ACCIÓN SINDICAL
RESUMO DA MXN 18 DE XUÑO 2020
O martes as 20:00 a xefatura de persoal enviounos documentación sobre os asuntos a tratar, tivemos que volver a recordar que fixeran entrega da listaxe de postos orzados e dos vacantes, única maneira de comprobar que non existen irregularidades... anotaron novamente a petición sen máis...
ANEXO CONCURSO 1/2019 e como mudan as necesidades e urxencias...
Unha vez comparado co anexo anterior, salvo erro ou omisión atopamos as seguintes diferencias co anexo do concurso específico aprobado anteriormente.
|
POSTOS ENGADIDOS Á CONVOCATORIA |
ELIMÍNANSE DA CONVOCATORIA |
| 8 | 398 |
| 386 | 402 |
| 443 | 1188 |
| 445 | 1266 |
| 1154 | 1298 |
| 1252 | 1321 |
| 1267 | 1536 |
| 1304 | 1724 |
| 1305 | 1752 |
| 1535 | |
| 1560 | |
| 1619 | |
| 1686 | |
| 1699 | |
| 2089 |
Preguntamos a que obedecían estes cambios, a xefa de persoal contestou que pasou un ano dende a publicación anterior e que estes cambios responden a intención de non perpetuar as comisións de servizo, é curioso cando as persoas que os ocupaban marcharon a novas CS, comentou tamén que detectaron algún erro sobre postos que eran de orixe(que teñen titular pero este está en CS) e non podían saír. O argumento esgrimido pola xefa de persoal é que prioriza os que están en CS e non os vacantes producidos por novas CS... valorade por vós mesmos, a nós non convence de que isto vai a impedir máis CS.
Mención a parte foi o argumento da xefa de persoal sobre a inclusión de adscricións provisionais, resulta estraño que a CIG solicitara que tamén foran incluídos no concurso ordinario e fora rebatido polo servizo de persoal no contencioso administrativo que xa todos coñecedes, podedes comprobalo aquí LIGAZÓN concretamente na páxina 6.
Volvemos a cuestionar que continúen os concursos dende abaixo, polas consecuencias que traerán, recordade que as persoas que ocupan as xefaturas de servizo poden verse na necesidade de concursar... resultado máis CS? tampouco convence a prioridade marcada, neste caso do concelleiro de persoal.
Cando se falou da periodicidade dos concursos de provisión de postos a CIG defendeu un prazo inferior aos dou anos por dous motivos fundamentais, o primeiro é que as comisións de servizo teñen de duración máxima dous anos e de non sacalas a concurso o concello incorrería nunha nova ilegalidade, se as prolonga, e o segundo a de estabilizar ao persoal nos postos, de todos é sabido que consecuencias produciron os sucesivos concursos de comisión de servizo do anterior goberno Municipal.
Fixemos tamén mención a situación que se pode producir coa nova RPT ao ter que eliminar, en aplicación do artigo 76. Que di textualmente, referido ao grupo A: A clasificación dos corpos e escalas en cada Subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso. Isto pode supoñer que nos atopemos que pode ocorrer que algunha persoa titular dun posto de A1 non cumpra cos requisitos, isto causara un problema que teremos que resolver no seu momento.
Cando se lle recordou ao concelleiro o prazo que figura no acordo marco a súa resposta foi, unha vez mais, de menosprezo dese acordo, facendo mención a que se aprobou “ dez dias antes de que abandonaran o goberno”
A MOD RPT, e a falta de criterios técnicos
Dentro da potestade organizativa que ten o Goberno Municipal para acometer cambios na Relación de Postos de Traballo, criticámoslle:
- A amortización de postos inferiores en beneficio da creación de postos superiores ca carga de traballo que supón para os primeiros.
- Apertura dos postos das secretarias de Adm. Xeral a Adm Especial, nin fan mención as titulacións específicas que nós consideramos necesarias para a Adm Especial nin xustifican este cambio.
- Apertura dunha xefat. de departamento en museos a todas as administracións, pois aseguraron que non hai persoal municipal ca titulación requirida... aquí si conta o tema da titulación.
Fora do ámbito organizativo da RPT que deberían ser obxecto de negociación, manifestamos a noso rexeitamento a:
- Que se modificaran os específicos dalgúns postos cando se nos ten dito por activa e por pasiva que iso non tocaba ate a próxima RPT. Non cuestionamos que sexan acaídos ou non, senón que non se apliquen a tódolos que están nas mesmas circunstancias.
- Asemade cuestionamos que aos postos de nova creación se lles asignen específicos co método de comparación con outros, de todos e sabido que na RPT vixente se manteñen postos de traballo iguais con retribucións diferentes e cando se fixeron reclamacións con este criterio foron rexeitadas.
Isto pode dar lugar a pensar que se utilizan criterios de carácter persoal e non técnico.
Solicitamos que se nos facilite o informe de intervención sobre os cambios retributivos e a valoración dos novos postos
En canto cambios das NORMAS DE XESTIÓN
Despois de ter rexeitada a nosa alegación LIGAZÓN sobre as incompatibilidades da LD e a DP, por fin “ caeron da burra”
- ARTICULO 52: Incompatibilidades retributivas.
- Entre os conceptos retributivos previstos neste Título establécense as incompatibilidades seguintes:
- A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si. A especial dedicación é incompatible cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN) e coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2020 que a CIG vincula ao de 2021
Se ben a oferta en canto as promocións para O COLECTIVO DOS/AS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS parécennos insuficiente, a CIG solicitoulle o compromiso claro ao Concelleiro de Persoal da inclusión das restantes prazas de C1 para acadar o 100% das promoción posibles na OPE do ano 2021. O concelleiro aceptouno e comprometeuse a incluílas no 2021.
O concelleiro falou con pesar da cantidade de procesos por abordar, os achegados nesta mesa e os arrastrados de anos anteriores, informounos de que seríamos convocados a unha mesa exclusivamente para tratar de buscar maneiras de axilizar todos os procesos, contestámoslle que podía contar ca nosa axuda.
ROLDA DE INTERVENCIONS
O concelleiro manifestou que estaban traballando nun documento para regular o tele traballo e mencionou que estaban a usar como referencia o da Xunta de Galiza.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2715
SOLICITUDE CONVOCATORIA COMITÉ SAÚDE LABORAL
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2660
VALORACIÓN CIG SITUACIÓN ACTUAL PROMOCIÓN INTERNA C2 A C1
Despois de darlle voltas ao acontecido na MXN do día 26 de decembro na que se falou da Oferta de Emprego Público do 2020 e do Cadro de Persoal deste ano, despois de recibir dende a Dirección de Facenda un pdf con co Cadro de Persoal para o 2020, despois do correo enviado pola UGT na que se informa que o Goberno Municipal eleva a proposta de prazas de promoción interna de administrativos de 17 ( 13 de nova creación e 4 vacantes) a 48 prazas ( supoñemos que serán 44 de nova creación e as 4 vacantes). A información trasladada por UGT non foi facilitada ao sindicato CIG polo Goberno Municipal nin recibimos un novo cadro de persoal para o ano 2020 que ratifique esta afirmación. Constatado que a información que se nos facilitou nesa MXN contiña datos falsos analizamos os cadros de persoal e as OEP dende o ano 2014 e estes son os datos:
|
ANO |
CADRO DE PERSOAL |
CADRO DE PERSOAL |
OEP |
|
2014 |
86 Administrativo |
211 Auxiliares Adm. |
3 |
|
2015 |
78 Administrativos |
203 Auxiliares Adm. |
5 |
|
2016 |
80 Administrativos |
203 Auxiliares Adm. |
3 |
|
2017 |
81 Administrativos |
189 Auxiliares Adm. |
8 |
|
2018 |
101 Administrativos |
202 Auxiliares Adm. |
20 |
|
2020 |
124 Administrativos |
205 Auxiliares Adm. |
¿? |
Durante o período do 2014 ao 2019 ofertáronse 39 prazas de promoción interna de Auxiliar a Administrativo e , no mesmo período o incremento das prazas de Administrativo foi de 15 prazas. A non resolución destas OEP produciu un aforro as arcas municipais de aproximadamente 211.000 € neste período.
O incremento do gasto que supón pasar de 101 a 124 administrativo e de aproximadamente 36.700 €. Si se confirma o dato facilitado pola UGT de 48 prazas para o OEP do 2020 suporía un incremento do gasto en 76.700 € aproximadamente.
Si aplicamos o Acordo Marco que asinaron UGT, CSIF e CCOO co goberno da Marea en proporción ao 80% para o ano 2020, proporción nada desatinada si se ten en conta que os Técnicos Audiovisuais promocionan ao 100%, os bombeiros igual si se ten en conta aos que non cumpren os requisitos dos dous anos de antigüidade. Pois ben a promoción dos auxiliares a administrativos ate o 80% do Acordo Marco suporía un incremento de 123 prazas con un custo de 196.000€ ,aproximadamente, 15.000 € menos do que o concello se leva aforrado por non resolver as OEP anteriores.
A CIG sempre mantivo, en contra do criterio do goberno da Marea e do resto dos sindicatos , que o tan cacarexado acordo Marco non era ningunha panacea e que non supuña ningunha garantía de cara ao futuro. O Grupo Municipal da Marea ten nas súas mans demostrar que estabamos equivocados, xa que deles depende a aprobación do orzamento municipal proposto polo Goberno do PSOE, e conseguir que se aplique o criterio do Acordo Marco por eles asinado no seu grado máximo nestes orzamentos municipais.
O colectivo de Auxiliares Administrativos debería reflexionar sobre a diferenza de trato que recibe ao respecto doutros colectivos polos diferentes Gobernos Municipais. O traballo constante e calado, a asunción de tarefas por riba das súas competencias, a formación das novas incorporacións, incluso de superior categoría, non recibe a consideración que se merece por parte dos responsables políticos, sendo sempre os últimos para todo. Deberíamos de reflexionar si non será hora de limitarnos a realizar so as funcións propias do noso posto, que é polo que nos pagan, para que , dunha vez por todas se recoñeza o valor de seu traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4416
RESUMO CIG MXN 26 DECEMBRO 2019
Mesa Xeral de Negociación Extraordinaria co seguintes puntos da orde do día:
- Orzamentos e Cadro de Persoal do exercicio 2020
- Dar conta do reparto do 0,30 da masa salarial previsto no Real Decreto-Lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.
En primeiro lugar temos que dicir que achegámonos á MXN onde fundamentalmente iamos falar de NÚMEROS, sen ningún tipo de documentos nin datos.
ORZAMENTOS:
Oferta Publica de Emprego para o 2020 fundamentalmente orientada no incremento de Técnicos (38 prazas máis)
Partida de 75.000€ para a contratación dunha empresa que elaborara unha nova RPT.
Dende a CIG preguntamos sobre se habería aportación ao plan de pensións, ao que fomos contestados que non e cunha cifra aproximada do que supoñería esta aportación, ±500.000€, contestamos que dende a CIG estaríamos dispostos a vincular esta cifra a nova valoración de postos, o concelleiro dixo que unha nova valoración non supoñía unha subida de salarios, se non unha adecuación á realidade.
Sobre o Plan de Formación, dixeron que pasaran un cuestionario a todo o persoal para determinar as necesidades, neste punto a CIG preguntou se había intención de recuperar acordos de formación coma os de Portos ou de Inditex para o servizo do SEIS, contestaron que non.
CADRO DE PERSOAL 2020
Déronnos conta verbalmente do cadro de persoal, ao marxe doutros datos mencionados por persoal e polas contas que fixemos, acometerán promocións internas no subgrupo C2 cas seguintes porcentaxes: 6,43% Aux. Adm a Administrativos e dun 86% para Bombeiros,polo que non respeta as porcentaxes do Acordo Marco que supoñían o paso de C2 a C1 nestes postos e que recordamos a continuación:
- 40% entre 2019/20
- 40% entre 2020/21
- 20% no 2022
Dende a CIG mencionamos a importancia na estrutura organizativa do concello dos postos de Auxiliares Administrativos/as, tanto polo número (LIGAZÓN CADROS PERSOAL ANTERIORES) coma polas funcións que desempeñan, máis propias dunha categoría superior incluso de Técnicos. Esta diferencia porcentual de trato entre os diferentes colectivos, probablemente esté relacionada ca capacidade reivindicativa de cada un deles.
0,30% INCREMENTO MASA SALARIAL
Coma ben mencionaba a orde do día, deron conta do reparto do 0,30% que segundo o concelleiro, non sería un reparto proporcional como aconteceu no 2019 e no que a parte da patronal e a sindical estivemos da cordo. O reparto será só entre 372 persoas que cobran menos de 2.000€ brutos ao mes (con todos os conceptos retributivos) e ademáis nun concepto non consolidable nunha PRODUCTIVIDADE. Converten un concepto retributivo nunha limosna de carácter anual.
Dende a CIG recordámoslle en primeiro lugar que este punto entraba dentro das materias obxecto de negociación que o EBEP regula no seu art. 37 e en segundo que este incremento non podía ir nunha produtividade.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4713
RESUMO CIG MXN 17 DE OUTUBRO DE 2019
Asuntos tratados
Análise da situación laboral actual no Concello:
O concelleiro fixo unha presentación aséptica da situación actual que poderíamos asumir perfectamente
Proposta en materia de formación:
Ao respecto da formación enfocouse en dous planos, primeiro na necesidade de nomear un responsable da xestión e o segundo darlle unha volta tanto ao sistema coma as características do plan actual centrándose fundamentalmente na formación obrigatoria, adecuación a novidades lexislativas e por outra banda o uso das novas tecnoloxías e un redimensionamento da formación presencial e online. Todo isto a través da detección das necesidades, da actualización de coñecementos e, sobre todo, da necesidade real de recibir a formación ofertada.
Proposta xeral de obxectivos en materia de xestión de recursos humanos durante o mandato 2019-2023:
O concelleiro comprometeuse a meterse no marrón da RPT a condición de que tería que estar rematada antes de xuño do 2022, xa que non quería que se vise comprometida co proceso electoral do ano seguinte. Acordouse externalizar a confección e a CIG introduciu a necesidade de negociar o manual de valoración antes da súa implementación.
Abordarase o tema do radón iniciando as actuacións polo servizo de informática.
Tamén nos comunicaron que enviarán unha instrución para a recuperación do 12 de Outubro, que será igual que a do ano pasado
Rogos e Preguntas:
Solicitamos que se modificara o criterio de persoal sobre si o ir a recoller a un menor ao colexio por chamamento da dirección do centro constitúe o exercicio dun deber inexcusable de carácter persoal. Coidamos que quedou claro que si.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4478
RESUMO MXN DO 22 DE MAIO DE 2019
1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
Hai varias actas pendentes de aprobación. Explican que están redactándoas e que as enviarán todas xuntas por correo electrónico para a súa revisión e sinatura a vindeira semana.
2.- APROBACIÓN RPT
Informan de que o prazo para as alegacións para a aprobación definitiva da RPT amplíase ao 4 de xuño debido a problemas derivados da aplicación informática. Nese momento a CIG menciona a solicitude que rexistrou no día de onte sobre á aplicación da sentenza que gañou outro sindicato en relación ao recoñecemento do complemento de Atención ao Público (AP1), na que solicitamos que se aplique o dito complemento a unha serie de postos. (LIGAZÓN) NOTA: Debido a solicitudes recibidas por correo electrónico engadimos outros postos a listaxe rexistrada na propia MXN.
A concelleira di que en todo caso, habería que solicitar ao xulgado unha extensión dos efectos da sentenza, e que non procede a aplicación xa que a demanda interposta polo sindicato xa contemplaba a concesión dese complemento a eses postos e que non foi estimada na sentenza, que o limita a dous postos: auxiliar de estación de autobuses e psicólogo clínico. Na revisión que a CIG fixo da sentenza non é certo que se pedise este complemento para os postos que reclamamos.
A concelleira remite a que a valoración dese complemento deberá facerse nunha nova valoración de postos de traballo. A CIG pregunta o porqué da decisión do Goberno Municipal de non ter recurrido a sentenza, tal e como acostuma a facer co resto de cuestións xudiciais en materia de persoal, a concelleira traslada esta responsabilidade: “ás estratexias do departamento de Asesoría Xurídica”.
O sindicato demandante, solicita que se recoñeza tamén o dito complemento de Atención ao Público ao posto de Oficial de Estación de Autobuses, ou do contrario deberá deixar de facer a atención. De igual xeito que chama a atención que o Concello non recurrise este fallo e aceptase a cuestión, non deixa de sorprender que este sindicato demandante tampouco recorrese o fallo e aceptara a firmeza da sentenza, cando é evidente que consideran que non satisface as súas pretensións (solicitan o recoñecemento de diversos complementos para mais de 15 postos, mais aceptaron o recoñecemento dun único complemento para tan so dous postos concretos).
3.- PLANIFICACIÓN DA SEGUNDA FASE DO CONCURSO DE TRASLADOS (C1, A2, A1)
Unha semana máis, plantexan un novo cambio de criterios no tócante ao requisito de incluír ou non memoria nos méritos específicos. Despois de ter acordado a semana pasada eliminar a Memoria do concurso, proponse que sí deberán presentar memoria os postos de xefatura/dirección/coordinación a partir do nivel 24 e en todo caso para os postos a partir do nivel 26. Dada a improvisación e falta de criterio constante nesta cuestión, a CIG abstívose nesta cuestión mentres que o resto dos sindicatos aceptan a proposta.
Múdase tamén o relativo á formación considerada básica e obrigatoria, e polo tanto, non puntuable, en materia de igualdade e riscos laborais. Propoñen que nesta fase de concurso considérese “formación básica” a aprobada recentemente no Plan de Formación, que será de 8 horas. Polo tanto, a formación que exceda desa duración, sí se terá en conta e puntuará. Un novo cambio de criterio con respecto aos aprobados para a primeira fase do concurso.
- ROLDA DE INTERVENCIÓNS
Ante a petición dalgún sindicato na previsión de prazos para resolver o concurso en todas as súas fases, a concelleira escúdase en que xa non dependerá dela se non da nova persoa que ocupe a concellería, mais que segundo a previsión que ela barallou, non debería de exceder do final de ano.
Dende a CIG solicitamos a remisión do Plan de Formación unha vez tidas en conta as modificacións acordadas na Mesa de Formación. Quedan en remitila de xeito inmediato.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4806
RESUMO DA DERRADEIRA MXN... DOCUMENTO CORTINA DE FUME E SORPRESA FINAL
A Mesa Xeral de Negociación foise alongando nos días 22, 25, 29 de marzo, 5, 23, 25 abril e o 14 de maio, como resulta complicado un resumo detallado do acontecido en 7 días de negociación no que o asunto prioritario foi o acordo marco...
DEFINAMOS ACORDO MARCO
O que denominaron como, ACORDO MARCO, por máis que nolo queiran vender, non é máis que un DOCUMENTO CUNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS de todos os ASUNTOS QUE TERÁN QUE SER NEGOCIADOS OBRIGATORIAMENTE para que teñan validez xurídica. A este DOCUMENTO non existen prazos para alegacións ou recursos. Algúns dos asuntos que nel se recollen poderían ser rematados sen mais mediante unha resolución, como poden ser o da xornada de verán ou o día de santa Rita
DOCUMENTO ESCUDO DO GM E SINDICATOS ANTE AS CRÍTICAS RECIBIDAS
O Goberno da Marea estivo xogando co persoal case todo o mandato para rematar cun DOCUMENTO ESCUDO que se apresuraron a asinar un día antes do inicio da CAMPAÑA SINDICAL. Supoñemos que para agachar tanto a inoperancia do goberno municipal como a submisión do sindicalismo amarelo durante toda esta lexislatura.
O ACORDO MARCO vs ACORDOS VÁLIDOS
Respecto ao ACORDO MARCO, a CIG estivo de acordo na maioría dos temas que nel se falaron, debatendo e facendo achegas como a inclusión do tele-traballo que non estaba no documento inicial. Todos e cada un dos asuntos foron solicitados previamente para a súa concreción en ACORDOS VÁLIDOS en MXN, como foi o acadado para Bombeiros. Recordámosvos que foi a CIG quen reclamou, de forma reiterada, que se asinara o acordo acadado cos Bombeiros, cousa que a concelleira evitou ata o último momento.
Resulta difícil de entender a inclusión dentro dun acordo marco outro acordo independente que ten substantividade propia e que é executable por si mesmo, a non ser que o que se pretenda é excluir á CIG da posibilidade de asinalo.
A DETERMINACIÓN DA CIG E A INCOHERENCIAS DO RESTO
O motivo polo que a CIG non asinou este DOCUMENTO foi que nel inclúen (por insistencia dos outros sindicatos) as bases do concurso de provisión de postos coma referencia a futuras bases. É sabido que este asunto está denunciado pola CIG no xulgado LIGAZÓNS e por coherencia non podemos asinar algo que menciona principios e criterios cos que non estamos de acordo. O noso sindicalismo demostra diariamente que non cambia a súa opinión, algo que non poden dicir outros sindicatos ou o servizo de Persoal. Sirvan como exemplos a modificación que pretenden facer ás bases do concurso que se empeñaron en incluír no acordo marco e xa anuncian que as van modificar o mesmo día que o asinan o acordo marco.
ROLDA DE INTERVENCIÓNS E SORPRESA FINAL
Nestas últimas datas non tivemos oportunidade de facer moitas preguntas ao final das reunións, pois cada unha delas era continuación da anterior, pero tivemos a oportunidade de pedir explicacións sobre distintos asuntos solicitados por rexistro con anterioridade. Ao marxe das largas de persoal, fomos quen de acadar resposta a unha pregunta sobre a tramitación da cobertura de vacantes por mobilidade na Policía Local. Informaron que está tramitada na Academia Galega de Seguridade.
Dentro da rolda de intervencións fomos coñecedores dunha demanda contra a RPT presentada por un sindicato que solicitaba se lle aplicaran a unha serie de postos o factor de penosidade de inspección, o de atención ao publico e, noutros casos, pasar do nivel mínimo ao máximo deste ultimo factor. A sentenza estímalle só o do factor de atención ao publico para dous postos (Psicólogo clínico e Auxiliar de estación). O que soubemos na MXN é que esa sentenza de primeira instancia, para a nosa SORPRESA, non foi recorrida polo Goberno Municipal, (a diferencia co que fai con outras), polo que a sentenza foi declarada firme a semana pasada (sentenza 068/2019). Descoñecemos a motivación que levou ao Goberno Municipal a non recorrela, pero a conclusión, que temos que sacar é que asume como propios os argumentos utilizados na sentenza. O goberno municipal, sendo coherente coa resolución desta sentenza, debería aplicar os ditos argumentos á totalidade dos postos que as cumpran.
“...el citado artículo 46 establece que el de atención al público AP1 se asigna a los puestos de trabajo que exigen una atención al ciudadano de naturaleza presencial, continuada, esencial, prioritaria que no presente un gran volumen o complejidad, mientras que el AP2 tiene esas mismas notas, pero siempre que la atención al ciudadana sea de mayor volumen y complejidad.”
Segundo a sentenza débese aplicar aos seguintes postos: AP 1 para Psicólogos clínicos (postos nº 1452 e 1502) e para Auxiliares de estación (postos de 1706 a 1718)
Dende a CIG solicitaremos do Goberno Municipal que aplique este factor aos seguintes postos de traballo xa que, ao noso entender, cumpren as condicións mencionadas na sentenza:
- 147 e 149 , Inspector de tributos.
- 204 ,210, Técnico superior orientación profesional.
- 208,209, Técnico superior prom. econ.
- 211, Axente desarr. Local.
- 232, Técnico local emprego
- 321,322, Animador sociocultural
- 474-477, Socorrista
- 541-546 Sarxento seis
- 547-561, Cabo do seis
- 562-686, Bombeiros.
- 688,689, Monitor protección civil
- 690, Oficial de protección civil
- 704-721, Inspector PL
- 722-775, Oficial PL
- 76-1097, Policia local
- 1161-1170, Oficial cemiterios.
- 1171-1186, Axte. cemiterios
- 1263, Xefe departamento recadación.
- 1272-1277, Axente executivo
- 1509,1510, Técnico orientación e inserción laboral
- 1542-1550, Asistente rede acollida.
- 1626,1627 Inspección Intervención edificación.
- 1719-1721, Axudante de estación.
- 1933 , TM xuventude
- 1934 Animador sociocultural
- 1935, Técnico auxiliar xuventude e solidariedade
Ningún destes postos de traballo estaba incluído a demanda da UGT coa única excepción dos AXUDANTES DE ESTACIÓN. Probablemente esquezamos algún posto que tamén debería formar parte desta lista, pedimos desculpas e animámosvos a facer a solicitude vos mesmos.
O motivo de que incluamos aos AXUDANTES DE ESTACIÓN, a pesar de que o xuíz desestimou esa petición, é que O GOBERNO MUNICIPAL “ACEPTOU” QUE OS AUXILIARES DE ESTACIÓN DEBERÍAN TER O PLUS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO, PASANDO POR ALTO QUE OS DOUS POSTOS DE TRABALLO TEÑEN AS MESMAS RETRIBUCIÓNS ESPECÍFICAS E REALIZAN AS MESMAS TAREFAS. A ÚNICA DIFERENCIA RADICA NO NOME DO POSTO, XA QUE NON SE PODE MODIFICAR A DENOMINACIÓN DOS POSTOS OCUPADOS POR INTERINOS, POIS ISTO SUPORÍA O SEU CESE.
Algún dia coñeceremos si esta aceptación do Goberno Municipal formou parte dun acordo co demandante (UGT) para aquietarse nesta sentenza e non recorrela ningún dos dous.
FINALMENTE RECORDA QUE O PRÓXIMO 23 DE MAIO SERA O DÍA DA VOTACIÓN PARA ESCOLLER OS/AS DELEGADOS/AS QUE NOS REPRESENTARAN DURANTE OS PRÓXIMOS CATRO ANOS.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4799
MESA TÉCNICA POLICÍA 20/2/2019.
Nesta reunión acordouse levar á Mesa Xeral de Negociación dous asuntos que afectan en principio á quenda de noite de policía, a asistencia a xuízos no día de saída da quenda e a asistencia a probas médicas tamén no día de saída.
ASISTENCIA A XUIZOS: A maiores da compensación que reciben por acudir a xuízos fora da xornada laboral, que segundo o sistema de traballo da Policía Local o funcionario podía optar por executala na noite anterior, se lle reducirá a xornada da noite anterior ao xuízo nun 50%.
ASISTENCIA A PROBAS MÉDICAS E ESPECIALISTAS: Acordouse que quen traballe de noite e teña que acudir ao especialista ou a facer unha proba médica pola maña, sempre no SERGAS, teña garantido o descanso necesario para facelo nas mellores condicións posibles. Supoñemos que este asunto se delimitará con maior claridade no texto que se leve á MXN.
POR INSISTENCIA DA CIG, CO BENEPLACITO INMEDIATO DAS REPRESENTANTES DO GOBERNO MUNICIPAL E A PESAR DO INTENTO DE EVITALO DE ALGÚN “SINDICALISTA”, ESTAS DÚAS MELLORAS APLICARANSE Á TOTALIDADE DO PERSOAL MUNICIPAL QUE TRABALLE EN QUENDA DE NOITE, NOMEADAMENTE BOMBEIROS E CASA DE ACOLLIDA.
No noso concello parece que para facer actividade sindical vale todo, algúns parece que necesitan facer inimigos, reais ou ficticios, para manter tensionado iso que denominan como “el colectivo” e así poder exercer de caudillo incuestionable en todas as futuras batallas, e senón hai motivos, invéntanse.... Outros quéixanse de que os acordos que asinan son impostos polo Goberno Municipal, que a eles non lles gustan, e para demostralo envían escritos nos que cuestionan o que teñen asinado, iso si, coa mesma carga administrativa que un rulo de papel hixiénico, vaia como mostra desto último a solicitude/alegación que presentan contra a ultima convocatoria de xefaturas de servizo, se están tan seguros de que se conculca a legalidade, nada de alegacións!, recurso de reposición e se non fan caso, ao xulgado!!
Co fácil que podería ser todo se se traballara con criterios e non en defensa de intereses particulares, pero vaia, así nos vai.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 5188
MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN 21 DE XANEIRO DE 2019
A xefa de persoal informa sobre os Orzamentos:
Respecto ao 2018, para o 2019 non haberá incremento no fondo de acción social debido ás limitacións do Real Decreto Lei 24/2018
Dótase os créditos necesarios para finalizar as ofertas públicas de emprego de 2014, 15, 16, 17 e 18 e a previsión dunha nova OPE dentro dos límites previstos na normativa vixente.
Dótase a aplicación necesaria para gastos derivados dos contratos administrativos do servizo de persoal (SEGURO ACCIDENTES, DESFIBRILADORES, VIXIANZA NA SAÚDE,GAS RADÓN, CONTRATOS VIAXES)
A CIG volve a preguntar sobre a recuperación na produtividade... volvemos a ter a mesma resposta que en anos anteriores que queda conxelada, sen que dende o noso punto de vista exista inconveniente legal algún que o impida .
Diante da pregunta de si se ían aplicar os incrementos retributivos (2.5%) con carácter inmediato, a Concelleira contesta que vaise levar a pleno cos ORZAMENTOS (polas novas que temos non terá apoio do resto de grupos municipais) e no caso de non ser aprobados haberá que estudar se co orzamento prorrogado de 2018 poderíase aplicar estes incrementos, recordan que si hai dispoñibilidade económica vaise aplicar, pois o custe para este ano ten novidades respecto ao ano pasado, a reclasificación da Policía (manteñen este termo cando en realidade foi unha subida salarial en varios conceptos) xubilación da Policía Local e a subida salarial (2,5%) que en se mesma supón 1.5 millóns de euros, en total afirman que todo isto suma case 4 millóns de euros máis que no custe do ano pasado. Polo que se non hai novo orzamentos quedan a expensas do que que manifeste o interventor de si é posible ou non aplicar a subida.
A xefa de persoal informa da creación das seguintes prazas no Cadro de Persoal:
- Nova praza Viceinterventor a petición do Interventor que o xustifica polas novas competencias que ten.
- 6 prazas de Técnico de Administración Xeral
- 2 prazas de Técnicos Medios de Xestión
- 4 prazas de Auxiliar Administrativo
Por promoción Interna:
- 2 prazas de Auxiliar Administrativo C2
- 9 prazas de Sarxento de SEIS para o seu pase ao subgrupo A2
- 4 Inspectores de Policía Local A2
- 5 Técnicos de Audiovisuais C1
- 1 oficial de mercados C2 (esta por xubilación)
- 43 prazas de Bombeiros/Cabos de C1 (50% do total)
- 21 Administrativos C1 (sumando outras OPE, un total de 60 de 122, supón case o 50%)
Sobre estas dúas últimas ante a proposta que o Goberno Municipal fixera nas Mesa Técnica de Bombeiros para o pase ao C1, a CIG solicitou que foran cos mesmos porcentaxes para Bombeiros que para Auxiliares Administrativos, algo que si acontece nesta ocasión.
A Concelleira comenta que estas dúas promocións tan numerosas habería que programalas e aprobar unhas bases e a xefa de persoal engade que estas promocións serán no propio posto, polo que no caso de resolverse o concurso antes non afectaría á promoción en canto a traslados. Solicitan unha Mesa Técnica para consensuar unhas bases que poderían partir cos mesmos criterios que a CIG propuxo no plan B do grupo B. Teremos unha reunión para debater estas bases o próximo día 31 ás 15:45.
Sobre o Acordo Marco, a Concelleira de Persoal, limitouse a facer consideracións sobre os enunciados e contido da proposta de CSIF, UGT e CCOO, derivando a discusión da maioría dos puntos cara a Mesas Técnicas, isto a nós, deixounos perfectamente claro que non existía nin existe un Acordo Marco por moito que se fale del, se ese Acordo estiver asinado e rematado, non sería necesario remitilo a Mesas Técnicas, que como todo o mundo sabe é fase previa á súa validación ou non en Mesa Xeral de Negociación.
Fannos entrega da proposta de Bases de Concurso Específico para o seu estudo.
Falouse tamén da necesidade de aprobar o Permiso de Ampliación da Paternidade as 16 semanas en concordancia co acordado coa Mesa Xeral do Estado, sendo avalado por unanimidade, este permiso será de aplicación con carácter progresivo partindo con 8 semanas para o ano 2019, 12 para o 2020 e as 16 a partir do 2021.
Volveuse a retomar o asunto da porcentaxe do valor da fase de Concurso nos Procesos de Estabilización, despois de mencionar a concelleira de persoal que podíamos chegar a un acordo no punto medio no que nos atopamos (20% goberno municipal, 40% sindicatos) e para iso propuxo a fórmula de poñer nas bases entre o 25 e o 30%, nós contra propuxemos que xa que estaba disposta a chegar ao 30%, que se puxera esta cantidade coma mínima. Negouse rotundamente.
Para rematar e porque xa pasaban das 3 da tarde, quedou adiado ao asunto das xornada de Protección Civil.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4797
MESA TÉCNICA DE BOMBEIROS 16 DE XANEIRO DE 2019
O pasado 16 de xaneiro fomos convocados a unha Mesa Técnica de Bombeiros na que dende o Goberno Municipal fixeron a seguinte proposta para o persoal adscrito ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.
Promoción Interna da totalidade do persoal ao subgrupo superior en dúas fases:
- Os mandos e unha porcentaxe a estudar (falouse da metade pero sen concretar) para bombeiros do C2 ao C1.
- O restante do C2 ao C1.
A Concelleira de Persoal vinculou tamén ao igual que facemos nós con todas as medidas, que estes porcentaxes aplicaranse na mesma medida que ao resto do persoal, coas salvedades que en determinado grupos de titulación será obrigatorio ter en conta., para levar a cabo este comprometéronse tanto a modificar a RPT como o Cadro de Persoal.
Se ben esta primeira modificación é imprescindible, tamén o é a aprobación do Cadro de Persoal que se aproba co Orzamento Municipal, neste momento insinuáronnos que sería preciso acadar os apoios necesarios para aprobar o orzamento... recordámosvos que o goberno da Marea segue tendo problemas para acadar apoios no pleno cara a aprobar os Orzamentos municipais para o 2019.
Outro asunto, foi a da revisión do complemento de Perigosidade, recordámosvos a solicitude LIGAZÓN, coma vedes non son cuestións novas pero a contestación nesta ocasión foi que iso sería obxecto dunha revisión da RPT en canto a unha nova valoración de postos, a isto contestan que abordarían isto nun ano(eleccións municipais polo medio).
A Concelleira de Persoal volveu a aludir ao Acordo Marco para engadir o asunto da valoración de postos , o delegado da UGT acusounos de non asinar o citado acordo, con moita vehemencia solicitando que quedase perfectamente claro. Nós contestamos que o mencionado acordo non pasa se ser un mero enunciado dos asuntos que se deberían incluír nun verdadeiro ACORDO MARCO, que estaba baleiro de contido, o representante de UGT manifestou que eles xa tiñan negociado un acordo completo. A nosa resposta foi que si iso é así que o trasladen á Mesa Xeral de Negociación para que poidamos aportar os nosos puntos de vista e valorar definitivamente si o asinamos ou non.
Dende o noso punto de vista este tipo de acordos deberían ser asinados ao principio do mandato con toda unha lexislatura para poder executalos. Neste tempo político a sinatura de acordos a poucos meses das eleccións municipais, non pasa de ser unha declaración de intencións co obxectivo probable que cada quen é libre de interpretar...
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4705
RESUMO MXN 18 DECEMBRO 2018
Iniciamos a reunión con 20 minutos de retraso. Aprobamos a acta da sesión anterior na que entre as cuestións tratadas, recolleuse a postura da CIG que é inequívoca sobre o paso ao grupo B “RECLASIFICACIÓN” e tamén que ante a afirmación da concelleira de que a CIG recorrera outras reclasificacións, solicitamos que constara en acta que “ISO É FALSO”. Dende que existe RPT no concello da Coruña... só se reclasificaron os Policías Locais, na modificación da RPT de 2009 e ninguén recorreu esa RECLASIFICACIÓN
VIDAS PARALELAS...MUDAN CRITERIOS E NOVOS REPROCHES...
Coma xa vos informamos, na pasada MXN achegáronnos unhas bases de provisión de postos por CONCURSO ESPECÍFICO para Xefaturas de Servizo.
Logo de revisalas, detectamos que conteñen os mesmo erros que as pasadas bases (recordamos que foron apoiadas polo resto de sindicatos LIGAZÓN) e solicitamos que se teña en conta que o nivel máximo de complemento de destiño para xefatura sexa o nivel máx que se poda acadar no Concello da Coruña(28)... houbo aportacións de sindicatos que a CIG xa propuxera nas bases xenéricas, pero rexeitadas por eles no seu momento, ao que a concelleira recriminoulles que se quixera alterar a parte xenérica que eses sindicatos tiñan asinada para o concurso xenérico...
A concelleira culpabilizou á CIG do retraso do concurso, afeandonos que eramos os únicos que non asinabamos as propostas sindicais, a CIG respostou que as ilegalidades por moitas sinaturas que levaran, seguiran sendo ilegais, a isto a concelleira respostou que se estabamos tan seguros, Porqué non solicitabamos a paralización do concurso?...a nosa resposta foi que nós non pretendemos paralizar o concurso... o que pretendemos é que se axuste á lei e a dereito.
ESPECIAL DEDICACIÓN
Tamén vos informamos na anterior publicación sobre a proposta do GM para regular a ED.
O CSIF solicitou que se regule de distinta maneira para aqueles colectivos que teñen horarios especiais en canto a outros conceptos retributivos incompatibles coa ED, facendo especial fincapé nos Inspectores Principais da Policía Local
ADIANTO DA IDADE DE XUBILACIÓN DA POLICÍA LOCAL E AMPLIACIÓN DAS OPE 2018/19
A xefa de persoal informa da previsión de xubilación anticipada de 29 Policías, 4 Oficiais de Policía e 2 Inspectores de Policía . O plantexamento final da OPE conxunta 2018-19 tendo en conta a disposición adicional dos orzamentos que o permite
34 Policías (26 quenda libre 8 mobilidade), 6 Oficiais e 2 Inspectores
ACORDO MARCO
Este punto non se tratou por non dar tempo...
A CIG recórdalle á xefa de persoal que temos solicitado formalmente unha reunión para estudar reclamacións xurdidas na listaxe de agarda, contesta que é consciente pero que non tivo tempo ata agora.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 5156
RESUMO MXN 28 novembro
LUZ E TAQUÍGRAFOS
Para empezar temos que volver a queixarnos do contido das actas de sesións anteriores, tíñamos razón cando solicitamos que se comezaran a gravar as sesión para ter unha seguridade do que nelas se afirma, resulta algo máis que molesto que a concelleira de persoal omita das actas acordos acadados con ela, como o de facer unha reclasificación directa ao grupo B no caso de non haber impedimento na contestación de función pública (xa en agosto preguntamos por isto ligazón) e a continuación falte a verdade en cada ocasión na que se abordan determinados temas como é o da modificación puntual da RPT que ela e o resto de sindicatos sempre chaman Reclasificación da Policía Local... nada máis que dicir sobre isto que recordar a última ligazón que retrata moi ben quen é quen neste asunto.
BASES CONCURSO ESPECÍFICO SEN ALEGACIÓNS DA CIG
Achegáronnos as bases para os concurso específicos na aquelas xefaturas de servizo que non son de libre designación, logo dunha lectura rápida na propia reunión, pois coma case sempre non adiantan os documentos a tratar, atopamos os mesmos erros que nas pasadas bases. Solicitáronnos, aos sindicatos, que presentaramos as alegacións que consideramos oportunas, dende a CIG preguntámoslle a concelleira se a estas alegacións da CIG, lle ia dar o mesmo trato que as alegacións das bases xenéricas de xullo ligazón (ainda sen contestar) xa que de ser así, en vez de face alegacións prepararíamos directamente a demanda xudicial. NON CONTESTOU...
INCREMENTO DO 0,3%
A Concelleira explica que debido a que este concello cumpre coas condicións necesarias, haberá o incremento adicional dun 0,3% que permiten os orzamentos do estado, logo dun debate sobre en que concepto aplicar este incremento, adiamos a toma de decisión para unha mesa técnica o venres 30 e decidir sobre os 3 escenarios falados, sobre a masa salarial, sobre o específico ou nun incremento lineal, sobre o que se decida informarémosvos.
ESPECIAL DEDICACIÓN
Despois da sentencia de nov de 2015 que regulaba o tempo ligazón da ED en 40 hora máximo...despois que o goberno municipal en setembro de 2017 fixera unha modificación da RPT e das súas norma de xestión nas que compatibiliza por primeira vez a ED cas horas extraordinarias...despois das inumerables ocasións na que a CIG solicitou tratar este complemento ...a falta de 6 meses fan unha proposta para regular tanto no tempo efectivo (40h mín/48h máx) e no seu control en canto aos descansos... a pesar que recoñecen abertamente que é un concepto mal entendido de responsabilidade e si de tempo, seguen evitando un debate serio. Quedaron en enviar un documento sobre os detalles desta regulación.
SEGURIDADE NOS CENTROS CÍVICOS
Volven a saltar as alarmas por incidentes cas traballadoras sociais nos centros cívicos, logo de debater sobre posibles medidas, acordase tratalo en coordinación coa área de seguridade cidadán, veremos se son capaces de coordinarse pois na pasada mesa técnica de bombeiros a concelleira de seguridade descoñecía que este tema tratariámolo en MXN
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 5272
RESUMO MESA TÉCNICA BOMBEIROS 26 novembro
Logo de ter varias mesas técnicas coa área de seguridade cidadán o pasado luns 26 asistimos á mesa técnica de bombeiros na presencia das Concelleiras Rocío Fraga(seguridade cidadán) e Eugenia Vieto (personal) que acudiu acompañada pola xefa de servizo de persoal e o oficial maior para intentar chegar a acordos sobre:
- 1)Aumento do mínimo de quenda de 11 a 15 efectivos
- 2)Subgrupo C1 en Bombeiros e Cabos coa correspondente subida de subgrupos na escala de mandos.
- 3)Revisión do concepto da Perigosidade.
No primeiro asunto é o máis urxente, por que hai que elaborar o cadrante de 2019 tanto a totalidade dos sindicatos coma os responsables a área de seguridade cidadán estabamos da cordo en todos os números revisados con anterioridade nas distintas mesas técnicas, que en cuestións económicas non supoñen un aumento e si un ordenamento das xornadas. A concelleira de persoal e a xefa de servizo persoal, puxeron todo tipo de problemas e escusas á hora de comprometerse a dar datas para a posible aplicación do acordo.
Sobre o segundo punto, que a CIG leva anos incluíndo no seu programa electoral, por parte da concellaría de persoal non aportaron ningún tipo de compromiso xa que o único que manifestaron é que tiñan que estudalo, nós propuxemos que se barraran os postos de C2 a C1 coma se fixo cos auxiliares administrativos e que esa promoción se executara co mesmo ritmo que o resto de persoal.
Sobre á perigosidade a CIG leva tempo solicitando unha revisión deste complemento que afecta tanto ao persoal do SEIS coma ao da Policía ligazón. Nesta ocasión a xefa de persoal recoñece que este complemento actualmente é ilóxico, pois os postos que están máis expostos son os que cobran menos, sen embargo as pegas da concelleira de persoal nesta ocasión volven a ser a de que calquera cambio na RPT resulta moi complexo e hai que miralo con calma.
VALORACIÓNS
Ao remate da mesa técnica e xa sen a presencia da parte de persoal dende a CIG démoslle á nosa valoración sobre a reunión á concelleira de seguridade cidadán, consideramos que persoal ten moi pouca intención de abordar o conxunto da proposta e que pretende ir dándolle largas ata chegar ao final da lexislatura.
FALTA DE AUTOCRÍTICA
A concelleira de persoal, cada vez que se critica a falta de resolución na execución dos asuntos que temos pendentes adoita votarnos as culpas pola xudicialización que facemos de determinados asuntos, tal e como saen as sentenzas mellor sería que se dedicaran a cumprir a legalidade evitando facerlle perder o tempo tanto a asesoría xurídica do concello como o negociado de persoal que ten que repetir as cousas varias veces.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 4717
PROTOCOLO ACOSO LABORAL CONCELLO DA CORUÑA
Na seguinte LIGAZÓN o protocolo de acoso laboral
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1907
RISCOS LABORAIS SEGUNDO OS LUGARES DE TRABALLO
Aqui tedes a LIGAZÓN das condicións reflectidas no REAL DECRETO 486/1997 que establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, como poden ser, orden, limpeza, condicións ambientais (temp, humidades...), iluminación, vías de circulación, accesos...
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 1921
RESUMO: Comité de Seguridade e Saúde de 5 de maio de 2021
Covid-19: Infórmannos de que se están facendo medicións do nivel de CO2 nos centros de traballo comenzando polos que poden ter mais problemática coa ventilación e así tomar as medidas necesarias como a instalación de purificadores de aire nos centros de traballo no que sexa necesario para previr os contaxios de covid-19 por aerosois.
Gas Radón: Infórmannos de que actualmente está en preparación o proxecto para executar as obras necesarias para diminuír os niveis de gas radón no departamento de informática, este proxecto estará listo nun prazo de dous meses. Unha vez elaborado o proxecto comezárase a execución das obra necesarias.
Despois do departamento de informática continuarase coas medidas que sexan necesarias no resto do Pazo Municipal de María Pita.
Recordámoslle ao goberno municipal que están pendentes de executar as obras necesarias tamén en Casa Paredes.
Preguntamos si se iban a continuar facendo medicións de gas radón no resto de edificios municipais e dixéronnos que non está previsto de momento xa que consideran prioritario rematar as obras pendentes antes de iniciar novas medicións.
Servizos Sociais, en relación a este departamento tratáronse as seguintes cuestións:
- Avaliación de riscos psicosociais: ante a nosa petición de retomar a avaliación de riscos psicosociais para o persoal de servizos sociais, que leva pendente polo menos dous anos, o goberno municipal considera que coa situación sanitaria actual non é posible facelo neste momento e que se fará en canto a situación pandémica o permita, primeiro en servizos sociais e despois en urbanismo.
- Seguridade en centros cívicos: Dende fai tempo vimos plantexando os graves problemas de inseguridade para o persoal municipal dos centros cívicos, o goberno municipal manifesta a sua intención de acadar unha solución definitiva a este problema.
- Avaliación de riscos novos postos cc novoboandanza: no mes de decembro solicitamos información sobre si se fixera a preceptiva avaliación de riscos nos novos postos do equipo de atención social do centro cívico de Novoboandanza, ante a falta de resposta plantexamos de novo o tema no comité de seguridade e saúde e contestáronnos que ata que nos solicitamos a información non tiñan coñecemento de que existira un novo equipo de atención social neste centro cívico e que nos próximos días farían a correspondente avaliación de riscos dos mesmos.
Tratáronse tamén outras cuestións que afectan aos servizos de sinalización vial e cemiterios
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2141
CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A GRIPE COMÚN 2020
Desde o Departamento de Saúde Laboral anunciamos que entre os días 15 de outubro e 18 de decembro de 2020, ambos incluídos, procederase á vacinación da gripe común para aqueles empregados municipais que o desexen.
A vacina da gripe común está especialmente recomendada ás persoas de 60 anos ou máis e aqueles que padecen enfermidades crónicas pulmonares (incluído a asma), cardiovasculares, renais, hepáticas, hematológicas (hemoglobinopatías, anemias, hemofilia e outros trastornos da coagulación e hemorrágicos) ou metabólicas (incluíndo diabetes), persoas inmunodeprimidas (incluídas as VIH ou por medicación), asplenia, enfermidade hepática crónica incluíndo alcoholismo crónico, enfermidades neuromusculares graves, cancro e hemopatías malignas, implante coclear, fístula de líquido cefalorraquídeo, enfermidade celíaca, enfermidade inflamatoria crónica, enfermidades con disfunción cognitiva como síndrome de Down ou demencias, obesidade mórbida con IMC de 40 ou máis e mulleres embarazadas. Así mesmo está recomendada en traballadores que desenvolven traballos esenciais para a comunidade tales como policías, bombeiros e persoal de protección civil..
A vacinación levarase a cabo no departamento de Saúde Laboral sito na rua da Franxa 20-2º en horario de 8:30 a 10:30 horas. É NECESARIO PEDIR CITA PREVIA no Departamento de Saúde Laboral (Extensións 11099 e 11090)
Departamento de Salud laboral
Ayuntamiento de A Coruña
C/Franja, 20-22
15001 A Coruña
Tfnos.: 981.18.42.00; ext: 11099 /11090/ 11056
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2263
RadarCOVID
Nas seguintes ligazóns podedes atopar información sobre a ferramenta RadarCOVID.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2274
CONTESTACIÓN IT REINCORPORACIÓN PERSOAL COVID-19
Aquí podedes consultar a contestación que nos deu a Inspección de Traballo en canto a vosa reincorporación aos postos de traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 3008
CORREO AO DEPARTAMENTO DE SAÚDE LABORAL AGOSTO 2020
Boa tarde
Diante das informacións e queixas que nos están chegando por distintas vías solicito ao departamento de saúde laboral a seguinte información:
-Si hai notificación de positivos ou posibles positivos por covid-19 no cadro de persoal municipal.
-Que información se lle dou ao resto das/dos traballadores municipais do entorno das/dos positivos ou posibles positivos por covid-19.
-Si existen traballadores municipais exentos do uso da máscara por criterio médico que compartan espazo de traballo con outras/os traballadores municipais ou que atendan público, de ser así o persoal exento do uso de máscara por criterios médicos non debe compartir espazo de traballo con ningún outro/a traballador/a municipal nin atender ao público polo alto risco de contaxio .
-Pola información que aparece tanto na web municipal como na prensa sobre a realización nestes días de probas a PCR a determinados colectivos de traballadores municipais, cal é o criterio que se aplica para elaborar as listaxes de traballadores municipais que se poden someter ás probas PCR.
Ana Filgueiras Espasandín
Delegada de prevención do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: SAUDE LABORAL
- Visitas: 2976
Páxina 10 de 11