA datada no documento co 16 de outubro de 2020 e asinado eletrónicamente polo concelleiro de persoal José Manuel Lage Tuñas o 23 de outubro de 2020.
Que dentro de esta instrución aparecen uns Criterios xerais para a provisión temporal de postos
- Méritos xerais: Obedecerán a elementos relativos á traxectoria profesional dos candidatos, e, en todo caso, antigüidade e grao persoal consolidado.
- Méritos específicos: Obedecerán á vinculación da dita traxectoria profesional, académica e persoal aos requisitos, habilidades e necesidades específicas do posto. Nomeadamente, as especializacións que fagan ao candidato especialmente idóneo para as necesidades de provisión temporal a satisfacer.
Que os algúns méritos incluídos non se poden achegar a ningún tipo de criterio obxectivo nin se coñece cales prevalecen sobre outros, facendo de facto un nomeamento a dedo.
Que esta instrución non foi negociada, e apareceu o 12 de marzo no portal ALFRESCO como feito consumado o que para nós constitúe unha vulneración do deber legal de negociación segundo o artigo 37 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, sobre as materias obxecto de negociación, que dispón:
- Serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, as materias seguintes:
(...)
c) Las normas que fijen los criterios generales en materia de acceso, carrera, provisión, sistemas de clasificación de puestos de trabajo, y planes e instrumentos de planificación de recursos humanos
Quere dicir iso, en consecuencia, que nos atopamos no presente caso en presenza de materia suxeita a negociación, a súa ausencia só pode xustificarse ben por quedar dita materia integramente delimitada por unha negociación anterior, ou por tratarse de cuestións que aínda que están relacionadas co obxecto de negociación, o que non acontece.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN e tralos tramites legais oportunos, se deixe sin aplicación a INSTRUCCIÓN 3/2020 do Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior pola que se estableceron os méritos para a cobertura de provisión de postos temporais.
Que se nos convoque aos/as representantes dos/as traballadores/as a unha Mesa Xeral de Negociación para negociar unhas bases de para a provisión de postos para a cobertura temporal (COMISIÓNS DE SERVIZO)
A Coruña, 16 de marzo de 2021
Ao coidado do Concelleiro Delegado de Persoal do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2401
A TRANSPARENCIA NAS COMISIÓNS DE SERVIZO
Cód. asento Data e hora do rexistro
RMPE150356 18/01/2021 13:03:56
José María Calatayud Sánchez co DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que esta sección sindical leva reclamando dende o ano 2019 información sobre as comisións de servizo que se están a producir de maneira alarmante nesta administración así como das renovacións de comisións de servizo que exceden os dous anos.
Que o concello só publica convocatorias abertas sen motivar as urxencias e necesidades nin as motivacións que dan lugar a nomeamento dalgunhas persoas sobre outras, motivacións que tamén temos solicitadas baseándonos en sentenzas do Tribunal Supremo (rec 1594/2017)
Que a única información facilitada ata o día de hoxe foi do día 22 de decembro é:
- Unha relación de 40 postos nos que figura o número de aspirantes (non identificados) o aspirante proposto sin ningun tipo de valoración por medio e a data de resolución do nomeamento.
Esta información facilitada polo servizo de persoal na data indicada, dista moito do solicitado, tendo en conta que a relación que dende este sindicato estase a seguir polas publicacións no portal de Alfresco supera os 140 procesos de selección para comisións de servizo e ademais non aporta ningún tipo de motivación en canto as urxencias das convocatorias ou a idoneidade dos nomeamentos.
Polo anteriormente exposto e en base a sentenza anteriormente mencionada e ao artigo 9 da lei 9/1987:
SOLICITO:
- Todas as resolucións de todos os nomeamentos en comisión de servizo deste concello dende o 24 de xuño de 2019.
- As motivacións da urxencia e necesidade para cubrir os postos en comisión de servizo.
- Os criterios utilizados para a selección de aspirantes a postos en comisión de servizo
- As motivacións que na fase de valoración deron lugar aos distintos nomeamentos.
- Información sobre calquera tipo de cambio na situación administrativa do persoal, incluíndo dentro deste concepto comisións de servizo, adscricións provisionais, e traslados dentro dos diferentes postos de traballo sen que medie modificación da situación administrativa.
A Coruña a 18 de xaneiro de 2021
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2498
SENTENZAS SOBRE AS COMISIÓNS DE SERVIZO
SENTENZA SOBRE A MOTIVACIÓN NOS NOMEAMENTOS EN COMISIÓNS DE SERVIZO CANDO CONCURREN VARIOS/AS CANDIDATOS/AS
SENTENZA SOBRE Á INFORMACIÓN QUE A ADMINISTRACIÓN TEN QUE FACILITAR AS/OS REPRESENTANTES DAS/DOS TRABALLADORAS/ES (aplicable tamén as CS)
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2482
SOLICITUDE NEGOCIACIÓN BASES PROVISIÓN POSTOS CS
DATA, HORA E NUMERO DE REXISTRO TELEMÁTICO
30/10/2020 13:15:08 nº55416
José María Calatayud Sánchez co DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
COMUNICA
Que segundo o Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro artigo 37 letra C, é materia de obxeto de negociación: “Las normas que fijen los criterios generales en materia de acceso, carrera, provisión, sistemas de clasificación de puestos de trabajo, y planes e instrumentos de planificación de recursos humanos”
Que neste concello non hai ningunha norma aplicable á convocatoria temporal de postos de traballo.
Polo anteriormente exposto
SOLICITAMOS
A convocatoria dunha MXN para a negociación dunhas bases xerais a rexir nos procesos de provisión de postos para a cobertura temporal mediante comisión de servizos e o procedemento a seguir nestes casos
A Coruña 30 de outubro de 2020
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2306
SITUACIÓN CONVOCATORIA XEFATURAS DE SERVIZO
Na seginte LIGAZÓN podedes consultar como está a situación da cobertura de distintos postos nas XEFATURAS DE SERVIZO
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2318
As novas COMISIÓNS DE SERVIZO período 2019-2023
Na seguinte LIGAZÓN iremos actualizando o seguimento das comisións de servizo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 8641
EXECUCIÓN SENTENZA COMISIÓNS DE SERVIZO E SENTENZA CONCURSO
EXECUCIÓN SENTENZA COMISIÓNS DE SERVIZO
Aquí tedes a execución da sentenza LIGAZÓN sobre as comisións de servizo, dende a CIG fixemos todo o posible por acabar con esta lacra que vai en contra dos intereses da maior parte do persoal municipal, mentres o concello segue facendo unha aposta clara por non acabar con elas, polos nomeamentos constantes de novas comisións de servizo LIGAZÓN e pola paralización da segunda fase do concurso, neste caso agachándose nos recursos a bases que fixeron funcionarios/as para non promover a fase que afecta aos subgrupos A1 e A2, resulta curioso que cando a CIG presentou recurso contra a primeira fase do concurso non houbo ningunha paralización... xa comentamos máis dunha vez como o concello utiliza a prudencia xurídica para paralizar ou non procesos... A DEPENDE...
SENTENZA CONCURSO 1ª FASE
Tamén queremos informarvos do fallo LIGAZÓN do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en canto ao noso recurso contra as bases do concurso da primeira fase, o concello foi quen de convencer ao tribunal da excelencia dunha bases que premian como mérito o tempo en comisión de servizo ou estar en posesión de titulación non vinculante ao posto de traballo, tamén conseguiu convencelo de que as dúas fases de concurso obedecían en realidade a unha convocatoria para administración xerais na súa primeira fase e a segunda para administración especial, non se sostén este argumento en canto á distinción que fai entre adm. xeral e especial, ambas convocatorias teñen en maior ou menor medida as tres opcións abertas.
- 1ª FASE: 150 abertos só a administración xeral(o 67%), 40 abertos só a administración especial(o 18%) e 31 aberto a ambas (o 14%).
- 2ª FASE:76 que son só de administración especial (o 57%), 39 abertos as administracións xeral e especial(o 29%) e 19 só para administración xeral(o 14)
Como último dicir que a sentenza fai mención a unha serie de postos que exclúe por non estar orzados algo imposible de comprobar para nós, non é posible determinar que postos están orzados dende o cadro de persoal, nas Mesas Xerais de Negociación sempre a CIG sempre queixase da documentación pouco clara que se entrega dende o servizo de persoal, podedes comprobar a importancia que ten isto agora.
A pesar de que non estamos satisfeitos co resultado das nosas denuncias, dicirvos que dende a CIG seguiremos traballando para evitar os abusos ao que nos ten acostumado este concello e volvermos a presentar as denuncias pertinentes cando así o consideremos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2785
SOLICITUDE ESTADO DAS COMISIÓNS DE SERVIZO
José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña e delegado da Xunta de Persoal.
DIGO
- Que a sentenza da Sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo de 24 de xuño (rec.1594/2017) establece a obrigatoriedade da publicidade nas convocatorias de provisión de postos de traballo polo sistema de comisións de servizo.
- Que a CIG solicitou (agosto 2019 núm rex 27626) para que se aplicaran os fundamentos xurídicos da devandita sentenza, e así evitar a discrecionalidade e o ocultismo co que se nomearon a maioría das comisións de servizo neste concello. O servizo de persoal publicou só algúns destes procesos na súa totalidade, deixando algúns deles nun mero anuncio para presentación de solicitudes e non informando dos nomeamentos, nin das/os adxudicatarias/os nin das datas de inicio destas novas comisións de servizo.
- Que ningunha das últimas comisións de servizo están motivadas na urxencia e necesidade, máis tendo en conta a solicitude que a CIG fixo no 4 de outubro de 2019 para que se convocara a fase do concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1, porén esta sigue paralizada.
- Que segundo a lei 9/1987 de 12 de xuño, dos Órganos de Representación, no seu artigo 9 di: “As Xuntas de Persoal e os Delegados de Persoal, no seu caso, terán as seguintes facultades, no seus respectivos ámbitos: 1. Recibir información que lle será facilitada trimestralmente sobre a política de persoal do Departamento, Organismo ou Entidade Local.”
- Que o pasado 14 de outubro de 2019 solicitamos á dirección de facenda e persoal entre outras cousas: Información sobre calquera tipo de cambio na situación administrativa do persoal, incluíndo dentro deste concepto comisións de servizo, adscricións provisionais, e traslados dentro dos diferentes postos de traballo sen que medie modificación da situación administrativa. Sen resposta a día de hoxe.
Polo anteriormente exposto
SOLICITA
Que en aplicación da sentenza do punto primeiro se de publicidade a:
- todas as resolucións de todos os nomeamentos en comisión de servizo deste concello dende o 24 de xuño de 2019.
- as motivacións da urxencia e necesidade para cubrir os postos.
- as motivacións que na fase de valoración deron lugar aos distintos nomeamentos.
Asemade, en base ao artigo 9 da lei 9/1987, reiteramos a petición de:
- Información sobre calquera tipo de cambio na situación administrativa do persoal, incluíndo dentro deste concepto comisións de servizo, adscricións provisionais, e traslados dentro dos diferentes postos de traballo sen que medie modificación da situación administrativa.
A Coruña 7 de febreiro de 2020
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3479
CRONOLOXÍA DAS COMISIÓNS DE SERVIZO NO CONCELLO DA CORUÑA a xaneiro 2020
LIGAZÓN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3031
DILIXENCIA EXECUCIÓN SENTENZA COMISIÓNS DE SERVIZO
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3654
SENTENZA SUPREMO rec1594/2017
Premendo AQUÍ podedes consultar a sentenza do Tribunal Supremo que obriga facer convocatoria pública de todas as comisións de servizo
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3306
SENTENZA TSXG COMISIÓNS DE SERVIZO, AS ALEGRIAS, OS TEMPOS, OS COMPLICES E AS VALORACIÓNS
A Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña a sentenza 145/2019 e ante a importancia que lle outorga a citada sentenza o goberno municipal temos que manifestar :
AS ALEGRIAS DALGUNHAS NAS DEMORAS
Que o fallo do TSXG ratifica a anulación das comisións de servizo de máis de 2 anos, polo tanto, as comisións de servizo que se atopan nesta circunstancia seguen sendo absolutamente ilegais, e non entendemos como alguén se pode alegrar de que o TSXG ratifique a ilegalidade dunha parte da xestión do goberno municipal.
OS TEMPOS ADMINISTRATIVOS
Que as comisións de servizo superiores a 2 anos continúan sendo ilegais, polo que a vinculación que fai a Concelleira de Persoal con esta sentenza, só pode ter que ver ca rapidez demandada pola sentenza na execución do CONCURSO, esperemos que a súa alegría non veña dada porque ao desaparecer inicialmente esta premura podan dilatar “sine die” a finalización da provisión de postos a través do citado CONCURSO
OS COMPLICES NECESARIOS
A Concelleira non se cansa de repetir que a CIG é a única que non asinou o acordo das BASES DO CONCURSO e polo tanto tampouco a listaxe de postos obxecto de convocatoria. A día de hoxe os tres sindicatos asinantes, recoñeceron nun comunicado conxunto en 16 de novembro de 2018 (LIGAZÓN) que eran partidarios do concurso único, pero que aprobaron a proposta actual polo “BEN XERAL” e pola posibilidade de que non se levase a cabo. Na última mesa xeral de negociación celebrada o venres 22 de marzo, un destes tres sindicatos posicionouse en contra de que no ACORDO MARCO, no apartado de B) PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, figurasen as bases por eles aprobadas o 27 de abril de 2018.
Se estas organizacións sindicais mostrasen a firmeza necesaria na defensa dos intereses xerais do persoal municipal, como manifestan na defensa dalgún colectivo concreto, tanto a regularización das comisións de servizo, coma a provisión de postos de traballo xa levarían tempo rematados e regularizados e non atoparnos a menos de 60 días do final do mandato ca metade dos concursos sen resolver.
AS VALORACIÓNS XUDICIAIS
Ao respecto da valoración que a CIG fai da citada sentenza, temos que dicir que cáusanos estupor o xuízo de valor que fai a poñente desta sentenza no relativo aos motivos que levaron á CIG a interpoñer a demanda, baseada ademais en inexactitudes en canto aos tempos nos que se produciron os feitos, en ningún caso foi a CIG quen estivo a remolque do goberno municipal, todo o contrario, cada actuación que estivo realizando o goberno municipal cara á execución do concurso, ven precedida por unha actuación da CIG como demostramos na cronoloxía dos feitos (LIGAZÓN) publicada xa fai 4 meses.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3647
CRONOLOXÍA DAS COMISIÓNS DE SERVIZO NO CONCELLO DA CORUÑA
Aquí podedes consultar as solicitudes e respostas que deu personal sobre as comisións de servizo
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 5220
RESUMO MXN DO 23 DE XUÑO DE 2026
O Goberno municipal endurece as condicións das listas de agarda coa complicidade de UGT
O pasado 23 de xuño celebrouse unha Mesa Xeral de Negociación de carácter extraordinario na que o Goberno municipal levou para a súa aprobación unha modificación da Instrución 4/17, que regula as listas de agarda do persoal funcionario interino do Concello.
Con carácter previo á celebración da Mesa Xeral, a CIG convocou unha asemblea aberta dirixida ao persoal temporal, coa finalidade de informar da proposta do Goberno municipal e coñecer de primeira man a opinión das persoas directamente afectadas. A elevada participación permitiu compartir numerosas experiencias derivadas dos chamamentos, poñendo de manifesto o crecente malestar existente entre o persoal interino polo trato que recibe como consecuencia da súa situación de temporalidade.
Na propia asemblea quedou patente o rexeitamento ás modificacións que pretendía introducir o Goberno municipal. A CIG asumiu o compromiso de trasladar esa posición á Mesa Xeral de Negociación, defendendo a voz das traballadoras e traballadores temporais fronte a unha proposta que supón un novo recorte dos seus dereitos.
A proposta aprobada introduce cambios que supoñen un claro retroceso nas condicións do persoal temporal e consolida unha visión cada vez máis restritiva da súa situación laboral.
Entre as modificacións máis relevantes atópase a esixencia de acadar unha puntuación mínima equivalente ao 50 % da puntuación máxima do primeiro exercicio para poder formar parte das listas de agarda, así como a creación dunha lista única que integra persoas procedentes do último proceso selectivo en primeiro lugar e , en segundo lugar, persoas participantes incluídas na última lista cronoloxicamente aprobada agás as dos procesos de estabilización que sempre serán subsidiarias a calquera das anteriores.
Ademais, a proposta do Goberno municipal prevé recorrer a listas de agarda de "categoría equivalente" cando non existan listas vixentes da propia categoría. A CIG defendeu que este mecanismo non pode quedar ao criterio unilateral da Administración. A nosa proposta foi que cada utilización dunha lista doutra categoría fose sometida ao acordo da Comisión de Seguimento das Listas de Agarda, garantindo así a transparencia, a obxectividade e o control sindical. O Goberno municipal rexeitou esta proposta e limitouse a aceptar unha simple comunicación posterior á Comisión de avaliación e seguimento.
Outro dos aspectos máis lesivos da modificación é o recorte do dereito á mellora de emprego. Ata agora, as persoas interinas podían optar a unha mellora cando reunían os requisitos establecidos (ter un nomeamento no concello igual ou inferior a un ano). Coa nova redacción, só poderán acceder a esa mellora cando transcorran, como mínimo, nove meses nun nomeamento igual ou inferior a 1 ano. Esta limitación supón reducir as posibilidades de acceder a postos de maior estabilidade e mellores condicións, perpetuando a precariedade do emprego temporal.
Especialmente grave foi o ton empregado durante a negociación por responsables do Goberno municipal e do Servizo de Recursos Humanos. En lugar de manter un debate baseado en criterios técnicos, optaron por desacreditar o persoal interino con afirmacións como que "non estudan o suficiente" e que só preparan o imprescindible para entrar nunha lista de agarda e poder traballar durante anos sen superar un proceso selectivo completo. Estas palabras constitúen un desprezo inaceptable cara a centos de traballadoras e traballadores que acceden ás listas tras superar probas selectivas e que levan anos garantindo o funcionamento dos servizos municipais. Máis grave aínda resulta que este tipo de declaracións procedan precisamente de quen ten a responsabilidade de dirixir a política de persoal do Concello e debería actuar con respecto e rigor institucional.
Este discurso resulta, ademais, profundamente contraditorio. Quen hoxe cuestiona o mérito e a capacidade do persoal interino accedeu á condición de persoal funcionario de carreira, nalgúns casos, mediante procesos extraordinarios de estabilización, legais e sobradamente defendidos pola CIG. Pretender poñer agora en dúbida o esforzo e a preparación do persoal temporal desde esa posición carece de toda autoridade moral e evidencia unha dobre vara de medir absolutamente inaceptable.
Na votación final da proposta, CIG, CCOO e CSIF manifestamos o noso rexeitamento e votamos en contra por considerar que estas modificacións endurecen as condicións de acceso e permanencia nas listas de agarda, limitan as posibilidades de mellora de emprego e reducen as garantías na súa xestión. Pola contra, UGT foi a única organización sindical que apoiou a proposta do Goberno municipal, facendo posible a súa aprobación.
Desde a CIG seguiremos defendendo unhas listas de agarda transparentes, negociadas e con garantías, pero tamén un modelo de emprego público que respecte a dignidade do persoal temporal. O persoal interino non é un problema que haxa que corrixir, senón un colectivo que leva anos facendo posible o funcionamento dos servizos públicos municipais e que merece respecto, estabilidade e condicións laborais dignas.
Finalmente, cómpre sinalar que, ante o rexeitamento maioritario por parte da representación sindical á proposta presentada, o concelleiro responsable manifestou que se reserva o dereito de non ter en conta ningunha das achegas formuladas na Mesa Xeral de Negociación, anunciando a súa intención de publicar unha modificación da Instrución distinta da sometida a debate neste órgano. Esta actitude supón un grave menosprezo ao proceso de negociación colectiva e á representación legal do persoal. Por este motivo, desde a CIG agardaremos á publicación do texto definitivo para realizar unha análise completa do seu contido e valorar, de ser o caso, as accións que procedan no marco da defensa dos dereitos do persoal afectado.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 986
RESUMO MXN DO 8 DE MAIO DE 2026
PLAN DE FORMACIÓN
Aprobouse o plan de formación para este ano 2026 coa abstención da nosa sección sindical e o voto a favor do resto de seccións sindicais.
A nosa abstención está motivada porque levamos varios anos advertindo que os cursos de interpretación musical e de interpretación instrumental para a banda de música municipal, pola información que nos consta, non serían cursos de formación si non que se estaría pagando con cargo á partida de formación a contratación de directores invitados e de solistas invitados. Informóusenos de que o director da banda municipal emitiu un informe ao respecto e acordouse na mesa que se nos facilitaría ese informe, estamos á espera de poder consultalo.
Debido ao retraso cada vez maior co que se aproba o plan de formación anual o sr. Concelleiro estivo dacordo nunha proposta, xa feita con anterioridade pola representación sindical, na elaboración dun plan de formación de carácter bianual que permita unha mellor planificación e execución dos cursos de formación.
PROTOCOLO FRONTE AS AGRESIÓNS EXTERNAS NO TRABALLO
A nosa sección sindical levaba moito tempo solicitando a negociación dun protocolo fronte as agresións que sufre o persoal municipal no seu posto de traballo, xa que polo que nos contades percibíamos un incremento das agresións ao persoal e unha situación de desprotección por parte do concello en moitos casos, deixando á sua sorte á persoa agredida. Non é así en todos os casos e, afortunadamente, a implicación dalgún responsable é maior conseguindo que se adoptaran medidas cautelares nos xuzgados.
Esta disparidade nas actuacións de protección do persoal municipal demostra que non se pode deixar á responsabilidade individual un tema tan delicado, pero esperábamos un protocolo moito mais ambicioso por eso a nosa implicación en melloralo foi total pero recibimos o non por resposta e, como xa vos informamos, ningunha das nosas aportacións foi tida en conta por ese motivo votamos en contra do documento que nos presentaron.
Aínda así o protocolo foi aprobado na MXN co voto a favor de UGT, CCOO e CSIF, sen que fixeran ningunha achega de mellora ao mesmo, e polo tanto será de obrigado cumprimento, estaremos vixiantes para que se cumpla. Non dubidedes en poñervos en contacto con nos si considerades que non se está actuando correctamente.
En canto esté publicado e entre en vigor informarémosvos e enviaremos tamén as aportacións que fixemos e que non se tiveron en conta para que fagades a vosa propia valoración.
PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO ACORDO DA CARREIRA HORIZONTAL
Este punto foi aprobado por unanimidade de todas as seccións sindicais.
Modifícanse a base 6.2 e a base transitoria segunda que quedan coa seguinte redacción:
6.2 Ao persoal que ingrese no Concello da Coruña procedente doutras Administracións públicas onde non estea implantado o sistema de carreira administrativa horizontal ou cos que non exista convenio ou outro instrumento de colaboración subscrito e vixente, poderánselle computar os anos de servizo na súa administración de orixe sempre que exista equivalencia na escala, subescala, clase e praza ocupada naquela e na que se pase a ocupar no Concello da Coruña, e cumpran os requisitos de permanencia na correspondente escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional e de formación para a avaliación favorable establecidos neste acordo
Base transitoria segunda. Xubilación e falecemento.
En recoñecemento aos servizos prestados no Concello da Coruña, o persoal que se xubile ou faleza por calquera causa, dende a entrada en vigor deste acordo ata o 30/12/2029, terá dereito ao aboamento do 100% do complemento adicional ao complemento de destino correspondente en función do grao ou graos de carreira administrativa que teña recoñecidos de acordo co establecido neste acordo, co máximo das vinte catro últimas mensualidades.
A efectos de xubilación entendese incluido o persoal funcionario ao que lle sexa recoñecida una incapacidade permanente para o exercicio das funcións propias do seu corpo ou escala, ou polo recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou, incapacidade permanente total en relación co exercicio das funcións do seu corpo ou escala, sen previsión de revisión.
Atendendo as vosas demandas durante as mesas técnicas para a modificación do acordo fixemos a proposta de que se tivera que presentar a solicitude de recoñecemento de grao unha única vez e o recoñecemento dos seguintes graos a medida que se fosen cumplindo se fixese de forma automática, esta proposta non foi aceptada.
Tamén fixemos unha proposta de contido económico que consistía no incremento dun 15% da porcentaxe a cobrar no ano 2027 pasando do 85% ao 100%, tampouco foi aceptada.
OFERTA PUBLICA DE EMPREGO PARA O ANO 2026
O goberno municipal entregou unha proposta de conversión de 16 prazas de OPEs comprendidas entre os anos 2018 e 2023 na OPE do 2026 debido a un recurso da delegación do goberno e para evitar a perda destas prazas.
A sección sindical da CIG indicou que a proposta achegada non conta con prazas relativas aos grupos máis baixos e que ao respecto da quenda de discapacidade concentra as prazas exclusivamente no grupo A1 e que ao noso entender debería de repartirse dun xeito máis heteroxeneo entre o resto de grupos.
Ao respecto da promoción interna, a reserva ao turno por discapacidade concentráse do mesmo xeito exclusivamente en 2 prazas para administrativo (C1).
O goberno municipal comprometeuse a estudar a nosa achega antes da publicación definitiva da OEP.
Este punto foi aprobado por unanimidade.
PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT.
O goberno municipal achega unha proposta de modificación puntual da RPT, enviando esta documentación con menos de 24 horas de antelación á celebración desta MXN.
Esta proposta de modificación excede, ao noso entender, a unha cuestión meramente organizativa. Inclúe, entre outras cuestións:
- Creación de postos na Área do Plan Estratéxico da Cidade da Coruña para o período 2030-2050
- Modificación na forma de provisión de postos de determinadas Xefatura de Servizo de Concurso Específico á Libre Designación
- Modificación do grupo de titulación no servizo de museos científicos
- Homoxeneización nas características de determinados postos equivalentes referidos a determinadas titulacións
- Cambio de denominación dunha unidade de RRHH e creación dunha Xefatura de departamento nesta unidade.
A Sección Sindical da CIG mantivo o criterio amosado durante todo este tempo relativo a que non avaliaría modificacións puntuais da RPT (agás exclusivamente ás derivadas da convocatoria do concurso de traslados e relativas a criterios de titulación para a administración especial), e polo tanto, non apoiaría ningunha modificación puntual da RPT que excedese a este respecto, toda vez que estase a negociar, teóricamente, unha nova RPT.
Con todo isto, este punto foi aprobado co voto en contra da CIG, a abstención de CCOO e o voto favorable de UGT e CSIF.
ROGOS E PREGUNTAS
O goberno municipal anunciou que se retomarían as mesas técnicas relativas á Casa de Acollida Municipal e de Mercados, sen concretar datas.
Dende a parte sindical preguntouse pola situación do persoal da Estación de Autobuses ante a próxima apertura da estación intermodal. O Concelleiro explicou que a concesión municipal da Estación de Autobuses remata, e que polo tanto, a partir dese momento, será a Xunta de Galicia quen asuma esta competencia. A partir dese momento, o goberno municipal convocará á representación sindical para tratar a reubicación deste persoal afectado, toda vez que a Xunta de Galicia non os subrogará. Explicou que é posible que ata que esto ocurra, parte deles sexa trasladado á estación intermodal de xeito temporal e para evitar a paralización da prestación do transporte.
Ao respecto da implantación das 35 horas nesta administración, o goberno municipal expresou o seu posicionamento favorable a esta medida, pero adiou o mesmo á negociación da nova RPT.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1127
RESUMO MXN DO 21 DE OUTUBRO DE 2025
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
Dende que o actual goberno municipal acordou o inicio dunha nova valoración de postos de traballo xunto coa convocatoria dun novo concurso de traslados, a Sección Sindical da CIG deixou claro o seu posicionamento de que non avaliaría ningunha modificación puntual da RPT que afectase á creación e valoración de postos, xa que entendíamos que isto debía facerse no marco dunha valoración integral e global da totalidade dos postos de traballo do Concello da Coruña.
Porén, o goberno municipal plantexou na MXN do pasado 16/04/2025 unha modificación puntual da RPT referida exclusivamente ao establecemento de titulacións para os postos de Administración Especial, pensando na abordaxe dun novo concurso de traslados, toda vez que xa houbo sentenzas que afectaron a determinados postos do anterior concurso e que supuxeron a súa eliminación do mesmo.
A CIG sempre defendeu, e a propia normativa e xurisprudencia así o avalan, que os postos de Administración Especial deben contar con requisitos de titulación para o seu desempeño. Por tal motivo, avaliamos positivamente que se iniciase o traballo a través de mesas técnicas de estudo de titulacións e ramas, cunha modificación puntual da RPT exclusivamente para este fin.
Dende entón, a metodoloxía de traballo foi totalmente caótica, con cambios constantes de criterio e de propostas. Ata ese momento, traballárase nas bases do concurso xeral, establecendo áreas funcionais para os postos de Administración Especial, sen que o goberno municipal expresase en ningún momento —dende marzo de 2024, cando comezaron as negociacións das bases— a necesidade desta modificación, xa que estaba previsto iniciar a negociación dunha nova RPT na que se abordarían os requisitos de titulación, tan necesarios para estes postos.
Con todo, durante os seguintes meses continuouse traballando nesta modificación das titulacións, partindo dun primeiro listado duns 300 postos de traballo que comprendían a totalidade dos postos de Administración Especial da RPT. Sempre se incluíron todos os postos, sen exclusión por nivel, xa que consideramos que o establecemento de titulacións é algo que debe afectar á totalidade dos postos da RPT.
Ante a imposibilidade de abordar esta modificación a tempo para convocar o concurso ordinario antes de finais de ano, e de facelo sen estudar pormenorizadamente as funcións de cada un dos 300 postos para negociar as titulacións máis acaídas, optouse por unha modificación puntual engadindo ramas de titulación nos postos de Administración Especial, deixando as titulacións concretas para o momento das negociacións da nova RPT.
Poucos días antes da MXN convocóusenos, por separado, a cada sección sindical a unha reunión previa onde se nos comunicou un cambio substancial: os postos de nivel 26 (xefaturas de departamento) quedaban excluídos desta modificación puntual e deixábanse para o momento da valoración de postos da RPT, sempre que estivese lista no primeiro semestre de 2026.
Por todo isto, a CIG votou en contra desta modificación puntual por varios motivos:
- É unha modificación puntual que só se aplica a unha pequena parte dos postos de Administración Especial e que non resolve a necesidade de establecer titulacións para a totalidade destes postos, xerando un agravio comparativo. Dánse casos como, por exemplo, o posto de técnico medio de innovación, que conta con dúas prazas (2129 e 2130), aplicándose a modificación só á 2130.
- Engádense titulacións a postos barrados AG/AE, o que pode impedir que o persoal de Administración Xeral poida concorrer a eles.
- Exclúense desta modificación puntual todos os postos de Administración Especial de nivel 26.
A CIG considera que o goberno municipal non respectou o acordado, ao presentarnos unha modificación parcial de só 19 postos fronte aos 300 cos que estivemos traballando dende o pasado mes de abril, incluíndo —en contra do acordado— postos de AG/AE, modificando ou eliminando titulacións específicas en lugar de establecer ramas de titulación, e excluíndo de xeito interesado os postos de nivel 26.
Con todo, esta proposta de modificación puntual foi aprobada cos votos a favor de CSIF e UGT, a abstención de CCOO e o voto en contra da CIG. Polo tanto, esta modificación puntual está en período de información pública ata o día 21 de novembro, polo que vos recomendamos que lle botedes unha ollada por se vos vedes afectados e queredes presentar alegacións.
BASES PARA A PROVISIÓN DE POSTOS POR CONCURSO ORDINARIO
A Sección Sindical da CIG votou en contra destas bases debido exclusivamente ao listado de postos incluídos no concurso.
A Xunta de Persoal, por unanimidade das catro seccións sindicais, presentou unha proposta de bases que levamos negociando de xeito consensuado dende febreiro de 2024, ata acadar unha boa proposta cun peso do 35% para a antigüidade, 10% valoración do traballo desenvolto, 1% permisos de conciliación, 4% grao consolidado, 20% para a formación, 15% experiencia profesional e 15% para o galego.
Consensuadamente defendemos tamén as catro seccións sindicais, ata unha semana antes da MXN, que o concurso ordinario debía aplicarse ata os postos de nivel 26 inclusive, en contra do criterio mantido polo goberno municipal, que pretende modificar a forma de provisión das xefaturas de servizo para cubrilas todas por libre designación e as xefaturas de departamento para facelo por concurso específico.
Os cambios nas formas de provisión que pretende o goberno municipal carecen de motivación legal e, na nosa opinión, obedecen a outros intereses. Así o debeu entender tamén o Sr. Concelleiro, cando, catro días antes da MXN, se nos comunica que se eliminan os postos de nivel 26 do listado do concurso ordinario e se retiran da orde do día as bases do concurso específico.
As razóns que se nos dan para este cambio son que estes postos (xefaturas de departamento e xefaturas de servizo) precisan dun análise máis detallado para modificar a forma de provisión e tamén para evitar posibles recursos xudiciais. Comunícannos que estes postos se abordarán na fase de valoración da RPT, sempre que esta se poida realizar no primeiro semestre de 2026.
Non fai falta pensar moito para decatarse de que, tal e como alegamos por escrito durante as negociacións destes meses, coa actual RPT, co actual manual de funcións e coa xurisprudencia vixente, este cambio de forma de provisión carece totalmente de fundamento legal e de motivación, xa que debe xustificarse posto a posto tanto para cambiar a forma de provisión a libre designación como a concurso específico, e non como pretende o Sr. Lage, pasando o rodillo e pretendendo provisionar os postos de xefatura como a el lle conveña.
O listado de postos que achega o goberno municipal para o concurso ordinario consideramos que é totalmente insuficiente. Logo do intenso traballo que leva feito a CIG no seguimento das comisións de servizo neste Concello, e tendo en conta que nos últimos anos temos constatadas máis de 300 convocatorias de comisións de servizo motivadas por suposta urxencia e necesidade reiterada, presentar un anexo con algo máis de 100 postos non amosa intención real de resolver a problemática da cobertura temporal de postos mediante comisións de servizo que arrastra este goberno municipal.
De feito, ante a nosa pregunta, explicouse que o criterio seguido para a inclusión de postos foi o de incorporar unicamente aqueles que foran convocados para cobertura temporal por comisión de servizo durante o último ano.
Para a CIG, este criterio é totalmente inaceptable e unha tomadura de pelo e evidencia a intención do goberno municipal de manter postos vacantes “en reserva” para, despois da resolución do concurso, volver cubrilos temporalmente mediante comisións de Servizo e de xeito discrecional.
Se realmente o goberno municipal quixese rematar “co problema das comisións de servizo”, tal e como expresou na MXN, convocaría todos os postos vacantes que foron cubertos mediante comisións de servizo por urxencia e necesidade durante os últimos anos.
Revisando o listado de postos do concurso ordinario, detectamos que faltan uns 80 postos máis que deberían saír a concurso, así como todos os postos vacantes de nivel 26 que teñen como forma de provisión o concurso ordinario na actual RPT.
O resto das seccións sindicais desmarcáronse do criterio que consensuadamente defendemos durante todos estes meses de que o concurso ordinario chegase ata os postos de nivel 26.
Polo tanto, as bases do concurso ordinario saíron adiante cos votos a favor de UGT, CSIF e CCOO, e o voto en contra da CIG.
BASES DO CONCURSO ESPECÍFICO PARA CABOS DO SEIS
Este punto foi aprobado por unanimidade, co compromiso do goberno municipal de estudar as últimas achegas feitas pola Sección Sindical da CIG sobre a valoración no apartado de titulacións académicas —para que se valoren as titulacións de ciclo medio de FP que non constitúen requisito de acceso— e sobre o suposto práctico da segunda fase, co obxectivo de clarificar cales son os protocolos de intervención nos que se baseará.
MODIFICACIÓN DA INSTRUCIÓN 2/21
Tras a modificación lexislativa que establece que o permiso parental para o coidado de fillos ten carácter non retribuído, o goberno municipal propuxo introducir un novo permiso retribuído na Instrucción 2/21, denominado “permiso para os coidados”, que consiste nun permiso de duración non superior a 40 días laborables para o coidado dos fillos ata que o menor cumpra os oito anos.
Este novo permiso poderá desfrutarse ata un máximo de 10 días laborables por ano natural e non poderá unirse con períodos de vacacións nin con días de asuntos particulares. Estes dous aspectos supoñen un empeoramento respecto ao permiso parental retribuído, e así llo expuxemos na mesa ao Sr. Concelleiro, que non quixo modificalo, o que motivou que a nosa Sección Sindical se abstivese na votación deste punto, que quedou aprobado cos votos a favor do resto das seccións sindicais.
ROLDA DE INTERVENCIÓNS
A convocatoria de MXN era unha convocatoria extraordinaria, e polo tanto, non admitía rolda de intervencións. A pesar diso, e fora da convocatoria, o Sr. Lage accedeu a que a CIG fixese unha pregunta sobre a cobertura de persoal administrative do COF, xa que fixeramos esta pregunta por escrito e todavía non tiñamos resposta.
No día de hoxe, 29 de outubro, recibimos resposta escrita á nosa pregunta, que vos trasladamos para o voso interese:
CONTESTACIÓN Á SOLICITUDE DO SINDICATO CIG EN RELACIÓN CO PERSOAL DO COF
O 16.09.2025 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, presentou no rexistro municipal de María Pita un escrito, con código de asento RMPE191IU1 e número de rexistro 71065, no que expón e solicita o seguinte:
“…No centro de traballo do COF (Centro de Orientación Familiar) traballa actualmente unha soa persoa no posto de auxiliar administrativo.
Anteriormente o COF contaba cunha dotación de tres persoas no posto de auxiliar administrativo.
O COF presta servizo a toda a área sanitaria da Coruña e non só a persoas da cidade, o que xenera unha carga de traballo inasumible por unha soa persoa nese posto.
POLO EXPOSTO, SOLICITA:
Se dote ao COF, como mínimo, dunha persoa máis para o posto de auxiliar administrativo con carácter urxente ao ser inasumible a carga de traballo actual”.
Vista a devandita petición,
COMUNÍCASELLE:
- A día de hoxe, non existe ningún título ou documento vixente e vinculante polo que o Concello da Coruña teña a obriga de manter e ampliar o persoal municipal co que conta o COF. A pesares diso, esta Administración municipal garante a continuidade da atención máis alá das súas competencias. Así, mantén a cobertura dun posto de auxiliar e procede a reforzar a dotación de persoal cando resulta imprescindible para garantir a atención ao público, mediante nomeamentos de persoal funcionario interino.
- A prestación sanitaria é unha competencia autonómica que recae no SERGAS, na Consellería de Sanidade, e non no Concello da Coruña. Compete ao SERGAS dotar o COF do persoal facultativo, sanitario non facultativo e de apoio necesarios para o seu funcionamento, o que inclúe o persoal administrativo.
III. O Concello da Coruña seguirá a centrar os seus esforzos de xestión administrativa en conseguir que se materialice un acordo polo que o Sergas asuma o compromiso de sufragar a totalidade do persoal do COF, en coherencia co seu ámbito competencial, mentres esta Administración municipal asume os gastos de subministracións e mantemento ordinario do inmoble no que se empraza.
SERVIZO DE RRHH.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1912
RESUMO MXN DO 16 DE ABRIL DE 2025
PLAN DE FORMACIÓN PARA O ANO 2025
Aprobamos o plan de formación para o persoal municipal para este ano 2025. Dende a nosa sección sindical criticamos que o plan de formación se aprobe a mediados de abril xa que non da tempo a executalo na sua totalidade e solicitamos, de novo, que o próximo plan de formación se aprobe a principios de ano para ter tempo a impartir todos os cursos planificados. O concelleiro comprométese a ter traballado este asunto a finais do 2025, para poder aprobar e executar o plan de formación a principios do 2026.
Acordouse sacar as prácticas de tiro da policía local do plan de formación, algo que a nosa sección sindical leva reclamando dende hai anos, e adicaranse esas 200 horas das prácticas para mais cursos de carácter transversal para todo o persoal municipal.
Solicitouse tamén un cronograma da calendarización dos cursos ao longo do ano para facilitar a organización e planificación de todo o persoal municipal.
OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025
Aprobamos a Oferta Publica de Emprego para o ano 2025, a proposta inicial do goberno municipal foi modificada tras as solicitudes das seccións sindicais expostas na mesa.
Despois da negociación coas sección sindicais o goberno municipal acepta as seguintes modificacións:
- Nas prazas de promoción interna aumentaron a 4 as 2 prazas previstas para técnico medio de bibliotecas, que sumadas as 9 de OPES anteriores farían un total de 13 prazas, defendido pola sección sindical da CIG nos últimos meses en varias mesas técnicas e de negociación, e co que terá opción de promocionar todo o persoal municipal de bibliotecas que está en condicións de facelo.
- A nosa sección sindical solicitou que a praza de técnico superior de servizos sociais prevista na quenda libre (con reserva a persoas con discapacidade) se sacase por promoción interna ao que o señor concelleiro contestou que se mantiña a praza prevista por quenda libre e se inclúe na OPE outra praza mais de técnico superior de servizos sociais por promoción interna.
- Solicitáronse tamén prazas de auxiliares da casa de acollida debido á situación absolutamente precaria que viven estas compañeiras na que tan so 1 das 9 prazas previstas na RPT está cuberta por funcionarias de carreira, nun servizo que funciona as 24 horas os 7 días da semana o resto de postos están cubertos dende hai anos mediante programas de carácter temporal. O concelleiro acepta incluir 2 prazas de auxiliar da casa de acollida na OPE do ano 2025 a cambio de retirar 1 praza de Auxiliar Administrativo e 1 praza de Técnico Medio de Xestión.
- Quedou pendente de valoración por parte do goberno municipal do incremento dunha praza mais de oficial do parque móvil.
A nosa sección sindical preguntou cal era o motivo de que non aparezan na OPE 2025 as prazas necesarias para o proceso de internalización do persoal de bibliotecas xestionado por unha empresa privada cando si aparecían no cadro de persoal do ano 2025 aprobado na MXN do mes de Xaneiro pasado. O sr.concelleiro contestou que o goberno municipal seguía coa folla de ruta marcada para o proceso de internalización e cos prazos comunicados nas anteriores mesas xerais de negociación sin dar ningún outro tipo de explicacións sobre este tema.
MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 2/2021 SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA.
Aprobouse a modificación da Instrucción 2/2021 previamente tratada en mesa técnica e que consiste na adaptación lexislativa de varios permisos incluídos nesta instrucción e a introducción na mesma do permiso parental retribuído de 8 semanas para o coidado de fillos e do permiso para os actos preparatorios da doazón de órganos e tecidos.
O goberno municipal tiña interese en concretar o permiso retribúido por falecemento, accidente grave, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar, en concreto no referido ao suposto de hospitalización. Anteriormente a instrucción establecía que esta entendíase cando implique a estancia hospitalaria que inclúise unha noite e unha comida. A proposta inicial do goberno municipal era unha nova redacción na que se entendera a hospitalización se transcorrían 24 horas de estancia no centro hospitalario. A nosa sección sindical defendeu que debía reducirse esta cantidades de horas de estancia no centro hospitalario, e finalmente o goberno municipal estableceu que entenderase a hospitalización cando transcurran alomenos 12 horas de estancia no centro hospitalario.
MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN 4/17 SOBRE O PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO DO CONCELLO DA CORUÑA
Aprobouse a modificación da Instrucción 4/17 ,previamente tratada en mesa técnica, modificándose o artigo 2 (apartado 6 bis) no relativo á utilización de varias listaxes de forma simultánea por terse agotado a listaxe principal de chamamentos, o artigo 4 sobre a mellora de emprego, o artigo 5 relativo ao rexeitamento xustificado dun chamamento (solicitado pola Sección Sindical da CIG), o artigo 7 relativo á rotación nos chamamentos e a creación do artigo 5 bis para recoller o disposto no artigo 24.2 da Lei de Emprego Público de Galicia que regula o período de proba.
APROBACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE LISTAXES DE PERSOAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTOS PROTOCOLARIOS POR MATRIMONIOS CIVÍS NO CONCELLO DA CORUÑA
Aprobouse o novo procedemento de listaxes para a realización de actos protocolarios por matrimonios civís, previamente tratado en mesa técnica, e ao que poderán optar as/os funcionarios de carreira do Concello da Coruña pertencentes aos subgrupos C2 e C1 de Administración Xeral.
Este procedemento rixe a elaboración da listaxe, os chamamentos e as retribucións do persoal municipal dos subgrupos C2 e C1 para a sua participación nos actos protocolarios de matrimonios civís con funcións vinculadas á elaboración das actas dos matrimonios celebrados no Concello da Coruña.
Tanto o procedemento aprobado, como a listaxe de chamamentos e as retribucións a percibir serán publicadas.
Coa a aprobación deste procedemento corríxese unha situación absolutamente inxusta na que o persoal administrativo percibía unha retribución menor que o resto do persoal municipal participante nestes actos (persoal de conserxería e maceros da policía local) e pasará a estar retribuído mediante unha produtividade de 300€ por cada fin de semana de chamamento.
APROBACIÓN DAS BASES DE CONCURSO ORDINARIO
A aprobación deste punto quedou adiada ata unha próxima mesa xeral de negociación que o Sr. Concelleiro se comprometeu a convocar a mediados do próximo mes de maio.
A solicitude de aprazar a aprobación das bases de concurso ordinario partiu da totalidade da representación sindical despois de que o sr. Concelleiro anunciase na mesa, sin comunicalo previamente, que a aprobación das bases de concurso requeriría unha previa modificación puntual da RPT co fin de establecer requisitos específicos de titulación para todos os postos de administración especial que actualmente non os teñen na RPT. A obriga de incluir as titulacións no caso dos postos de administración especial, é unha demanda de vello desta sección sindical que este goberno municipal desoiu reiteradamente nas anteriores modificacións puntuais da RPT.
Ante a pregunta da nosa sección sindical de si esa nova modificación puntual da RPT incluiría mais cambios que os requisitos de titulación o Sr. Lage contestou que, nese momento, non tiña na cabeza ningunha outra modificación da RPT. Dende a CIG fixemos esta pregunta toda vez que nas mesas técnicas deixouse claro por parte do goberno municipal que o novo concurso ordinario chegaría ata o nivel 24, o que supón que deixaría fora ás Xefaturas de Departamento, que ocupan un nivel 26 na actualidade, e polo tanto, deben incluirse no novo concurso ordinario.
Acordouse, despois da nosa solicitude, que se nos daría traslado da modificación puntual da RPT anunciada na mesa xeral e que se trataría nunha mesa técnica con carácter previo á levar de novo as bases de concurso a mxn o próximo mes de maio.
Cabe dicir que, despois de varios meses con mesas técnicas de bases de concurso, aínda non acadamos un acordo en varios apartados do baremo do concurso polo que haberá que agardar para saber si achegamos posturas co goberno municipal para chegar a unhas bases de concurso ordinario negociadas e pactadas.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa Sección Sindical preguntamos pola data de celebración da mesa técnica do persoal auxiliar da casa de acollida, solicitada con carácter urxente, pola cada vez mais conflictiva e insostible situación de conflictividade coas persoas usuarias con situacións de agresións físicas e verbais ao persoal municipal e varias intervencións policiais. Mentres dende a CIG expoñíamos a grave situación destas compañeiras o sr. Concelleiro comunicouse coa concelleira responsable desta área polo que esperamos que a convocatoria se produza canto antes.
Tamén se preguntou polos procesos selectivos de técnico medio de emprego e de axudantes de cemiterios e pola convocatoria da mesa técnica de mercados.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1974
RESUMO MXN EXTRAORDINARIA DO 24 DE XANEIRO DE 2025
ORDE DO DÍA:
1-ORZAMENTO E CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA PARA O EXERCICIO 2025
2- ROGOS E PREGUNTAS
Neste punto a nosa Sección Sindical solicitou un incremento na partida adicada ao plan de formación do persoal municipal, un incremento necesario para garantir unha formación adecuada para a totalidade do persoal municipal, algo que neste momento claramente non sucede.
Ao respecto do cadro de persoal o mais destacado é o incremento das prazas tanto de técnico como auxiliar de bibliotecas coa finalidade de ter as prazas necesarias para o proceso de internalización do persoal de bibliotecas actualmente xestionado por unha empresa privada.
Pola nosa banda, e xa de cara á próxima convocatoria da mesa de negociación para a aprobación da oferta pública de emprego deste ano, solicitamos o aumento de prazas de promoción interna para o persoal de bibliotecas e tamén a necesidade de prazas de promoción interna para o persoal municipal que acaba de superar os procesos de estabilización.
Comunicáronnos tamén que no mes de febreiro comenzarían as mesas técnicas dos múltiples temas que temos pendentes. Esperemos que as negociacións este ano sexan máis áxiles e non nos vexamos de novo nun punto morto sin avances tal como aconteceu durante o 2024.
No turno de rogos e preguntas , despois de recibir pola vosa parte algunha consulta ao respecto, preguntamos si a baremación de méritos da fase de resultas do concurso 1/19 foi a mesma que na primeira fase e respostáronnos que si e que era a comisión de valoración a que interpretaba as bases establecidas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2268
RESUMO MXN DE 30 DE DECEMBRO DE 2024
ORDE DO DÍA:
- APROBACIÓN DA ACTA DA MXN DO 14/10/2024
- BALANCE DO ANO 2024
- PREVISIÓNS E OBXETIVOS PARA O ANO 2025
- ROGOS, PREGUNTAS E SUXESTIÓNS
Como podedes observar polos puntos que conforman a orde do dia, o pasado día 30 de decembro de 2024 fomos convocados a unha mesa xeral de negociación sin ningún tipo de contido real para negociar, o último día hábil do ano e en pleno nadal.
As razóns para esta convocatoria inútil e vacía de contido habería que preguntarllas ao goberno municipal.
Dende a nosa sección sindical facemos o noso propio balance do ano 2024, moi alonxado do exposto polo señor concelleiro na mesa:
Durante o ano 2024 non se pechou ningunha negociación das iniciadas agás o acordo acadado para o colectivo de conserxes de colexio e estamos moi lonxe de acadar ningún acordo nos temas fundamentais para todo o persoal municipal como poden ser unha nova valoración de postos ou as bases de concurso.
Estivemos todo o ano o ano 2024 escoitando que a obligatoriedade legal de rematar os procesos de estabilización a data 31 de decembro de 2024 tivo ao departamento de recursos humanos moi ocupado, non dubidamos de que a gran cantidade de procesos de estabilización supón un gran traballo, pero non pode servir de excusa para todo, xa que a data de hoxe a situación é a seguinte:
- Valoración de postos: ningún avance e todo por facer.
- Bases de concurso: pese ao exposto polo señor concelleiro nesta última mesa de que quedaba pouco para chegar a un acordo o certo é que estamos nun punto morto e, salvo que cambie completamente a proposta inaceptable feita nas mesas técnicas, non se acadará ningún acordo alomenos coa sección sindical da CIG.
- Fase de resultas do concurso 1/19: pese ao tempo transcurrido dende o inicio desta fase a previsión dada na mesa é que tardará aproximadamente outros 6 meses en resolverse.
- Mesas técnicas solicitadas dende a Xunta de Persoal para diferentes colectivos: ningunha convocada ata o momento agás a de conserxes de colexio.
- Falouse doutros temas na mxn aos que se lle ten que dar “impulso” no 2025: procesos selectivos, promoción interna, reunificación da rede de bibliotecas, novas listas de agarda para sustitucións …
Moito ten que cambiar a actitude do goberno municipal para este ano 2025 si pretenden pechar algún dos moitos temas que temos enriba da mesa, a nosa sección sindical, como sempre, traballará para pechar acordos en todas as cuestións pendentes.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1944
Páxina 8 de 11