CIG Concello A Coruña
Toggle Navigation
  • ACCIÓN SINDICAL
  • NEGOCIACIÓNS
  • COMISIÓNS DE SERVIZO
  • RPT-RETRIBUCIÓNS
  • PREGUNTAS HABITUAIS
  • SAÚDE LABORAL
  • PRENSA
  • HISTÓRICO
  • AFILIATE

ACCIÓN SINDICAL

SOLICITUDE NEGOCIACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DERIVADOS ESTABILIZACIÓN DO EMPRGO TEMPORAL

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña


EXPON


- Que no día de onte, 14 de decembro, tivo lugar a publicación no BOP nº 234 de 13 de decembro de 2022 das bases específicas que rexerán os seguintes procesos selectivos referidos aos procesos extraordinarios para a estabilización e regulados nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, e polo tanto, mediante o sistema de concurso :


- 2022/7754 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 3 prazas de axudante de comercio interior (agrupacións profesionais) (C.E. 22/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7758 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 2 prazas de axudante de sevicios (agrupacións profesionais) (C.E. 23/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7759 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 5 prazas de arquitecto/a superior (subgrupo A1) (C.E. 24/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7761 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 2 prazas de delineante (subgrupo C1) (C.E. 25/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización


- 2022/7762 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de axudante (agrupacións profesionais) (C.E. 26/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7763 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 5 prazas de auxiliar de biblioteca (subgrupo C2) (C.E. 27/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7764 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 3 prazas de oficial do parque móbil (Subgrupo C2) (C.E. 28/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7765 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 2 prazas de arquitecto/a técnico/a (subgrupo A2) (C.E. 29/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7766 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de bibliotecario/a medio/a (subgrupo A2) (C.E. 30/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7767 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de animador/a de centros cívicos (subgrupo C1) (C.E. 31/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7768 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de técnico/a medio/a de comunicación (subgrupo A2) (C.E. 32/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7769 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de técnico/a superior de consumo (subgrupo A1) (C.E. 33/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7770 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 6 prazas de músico/a (subgrupo A2) (C.E.34/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización


- 2022/7771 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de oficial de servicios especiales (subgrupo C2) (C.E. 40/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7772 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 5 prazas de técnico/a de apoio social (subgrupo A2) (C.E. 2/22), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7773 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 3 prazas de axudante de transportes (agrupacións profesionais) (C.E. 35/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7774 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de arqueólogo/a (subgrupo A1) (C.E. 9/17), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7775 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 3 prazas de axudante de cemiterios (agrupacións profesionais) (C.E. 36/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7776 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de técnico/a medio/a de museos (subgrupo A2) (C.E. 37/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7777 Anuncio publicación bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de licenciado/a en dereito (subgrupo A1) (C.E. 3/22), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización.

- 2022/7778 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 8 prazas de traballador/a social (subgrupo A2) (C.E. 10/22), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7779 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 20 prazas de subalterno/a (agrupacións profesionais) (C.E. 45/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización


- 2022/7781 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 5 prazas de técnico/a administración xeral (subgrupo A1) (C.E. 4/22), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7782 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2) (C.E. 11/17), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización

- 2022/7784 Bases do proceso selectivo convocado para a cobertura de 1 praza de filólogo/a (subgrupo A1) (C.E. 39/18), pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización


- Que segundo a OEP aprobada en sesión do 11/05/2022 da Xunta de Goberno Local (BOP núm. 95 do 20/05/2022), faltarían por publicar as bases específicas relativas ás seguintes categorías, afectadas tamén polo proceso extraordinario de estabilización regulado na disposicións adicionais sexta e oitava:
- Auxiliar administrativa/o
- Tecnica/o de normalización lingüística


- Que segundo a OEP aprobada en sesión do 11/05/2022 da Xunta de Goberno Local (BOP núm. 95 do 20/05/2022), faltarían por publicar as bases específicas relativas ao procesos de selección regulados no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, e polo tanto, mediante o sistema de concurso-oposición.


- Que a citada lei para a reducción da temporalidade no emprego público establece, ademaís, no seu artigo 2.4 o seguinte: “ a articulación destes procesos selectivos que, en todo caso, garantirá o cumprimento dos principios de libre concurrencia,, igualdade, mérito, capacidade e publicidade, poderán ser obxecto de negociación en cada un dos ámbitos territoriais da Administración Xeral do Estado (…)”


- Que a negociación levada ao cabo ao respecto dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego deste Concello da Coruña cínguese, ata o momento, ao referido ás bases xerais que rexerán os devanditos procesos, mais non se ten producido ata o de agora ningunha negociación relativa ás bases específicas que deben rexer estes procesos, nin para os procesos que se rexerán polo sistema de concurso, nin para os relativos ao sistema de concurso-oposición.


Por todo o exposto anteriormente


SOLICITO


A negociación das bases específicas relativas aos procesos de selección derivados dos procesos extraordinarios da estabilización do emprego público, atendendo aos prazos legalmente establecidos.


Na Coruña, 14 de decembro de 2022

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 15 Decembro 2022
Visitas: 2300

SEGURIDADE NO CUARTEL DA POLICIA LOCAL

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

MANIFESTA:

 

Temos constancia de que a chave do armeiro de cada policía local, donde se gardan as armas da policía local, sirve para abrir mais dun armeiro, co que non se pode saber quen accede a cada arma regulamentaria.

 

POLO EXPOSTO SOLICITA:

 

Se proceda a cambiar as fechaduras de todos os armeiros do cuartel da policía local do Concello da Coruña de tal xeito que se garanta que cada policía local so ten acceso ao seu armeiro e a ningún outro.

 

A Coruña a 30 de novembro de 2022

 

 

SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 30 Novembro 2022
Visitas: 2552

SOLICITUDE DE GRABACION DA LECTURA DAS MEMORIAS

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

EXPON

  • Que a comisión de valoración relativa ao CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO CE 1/2019 (SEL2019038) ven de anunciar varios chamamentos ás persoas aspirantes que tiveran superado a fase a), para a realización da exposición pública do proxecto, prevista na fase b) do apartado de méritos específicos 6 das bases do concurso (BOP 107, do 7.06.2019).
  • Que nos ditos anuncios non se fai mención a realización e custodia de grabacións de voz e imaxe por parte dos membros da comisión da valoración.
  • Que dende esta sección sindical entendemos que estas grabacións son fundamentais para garantir a defensa, comprobación e comparación no caso de posibles reclamacións nas puntuacións obtidas por parte dos aspirantes.

 

SOLICITO

A grabación de voz e imaxe de tódalas exposicións públicas de tódolos proxectos/memorias que teñan lugar no transcurso da fase b) relativa ao apartado 6 de méritos específicos das bases do concurso (BOP 107, do 07/06/2019)

 

Na Coruña, na data de rexistro electrónico do documento

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 17 Novembro 2022
Visitas: 1880

CRITERIOS DE ESTABILIZACIÓN NO EMPREGO PÚBLICO LOCAL ASINADO POLA CIG

  • imprimir
  • Correo electrónico

O pasado martes, 2 de agosto, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e os sindicatos CIG, CCOO e UGT asinaron un documento consensuado de Criterios para a estabilización do emprego Local.  Este documento é froito dun intenso traballo entre as partes asinantes durante os últimos meses. 

Este documento, de terse en conta, garantirá homoxeneidade nos distintos procesos que se desenvolverán no ámbito local nos vindieros meses, e polo tanto, ademáis de proporcionar seguridade xurídica ao estar avalado polas partes asinantes, evitará situacións de desvantaxe entre entidades locais que empreguen estes criterios e as que non.

Polo tanto, confiamos en que este importante traballo sirva como contido mínimo nos distintos procesos de estabilización que este concello ten pendentes de convocar e desenvolver. 

Podedes consultar o contido do dito documento na seguinte LIGAZÓN

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 04 Agosto 2022
Visitas: 2400

NOTA DE APOIO AO PERSOAL DE BIBLIOTECAS

  • imprimir
  • Correo electrónico

 

Jose María Calatayud Sánchez na súa condición de secretario  da sección sindical da CIG no concello da Coruña

MANIFESTA:

 A sección sindical da CIG no concello da Coruña quere mostrar o seu total apoio ao persoal das bibliotecas municipais externalizadas, consideramos inaceptable que traballadores dun servizo público non perciban os seus salarios en tempo xa que isto so pode significar tres cousas, que a empresa se quede cos cartos, que o concello non abone o importe do contrato a empresa que xestiona o servizo en tempo ou que o prezo do contrato non sexa suficiente para facer fronte as nóminas das traballadoras e resto de gastos. O concello sería responsable directo dos dous últimos supostos e responsable subsidiario no caso do primeiro, ao final as débedas da empresa acabarán pagándose con diñeiro público.

Unha vez que a Sala do Social do Tribunal Supremo aclarou que é o que se debe facer nos supostos de recuperación da prestación dos servizos públicos de xestión privada, que foi o principal atranco para realizar esta recuperación co anterior Goberno da Marea, instamos ao Goberno Municipal a que inicie o proceso de reversión no concello da prestación deste servizo público.

 

 

A Coruña a 30 de xuño de 2022

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 30 Xuño 2022
Visitas: 2199

RESUMO MXN DO 06 DE MAIO DE 2022

  • imprimir
  • Correo electrónico

Como ben sabedes, no día de hoxe asistimos á Mesa Xeral Extraordinaria de Negociación que convocou o señor Concelleiro o pasado 3 de maio, con 3 puntos na orde do día:

1.- Aprobación das actas das sesión celebradas os días 25.02.2022 e 04.03.2022.

2.- Oferta de Emprego Público do Concello da Coruña para o exercicio 2022 e taxa adicional prevista na Lei 20/2021, do 23 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

3.- Toma de coñecemento das prazas de estabilización previstas nas ofertas de emprego público doa nos 2017, 2018 e 2022

 

A sesión comeza co señor Concelleiro recordando que se trata dunha sesión EXTRAORDINARIA e que polo tanto non vai a haber rolda de intervencións ao remate da sesión.

Dende a CIG, informámoslle ao señor concelleiro que alomenos un dos puntos que contén a convacotoria, a Oferta de Emprego Público, ten a entidade suficiente como para que debera ser considerada a sesión de hoxe como ordinaria , e non como extraordinaria, e que polo tanto, non compartimos que non poida darse unha rolda de intervencións ao final da sesión.

 

Ao respecto do punto 2, a OPE do 2022, o señor Concelleiro solicita ás centrais sindicais que fagan forza para conseguir que a nivel estatal se elimine a taxa de reposición para poder aumentar as ofertas de emprego. A CIG puntualiza que leva facendo esta labor dende a súa aprobación, non asinando acordos a nivel estatal que non condicionan nin esixen a eliminación da dita taxa, ao contrario das demais centrais sindicais.

Ao respecto da proposta que se achega por parte do Goberno Municipal para o OEP do 2022, dende a sección sindical expoñemos que a oferta que achegan de 3 prazas de promoción interna de Bombeiros é totalmente insuficiente e está totalmente alonxada das necesidades do servizo, e recordamos:

 

  • Prazas de Oficial: non hai ningunha cuberta

 

  • Prazas de suboficial: só cubertas 2 de 5.

 

  • Novas prazas de sarxento: recordamos que se están a facer unhas 600 horas extras ao ando cada un, e debería por tanto haber máis prazas na RPT.

 

  • Convocar as prazas de cabo que están sen cubrir, o que provoca que os cabos fagan unhas 300 horas extras por ano cada un.

 

  • A falta de todas estas prazas impide a promoción dos compañeiros.

Ao respecto das prazas de promoción interna relativas ao grupos A1 e A2 repasarán a porcentaxe xa que é posible que o cálculo non sexa o correcto e poida haber más prazas nesta quenda.

Ao respecto das 12 prazas de Administrativo que propón o Goberno Municipal para a quenda da Promoción Interna, clarexan que se corresponden co número de persoas que non superaron o proceso de promoción deste ano, para que todo o mundo teña a oportunidade de promocionar. Ante a posibilidade de aumentar este número para que poidan optar tamén persoas que na convocatoria deste ano non puidese ter participado, o señor Concelleiro di que “non van facer un traxe á medida”.

 

Ao respecto do punto 3, referido á toma de coñecemento das prazas afectadas polo proceso de estabilización, a CIG expón que a información que facilitan non permite ter o coñecemento suficiente como para poder garantir que están todas as prazas afectadas e que a información que facilitan, e que partillamos con todo o persoal municipal, non lles permite identificarse e ter as garantías suficientes neste procedemento. Sinalamos algúnhas cuestións que temos detectadas:

  • Nas prazas de estabilización a convocar mediante concurso-oposición: na taboa que facilitan as datas que amosan non permiten concluir que deban ser convocadas mediante concurso-oposición e non por concurso. A este respecto explican que, o goberno municipal seguindo as recomendacións estatais de función pública, todas aquelas prazas que tiveran un periodo de falta de cobertura de 3 meses entre unha alta e unha baixa, deben ser convocadas por concurso-oposición e non por concurso, ao entender que eses tres meses fan que non cumplan o criterio de “cobertura ininterrumpida” que sinala a lei. A CIG recordalle ao Goberno Municipal que se tratan de recomendacións, e que non son de obrigado cumprimento.

 

O Goberno Municipal comprométese a repasar todas as datas que se refiren neste apartado e reenviarán de novo.

  • Ao respecto da praza 6F23009 Axudante de Cemiterios, dende a CIG advertímoslles que sendo o mesmo código, está en dous procesos: o de estabilización por concurso-oposición e estabilización por concurso.

  • Ao respecto das prazas que a proposta do Goberno Municipal refire á disposición adicional 8ª solicitamos que clarexen por qué tendo unha data de alta posterior a 31 de decembro de 2020 se incluén na proposta de estabilización. Especifican que acordaron sinalar so a data da última alta na cobertura desas prazas, pero que estiveron ocupadas con anterioridade. Insistimos en que o Goberno Municipal debería facilitarnos toda a información completa de tódalas altas e baixas que houbo na cobertura dos postos afectados pola estabilización, xa que do contrario non podemos validala. De feito, tanto a CIG como CCOO mostramos a nosa abstención ante a proposta remitida, e UGT e CSIF a aceptan.

  • Recordámoslle ao Goberno Municipal que é necesario que se faga unha notificación ás persoas afectadas polo proceso de estabilización. Informan de que así o farán.

 

O señor concelleiro informa de que “próximamente” convocará de novo unha Mesa Xeral de Negociación, esta vez ordinaria e, polo tanto, teremos sorte e contaremos con quenda para rolda de intervencións, para comezar coa 2º fase na negociación das melloras para o persoal municipal.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 10 Mai 2022
Visitas: 2395

CONTESTACIÓN RECURSO REPOSICIÓN CONVOCATORIAS 31 DECEMBRO 2021

  • imprimir
  • Correo electrónico

Na seguinte LIGAZÓN podedes atopar a contestación que nos deron ao Recurso de Reposición, recordade que previamente a este recurso a CIG solicitou unha reunión URXENTE co Goberno Municipal para clarexar que estas convocatorias non incluíran prazas afectadas pola estabilización, ante a falta de convocatoria da reunión vímonos na obriga de presentar este recurso.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 09 Febreiro 2022
Visitas: 2792

PRODUCTIVIDADES EXTRAORDINARIAS xuño 2020 a maio 2021

  • imprimir
  • Correo electrónico

Aquí tedes as coantías do exceso das productividades ordinarias cobradas por 41 persoas, asemade sinalamos que algúns postos teñen Especial Dedicación

Esta información foi xerada a partir da documentación achegada polo Goberno municipal (previa denuncia no xulgado), os excesos sinalados son sobre as productividades ordinarias (95€ mes e a do 2021 anual 471€)

exceso cuantía   ED
1210 € SI
573 € SI
859 € SI
1100 € SI
420 € SI
1145 € SI
1141 € SI
1318 € SI
30 € SI
1630 € SI
1119 € SI
740 € SI
707 € SI
1000 € SI
95 € SI
1387 € NON
410 € NON
2280 € SI
191 € NON
191 € NON
191 € NON
191 € NON
128 € NON
782 € NON
84 € NON
512 € NON
3301 € NON
191 € NON
3330 € NON
3330 € NON
3330 € NON
2851 € NON
3335 € NON
3335 € NON
629 € SI
626 € SI
963 € NON
282 € SI
7592 € NON
749 € NON
1353 € NON
Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 31 Xaneiro 2022
Visitas: 2806

RECURSO DE REPOSICIÓN RELATIVO ÁS CONVOCATORIAS DE EMPREGO PUBLICADAS O PASADO 31 DE DECEMBRO DE 2021

  • imprimir
  • Correo electrónico

XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXcon DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña


MANIFESTA:


- Que o pasado 29 de decembro publicouse no BOE a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.


- Que a dita lei, establece no seu art. 2 o relativo aos procesos de estabilzación de emprego temporal e na disposición adicional sexta o relativo á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración.


- Que o concello da Coruña publicou o pasado 31 de decembro do 2021 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as seguintes convocatorias de emprego público:


- 2021/8929 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 22 prazas de Técnico/a de Administración Xeral, C.E. 2/21
- 2021/8930 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a de Medio Ambiente, C.E. 13/18
- 2021/8931 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Informática, C.E. 14/18
- 2021/8932 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Superior de Informática, C.E. 15/18
- 2021/8933 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 3 prazas de Axudante de Cemiterio, C.E. 5/21
- 2021/8934 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a superior de Economía, C.E. 6/17
- 2021/8935 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 3 prazas de Técnico/a de Apoio Social, C.E. 20/18
- 2021/8938 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 22 prazas de auxiliar administrativo/a, C.E. 5/20
- 2021/8941 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Oficial do S.E.I.S., C.E.17/18
- 2021/8942 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Psicólogo/a Clínico/a, C.E. 19/18
- 2021/8943 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Promoción de Emprego, C.E.18/18
- 2021/8944 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Educación, C.E. 7/17
- 2021/8945 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 12 przas de Traballador/a Social. C.E. 4/21
- 2021/8948 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Superior de Mobilidade, C.E. 21/18
- 2021/8949 Anuncio de bases específicas para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio/a de Organización, C.E. 16/18
- 2021/8950 Anuncio de bases específicas para a cobertura de 17 prazas de Técnico/a Medio/a de Xestión, C.E. 3/21


- Que entendemos que o Concello da Coruña coa publicación destas convocatorias de emprego incumple o establecido nos artigos 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.


Que contra estes procesos de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e

SOLICITO:


- Que se teña por presentado e tras os trámites legais oportunos, se dite resolución anulando ou modificando aquelas convocatorias de emprego mencionadas anteriormente que estean afectadas polos procesos de estabilización aos que se refire a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.


A Coruña a 24 de xaneiro de 2022

 


SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 25 Xaneiro 2022
Visitas: 2699

ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL E CONVOCATORIAS DE EMPREGO

  • imprimir
  • Correo electrónico

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx co DI xxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña


MANIFESTA:


Que o pasado 28 de decembro publicouse no Boletín Oficial do Estado nº 312 a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción de temporalidade no emprego público.


A dita lei, entre outras cuestións, articula os procedementos de estabilización de emprego temporal e a convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración.


Que o pasado 31 de decembro, o Concello da Coruña publica no Boletín Oficial da Provincia nº 249 a convocatoria de máis de 100 postos para a sua cobertura, sendo en gran parte mediante o sistema de oposición libre.


Polo anteriormente exposto e en base á incertudume e numerosas consultas que estamos a ter dende a convocatoria no BOP por parte do concello da Coruña referidas aos procesos de estabilización


SOLICITO


A convocatoria URXENTE dunha xuntanza co Goberno Municipal para clarexar que as convocatorias dos ditos procesos respectan o establecido na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público


A Coruña a 04 de xaneiro de 2022

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 04 Xaneiro 2022
Visitas: 2989

ABUSO CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA ACUMULACIÓN DE TAREFAS

  • imprimir
  • Correo electrónico

XXXXXXXXXXXXXXXXXXX co DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPON

 

  • Que temos coñecemento de que se está fadendo un uso fraudulento das listaxes de agarda, facendo chamamentos para contratos de acumulación de tarefas cando hai vacantes orzamentadas no cadro de persoal.
  • As contratacións para acumulación de tarefas non poden de ninguna maneira supoñer a cobertura de necesidades  non enventuais nin estructurais.
  • Que uso fraudulento e abusivo de esta modalidade de contratación para finalidades non previstas legalmente, pode dar lugar ás oportunas reclamacións xudiciais.

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO

Que os nomeamentos que se realicen mediante as listaxes de agarda sexan realizados en primeiro término, e sempre que exista posiblidade orzamentaria, para a cobertura de aqueles postos que estén vacantes.

Que as contratacións de acumulación de tarefas sexan utilizados única e exclusivamente nos supostos legalmente establecidos.

 

A Coruña a 22 de decembro de 2021

 

 

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 22 Decembro 2021
Visitas: 2376

RESOLUCIÓN EXECUCIÓN DE SENTENZAS QUE AFECTAN AO CONCURSO

  • imprimir
  • Correo electrónico

XXXXXXXXXXXXXXXXXXX co DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

EXPON

  • Que o pasado 15 de xaneiro de 2021 dictouse resolución pola que, por sentenza de data 19/10/2020 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 da Coruña, en recurso contencioso-administrativo en procedimento abreviado 0000038/2020-M, resolveuse:
    • Excluir do Anexo I que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión do concurso ordinario de mérito de postos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña os postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, ambos inclusive, pola non esixencia de titulación específica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.
    • Continuar coa tramitación da convocatoria de provisión de postos (Concurso ordinario, C.E. 1/19.

 

  • Que o pasado 15 de decembro, dictouse resolución pola que, por sentenza nº 00161/2021 de data 16/11/2021 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 da Coruña, resolveuse o recurso contencioso administrativo en procedmiento abreviado 0000055/2020, resolveuse:
    • Excluir do Anexo I que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de postos de traballo vacantes no Excmo. Concello da Coruña os postos de Coordinador/a de Centros e Programas, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1382 a 1384, ambos inclusive, pola non existencia de titulación específica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.
    • Continuar coa tramitación da convocatoria de provisión de postos (Concurso ordinario, C.E. 1/19)

 

  • Que ambas resolucións remiten que a execución de ditas sentenzas obrigan a unha modificación da relación de postos de traballo no relativo aos postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, ambos inclusive, e aos de Coordinador/a de Centros e Programas, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1382 a 1384, ambos inclusive, para que as esixencias recoñecidas pola mencionada sentenza incluénse nas condicións e características deses postos. Especifica ademáis que calquera modificación da relación de postos de traballo, segundo o procedemento establecido no art. 202 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, implica unha serie de trámites preceptivos, tales como a negociación na Mesa Xeral de Negociación, aprobación inicial, sometemento a información pública por prazo non inferior a vintedías, resolución de reclamación e alegacións ou suxerencias e aprobación definitiva, e polo tanto, toda a tramitación pode durar varios meses e polo tanto xustifican excluir do anexo que recolle a relación de postos de traballo vacantes que se convocan para a provisión por concurso ordinario de méritos de postos de traballo vancantes no Excmo. Concello da Coruña.

 

Polo anteriormente exposto

 

SOLICITAMOS

Que tendo coñecemento de que se está a traballar nunha modificación da RPT no relativo á modificación do factor da Perigosidade que afecta ao ámbito da Seguridade Cidadá, se de curso na respectiva Mesa Xeral de Negociación para levar ao a modificación da Relación de Postos de Traballo no referido nas sentenzas citadas anteriormente.

 

 

A Coruña a 21 de decembro de 2021

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 22 Decembro 2021
Visitas: 2370

DIAS ADICIONAIS ASUNTOS PARTICULARES 2021

  • imprimir
  • Correo electrónico

 

A sección sindical da CIG no concello da Coruña REXISTROU NO DÍA DE HOXE A SEGUINTE SOLICITUDE

EXPON:

A Instrucción 1/2021 de 31 de maio de 2021 establece:” En consecuencia, o persoal empregado público do Concello da Coruña terá dereito ao goce dun día de permiso adicional dado que os días 1 de maio e 25 de decembro de 2021 son festivos nacionais de carácter retribuído, non recuperable e non sustituible polas Comunidades Autónomas, e ambosos dous coinciden en sábado”

A instrucción 2/2021 publicada no BOP de 9 de xullo de 2021 establece na clausula 19.6: “Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñen garantidos o número de festivos anuais a través das táboas horarias.”

Estas duas normas entran en contradicción ao establecer os días adicionais de asuntos particulares que deben gozar os empregados municipais no ano 2021 por coincidencia de dous días festivos en sábado.

Polo exposto SOLICITO:

Que se indique a motivación pola que existindo unha Instrucción (Instrucción 2/2021) que establece que se incorporará un día adicional  de asuntos particulares por cada unha das festividades laboráis de ámbito nacional de carácter retribuído non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma cando coincidan en sábado, se pretende aplicar unha Instrucción (Instrucción 1/2021) de data anterior que establece un so día adicional de asuntos particulares.

 

 

 

A Coruña 5 de novembro de 2021

 

 

SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 05 Novembro 2021
Visitas: 2828

CATALOGO DE POSTOS OCUPADOS, VACANTES E PRODUCTIVIDADES

  • imprimir
  • Correo electrónico

A sección sindical da CIG no concello da Coruña REXISTROU NO DÍA DE HOXE A SEGUINTE SOLICITUDE

MANIFESTA:

Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.

Que a sentenza do Tribunal Supremo STS 3195/2020 ampara ós/as representantes sindicais a, entre outras cuestións a recibir información do catálogo de postos ocupados e vacantes asemade das produtividades que se dan nas administracións públicas


Polo anteriormente exposto e en base a mencionada sentenza

SOLICITO:

Que se nos achegue a listaxe dos Postos de Traballo ocupados e vacantes do Concello da Coruña, así como a listaxe das retribucións en concepto de produtividades e a quen se lle otorgaron.

 


A Coruña a 7 de xuño de 2021


SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 08 Xuño 2021
Visitas: 3462

SENTEZA TRIBUNAL SUPREMO INFORMACION PRODUCTIVIDADES

  • imprimir
  • Correo electrónico

Sentenza 3195/2020 do Tribunal Supremo sobre a información das PRODUCTIVIDADES

LIGAZÓNS

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 07 Xuño 2021
Visitas: 2637

A CIG pide a retirada da proposta de modificación do EBEP e que o Ministerio presente outra nova

  • imprimir
  • Correo electrónico

Denuncia a suspensión da xuntanza que xa estaba prevista e teme que se estea negociando por detrás

A CIG solicita a retirada da proposta de modificación do Estatuto Básico do Empregado/a Público/ (EBEP) e que se presente unha nova proposta. Cuestiona ademais a xestión da negociación, para a que estaban comprometidas todas as xuntanzas necesarias, pero que foi suspendida de forma unilateral polo Ministerio.

CONSULTA PROPOSTA REFORMA ESTADO

CONSULTA POSICIONAMENTO CIG ÁREA PÚBLICA

A primeira xuntanza do grupo de traballo celebrárase o pasado día 24 de maio. Na mesma sinalábase como data da seguinte reunión o día 27 de maio. O propio secretario xeral do Ministerio afirmaba nesa xuntanza que tiña a axenda libre para reunirse todos os días que fixera falta para acelerar as negociacións. Porén, ao día seguinte, a central sindical recibía unha comunicación pola que se cancelaba a reunión prevista coa escusa de darlle prazo aos sindicatos para presentar alegacións, cando todos aceptaran a data proposta.

A CIG pon en cuestión a decisión de suspender as reunións e que se solicite agora que se remitan as alegacións por escrito. A central sindical témese que os sindicatos estatais, que mantiveron un hermetismo absoluto e para nada informaron desa xuntanza, estean negociando por detrás, como ten acontecido noutras ocasións, para chegar a un acordo.

A CIG xa adianta que promoverá mobilizacións no caso de que non se retire a proposta tal e como está.

Retirada da proposta

Función Pública afirmou na reunión do 24 de maio que a reforma sobre a temporalidade  descansaría sobre tres patas: modificación do EBEP; flexibilización da taxa de reposición (en ningún caso eliminación) e proceso de estabilización vinculado co compromiso expresado polo Estado no documento enviado á UE para os fondos europeos

Para a CIG non se pode chegar a acordos no ámbito da Mesa Xeral cando o único que se presentou foi unha das tres “patas”, a do EBEP. A posición da central sindical nun tema de relevancia como o das medidas para reducir a temporalidade é que se debe facer nun marco de respecto ás miles de persoas que veñen ocupando postos de traballo como persoal interino ou temporal, nun claro abuso da contratación temporal.

A reforma do EBEP, sen procesos de consolidación e sen claros mecanismos de sanción, non soluciona o problema nin busca saída para quen durante anos foron vítimas da temporalidade abusiva.

Nova proposta

Fronte a isto a posición da CIG descansa sobre tres eixos fundamentais e así foron trasladados nun escrito remitido ao Ministerio de Función Pública tras a cancelación unilateral da segunda reunión:

  • ELIMINACIÓN DA TAXA DE REPOSICIÓN. Cada administración pública debe poder dimensionar os seus cadros de persoal e decidir sobre a xestión dos servizos que presta, en función das súas propias capacidades orzamentarias. Para isto, é imprescindíbel que desaparezan as taxas de reposición con carácter básico da lexislación do Estado.
  • PROCESOS EXCEPCIONAIS. Debe articularse unha solución excepcional ao problema da temporalidade acumulada, apostando por uns verdadeiros procesos de consolidación de emprego, e na necesidade de respectar os ámbitos de negociación, tanto a nivel territorial como nos diferentes sectores que o propio EBEP recoñece a súa especificidade (educación, sanidade).
  • RÉXIME SANCIONADOR E REPARADOR. É fundamental fixar un marco sancionador moi estrito e contundente con aquelas administracións que incumpran a norma, identificando ás persoas responsábeis dos órganos que non cumpran. Mais tamén deben existir medidas reparadoras co persoal temporal que foi ou é vítima do abuso na contratación temporal.

Canto ao texto presentado, a CIG considera que hai unha clara intencionalidade de incorporar medidas no EBEP para blindar e protexer as propias administracións diante dos bandazos que están a dar os tribunais de xustiza. Así se evidencia con estas incorporacións ao EBEP:

  • que o nomeamento de interino non dá lugar a ningún tipo de recoñecemento de condición de funcionariado de carreira ou permanencia.
  • que no caso de cese do persoal interino non se xera dereito á indemnización

Para a CIG o estabelecemento dun período de proba é innecesario e improcedente , xa que un dos motivos de cese xa é a falta de capacidade ou rendemento, o que levaría consigo un expediente disciplinario. Fixar o período de proba pode introducir arbitrariedade polo que a central sindical está en desacordo e demanda a retirada.

A medida de cesar ao persoal interino despois dos 3 anos, penalizando á persoa e o servizo público sen que se poida cubrir a vacante durante un ano é ademais “un despropósito”. Se queren evitar o abuso na contratación temporal que sancionen duramente á persoa ou persoas á fronte dos órganos de persoal que o permiten, mais que non fagan recaer a penalización no persoal interino e nos propios servizos públicos.

Outro dos apartados máis preocupantes da proposta do goberno estatal é a negación expresa do dereito á carreira profesional do persoal interino mentres no acade a condición de funcionariado de carreira. Estamos diante dunha medida impresentábel, que vai contra dereitos adquiridos en moitos casos grazas a sentenzas e conflitos xudiciais promovidos pola CIG (os sexenios docentes ou a carreira profesional na administración xeral da Xunta) e acordos que incorporan o persoal interino na carreira profesional (SERGAS). A CIG está totalmente en contra dunha medida que considera regresiva e que prexudicaría a miles de persoas polo mero feito de ser interinas malia realizar o mesmo traballo.

A CIG amosa a súa incredulidade diante das cifras de prazas a convocar e dos seus efectos

En diferentes declaracións do ministro Iceta e dos responsábeis do Ministerio na Mesa Xeral cifráronse nun mínimo de 300.000 as prazas que se deberán ofertar no presente ano 2021, nun calendario que se estendería para facer todos os procesos convocados até o 2024.

A certeza dos datos dos denominados “procesos de estabilización” vinculados cos pactos dos sindicatos estatais co goberno español non deixa lugar a dúbidas. Segundo datos do propio goberno (de abril de 2021) houbo un total de 218.671 prazas autorizadas para incorporar en ofertas de emprego público.

Porén, tan só se ofertaron 154.483 prazas (é dicir, non se ofertaron o 30% das prazas inicialmente previstas). Destas só se cubriron 56.236, o que implica que tan só o 25% das prazas que se venderon como de “estabilización” chegaron a se transformar en fixas no conxunto do Estado e no total dos sectores (ensino, sanidade, xustiza, administración xeral..). Con estes precedentes, a CIG amosa a súa incredulidade sobre se realmente se van cubrir as cifras anunciadas polo Ministerio. 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 03 Xuño 2021
Visitas: 2466

O Ministerio propón unha modificación do EBEP que non soluciona a temporalidade

  • imprimir
  • Correo electrónico

A CIG ve imposíbel acadar un acordo se non se elimina a taxa de reposición

Nunha primeira reunión do grupo de traballo da Mesa Xeral das Administracións Públicas, o Ministerio de Política Territorial e Función Pública adiantou unha serie de cambios relacionados coa modificación do EBEP, no que ten a ver coa regulación da selección do persoal interino sen entrar no fondo do problema, e anunciou a súa intención de que a negociación sexa moi breve, pretendendo que se peche o día 4 de xuño.

LIGAZÓN REFORMA TEMPORALIDADE MINISTERIO

A CIG considera que as modificacións non implican ningunha solución ao problema da temporalidade e ve imposíbel avanzar en posíbeis acordos se non se elimina a taxa de reposición e non se respectan as sentenzas do TXUE canto ao abuso da contratación temporal e adopción de mecanismos sancionadores contundentes.

Estas son as propostas avanzadas polo Ministerio e que serán revisadas nunha nova reunión que terá lugar o xoves 27.

Modificación do artigo 10 do EBEP (funcionariado interino):

  • 1.a) Prazas de persoal interino en vacantes. Remarcan o límite temporal en 3 anos desde que se produce o nomeamento coa obriga de sacar a praza ocupada a OPE.
  1. d) Ampliarán os posíbeis nomeamentos por acumulación de tarefas a un máximo de 9 meses nun prazo de 18 meses (dos 6 meses en 1 ano actual).
  • 2. Selección do persoal interino: “primar a axilidade” e indicar expresamente que o nomeamento como interino non dará lugar en ningún caso a nomeamento como funcionariado de carreira ou de permanencia máis alá do tempo de contratación temporal.
  • 3. Especifican as causas de cese, recoñecendo a capacidade das diferentes administracións:
    • por fin da causa do contrato
    • por fin do prazo autorizado para a tarefa
    • pola cobertura do posto
    • por razóns organizativas
    • por falta de capacidade e rendemento
    • por non superar o período de proba, no caso de que exista.
  • 4. As prazas vacantes ocupadas por persoal interino ofertaranse nas OPE “en execución da normativa orzamentaria” (é dicir, coa limitación dos orzamentos de cada administración e, por tanto, da taxa de reposición). O nomeamento do persoal interino en vacante poderá manterse até que finalice o proceso selectivo da súa praza, fixando un máximo de 3 anos desde o nomeamento até a publicación da convocatoria de oposición. Se a praza non se convoca pola administración correspondente, o persoal interino será cesado e durante 1 ano esa praza non se poderá cubrir con persoal interino.
  • 5. Recoller expresamente os dereitos e deberes do persoal interino.

Entre outros, negar o dereito á carreira profesional ao persoal interino

  • 6. Eliminar a mobilidade de persoal contratado para executar programas.

Introducen unha nova disposición adicional 17ª no que se refire á sanción para a administración polo incumprimento das normas de temporalidade; hai unha invocación xenérica á responsabilidade do órgano de persoal no nomeamento do persoal interno.

Tamén indican que, dada a especificidade dos sectores educativo e sanitario, se dá un prazo de 1 ano para adecuar a lexislación propia do seu persoal interino (ingreso, etc..) á nova reforma do EBEP.

Tal e como recolle a “compoñente 11” do documento enviado polo goberno español á Unión Europea, no marco dos compromisos vinculados cos fondos europeos, os prazos previstos polo Ministerio son os seguintes:

  • 2021: antes de rematar o ano terán que convocarse todas as OPE vinculadas con esta reforma. Por tanto, todas aquelas prazas vacantes de máis de 3 anos terían que ser convocadas Estas prazas non consumirían taxa de reposición.
  • 2022: deberán estar publicados todos os procesos selectivos destas OPE
  • 2024: deberán estar finalizados todos os procedementos.

A entrada en vigor de todas estas normas non terían carácter retroactivo polo que non afectarían ao persoal que actualmente ocupan prazas vacantes (no referido ao cese despois de tres anos, especialmente).

Críticas aos anteriores acordos de “estabilidade”

A CIG centrou a súa intervención en criticar os anteriores acordos de “estabilidade” que non só non implicaron ningunha mellora na fraude na contratación temporal senón que mesmo asentaron, pola parte sindical estatal, a aceptación da taxa de reposición, unindo así a súa posición á dos gobernos español e galego.

Coincidindo na conveniencia de clarificar no EBEP prazos de execución das ofertas de emprego e simplificar os procesos selectivos, o problema da temporalidade non se soluciona se non se permite a cada administración pública dimensionar os seus cadros de persoal e decidir sobre a xestión dos servizos que presta, en función das súas propias capacidades orzamentarias.

Para isto, é imprescindíbel que desaparezan as taxas de reposición con carácter básico da lexislación do Estado, permitindo que as administracións creen emprego directo, sen verse obrigadas a acudir á externalización de servizos mediante fórmulas máis caras e fraudulentas.

Desde a CIG tamén se incidiu na necesidade de dar unha solución excepcional ao problema da temporalidade acumulada, e en apostar por uns verdadeiros procesos de consolidación de emprego, e na necesidade de respectar os ámbitos de negociación, tanto a nivel territorial como nos diferentes sectores que o propio EBEP recoñece a súa especificidade (educación, sanidade).

A central sindical considera que algunhas das propostas avanzadas polo Ministerio inciden en cargar a responsabilidade do abuso na contratación temporal sobre o propio persoal afectado, cando este é a vítima e non a responsábel dese abuso, e en incorporar medidas que pretenden limitar a temporalidade pola vía da eliminación de postos de traballo e non da transformación de emprego temporal en fixo, reducindo as taxas de temporalidade a base de incrementar as listas do paro.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 25 Mai 2021
Visitas: 2459

CIG-Administración pide a paralización dos procesos de estabilización até que se aclaren os cambios no EBEP

  • imprimir
  • Correo electrónico

Exixe a supresión da taxa de reposición, principal causa do abuso da temporalidade

A CIG-Administración, ante a perspectiva dunha posible prórroga dos procesos e próxima modificación dos criterios de estabilización de emprego no ámbito EBEP, vai exixir nas mesas de negociación a paralización dos procesos de estabilización até que o goberno do Estado clarifique as modificacións que pretende levar a cabo, para evitar distintas “varas de medir” nas diferentes administracións públicas.

Xunto a isto, demanda, en cada administración, unha negociación dos procesos, previa ás modificacións da RPT, aprobación dos cadros de persoal e ofertas de emprego anuais, así como as bases dos procesos.

Exixe que o persoal que ten recoñecida a contratación temporal en fraude de lei e xa superou probas selectivas sexa considerado laboral fixo

Ademais defende que se exclúan das OPEs as prazas ocupadas por persoas próximas á xubilación e que o persoal que ten recoñecida unha relación laboral indefinida por resolución xudicial ou administrativa –e que xa superou probas selectivas en condicións de igualdade para o acceso- sexa considerado persoal laboral fixo a todos os efectos.

Xunto a isto sostén que as prazas ocupadas con persoal que ten recoñecida unha relación laboral indefinida por resolución xudicial ou administrativa –que non superou as probas selectivas- se inclúa nos procesos de estabilización mediante concurso oposición, en procesos selectivos diferenciados dos de quenda libre, aínda que simultáneos.

Demanda a supresión da taxa de reposición de efectivos, principal causa do abuso da temporalidade

Considera necesario o incremento de efectivos e entende que os procesos de consolidación e estabilización non son suficientes para facerlle fronte aos servizos que é necesario prestar. Por iso entende que a taxa de reposición debe eliminarse.

A alta taxa de temporalidade nas administracións públicas do estado español deriva de varios factores, pero o máis determinante durante os últimos 12 anos vén sendo, segundo a CIG-Administración, a limitación imposta polos gobernos do Estado ao incremento dos cadros de persoal, establecendo taxas de reposición de efectivos con carácter de normativa básica, que impiden a cobertura de prazas estruturais.

Denuncia que estas decisións non teñen en conta en absoluto as necesidades e demandas da cidadanía, o correcto funcionamento dos servizos públicos nin -tan sequera- a saúde orzamentaria de cada administración. “O resultado destas políticas erráticas, iniciadas polo Partido Popular pero sostidas no tempo por gobernos que se din progresistas, é unha taxa de temporalidade en índices tan indecentes que a propia Unión Europea ten que cominar ao Estado español a reducila”.

A eliminación da taxa de reposición é unha demanda da CIG desde o mesmo momento da súa implantación. Teñen que ser as diferentes administracións, en función das súas necesidades de persoal para o mantemento duns servizos públicos de calidade e universais e das súas dispoñibilidades orzamentarias as que decidan as súa ofertas de emprego, sen limitacións alleas. De non ser así, advirte de que “por moitos procesos extraordinarios de estabilización que se leven a cabo, a temporalidade volverá a incrementarse nas administracións públicas inevitablemente, pervertendo os procesos ordinarios de selección de persoal”.

Os acordos de concertación social non son a solución

A CIG-Administración lembra que nos anos 2017 e 2018 asináronse acordos entre os sindicatos estatais e o goberno moribundo do Partido Popular que, baixo a falsa aparencia de acordos de estabilización de emprego viñan a referendar o mantemento das taxas de reposición e, aínda establecendo taxas adicionais ás que xa existían, impedían o incremento de efectivos con carácter básico a todas as administracións públicas.

A nivel galego, eses acordos co goberno do PP reproducíronse mimeticamente no ámbito da Xunta de Galicia, onde se asinou en outubro de 2017 o acordo coas organizacións sindicais CC.OO., CSIF y UGT para o desenrolo dun plan de estabilidade, e en xaneiro de 2019o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (desta voltasen a anuencia do CSIF).

Tanto os acordos estatais como os de ámbito galego foron rexeitados e denunciados pola CIG, principalmente porque viñan consagrar as taxas de reposición de efectivos, ao tempo que en materia de estabilización de emprego, o goberno do Estado e os sindicatos asinantes renunciaban a establecer criterios para regular os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal, lavándose as mans e deixando a cada administración a “papeleta” de tomar decisións nos seus ámbitos respectivos.

Procesos de estabilización

Neste momento estamos ás portas dunha negociación no ámbito da Mesa Xeral das Administracións Públicas á que o Ministerio se comprometeu a levar unha serie de modificacións do EBEP, teoricamente para dar solución ás altas taxas de temporalidade, mais que polas declaracións do propio ministro, tanto na reunión mantida coa CIG como nas súas comparecencias públicas, se limitaría a modificar o artigo 10 do EBEP.

Amais da Mesa Xeral das Administracións Públicas, son varios os ámbitos de negociación nos que, ante as aprobacións das ofertas públicas de emprego e convocatorias específicas de procesos selectivos de estabilización, necesariamente, haberá que ter en conta a porcentaxe de temporalidade e a orixe das prazas obxecto de estabilización, así como a forma de acceso ao emprego temporal en cada ámbito ou sector, pois e obvio que non vale unha solución única para situacións tan diversas.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 20 Mai 2021
Visitas: 2321

REFORZO SERVIZO DE CONSERXERÍA E.AA.

  • imprimir
  • Correo electrónico

REXISTRADO ELECTRÓNICAMENTE o 15 de maio, número 38366

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXXXe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPON

Que tivemos coñecemento de que se está realizando un servizo de conserxería para control de accesos na Estación de Autobuses.

Que só hai unha persoa realizando ese traballo o que lle dificulta tanto coller o seu tempo de descanso como atender as súas necesidades fisiolóxicas.

Polo anteriormente exposto

SOLICITAMOS

Que a este servizo se destiñen dous empregados para estas funcións

 

A Coruña 15 de maio de 2021

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 15 Mai 2021
Visitas: 2107

PETICIÓN MXN MAIO 2021

  • imprimir
  • Correo electrónico
  • ASUNTOS ACHEGADOS POLA CIG Á XUNTA DE PERSOAL PARA SOLICITAR UNHA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
  • DOCUMENTO FINAL DA XUNTA DE PERSOAL PARA A MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 03 Mai 2021
Visitas: 2484

Páxina 3 de 11

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • ...
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Vostede está aquí:  
  • Home

Back to Top

© 2026 CIG Concello A Coruña