ACCIÓN SINDICAL
RESUMO MXN DE 14 DE OUTUBRO DE 2024
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN celebrada o 02.08.2024.
- Proceso de unificación da rede de bibliotecas.
- Dación de conta das reunións desenvolvidas nas diferentes mesas técnicas.
- Rogos e preguntas.
PROCESO DE UNIFICACIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS
Neste punto informáronnos do comezo do proceso para a unificación da rede bibliotecas pasando a unha xestión directa do concello do 100% das bibliotecas municipais que, como ben sabedes, actualmente é un modelo dual con unha parte de xestión directa municipal e outra parte externalizada e xestionada por unha empresa privada.
O señor concelleiro comezou a sua explicación recalcando que este proceso é froito dun acordo político, a continuación explicounos que se crearán algo mais de 60 prazas de técnico medio de bibliotecas e de técnico auxiliar de bibliotecas, o proceso selectivo consistirá nun concurso- oposición no que intentarán que a fase de concurso se valore no máximo legal permitido.
Todo este proceso comenzará a finais deste ano 2024 e preveen telo rematado no primeiro trimestre do ano 2026, para elo será necesario a creación das prazas correspondentes, a modificación da RPT para incluir os postos necesarios e unhas bases específicas para o proceso selectivo.
Esta foi toda a información que se nos proporcionou e, probablemente, pouca mais vamos a recibir xa que o Sr. Lage Tuñas deixou moi claro que so ía someter a negociación o estrictamente establecido na lei, que non haberá ningún tipo de mesa técnica para traballar neste proceso.
Esta actitude por parte do goberno municipal non pode calificarse doutra maneira que non sexa de pouco transparente, parécenos imprescindible a negociación coas seccións sindicais do concello da coruña dun proceso destas características polo que instamos ao goberno de Inés Rey a que rectifique e someta a negociación todo o proceso de unificación da rede de bibliotecas municipais.
DACION DE CONTA DAS REUNIÓNS DESENVOLVIDAS NAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
Ao longo do que levamos do mes de outubro tivemos unha serie de mesas técnicas sobre diferentes temas e das que dou conta o director de área de recursos humanos na mesa xeral de negociación:
Con respecto á mesa técnica de conserxes de colexio rematouse o documento de adxudicación de centros e está case rematado o documento de funcións e tarefas quedando pendente as cuestións relativas a horario e xornada. Estes documentos serán levados á mesa xeral de negociación para a sua aprobación e esta sección sindical expresará a sua opinión ao respecto unha vez se nos facilite a redacción definitiva dos documentos en negociación.
Tivemos tamén unha mesa técnica sobre a elaboración dun documento de xestión das listaxes de persoal municipal para os actos de matrimonios civís no concello que está case rematado a falta de aclarar os conceptos retributivos e as cantidades percibidas polo persoal municipal, xa que na actualidade existen diferencias tanto na cantidade a percibir como no concepto retributivo. Esta sección sindical considera que o mesmo traballo non pode retribuirse con dous conceptos diferentes e con cantidades diferentes para traballos iguais. Tamén fixemos saber na mesa técnica que os conceptos retributivos e as cantidades a percibir deben figurar no documento de xestión que se está elaborando.
Por último falaremos da mesa técnica de bases de concurso xeral e específico que se ven desenvolvendo dende hai varios meses:
O vaivén continuo que se está producindo con estas mesas técnicas e os continuos cambios de propostas e de opinións por parte do goberno municipal parécennos unha falta de respeto ao traballo sindical a así llo fixemos saber na última mesa técnica.
A falta de seriedade e de rigor con que se están desenvolvendo estas mesas é moi preocupante.
Fai varios meses que se lle trasladou ao goberno municipal dende a Xunta de Persoal a pregunta de a que postos iban a aplicar o concurso específico, na última mesa técnica trasladáronnos unha resposta sorprendente e inaceptable, non so queren aplicar o concurso específico ás xefaturas de departamento si non tamén aos postos asimilados de nivel 26 e 27 e ás xefaturas de sección o que implicaría necesariamente unha modificación da RPT incumplindo o que se nos trasladou por parte do Sr. Lage de que o concurso se faría coa RPT en vigor. Pola nosa banda deixamos moi claro que o concurso debe producirse coa RPT vixente tal como se acordou. Non é o único motivo que nos leva a considerar que a CIG é probable que non apoie estas bases porque tamén nos parece inaceptable a proposta para a segunda fase que non garante nin o anonimato, nin a obxetividade e que ten un peso excesivo sobre o total. Parece mais ben unha proposta “a medida” e non precisamente a medida en igualdade, mérito e capacidade.
Aínda nos esperaba nesta mesa técnica outra sorpresa, nada menos que a insinuación de que na parte común a ambos concursos (xeral e específico), no baremo de méritos o goberno municipal quere que se valore a totalidade do tempo en comisión de servizos cando legalmente a provisión de maneira temporal dun posto en comisión de servizos non pode durar mais de 2 anos.
Pensamos que non é necesario explicarvos a opinión da CIG sobre esta insinuación, mais que coñecida é a loita en solitario desta sección sindical contra o uso abusivo e fraudulento das comisións de servizo neste concello.
Entenderedes despois desta explicación o escándaloso da proposta do goberno municipal e, obviamente, non apoiaremos unhas bases destas características.
Esperamos e desexamos que o goberno de Inés Rey cambie de actitude neste tema e, en xeral, na xestión de recursos humanos e que poidamos chegar a acordos xustos e que beneficien a todo o persoal municipal.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa sección sindical preguntamos pola convocatoria dos procesos de promoción interna de 9 prazas de bibiotecario medio da OPE do ano 2022 e fixémoslle saber o interese nesta promoción interna do persoal funcionario das bibliotecas municipais. Contestáronnos que non é intención do goberno municipal deixar caducar ningunha praza ofertada.
Preguntamos tamén polo prazo de resolución da fase de resultas do concurso 1/19 e contestóusenos que estaba a piques de publicarse a lista definitiva de admitidos pero non nos dixeron nada sobre o prazo de resolución. A lista de admitidos publicouse fai uns días xunto coa composición da comisión de valoración que non parece a mais idónea xa que, aínda reunindo o requisito legal de pertenza dos membros da comisión ao subgrupo A1, está composta en gran parte por persoal con pouca experiencia e por persoal con postos moi específicos de administración especial que fan imposible a valoración de memorias doutros postos pertencentes a outra administración especial. É difícil de crer que nunha plantilla tan ampla e diversa como a nosa non se atopen perfís mais axeitados para esta comisión de valoración.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2073
RESUMO DA MXN DO 02 DE AGOSTO DE 2024
RESUMO M.X.N DE 2 DE AGOSTO DE 2024
ORDE DO DÍA:
1-APROBACIÓN DA ACTA DA MXN CELEBRADA O 27/05/2024
2-PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
3-DACIÓN DE CONTA DO ESTADO E PREVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN PENDENTES
4- DACIÓN DE CONTA DAS SESIÓNS DESENVOLVIDAS DAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
5- CALENDARIO DAS MESAS XERAIS DE NEGOCIACIÓN PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO 2024.
6-ROGOS E PREGUNTAS
PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
Do mesmo xeito que na modificación puntual da RPT de agosto de 2023, o que se nos dixo que sería unha simple adaptación da RPT á nova estructura organizativa e unha corrección de erros, convírtese en moito mais que eso coa creación de novos postos de traballo e dun novo servizo denominado Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos, área íntegramente controlada polo señor concelleiro Lage Tuñas.
O mércores 31 de xullo nunha mesa técnica de elaboración da RPT (dous días antes da MXN) o goberno municipal argumentou que tiñamos unha RPT sobredimensionada e que habería que correxilo durante o proceso de elaboración da nova RPT . Porén, o venres 2 de agosto, na MXN o señor Lage preséntanos outra modificación puntual coa creación dun bo número de postos novos e un novo servizo.
Nesta modificación puntual créanse duas novas xefaturas de departamento e, de novo, abertas a ser ocupadas por persoal de calquera administración pública coartando a carreira profesional do persoal municipal. No documento que se nos achega, xa nin se molestan en xustificar e motivar a apertura destas xefaturas de departamento a outras administración, nin tampouco a motivación da creación dunha nova xefatura de servizo por libre designación.
Dende a nosa sección sindical mostramos a nosa disconformidade con esta modificación puntual pola inxente creación de novos postos de traballo e pola apertura das novas xefaturas de departamento a persoal doutras administración, esto último foi tamén argumentado por tres das catro seccións sindicais presentes na MXN (CIG, UGT e CCOO). Ante os argumentos dados por estas tres seccións sindicais o señor Lage evitou dar ningún tipo de explicación nin capacidade de negociación deste asunto que, evidentemente, non contou coa aprobación da maioría da representación sindical. Unha vez máis, o señor Lage Tuñas demostra que o ámbito da negociación para el é tan so un requisito formal e legal que ten que cumprir, pero sen capacidade de chegar a acordos nin amosar unha capacidade real de negociación.
Esta modificación inclúe tamén a modificación do sistema de provisión, dos seguintes postos do SEIS: cabo, sarxento, suboficial, oficial técnico, oficial e inspector que pasarían a cubrirse por concurso específico. Auméntase tamén a dotación nun posto de oficial operativo.
Ao tempo que falabamos da calendarización das negociacións para a elaboración dunha nova RPT, trasladasenos unha nova modificación “puntual” reorganizativa que, ao noso entender, dista moito de selo e ademáis, carente da motivación necesaria.
Por si non fora suficiente con todo isto, o mesmo día da mesa de negociación, ás 15:00 horas, con total premeditación e alevosía, sacan unha nova convocatoria de nada menos que 24 postos para a súa cobertura en comisión de servizos en pleno mes de agosto (e cunha parte imporante do persoal de vacacións), incluíndo incluso a convocatoria dalgún posto que chegou a ser anulado por sentenza do TSXG gañada pola CIG e mesmo xefaturas de servizo.
Por todo isto, a sección sindical da CIG vese na obriga de seguir dando conta ante o xulgado competente na investigación do que, entendemos, é unha forma de xestión do persoal de este concello irregular e que non se axusta a dereito, así como a interpoñer os correspondentes recursos na defensa dos vosos intereses.
Asistimos a un suma e sigue auténticamente descontrolado na política de recursos humanos deste Concello que está superando todos os límites imaxinables, sendo a nosa sección sindical a única que fai fronte a este sistema de provisión de postos a base de comisións de servizo e dilacións nos concursos.
DACIÓN DE CONTA DO ESTADO E PREVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN PENDENTES
Informóusenos do estado de tramitación dos procesos selectivos de estabilización pendentes: dos procesos que se densevolven por concurso estarían finalizados 18 procesos, 7 pendentes do nomeamento e toma de posesión e 2 en trámite. Dos procesos que se desenvolven por concurso-oposición estaría publicacada a data de exame en 2 procesos e 8 pendentes da publicación da data do exame.
DACIÓN DE CONTA DAS SESIÓNS DESENVOLVIDAS DAS DIFERENTES MESAS TÉCNICAS
Fíxose un resumo das mesas técnicas desenvolvidas ata a data referidas a bases de concurso ordinario e específico, calendario de elaboración da nova RPT e mesa técnica de conserxes de colexio.
Ao respecto das mesas técnicas de negociación das novas bases do concurso, e tal e como xa lles trasladou na mesa técnica, a Xunta de Persoal non vai facer ninguna proposta ao entender que non dispoñemos da información precisa e clara por parte do Goberno Municipal. Ao chegar a este punto, o señor concelleiro insinua que o Goberno Municipal non é preciso e claro por “peticións” sindicais que lle fan ao respecto de persoas concretas e postos concretos. A CIG contéstalle de xeito contundente que o que este sindicato negocia son criterios obxectivos para un novo concurso, non nomes. E que si esa é a maneira de proceder doutras centras sindicais deberán ser estas as que den contas. A sección sindical de CCOO apoia esta consideración.
Faltarían por desenvolverse a mesa de cemiterios e a de bibliotecas. Informouse tamén da intención de desenvolver unha mesa técnica de mercados.
No tema da mesa técnica de bibliotecas informóusenos de que se vai aplazar ata a unificación da rede de bibliotecas que se fará mediante a modificación da RPT, aprobación das bases dos procesos selectivos e desenvolvemento do proceso selectivo.
CALENDARIO DAS MESAS XERAIS DE NEGOCIACIÓN PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO 2024.
Informousenos de que se intentaría facer unha mesa xeral de negociación con carácter mensual.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende a nosa sección sindical solicitouse que se publicara no BOP o texto completo da RPT que inclúa todas as modificacións puntuais para faciltar a sua consulta, contestaron que publicarán un refundido ao completo da RPT con todas as modificacións puntuais.
O sr. Concelleiro informounos dunha nova data para ter rematada a nova RPT, antes da primaveira do ano 2026.
Comunicouse ao goberno municipal os problemas xurdidos no servizo de mercados polos cambios continuos nos horarios dos conserxes municipais nos últimos meses.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2258
RESUMO MXN 27 DE MAIO DE 2024
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN realizada o 29/04/2024.
- Proceso de negociación para unha nova RPT.
- Seguimento dos asuntos da anterior MXN.
- Rogos e preguntas.
PROCESO DE NEGOCIACIÓN PARA UNHA NOVA RPT
Retomando o xa falado na anterior mesa de negociación o goberno municipal expuxo de novo a súa intención de negociar unha nova RPT e de tela rematada a finais do ano 2025.
Quedaba pendente da anterior mesa de negociación a resposta de CCOO ao condicionante para poder negociar a RPT que, como lembraredes, era aceptar a provisión por libre designación das xefaturas de servizo. A resposta foi que aceptan esta condición.
A sección sindical da CIG mantivemos a postura expresada na mesa anterior explicando de novo que a forma de provisión dos postos de traballo é unha parte mais da RPT e que hai que negocialo como un conxunto, lembrámoslle ao sr.concelleiro que a libre designación ten que motivarse para cada posto de traballo e que existe unha sentenza firme de obrigado cumprimento que afecta a este tema.
A cuestión que fixo o sr. concelleiro de que “quen non esté de acordo co “marco de negociación” non participará na negociación da RPT” tanto na anterior mesa de negociación como nesta, nós dixémoslle que legalmente non nos pode excluír das negociacións e que defenderíamos o noso dereito a participar nelas.
SEGUIMENTO DOS ASUNTOS DA ANTERIOR MXN
Fomos informados de que o goberno municipal está estudando a posibilidade de xestionar a póliza colectiva dun seguro médico e da posible implantación do permiso parental de oito semanas para o cuidado de fillas/os.
De todas as mesas técnicas para diferentes colectivos solicitadas dende a Xunta de Persoal dixéronnos que ao remate do curso escolar seremos convocados para a mesa técnica de conserxes de colexio.
A sección sindical da CIG solicitou que se publicara a calendarización prevista dos cursos de formación para o persoal municipal e o goberno municipal accedeu a publicala.
Preguntouse tamén si se iba a retomar a aportación municipal ao plan de pensións do persoal que o ten subscrito, contestaron que non era unha prioridade para o goberno municipal.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2226
RESUMO MXN 29 DE ABRIL DE 2024
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da MXN celebrada o 22/03/2024.
- Elaboración das Bases da negociación da RPT.
- Seguro médico.
- Recuperación da achega municipal ao Plan de Pensións.
- Provisión de postos de traballo. Concursos e bases futuras.
- Procesos de estabilización do emprego público municipal.
- Planificación e impulso do Plan de Formación 2024.
- Mesas Técnicas.
- Rogos e preguntas
ELABORACIÓN DAS BASES DE NEGOCIACIÓN DA RPT
O Concelleiro comunicounos a sua intención de poñer en marcha ao longo do mes de maio dun calendario de mesas para a negociación dunha nova RPT, tendo como data límite para estar rematada a negociación xunio de 2026.
O señor concelleiro estableceu como condición para que houbese negociación da RPT que a parte sindical aceptase como forma de provisión para as xefaturas de servizo a libre designación advertindo que si non se aceptaba non habería RPT.
As catro seccións sindicais con representación no concello tiñamos un acordo unánime de non aceptar a provisión das xefaturas de servizo por libre designación, chegado o momento de expresar a resposta sobre este condicionante tanto CSIF como UGT expresaron que aceptaban como forma de provisión para as xefaturas de servizo a libre designación, rompendo o acordo sindical establecido de maneira unilateral e sin previo aviso.
CCOO adiou a sua decisión ata a próxima MXN e pola nosa banda fomos os únicos en defender a postura acordada por unanimidade pola parte sindical, mantendo o acordado e explicando na mesa que a forma de provisión dos postos é unha parte mais da RPT e que había que negocialo como un conxunto.
A chantaxe foi tal que o Sr. Lage dixo literalmente que só negociaría a RPT con aquelas seccións sindicais que aceptasen a condición imposta e excluiría ao resto da mesa de negociación, aínda sabendo que legalmente non pode excluir da mesa de negociación a quen lle pete, ou non está ben asesorado ou non se deixa asesorar.
Na situación actual isto só pode obedecer a:
- Busca seguir provocando a quen non opina igual
- Pretende adiar calquera negociación torpedeándoa previamente sabendo que non é a primeira vez que denunciamos as súas prácticas nas MXN
SEGURO MEDICO
O goberno municipal vai a valorar a posibilidade de xestionar a póliza colectiva dun seguro médico ao que poda acollerse voluntariamente cada empregado municipal.
PLAN DE PENSIÓNS
O goberno municipal vai a valorar o impacto económico que suporía para o concello retomar as aportacións municipais ao plan de pensións do persoal municipal que o ten suscrito.
PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. CONCURSOS E BASES FUTURAS
Neste punto o concelleiro manifestou a súa intención de continuar coas negociacións das bases de concurso pero sin comprometerse a manter a calendarización de mesas técnicas cada 15 días tal e como se acordara.
PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
Informóusenos da situación de todos os procesos de estabilización pendentes e dixeron que intentarán axilizar as tomas de posesión previstas en xuño para a segunda quincena de maio.
PLAN DE FORMACIÓN
Tal como se solicitou dende a parte sindical facilitousenos unha calendarización dos cursos do plan de formación do persoal municipal para o ano 2024, faltan 7 cursos nesta calendarización que están pendentes de pechar as datas e que se nos facilitarán en canto estén pechados.
MESAS TÉCNICAS
Da petición de mesas técnicas para diferentes colectivos municipais solicitadas pola Xunta de Persoal comunicáronnos que intentarán facelas en canto lles sexa posible pero, de novo, sin comprometer datas, aínda que alguna delas foi solicitada fai tempo.
ROGOS E PREGUNTAS
Preguntouse pola aplicación do permiso parental para cuidado de fillos de 8 semanas previsto na lexislación e contestaron que consideran que non se pode aplicar ata que haxa un desenvolvemento regulamentario do mesmo.
Tamén se preguntou pola aplicación do R.D 6/2023 de 19 de decembro en canto á aplicación dos intervalos de niveis de cada grupo ou subgrupo de clasificación e contestaron que, nunha consulta verbal e informal coa asesoría xurídica do concello, opinan que habería que aplicalo no marco da negociación da RPT.
Esta sección sindical, despois de consultalo á asesoría xurídica da CIG, considera que é normativa estatal básica de aplicación a todo o funcionariado de calquera administración pública e, polo tanto, de aplicación directa ao persoal municipal deste concello tal e como solicitamos por rexistro o pasado mes de febreiro.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2437
RESUMO MXN EXTRAORDINARIA DE 23 DE NOVEMBRO DE 2023
ORDE DO DIA:
1-APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS DA MXN CELEBRADAS O 31/03/2023 E O 25/08/2023.
2-ORZAMENTO E CADRO DE PERSOAL PARA O EXERCICIO 2024.
3-APLICACIÓN DO INCREMENTO RETRIBUTIVO DO 0,5% NA NÓMINA DE DECEMBRO.
O pasado 23 de novembro fomos convocados polo goberno municipal a unha mesa de negociación extraordinaria coa única intención de cubrir o trámite preceptivo de levar á mxn o orzamento e o cadro de persoal para o exercicio 2024, e nunca mellor dito o de “trámite” xa que a convocatoria era ás 9:30 e o sr. Lage tiña outra reunión ás 10h polo que adicou escasamente media hora ás “negociacións” que afectan a todo o persoal municipal.
Como noutras ocasións, e así llo fixemos saber na mesa de negociación, a documentación para a mesa foi enviada con menos dun día de antelación o que imposibilita absolutamente poder preparar os temas a negociar. Esta forma de proceder converteuse xa en algo habitual pese a que mesa tras mesa lle recordamos a necesidade de enviar tanto a convocatoria como a documentos con tempo suficiente o sr. Concelleiro fai oídos xordos ao que non lle convén e manifesta unha absoluta falta de respecto aos representantes do persoal municipal.
Na pasada mxn do 25 de agosto o sr. Lage anunciou unha mesa de negociación ordinaria para finais do mes de setembro, algo que obviamente non cumpriu, si non que so convoca mesas extraordinarias coas cuestións puntuais que está obrigado a levar á mxn.
Así que, con esta maneira de actuar, pouco confía xa está Sección Sindical en que o goberno municipal teña intención de levar a bo porto una nova valoración de postos- nova rpt que a estas alturas debería estar xa moi avanzada ou case rematada e que volveu a decir que estaba estancada.
Anunciou o mes de Xaneiro de 2024 como data para sentarnos a falar en profundidade do tema da valoración de postos, dende esta sección sindical agardamos expectantes este anuncio pero pouco confiamos en que o goberno municipal o cumpra.
Fomos informados de que o incremento retributivo do 0,5% irá na nómina de decembro.
Dounos tempo a recodarlles, xa sin o sr. Lage presente que se ausentou ás 10h, que está pendente a resolución de moitos recursos da carreira horizontal e a constitución da Comisión prevista para este tema.
Tamén se falou da necesidade de adaptar a Instrución de permisos, licenzas e vacacións á nova normativa de permisos familiares e de que están pendentes as axudas económicas deste ano.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2044
RESUMO MXN 25 DE AGOSTO 2023
RESUMO MXN EXTRAORDINARIA 25 DE AGOSTO DE 2023
ORDE DO DÍA:
1-Modificación puntual da Relación de Posto de Traballo (RPT) do Concello da Coruña.
O 25 de agosto fomos convocados a unha mesa xeral de negociación extraordinaria para tratar unha modificación puntual da RPT. Unha vez máis, a documentación achegada para a realización desta mesa xeral é enviada o día anterior, fora da xornada laboral, e polo tanto, impídesenos unha vez máis o estudo e valoración da mesma antes da negociación.
O documento que se nos presenta para tratar na mxn dista moito, na nosa opinión, de poder considerarse unha modificación “puntual” da RPT, trátese dunha reestructuración de grandes dimensións, que supera a potestade de autoorganización.
Créanse unha boa cantidade de postos de xefaturas de departamento, de sección e tamén de servicio, créanse tamén postos de técnicos superiores pero casi ningún posto de administrativo ou auxiliar administrativo. Ademáis, os postos créanse con valoracións superiores ás dos postos base (agás a do único posto de auxiliar administrativo que se crea, que se fai coa valoración máis baixa) sen que o concelleiro dera explicación ao respecto.
Outro punto a destacar sería a apertura a ser ocupados por persoal doutras administración públicas de varios postos de xefatura de departamento e postos de letrado da asesoría xurídica. Ao ser preguntado pola nosa banda o sr. Lage sobre si non confía na capacidade do persoal municipal para acceder a estes postos contesta que hai que atraer talento. Parece non preocuparlle coartar a carreira profesinal do persoal municipal.
O certo é que as formas de “atraer talento” deste goberno están sempre vinculadas á discrecionalidade: comisións de servizo sen motivacións nen criterios, un resultado de valoración de memorias no proceso do concurso de difícil explicación técnica, procesos de selección que rematan con prazas desertas e as persoas que o superan con vinculacións políticas e familiares, nomeamentos de tribunais que levantan suspicacias pola procedencia dos seus membros, nomeamentos de persoal eventual alleo á administración e sen experiencia na xestión pública….Está claro que temos unha concepción totalmente distinta no concepto de talento que ten este goberno municipal e esta sección sindical.
A pesar das críticas desta sección sindical, e tamén de CSIF e de CCOO, e a pesar de que o propio concelleiro reconoceu que a creación de tantos postos de xefatura sin unha estructura debaixo de postos administrativos non ten sentido non considerou cambiar absolutamente nada da proposta de modificación da rpt que presentaron o que evidencia que esta modificación non obedece a criterios técnicos si non a intereses doutro tipo.
Durante á rolda de intervencións pregúntaselle ao señor concelleiro polos seguintes asuntos:
- Toma de posesión do concurso de traslados: o señor concelleiro non é quen de concretar unha data para este trámite, limítase a dicir que cree que neste último trimestre podería estar resolto. Recordamos que estamos ante un proceso que leva máis de 3 anos de tramitación.
- Procesos de Estabilización: mesma resposta talentosa, que xa está en marcha e que se resolverá o máis pronto posible e dentro dos prazos legalmente establecidos.
- RPT: para a nosa sorpresa, manifesta que ve moi complexo que poda rematarse neste mandato… sen concretar os impedimentos dun traballo que para nos era e segue sendo imprescindible. Adianta que a este respecto, a finais do mes de setembro ten intención de volver a reunir ás sección sindicais para facermos unha proposta, sen máis concreción.
- Privatización de servizos: sinálaselle ao señor concelleiro que hai servizos que están sendo prestado por persoal traballador externo de empresas privadas. É realmente preocupante esta situación tanto pola privatización de servizos públicos coma a cesión ilegais de traballadores. O señor concelleiro di non coñecer esta situación nin os servizos onde isto ocorre: enuméranselle algún dos servizos que temos coñecemento: informática, casas museos, colexios públicos, mercados…
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2406
RESUMO MXN 31 DE MARZO DE 2023
A orde do día dos asuntos a tratar nesta MXN foron os seguintes:
- Aprobación da acta da MXN anterior.
A CIG propuxo adiar a aprobación desta acta xa que tiñamos puntualizacións ao respecto que ofrecimos a enviar por correo posteriormente e sometela á sua aprobación na seguinte MXN. O Goberno Municipal non aceptou esta proposta e procedeu á aprobación da acta cos votos a favor das demais seccións sindicais.
- Aprobación da implantación do réxime transitorio da carreira profesional horizontal
Como xa saberedes, a implantación da carreira horizontal foi aprobado. O que non sabedes, é que este foi aprobado coa votación a favor das seccións sindicais UGT, CCOO e CSIF e coa ABSTENCIÓN da CIG. Procedemos a explicarvos o desenvolvemento da negociación e o por qué da nosa decisión.
Esta negociación non comezou e finalizou o pasado 31 de marzo. Nin tan sequera comezou hai varios meses cando comezaron os traballos a través de mesas técnicas. Tampouco comezou hai dous anos, coas mobilizacións doutras seccións sindicais que abandonaron sen conseguir o obxectivo da carreira profesional....
Esta negociación comezou no 2014, momento no que a CIG solicita por primeira vez negociar a implantación do sistema de Carreira Profesional. Non se atendeu a este requerimento por parte do entonces Goberno Municipal, nin conseguiu tampouco a consideración por parte das demais seccións sindicais, por estar naquel momento negociándose outras modificacións da RPT que afectaban so a un determinado colectivo de traballadores deste concello.
No 2018, conseguimos de novo levar a proposta dun sistema de carreira profesional, chegando incluso a unificar esta proposta co resto de seccións sindicais, tomando como referencia o sistema que do Concello de Santiago de Compostela. Novamente, esta proposta foi desbotada a cambio de acordos de beneficio para unha parte do persoal do concello da Coruña.
Dende entón, a postura da CIG sempre ten sido a de implantar melloras e progresións para TODO O PERSOAL MUNICIPAL, e sempre tentamos que as negociacións tiveran un foco: unha nova valoración de postos de traballos e a implantación dun sistema de carreira profesional, e partir de ahí, a atención das singularidades e problemáticas específicas.
É por este motivo, que cando hai varios meses xorde de novo a posiblidade de ter unha proposta conxunta e unificada co resto das seccións sindicais, tentamos novamente esta proposta de traballo, e conseguimos consensuar unha proposta económica baseada esta vez no Concello de Ferrol. A medida que fomos avanzado nun duro traballo de mesas técnicas, fomos percibindo que o Goberno Municipal mantiña unha idea clara nunha implantación a moitos anos, que para nos, era inaceptable, pero que para os demais, non parecía selo.
E deste xeito, o pasado venres chegamos a unha proposta económica global que cumpría as nosas demandas, pero cunha proposta de implantación a 6 anos que facía que a CIG non puidera estar de acordo. Porque, despois deste relato a realidade é que para o 2028, levaremos esperando xa 14 anos pola carreira profesional, e polo tanto perdendo dereitos e cartos dende entón.
Os sistemas de implantación de carreira que van tendo lugar ao longo do país, demostran que os plazos soen estar en 2 anos (o persoal ao servizo da UDC), 3 anos (acaba de aprobarse o sistema de implantación no Concello de Ribeira), a Xunta de Galicia tamén o regulou en tres anos, o SERGAS en 2 anos... Polo tanto, a implantación neste Concello nun prazo de 6 anos so pode supoñer un éxito por parte do Concelleiro Lage Tuñas, e non para os traballadores.
No transcurso da negociación do pasado venres, e ante a postura totalmente intransixente de non querer mover nin unha coma da proposta do goberno municipal que o señor concelleiro tivo, as catro seccións sindicais decidimos solicitar un receso na MXN para poder retirarnos e debatir conxuntamente a postura dos sindicatos.
Neste receso valoramos diferentes posibilidades de resposta, e a CIG propuxo a posibilidade de que todas as seccións sindicais nos abstiveramos para forzar un cambio de postura do goberno municipal ou que recaera nel a responsabilidade de aprobar unilateralmente a proposta ou retirala da mesa pero esta posibilidade non foi apoiada polo resto das seccións sindicais. O que poderíamos ter conseguido forma parte xa doutra historia que nunca coñeceremos, pero a CIG cre que a loita e unidade neste sentido tivera dado frutos.
É por todo isto, que a CIG decidiu absterse na votación da implantación deste sistema.
En definitiva, a implantación do réxime transitorio da carreira profesional horizontal en termos económicos queda nos mesmos que vos trasladamos na última información LIGAZÓN e implantarase nas seguintes porcentaxes e anualidades:
- 2023: 20%
- 2024: 25%
- 2025: 40 %
- 2026: 65%
- 2027: 85%
- 2028: 100%
3-Modificación das bases xerais dos procesos selectivos.
Aprobouse a modificación das bases xerais sin ter en conta as alegacións plantexadas na mesa pola CIG agás a subsanación dun erro de redacción.
4-Plan de Formación 2023.
Aprobouse o plan de Formación para o ano 2023 por unanimidade, despois de que se aceptara a proposta da CIG de eliminar a autorización das xefaturas de servizo para a solicitude dos cursos do plan de formación municipal, que será sustituída por unha comunicación .
5- Oferta de Emprego Público para o ano 2023.
A aprobación de OPE para o ano 2023 quedou pendente de aprobación xa que so nos proporcionaron os datos do total de prazas ofertadas( 85 de quenda libre, 46 de promoción interna), pero non aportaron datos mais específicos da distribución das mesmas.
Informousenos da intención de convocar un novo proceso de promoción interna para todas aquelas persoas que non acadaron praza na última convocatoria de promoción do grupo C2 a C1.
6-Dación de conta da modificación da xestión dos partes de IT, a raíz da entrada en vigor do Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro.
Informousenos de que a raíz da entrada en vigor do Real Decreto 625/2014 de 18 de xullo a partir do 1 de abril será o Instituto Nacional da Seguridade Social o encargado de remitir ao concello os partes médicoss de baixa, conformación e alta. Continuará sendo obrigatorio para o persoal municipal informar ao seu servizo a través dunha chamada telefónica do inicio da situación de incapacidade temporal.
7- Rolda de Intervencións.
Solicitamos que constase en acta que o acordo do rexime transitorio da carreira profesional é de aplicación tamén ao persoal do IMCE e do Consorcio de Turismo.
Fixemos constar tamén que si non se nos facilitan por escrito esta semana os datos das medicións de gas radón no pazo municipal de Maria Pita que solicitamos por rexistro, a próxima semana presentaremos un escrito na Inspección de Traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2500
RESUMO DA MXN DO 26/10/2022
O pasado 24 de outubro ás 18:55 envíasenos convocatoria de MXN a través de correo electrónico para celebrar o 26 de outubro ás 10.15.
A orde do día que se traslada é a seguinte:
1. Aprobación da acta da MXN anterior.
2. Bases xerais dos procesos de estabilización, por concurso e por concurso-oposición, para a redución da temporalidade no emprego público.
3. Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo.
4. Ampliación da Oferta de Emprego Público para o ano 2022.
5. Rolda de intervencións.
É preciso recordar que esta sección sindical ten unha demanda interposta e pendiente de resolución precisamente pola falta de respecto constante deste Goberno Municipal nas convocatorias das Mesas Xerais de Negociación, convocadas sen a antelación suficiente e sin a documentación precisa para poder preparalas. Adoita o señor Lage a incluir asuntos tan relevantes como modificacións constantes e puntuais da RPT que sempre van na mesma liña, favorecer a uns poucos.
A convocatoria desta mesa, foi unha mais convocada con este patrón que tanto gusta a este goberno, e unha vez máis, escondía unha nova modificación puntual da RPT e por este motivo, antes de comezar a mesma, deixámoslle constancia ao señor concelleiro que a Sección Sindical da CIG considera que esta mesa non está convocada en tempo e forma e que polo tanto, non opinaremos nin tomaremos acordos do resto de puntos da orde do día, agás o relativo ás bases de estabilización, xa que é o único que foi traballado e debatido a través de mesas técnicas, e que reservámonos o dereito de levar ao cabo as medidas legais oportunas, unha vez máis.
1.- Aprobación da acta da MXN anterior
Aprobación por unanimidade
2.- Bases xerais dos procesos de estabilización, por concurso e por concurso-oposición, para a redución da temporalidade no emprego público
No día anterior á celebración desta MXN, e vendo que na convocatoria remitida da mesma incluían a proposta de bases para os procesos de estabilización, pero co apartado referido aos criterios de desempate en blanco, celebrouse unha Xunta de Persoal na que estivemos todas as seccións sindicais. Todas decidimos que na MXN que se celebraría o día seguinte non poderiamos chegar a aprobar a proposta por carecer de toda a información, e que as someteríamos a debate e información a través dunha asamblea xeral de traballadores temporais do concello nunha convocatoria única de tódalas seccións sindicais.
Esta forma de facer sindicalismo, asamblearia, democrática, participativa…. Ao señor Lage non lle gusta, e deu paso a un discurso vitimista no que acusou a CIG de ser a culpable de todos os males, e ao resto de seccións sindicais de acostumar a negociar no seu despacho determinadas cuestión pero non telo avisado desta intención de facer unha asamblea. Rematou cunha atitude chantaxista na que amagou con retirar a proposta de bases que achegaba se non acordábamos nesta sesión a aprobación das mesmas e mantiñamos a nosa intención de non dar a conformidade ás bases ata sometelas a unha asamblea de traballadores.
Chegados a este punto, as seccións sindicais solicitamos un receso na MXN para poder reunirnos entre nos e acordar unha posición. Acordamos que non temos problema en aprobar hoxe a proposta que se nos achega, pero que realizaremos igualmente unha asamblea informativa cos traballadores temporais, e que si fose preciso facer algún axuste na proposta de baremación, todavía podería facerse. O Goberno Municipal acepta esta proposta.
Ao respecto dos procesos de estabilización que deberán rexerxe por concurso-oposición, na proposta de bases que achega o goberno municipal establece que as condicións dos exercicios se establecerán nas bases específicas. Propoñemos que sexa xa nas bases xerais (tipo de exercicios, nota de corte…), xa que se non haberá que volver a negocialas.
O señor concelleiro explica que a intención do goberno municipal é que os procesos de estabilización queden resoltos no primeiro semestre do 2023.
3. Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo e 4. Ampliación da Oferta de Emprego Público para o ano 2022
Ao respecto destes dous puntos, e tal e como vos adiantabamos ao inicio deste resumo, esta sección sindical non entrou en ningún tipo de valoración nin participou de ningún acordo, a pesar de que outros sindicatos gábanse nos seus resumos de ter chegado a un acordó por uninamidade de tódolos sindicatos.
5. Rolda de intervencións.
O concelleiro aproveita para informar da suba salarial do 1,5%. Di que tratarán de facela efectiva na nómina de novembro, e con carácter retroactivo.
Ao respecto da carreira horizontal volve a facernos o eterno anuncio de comezar cun sistema de traballo a través de mesas técnicas. Recordámoslle ao señor concelleiro que prometeu que este traballo comezaría de seguido á aprobación da modificación da RPT na área de seguridade cidadá.
Na mesa solicítaselle sair xa hoxe cunha data para a primeira mesa técnica….pero non quere fixar data. Di que se nos remitará “nos vindeiros días” a proposta de documento sobre o que comezaremos a traballar. A día de hoxe, máis de unha semana despois, este documento todavía non chegou…
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2413
RESUMO DA MXN DO 19 DE XULLO DE 2022
RESUMO MXN DO 19 DE XULLO DE 2022
No día onte, 19 de xullo, tivo lugar a Mesa Xeral de Negociación que convocou o concelleiro a pasada semana, e que para non perder o costume, puxeron á nosa disposición a documentación relativa aos puntos a tratar con 24 horas de antelación. Esperemos que o xulgado cambie o rumbo destas prácticas abusivas e carentes de toda clase de respecto aos representantes das/os traballadoras/es.
A orde día contiña os seguintes puntos que pasamos a resumirvos:
1. Aprobación da acta da MXN anterior.
Aprobación por unanimidade.
- Proceso de estabilización do emprego público.
O concelleiro explica que aprobou a OPE 2022, na que se inclúen as prazas correspondentes aos procesos de estabilización, o pasado 20 de maio, dentro do prazo previsto pola Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Como xa informaron con anterioridade, volven recordar que os procesos de estabilización das OPE 2017 e 2018 xa foron comunicados no seu día ás persoas interesadas e os correspondentes ás prazas incluídas na OPE 2022 informan que están sendo comunicadas nestes días.
De acordo ao establecido na lei 20/2021, procede aprobar as bases xerais que rexerán os procesos de estabilización, tanto os que se desenvolverán polo sistema de concurso como aos que se levarán a cabo a través do sistema de concurso-oposición.
Informa que nestes intres o servizo de Recursos Humanos está elaborando un borrador de bases xerais de aplicación a todos os procesos, que se complementarán coas específicas relativas a cada unha das convocatorias. O concelleiro propón a creación dunha Mesa Técnica para este asunto que inicie o traballo a partir do mes de setembro. Ten previsto ter rematadas as bases no mes de novembro de 2022 e facer os procesos de estabilización no 2023, en canto rematen os procesos de promocións internas, OPE libre e concurso.
A CIG explica ao concelleiro que as centras sindicais do país, agás a CSIF que so estivo na primeira das xuntanzas de traballo e non volveu, están a traballar coa FEGAMP nunhas recomendacións sobre as bases dos procesos de estabilización e que este traballo está a piques de rematar e que se remitirá a tódolos concellos para que poida haber homoxeneidade nos procesos que convoquen as distintas entidades locais.
O concelleiro manifesta que terá en conta o documento que achegue a FEGAMP, pero deixa claro que non seguirá a totalidade das mesmas, xa que o concelleiro ten criterio persoal e político propio en certos aspectos, tales como o criterio de desempate: a pesar de que as centrais sindicais comparten por unanimidade o criterio de desempate o de prestar servizos na administración convocante, que hai xa numerosas bases de convocatorias que inclúen este criterio, así como xurisprudencia ao respecto… o concelleiro non comparte este criterio a pesar da excepcionalidade do proceso, nin dende o punto de vista de eficiencia (aproveitar o coñecemento do traballo e da estrutura organizativa dos traballadores que xa están prestando servizos) nin dende o criterio económico (evitar o pago de numerosas indemnizacións con cartos públicos nun momento de gran incerteza económica). O concelleiro non comparte que para os procesos do artigo 2 a fase de oposición non sexa eliminatoria.
- Iniciación dos traballos de valoración de postos de traballo: RPT.
O Goberno Municipal da conta do estado de traballo coa empresa adxudicataria para a elaboración da RPT, que resultou ser ADECCO. O concello mantivo xa as primeiras reunión coa empresa nas que se constituíron os equipos de traballo e de intercambio de información, para proceder á realización da primeira fase de análise da organización municipal, coa descrición funcional dos servizos, dos departamentos e das unidades administrativas, así como unha análise dos postos de traballo, o cal permitirá ter unha visión dos mesmos e dos/as empregados/as que os ocupan. O concelleiro propón manter un primeiro encontro entre a empresa e as seccións sindicais, que en principio establécese que poida ter lugar no mes de setembro.
A CIG recórdalle ao señor concelleiro que ten un compromiso para que o método de valoración da RPT sexa consensuado nunha MXN e non imposto pola empresa.
Existe un prazo de execución no contrato coa empresa de 11 meses, e todos concordamos en que será moi difícil que poida ter o traballo rematado nese tempo.
O señor Lage deixa claro que a nova RPT, no caso de que chegue a rematarse, non solucionará os problemas retributivos xerais xa que non suporá un incremento notable da masa salarial, nin melloras retributivas en termos xeral…
- Dación de conta do estado dos procesos selectivos do período 2022-2023.
O concelleiro da conta a través dun documento elaborado polo servizo de Persoal do estado dos diferentes procesos de selección das OEP acumuladas tanto de procesos de libre concorrencia, promoción interna e concurso de traslados.
Ao respecto do concurso de traslados o concelleiro informa que a partir de setembro comezará a fase de lectura de memorias.
Ao respecto do resto de procesos prevese rematar coa promoción interna e procesos de libre concorrencia das OEP acumuladas, ao longo do 2023. Se dera tempo, incluso comezaríase cos procesos de selección da OEP do 2022.
- Carreira horizontal
Propón iniciar traballos para a elaboración dun regulamento a través de Mesas Técnicas coas seccións sindicais a partir do mes de setembro. Cabe recordar que o compromiso do Goberno Municipal foi abordar unha segunda fase de melloras para o resto de persoal, despois de ter abordado por separado as relativas á área de Seguridade Cidadá, a partir do mes de xuño de 2022… e como pronto xa recoñece que comezaremos a traballar nesas melloras (que o señor concelleiro limita á carreira horizontal) a partir de setembro de 2022.
Non é claro cos tempos, nin cos prazos, nin co alcance. Recoñece por un lado que non cre que quede resolto neste mandato, pero por outra parte di que ao mellor parcialmente, pero por outro lado di que cre que sería mellor abordar a carreira horizontal na nova RPT…. Non hai claridade nin transparencia.
Encantaríanos que en temas tan relevantes e igualadores como unha valoración de postos de traballo e a carreira horizontal do persoal municipal, mostrara a mesma claridade e contundencia coa que falou por, exemplo, do criterio de desempate nos procesos de estabilización, ou na determinación persoal de que na nova RPT as xefaturas de servizos sexan, exclusivamente, de libre designación….
¿Os motivos de por que é claro nuns asuntos que afectan a uns poucos e non nos que afectan a todos? Seguro que despois de ler este resumo vos mesmos chegades a interesantes conclusións ao respecto desta pregunta.
Agardamos que esta información fose do voso interese. Recordade que podedes contactarnos a través do noso correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., na nosa extensión 10141 e acceder á toda información a través na nosa páxina web www.cigconcelloacoruna.com
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2429
RESUMO MXN 30 DE NOVEMBRO DE 2021
REUNIÓN DA MESA DE NEGOCIACIÓN DO CONCELLO DA CORUÑA DO DIA 30 DE NOVEMBRO DO 2021
Instrución sobre teletraballo: Aprobouse por unanimidade a instrución sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo no que se recolle, entre outras cousas:
Poderá prestarse ata un máximo do 40% da xornada semanal nesta modalidade, un 20% menos que na administración do estado.
Deberá establecerse na RPT que postos son susceptibles de ser exercidos en teletraballo
O concello proporcionará o equipamento informático necesario (por razóns orzamentarias durante un período transitorio , sen determinar,serán as persoas solicitantes as que deben achegar os medios informáticos) e mirarán como compensar os gastos do teletraballo.
O espazo de traballo deberá cumprir coa normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais
A mesa xeral de negociación do día de hoxe será recordada como a do dia en que os traballadores en activo expulsaron aos seus compañeiros pensionistas e xubilados do ámbito de aplicación do Regulamento de Axudas Sociais do concello da Coruña, compañeiros xubilados que durante a súa vida laboral non tiveron ningún inconveniente en compartir unha parte do seu salario cos cónxuxes e fillos do resto dos empregados. Hoxe, cando xa non se poden defender, foron apartados do último vinculo que os unía a esta administración co único obxectivo de saciar a avaricia de algúns e engordar o ego de outros.
Pero a expulsión de pensionistas e xubilados, presentes e futuros, deste regulamento non foi o único cambio radical que sufriu o regulamento de axudas xa que tamén se modificaron as táboas para determinar o porcentaxe do gasto suxeito a axuda beneficiando con este cambio ás unidades familiares con mais ingresos, e se lle dará validez aos informes dos médicos privados para xustificar a necesidade dos gastos,
Dende o principio da negociación deste regulamento UGT estivo de acordo con estes cambios mostrándose en contra CSIF CCOO e CIG, hoxe á hora de votar os representantes da CSIF cambiaron o seu sentido do voto e avalaron este cambio. A explicación do cambio fíxose clara ao tratar o punto seguinte da orde do día.
O concelleiro informounos que quedara deserto o concurso da Relación de Postos de Traballo e para compensar que xa non dará tempo nesta lexislatura de rematar a nova valoración de postos ía abordar por fases a mellora de factores de carácter retributivo para compensar, a saber:
-
Executar os acordos retributivos dos “corpos especiais”, policías e bombeiros, ( UGT dixo que se tería que incluír a protección civil).
-
Administración xeral
A primeira parte negociaríase no primeiro trimestre do vindeiro ano e a segunda parte no trimestre seguinte. Si tomamos como exemplo o tempo que lles leva executar a sentenza das comisións de servizo ou a realización dos concursos, é facil que non se poida aplicar nesta lexislatura .
A CIG manifestou que , como sempre sostivo, e como a maioría das seccións sindicais mantiveron nas distintas xuntas de persoal celebradas en meses anteriores, se debería empezar por aquilo que afectara ao maior número de empregados como era a carreira profesional que afectaba á totalidade do persoal. Debedes saber que a Sección Sindical da CIG nesta mesa de negociación foi a única que mantivo a súa postura, como non podía ser doutro xeito.
Lembrouse unha vella petición da totalidade dos sindicatos que é a de incluír no especifico a produtividade mensual.
O concelleiro dixo que ía empezar polo que xa estaba practicamente resolto e que non ía cambiar a súa orde proposta.
Dende a CIG pedímoslle ao concelleiro que fixera de vez o da perigosidade e o da produtividade e logo nos puxeramos xa coa carreira profesional, esta non é a súa prioridade. Saberemos si esta proposta, conseguida como moeda de cambio, ten resultados prácticos cando vexamos os orzamentos deste concello para o 2022.
Para rematar falou o concelleiro de que ían facer promoción do A2 ao A1 en Bibliotecas e unhas promocións en Bombeiros e que para o ano que ven se sacarían á OPE tódalas vacantes que se produzan este ano.
Non entendemos como un goberno que se define como socialista pode desentenderse dos xubilados, adoptar medidas de cómputo que benefician aos que mais cobran, promocionar a educación infantil privada ou equiparar os intereses da medicina privada cos servizos públicos de saúde.
Estase a producir neste concello unha Baltarización da xestión do persoal, ao mais puro estilo ourensán, repártense postos e retribucións en comisións de servizo en contra dos intereses da propia administración ( rotación excesiva deste persoal que lle impide desenvolver os postos do xeito mais eficaz) ou repartindo produtividades con xustificacións espurias. O mais grave disto e que algúns dos que debería defender os intereses da totalidade dos empregados son beneficiarios deste sistema.
Convocará a señora alcaldesa aos compañeiros que se xubilaron este ano para agradecerlles os servizos prestados antes de darlles unha...............................
Neste momento de incremento dos contaxios polo Covid non atopamos explicación a convocatoria realizada pola señora alcaldesa para realizar un ágape con +-1500 posibles asistentes coas consecuencias que un brote nese contexto suporían para o funcionamento do concello. Gustaríanos moito neste asunto coñecer a opinión dalgún dos colectivos que durante a primeira fase da pandemia fartáronse de falar de grupos burbulla, de evitar contactos nos solapes, medidas de protección individual..................
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2596
RESUMO MXN 23 SETEMBRO 2021
ORDE DO DÍA
- Aprobación das actas das MXN anteriores.
- Modificación da Instrución 4/2017, de listaxes de agarda.
- Instrución sobre teletraballo.
- Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña.
- Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.
- Rogos e preguntas.
- Apróbanse as actas das sesións de 27 de maio de 2021 e de 7 de xullo de 2021.
- Modificación da Instrucción 4/2017, de listaxes de agarda
Apróbanse duas modificacións xa tratadas na comisión de seguimento das listaxes de agarda, concretamente:
Engádese o apartado 9 ao artigo 2 que permite adiar os novos nomeamentos por un prazo non superior a un mes,(este prazo dun mes foi a proposta da CIG xa que a proposta inicial do goberno municipal na comisión de seguimento so contemplaba un prazo prudencial sin concretar)para non perxudicar o funcionamento dos servizos.
Apróbase unha modificación proposta pola sección sindical da CIG, engadindo un artigo 4-bis que permite que as persoas que teñan un nomeamento a tempo parcial poidan ser chamadas para un nomeamento a tempo completo como unha mellora de emprego.
- Instrución sobre teletraballo
O concelleiro de persoal fai unha exposición sobre os puntos principais do borrador da instrucción de teletraballo que nos entregaron e, a continuación unha rolda de intervencións de todas as seccións sindicais.
Dende a CIG manifestamos o noso desacordo con varias cuestións desta Instrucción, entre outras: os gastos derivados do teletraballo a cargo dos empregados, a falta dunha avaliación directa por parte do servizo de prevención de riscos do concello, a non esixencia de motivación para a revogación ou modificación da autorización de teletraballo concedida, os criterios de preferencia, a persoa supervisora da actividade en teletraballo etc
Dada a insuficiente antelación con que nos foi entregada a documentación (o dia anterior ás 20:30 horas) non foi posible analizala en profundidade e acordamos enviar as nosas achegas por escrito para analizalas despois nunha mesa técnica.
- Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña
O borrador desta Instrucción foinos entregado, xunto co de teletraballo, o día anterior a última hora da tarde. Espuxemos na mesa a nosa protesta pola falta de tempo para analizar o documento e, ao igual que con anterior, faremos as nosa achegas por escrito para tratalas nunha mesa técnica posterior.
Nunha primeira lectura xa vos podemos dicir que o goberno municipal plantexa modificacións de moito calado que cambian completamente o enfoque existente ata o momento para as axudas económicas e coas que estamos en total desacordo.
Entre as modificacións que propoñen estaría a exclusión do persoal xubilado do concello do ámbito de aplicación deste regulamento, cuestión na que estamos totalmente en contra e así o fixemos saber na mesa.
Analizaremos o documento en profundidade e faremos as nosas achegas, xa que as modificacións importantes non se limitan so ao persoal xubilado, hai mais modificacións sustanciais.
- Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.
Informasenos da licitación dun contrato para a contratación da analise e elaboración dunha nova RPT e o señor concelleiro de persoal ofrécenos a posibilidade á representación sindical de participar activamente no proceso de elaboración da RPT.
Recordámosvos que a CIG xa puxera como condición para participar na elaboración dunha nova RPT que o método de valoración fose negociado, e, si é así, a nosa sección sindical participará activamente nesta negociación.
- Rogos e preguntas
Neste punto informáronnos de que o goberno municipal ten intención de executar todos os procesos selectivos xa ofertados, comenzando polas promocións internas, despois as prazas de turno libre e, por último, os procesos de estabilización.
Tamén nos confirmaron novamente que as probas dos procesos de promoción interna actualmente en tramitación (bombeiros, administrativos e auxiliares administrativos) terán lugar antes de fin de ano.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2682
RESUMO MXN 07 DE XULLO DE 2021
1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
Non se pode proceder a aprobación da acta xa que foi enviada horas antes do inicio da mesa de negociación, sen marxe para poder facer un estudio e análise. Nunha rápida lectura aprécianse erros que fan imposible a súa aprobación, como por exemplo, que di que o presidente da mesa (o señor Concelleiro) procede a levantar a mesma na súa finalización. Hai que recordar que o señor Lage ausentouse na mesa xusto no momento en que daba comezo a rolda de intervencións. Ou que cando fala de dar conta da aprobación do regulamento de licenzas, permisos e vacacións se recolla que se aproba por unanimidade, isto xa fora aprobado no seu día, era un punto so informativo. Adíase a aprobación da acta á seguinte mesa xeral de negociación e trasládasenos que tentarán enviar as actas con máis antelación.
2.- MODIFICACIÓN INSTRUCCIÓN LISTAS DE AGARDA
Achégase unha proposta consensuada na última Comisión de seguimento das listas de agarda, mais bótase en falta un punto que tamén foi consensuado con todas as seccións sindicais, que é o relativo aos traballadores que están contratados a tempo parcial, para que poidan ser tidos en conta para posibles melloras de emprego, xa que era algo que a actual instrución non contemplaba tal e como estaba redactado.
O xefe de servizo de persoal manifesta que non considerou que esa proposta fose acordada e que por iso non se incluíu. O concelleiro comprométese a que se convocará á maior brevidade posible de novo a Comisión de Seguimento das Listaxes de a garda para acordar esta modificación e trasladala de novo á seguinte Mesa Xeral de Negociación para a súa aprobación. Acórdase á aprobación da proposta de modificación que achegan hoxe.
3.- BASES PROCESOS SELECTIVOS E PROMOCIÓN INTERNA
O concelleiro da conta do anuncio inmediato de varios procesos de promoción interna demandados dende hai tempo. As convocatorias sairán ao longo deste mes de xullo, e que a intención é que estean finalizados antes do remate de ano:
- 121 prazas de administración xeral (c2 a c1)
- 91 prazas de bombeiros (c2 a c1)
- 8 prazas de subalternos a c1
4.- INSTRUCCIÓN DE VACACIÓNS, LICENZAS E PERMISOS
O señor concelleiro da conta de que a súa publicación será inminente no BOP nos vindeiros días.
En realidade comprobamos que a publicación foi xusto ao día seguinte da MXN e que A Voz de Galicia, unha vez mais e sen que nos sorprenda, fai unha publicación totalmente tendenciosa cunha finalidade máis que cuestionable. O señor concelleiro falou durante a MXN de iniciar procesos de diálogo social e negociación "sen pistolas" enriba da mesa e sen obxectivos ocultos. Xulgade por vos mesmos quen está incumprindo esta vontade.
Esta sección sindical considera que a nova da Voz de Galicia non contribúe a favorecer ese "bo clima" ao que o señor concelleiro dedicou máis dunha hora de discurso na súa intervención durante a MXN.
5.- DIÁLOGO SOCIAL
O señor concelleiro solicita que as distintas seccións sindicais expresen as súas propostas e prioridades e que en base a iso o goberno municipal formulará unha proposta.
CSIF: remite aos puntos que se consensuaron na Xunta de Persoal. O señor concelleiro quere que cada sindicato exprese os seus particulares nesta mesa. Os asuntos e prioridades da CSIF son:
- Carreira Horizontal: polo menos o referido ao regulamento da mesma, entendendo que os prazos para executala van depender da situación económica.
- Nova RPT
- Modificación das actuais normas de xestión mentres non se elabore a nova RPT
UGT
- Tele traballo
-Nova RPT: considera que é necesario facelo antes que a carreira profesional
- Plan de Pensións
CIG: sinalamos que as propostas e prioridades desta sección sindical son as que afecten e beneficien ao maior número de empregados/as. Polo tanto a nosa proposta é:
- RPT
- Carreira Profesional
- Novo regulamento das axudas de fondo social para empregados do concello
- Regulamento do Tele traballo
CCOO
- Nova RPT e VPT
- Carreira profesional
- Tele traballo
- Estabilización do persoal temporal
Escoitadas todas estas propostas o señor Concelleiro comeza un discurso de máis dunha hora no que adianta unha situación económica moi dificultosa e na que avanza, unha vez máis, que debido a isto moitas melloras para os empregados municipais non poderán ser levadas ao cabo, falou tamén de que a falla de persoal non se resolvía cos procesos de estabilización ao que A CIG recórdalle que algúns sindicatos e o Goberno do Estado acaban de asinar un acordo no que se mantén a taxa de reposición e que os empregados públicos non poden estar pagando permanente as crises económicas. Ao respecto das propostas que fixeron as distintas seccións sindicais, resume:
- Comezo do expediente administrativo para a elaboración dunha nova RPT: anuncia que no día de hoxe da comezo a tramitación.
- Proposta de concursos: o señor concelleiro fai a proposta de que se celebren entre o terceiro e cuarto ano dende que se teña feito o anterior. Hai que recordar que isto non se corresponde co establecido no acordo marco, que falaba de celebración de concursos cada 18 meses.
- Proposta do regulamento das axudas de fondo social para o persoal do concello: parécelle boa esta proposta e non ve inconvenientes para retomar de novo este traballo.
- Proposta do regulamento do tele traballo: móstrase a favor. Dende o servizo de persoal xa enviaran unha proposta de regulamento que estaba pendente de traballarse, mais o concelleiro anuncia que remitira una nova proposta.
- Proposta para retomar as aportacións ao plan de pensións: dálle o visto e prace.
A proposta para o diálogo social que fai o señor concelleiro resúmese en establecer o traballo e negociación colectiva en dous planos:
- Plano regulamentario: que se traballará a través de mesas técnicas de diferentes temáticas (regulamento das axudas de fondos social, tele traballo, normas de xestión....) e que unha vez que se consensúe o traballo destas mesas daráselle traslado de eses asuntos á MXN para a súa aprobación
- Plano económico: negociacións amplas con efectos económicos nas que se tratará, entre outras cuestións: RPT e VPT, carreira horizontal......
Ao respecto dos procesos de estabilización o señor Concelleiro anuncia unha nova intención, que é que de aquí ao final do seu mandato se convoquen o 80% das prazas ofertadas tanto de promoción interna, libre e estabilización.
A CIG neste punto solicita que os procesos relativos á estabilización sexan os últimos en executarse, tendo en conta que ante a modificación do EBEP e ao considerar que non se axusta aos ditames europeos no que se refire á sanción polo abuso, é posible que se presenten recursos. Ademais, executar estas prazas de forma rápida pode dar lugar a que se incorporen a estes postos persoas sen experiencia que incidirían sobre os problemas que están causando a falta de persoal. O señor concelleiro di que o Goberno si vai convocar estes postos, mais concorda en que non teñen por que ser os primeiros en convocarse. Empraza a que primeiro hai que negociar a transposición do novo Real Decreto.
O señor concelleiro empraza ás seccións sindicais ao 14 de setembro para iniciar este proceso de negociación no que proporá un calendario de traballo.
6.- ROLDA DE INTERVENCIÓNS
CC.OO: solicita que tamén se faga un calendario para os procesos de selección. Pregunta pola falta de oferta de prazas de subalternos e preguntan se pode responder a un intento de privatización. O goberno di que non, que non hai ningunha intención de privatizar.
CIG: Propoñemos non esperar ao 14 de setembro para iniciar o proceso de diálogo social e ofrecemonos para comezar de xeito inmediato.
Ao respecto da elaboración da nova RPT, somos conscientes de que non é doado nun concello cas dimensións do da Coruña, sobre todo se hai vontade de agrupar ou de singularizar postos. Recordámoslle ao señor concelleiro que ten un compromiso de negociar o método de valoración e que non vai ser imposto pola empresa
CSIF: pregunta por prazos concretos para a licitación da elaboración da nova RPT. O concelleiro da como referencia os prazos actuais: expedientes que se iniciaron no mes de maio-abril, estanse resolvendo na mesa de contratación deste mes de xullo. A CSIF fai mención ao chamamento para a concentración de persoal municipal que teñen convocada para mañá, e manifestan que a pesar da vontade amosada hoxe para a negociación, van a mantela.
UGT: solicita que o concelleiro inclúa do plano regulamentario da negociación o relativo á reactivación das aportacións ao plan de pensións. O goberno di que formará parte da negociación global, pero no como algo prioritario. Solicita de novo a prioridade do tele traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2480
ACORDO CCOO, UGT e CSIF co Ministerio de Política Territorial e Función Pública
Aquí podedes consultar o ACORDADO
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2437
RESUMO DO PLENO DA XUNTA DE PERSOAL DE 29 DE XUÑO DE 2021
- Aprobación da acta anterior.
- Nomeamento de vogais para comisión de valoración o C.E. 1/19.
- Ratificación informe recursos axudas económicas.
- Funcionamento da XP.
- Solicitude de equipos informáticos portátiles para as Seccións Sindicais.
- Consensuar as medidas de presión ante a falta de negociación do Goberno Municipal.
- Solicitude de rectificación das manifestacións do Xefe da Policía Local sobre do uso das horas sindicais feito por unha delegada.
- Rolda de Intervencións
- Houbo discrepancias sobre o que cada sección sindical trasladou no pasado pleno, debido a que a gravación dese día borrouse, queda pendente a súa aprobación.
- Ante o ninguneo que se está a facer por parte do goberno municipal ,non so cas propostas que por acordo debería facer a Xunta de Persoal para os tribunais deste concello, si non tamén polas inxerencias en órganos alleos a este concello, decidimos por unanimidade non facer propostas a esta petición.
- Non ratificamos o informe de recurso de axudas económicas porque o secretario non as enviou ao resto de delegados/as
- Dende a CIG queixámonos do papel do secretario da Xunta de Persoal, ao perder gravacións ou non gardar as medidas de custodia que se lle supón, asemade criticamos que a Presidenta da Xunta de Persoal non dera amparo a unhas compañeiras de servizos socias ante unha petición concreta. Dende a nosa sección sindical non atisbamos autocrítica ante as exposición dos feitos.
- CCOO solicitou equipos informáticos para realizar labores sindicais por teletraballo, a CIG posicionouse en contra desta petición, co argumento de que sería difícil explicarlle ao persoal municipal que non conta cos medios informáticos facilitados polo concello e si aos sindicatos.
- Dende a CIG congratulámosnos de que por fin a CSIF DEFENDA A APLICACIÓN DA INVERSION DA PERIGOSIDADE E A IMPLEMENTACIÓN DA CARREIRA HORIZONTAL, VELLAS propostas da CIG, LIGAZON 2014 CARREIRA PROFESIONAL, LIGAZON 2015 PERIGOSIDADE pero polas que fomos duramente criticados no 2018 POR ESTE MESMO SINDICATO co argumento que queríamos beneficiar a outros colectivos APROVEITANDONOS DAS REINVINDICACIÓNS DOS POLICIAS. No debate sobre a falta de negociación a que nos ten acostumados o Concelleiro de Persoal, Economía e Facenda, aprobamos POR UNANIMIDADE solicitarlle unha reunión con carácter de urxencia á Alcaldesa antes do día 7 de xullo, DESPOIS DECIDIREMOS AS MEDIDAS E O CAMIÑO A SEGUIR.
- Dende a CIG manifestamos que as declaracións que fixo o responsable do Corpo da PL foron de mal gusto, pero evitamos pronunciarnos, XA QUE A VALORACIÓN DO USO DAS HORAS SINDICAIS DEBE FACELA O SEU PROPIO SINDICATO QUE TEN MEDIOS MAIS QUE SUFICIENTES PARA DEFENDELA, TAMPOUCO OPINAMOS SOBRE O FEITO DE QUE ALGUNS/HAS DELEGADOS/AS , A PESAR DE TERSE PRONUNCIADO AS SUAS ORGANIZACIÓNS OU ELES MESMOS EN CONTRA DAS COMISIÓNS DE SERVIZOS NON DUDEN EN ACEPTAR UN NOMEAMENTO DESTE TENOR PARA O SEU PROPIO.
- Dende a CIG preguntamos o estado da reclamación da productividade anual para xubilados, reclamación que vai a costa dos fondos da Xunta de Persoal, a Presidenta da XP contestou que preguntaría a persoa ca que contactamos para facer unha primeira fronte xudicial cara a que se recoñecera no futuro a todo o persoal municipal.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2547
BORRADOR ACORDO MODIFICACIÓN EBEP, FUNCION PUBLICA CCOO, UGT e CSIF
ACORDO CCOO, UGT E CSIF LIGAZÓN SOBRE a proposta de modificación do EBEP que penaliza dobremente o persoal vítima do abuso da temporalidade.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2176
RESUMO MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DO 27 DE MAIO DE 2021
ORDE DO DIA:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Bases Xerais dos procesos de selección
- Oferta de emprego para 2021
- Instrucción de vacacións, permisos e licenzas
- Instrucción de teletraballo
- Modificación da Instrución 4/2017, de listas de agarda
- Toma de coñecemento da aplicación do incremento retributivo para 2021, do 0,9%
- Toma de coñecemento da Instrucción 1/2021, de compensación dun día laborable no 2021, por festivos estatais.
- Rolda de Intervencións libres.
1) A acta da sesión anterior quedou pendente de aprobación, xa que nos foi entregada no momento de comezar a mesa sin tempo para revisala.
2) Neste punto explicáronnos e debatimos o documento de bases xerais dos procesos selectivos que rexerán tanto os procesos de quenda libre como de promoción interna.
Propuxemos melloras no referente á promoción interna: introducir a antiguedade como criterio de desempate no caso de empate, aumentar de 5 a 7 anos o período en que se conservará a nota obtida no proceso sempre que se supere a fase de oposición cunha nota igual ou superior ao 50% da cualificación máxima e non se obteña praza. Apoiamos tamén a proposta de que se estableza no 50% da nota máxima a nota necesaria para superar a fase de oposición, foi a argumentación e insistencia da CIG neste punto a que o fixo posíbel, poñendo como exemplo o acontecido na última promoción interna de C2 a C1 no que foi preciso acadar mais dun 9 na fase de oposición para superala, desvirtuando totalmente a parte do concurso.
3) Entregáronnos na mesa o documento da oferta de emprego público para 2021, valorarémola e faremos as nosas achegas.
Informáronnos de que teñen intención de abordar todos os procesos pendentes de ofertas anteriores sin executar antes do fin da lexislatura, comenzando polos procesos de promoción interna. Tamén nos informaron de que teñen previsto un total de 121 prazas para a promoción interna de C2 a C1.
4) Neste tema propuxemos algunha modificación nos puntos que non foran tratados en mesa técnica: tempo para a formación e flexibilidade horaria.
5) Entregáronnos na mesa o borrador da Instrucción de Teletraballo para que as seccións sindicais fagamos as nosas achegas e comencemos a negociala.
6) Acordamos modificar a Instrucción 4/2017 de listas de agarda en dous puntos: --Modificación dos apartados 2 e 3 do artigo 2 polo que o servizo de persoal elaborará a lista de agarda unha vez rematado o proceso selectivo co fin de axilizar o procedemento.
Modificación do apartado 6 do artigo 2 no sentido de que cando se esgoten as posibilidades de chamamento dunha lista concreta se poida, de maneira excepcional e previa aprobación da Comisión de Seguimento das listas de agarda, facer chamamentos dunha lista anterior, se a houbere.
7) Informásenos de que o incremento retributivo do 0,9% para 2021 será aboado á maior brevidade, posiblemente xa na próxima nómina do mes de xuño.
8) Informásenos da Instrucción 1/2021 de compensación dun día laborable por coincidir en sábado festivos estatais. Explicámoslle ao gobernó municipal que este tratamento vai facer que o persoal de horario xenérico ( luns a venres) vai facer un dia mais de traballo que os que teñen traballo a quendas os 365 dias do ano xa que estes teñen descontado en cuadrante tódolos festivos. Falamos incluso da posibilidade de reclamar ao final de ano un dia de horas extras por superar a xornada establecida de 1508 horas
9) Na rolda de intervencións recordámoslle ao goberno municipal a necesidade de abordar unha nova valoración da rpt e de desenvolver un sistema de carreira profesional.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2575
RESUMO DA MXN 25 DE MARZO DE 2021(formación)
O pasado 25/3/2021 fomos convocados as representacións sindicais polo Goberno Mpal. do Concello da Coruña a unha Mesa de Formación:
“A orde do día consistía en:
- Plan de accións formativas 20/21
- Rogos e Preguntas”
No primeiro punto desta Mesa de Formación, “Plan de accións formativas 20/21”, non se ía falar, como noutras ocasións, só dos cursos propostos polas distintas partes, senón que o Goberno Municipal tamén presentaba un texto chamado “criterios de selección (criterios xerais e criterios específicos)”. Estes criterios son os que van servir para seleccionar ao persoal solicitante de cursos, por este motivo a CIG propuxo un análise por separado do que contiña expresamente os cursos formativos propostos, dada a súa importancia, e a pesar de que no primeiro parágrafo destes criterios xerais din que “aplicarasen con carácter supletorio aos establecidos nas convocatorias de cada acción formativa”, para nós estes teñen que valer para os distintos colectivos do concello; non obstante esta sección sindical quixo analizar o texto que presentou o GM e intentar expoñer as nosas achegas.
Deseguido expoñemos moitas das cuestións formuladas pola CIG e debatidas, fundamentalmente, co concelleiro de Persoal:
- “A relación do curso solicitado co posto de traballo” isto é considerado pola CIG como prioritario.
- Establecer unha orde de prelación dos cursos polas/os solicitantes
- Na aplicación do “dereito preferente a participar nos cursos de formación no caso de licenzas de maternidade, permiso de paternidade, redución da xornada ou por excedencia para o coidado de familiares”, art. 93 do Decreto lexislativo 2/2012, do 12 febreiro (“preferencia en cursos formativos autonómicos”): a proposta era aplicar o aprobado nas “bases para a provisión do posto de concurso ordinario” que están vixentes aplicación.
- Propoñíamos que para evitar o exceso de traballo do persoal que non solicite ou que non consiga cursos a pesar de solicitalos que as xefaturas sexan coñecedores e mesmo autoricen os cursos que solicite o seu persoal, co fin de organizar o traballo.
- Tamén da importancia de retomar os Mapas de Formación que están xa obsoletos e que é moi necesaria a súa actualización.”
A CIG presentou propostas de cursos na fase inicial e tamén unha adenda de mínimos para intentar que tiveran en conta algún colectivo que levan tempo demandado certos cursos, aínda que temos que salientar un colectivo que por estar en primeira liña con colectivos especialmente vulnerables como é: Servizos Sociais, e que teñen que ter unha boa formación como ferramenta básica para prestar un bo servizo, o GM considera que un curso é suficiente.
Xa avanzada a reunión e case diríase a punto de rematar, para a CIG aínda faltaba un punto moi importante por debater, o recollido no Anexo I, “baremación de puntuación”, un punto moi importante dado que deste baremo depende a meirande parte da asignación de cursos aos solicitantes e que vai servir de base para as distintas convocatorias.
Deseguido recollemos a nosa proposta:
“Respecto da valoración dos cursos recibidos nos dous últimos anos deberíase ter en conta o seguinte:
- Na solicitude dos cursos deberase indicar a orde de prelación.
- Aplicarase a baremación proposta so no curso solicitado en primeiro lugar.
- Na baremación do curso solicitado en segundo lugar aplicarase o número de horas do curso solicitado en primeiro lugar no caso de que acadara praza, esta adición de horas de formación realizada se fará en tódolos cursos solicitados a continuación
Exemplo: se escollo 3 cursos relacionados co meu posto de traballo, resultaría:
1º tería 60 puntos (aplicación do baremo do apartado a)) + 40 de antigüidade = 100 puntos, tería o 1º curso solicitado concedido (este 1º curso dura 12 h)
2º se o seguinte curso que solicito dura 20 h sumamos as 12 h do curso concedido anteriormente 20+12= 32 horas, (aplicarías o baremo c))= 40 puntos + 40 (de antigüidade) = 80 puntos, teríamos ou non o curso, pero no suposto de que sí probarías o seguinte curso solicitado
3º teríasmos 12 h+20 h+30 h de cursos de formación =62 h de formación (20 puntos en aplicación do baremo e) = 20 puntos+ 40 de antigüidade = 60 puntos
Esta sería unha fórmula para que este baremo sí funcione”
O concelleiro rexeitou falar deste tema, co razoamento de que o GM consideraba correcto a baremación que presentaban, ante a negativa de negociar este último punto a CIG votou en contra do texto que presentaba o GM “criterios de selección” porque nin sequera tivemos oportunidade de defender a nosa proposta e que sen dúbidas, ao noso entender, evitaría posibles problemas vividos e trasladados anteriormente, entendemos que son os máis obxectivos posibles pero, disto o concelleiro xa non quixo falar.
O que provocou que o sr. concelleiro cambiase totalmente de actitude, sendo ata o momento amable, dialogante case de colegueo, pasou a unha actitude altiva, distante, querendo marcar claramente as diferenzas, manifestando expresións pouco afortunadas para os de alí presentes e principalmente coa única sección sindical coa que estaba a debater neses momentos.
A última orde que deu pouco antes de abandonar o Salón Dourado foi: “que non se teña en conta nada do aquí falado”, a pesar de que coa maioría dos puntos mencionados e tratados estaba conforme, ou iso nos quixo facer crer a todas/os as/os presentes.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2789
MXN URXENTE 29 OUTUBRO 2020
TELETRABALLO
Onte fomos convocados a unha MXN de URXENCIA, o motivo desta foi a de poñernos en coñecemento da intención que tiña o concello de crear grupos BURBULLA (que non se mesturen entre si) e no caso de contaxios entre a plantilla, que non caian servizos ao completo, para este fin propoñen a ampliación da xornada de tele-traballo ata o 50% na modalidade mixta da prestación do servizo, pareceunos axeitada a todos os asistentes.
Dadas as circunstancias, dende a CIG, solicitámosvos a colaboración para tratar de reverter o incremento dos contaxios, cas medidas que xa todos/as coñecedes.
CONCILIACIÓN
Dende persoal recoñecen que a redacción que vinculaba a conciliación con peches de centros (educativos ou doutro tipo de servizos sociais) non era a mellor, van a aclarar este apartado.
VENTILACIÓN
O Xefe de Servizo informa que teñen unha proposta do Departamento de Prevención de Riscos Laborais en canto a ventilación, nel propoñen espazos para instalación de purificadores de aire, din que enviarán un documento, cando o teñamos faremos unha valoración, mentres recomendámosvos que tratedes de manter unha boa ventilación dos vosos espazos de traballo. A CIG solicitou que se estude o uso dos aires acondicionados, pois este sistema NON renova o aire.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2560
ADMISIÓNS E-FORMACIÓN
Como xa vos informamos na pasada Mesa Xeral de Negociación do 30 de setembro, aprobamos por unanimidade a teleformación da EGAP proposta polo concello, recordar que a CIG fixo unha solicitude de establecer 3 tramos na valoración de acceso aos cursos, recordar tamén que foi aceptada por unanimidade.
Se ben todos acordamos a puntuación nos tramos finalmente aprobados
- No último ano: 10 puntos.
- Nos dous últimos anos: 20 puntos
- Nos tres últimos anos: 30 puntos
Ninguén dos que estivemos na MXN, caeu na conta de que aplicar literalmente as bases desta convocatoria non limitaba acadar máis dun curso, grazas aos vosos correos, detectamos alo menos que 4 persoas repiten ou tripiten cursos. Vindo o resultado o máis normal sería penalizar no mesmo momento da adxudicación dun curso desta convocatoria cos 10 puntos que figuran nas bases...
Visto o visto, hoxe falamos ca responsable de formación (presente na MXN por un sindicato) e recoñecía que era un erro, que estaba apuntando todo, pero que non tiña outra que aplicar o acordado e que as presas na aprobación deste plan foron as que deron este resultado . A continuación contactamos co xefe de servizo de recursos humanos para queixarnos da falta de mecanismos cara a corrixir erros como o explicado, o xefe de recursos humanos contestounos que resultáballe complicado, unha vez publicado a adxudicación de admitidos, denegar os cursos. Tamén solicitámoslle que no futuro calquera listaxe sexa publicada por orde alfabético. O xefe de recursos humanos dixo que como medida paliativa intentaría aumentar o número de prazas nos cursos máis solicitados.
Se ben parécenos unha boa medida a ampliación de prazas, esperamos que ante circunstancias parecidas nas que se detecten erros tan evidentes, se contacte cos representantes sindicais para buscar unha solución se é posible consensuada e así evitar unha mala aplicación de acordos acadados.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2606
RESUMO CIG MXN 30 DE SETEMBRO DE 2020
Achegámosvos o noso resumo da pasada MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Protocolo de medidas para a adaptación funcional da prestación de servizos das empregadas/os públicos do Concello da Coruña no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
- Plan de e-formación do Concello da Coruña e liñas de futuro
- Acordo relativo á compensación dun festivo no exercicio 2020.
- Ratificación do acordo en mesa técnica en relación co horario dos/as conserxes de colexios.
- Rogos e preguntas
- En canto a acta, está pendente de redacción por parte da anterior xefa de persoal. Queda a súa aprobación na próxima MXN.
- O concelleiro de persoal, antes de ausetarse da MXNA presentounos ao novo Xefe de Persoal. A continuación o novo Xefe fixo unha exposición do PROTOCOLO DE TELETRABALLO afirmando que a intención da xuntanza de hoxe neste asunto era escoitar as nosas aportacións.
O xefe de persoal fai mención a que non creen no tele-traballo como un fin en si mesmo e que este documento o consideran como unha ferramenta na mellora administrativa da organización.
Dadas as circunstancias e tendo en conta o carácter provisional deste protocolo, a CIG está da cordo co modelo presentado polo xefe de servizo e ca maior parte do seu contido, que non publicamos xa que o seu carácter non definitivo pode levar a crear confusión ao persoal se o seu contido non se axusta ao documento final.
Chegado este punto fixemos as seguintes:
ACHEGAS CIG PARA O PROTOCOLO DE TELE-TRABALLO
- Por similitude co resto de traballadores/as alleos/as ás AAPP, solicitamos que se aumentara o mínimo de xornada laboral proposto polo concello.
- Que en canto as persoas sensibles fronte ao COVID-19, faltan avaliacións de riscos laborais en postos de traballo. Solicitamos que se realicen no futuro.
- Devido ás dúbidas en canto as funcións dos postos de traballo, preocúpanos a interpretación que poidan facer as distintas xefaturas de servizo en canto as autorizacións. Solicitamos que no caso de conflitos, se teña información permeable das distintas interpretacións e evitar discriminacións en función do posto que se ocupa ou da xefatura de que dependa.
- Control do tempo de traballo en canto aos posibles accidentes de traballo para determinar se se produce na xornada laboral.
- A avaliación do desempeño que se faga ao persoal en teletraballo debería aplicarse á totalidade da plantilla, implementalo agora sería de gran axuda á hora de aprobar dunha vez por todas a CARREIRA PROFESINAL(solicitada por este sindicato reiteradamente). Ademais a avaliación sobre a totalidade, evitaría discriminar as persoas que tele-traballan sobre o resto do persoal municipal.
- Para a CIG o máis importante é que este protocolo é temporal. Nunha futura prestación de tele-traballo en situación de normalidade deberá ser negociada. Solicitamos que este documento non sexa utilizado coma definitivo no futuro.
- Por último recordamos unha petición previa da XUNTA DE PERSOAL aprobada unánimente, sobre que o persoal con dependentes ao cargo portadores do COVID-19 e que teñan a obriga de permanecer na casa sen declaración de ser portadores do virus, teñan a mesma consideración de portadores do COVID-19.
- O plan de tele FORMACIÓN DA EGAP non é a totalidade do plan formativo para o Concello e proximamente propoñerán un documento de maior alcance, esta primeira parte servirá para testar a plataforma ONLINE e avaliala.
Parécenos correcta a proposta para iniciar a tele formación, se ben pensamos que os criterios de selección no apartado de valoración respecto a distancia no tempo co último curso realizado, habería que cronificalos en máis tramos e non só en menos ou máis de dous anos. Aceptan a nosa proposta de establecer tres tramos na valoración.
- Propoñen a COMPENSACIÓN POLO 15 DE AGOSTO en un día de asuntos propios que poderase desfrutar ata o 31 de marzo. Tramitarán unha instrución aos efectos oportunos.
- Ratifícase por unanimidade o acordo acadado nas Mesas técnicas de Conserxes de Colexio.
- ROLDA DE INTERVENCIÓNS
A petición dun sindicato, aceptan o pagamento do plus de protocolo ao persoal de conserxería.
Solicitan información da licitación do contrato que fará a VALORACIÓN DA RPT. A CIG recorda que hai o compromiso de NEGOCIAR O METODO DE VALORACIÓN, o Director de Facenda e Persoal recoñece ese compromiso.
A CIG reitera a petición da información das COMISIÓNS DE SERVIZO LIGAZÓN, advertimos que se non é facilitada, por consello da nosa asesoría xurídica, a reclamaremos por vía xudicial, contestan que van a estudar a forma de que teñamos acceso a esa documentación.
Esperamos que esta información fora do teu interese.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 2689
Páxina 9 de 11