ACCIÓN SINDICAL
GOBERNO NOVO, PRACTICAS VELLAS
José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que se nos informa de que se están nomeando postos en comisión de servizo sen que esteen resoltos os concurso pendentes.
Que con independencia de que algunhas comisións de servizo poderían estar motivadas por urxencia e necesidade, debería terse en conta, para a súa cobertura, a sentenza da Sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo de 24 de xuño de 2019 (rec.1594/2017), co fin de ofertalas mediante convocatoria pública e así evitar a discrecionalidade e o ocultismo co que se nomearon a maioría das comisións de servizo neste concello.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos informe que postos foron nomeados en comisión de servizo e quen os ocupa.
A Coruña a 8 de agosto de 2019
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5558
INSTRUCCIÓN DA XEFATURA DA POLICÍA LOCAL SERV. EXTRAORDINARIOS
JEFATURA Inst. Jef. 034/2019
Mandos y Policías
NUEVO TERMINAL TELEFONICO PARA LLAMADA DE SERVICIOS EXTRAORDINARIOS
A partir de hoy y con la finalidad de tener constancia oficial de las llamadas telefónicas realizadas tanto que se haya cogido la llamada como de la constancia de los intentos de llamada desde la sección administrativa, todas las llamadas se realizan desde el terminal telefónico 627642622.
Este terminal telefónico que es una pda grabará todas las llamadas realizadas, tanto las que sean recepcionadas como los intentos de recepción, con los efectos establecidos en los criterios consensuados del año 2013 para nombramiento de servicios extraordinarios.
Por todo ello a los que estén anotados para servicios extraordinarios y con la finalidad de facilitar la labor de los compañeros que tienen que realizar el trabajo poco agradable de hacer estas llamadas, se agradece que anoten este teléfono en la agenda como “horas extras” o “similar” a fin de evitar demoras en la recepción o en su caso, en la devolución de las llamadas, y que perturban el sistema de nombramiento.
A Coruña, 30 de julio de 2019.
El Jefe acctal. del Cuerpo de la Policía Local
José A. Brandariz Castelo
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 6121
CHAMAMENTOS SERVIZOS EXTRAORDINARIOS POLICÍA LOCAL
José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que as normas do actual sistema de chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local ven recollido nun escrito titulado “CRITERIOS GENERALES PARA SERVICIOS EXTRAORDINARIOS”
Que ao noso entender, o mencionado escrito contén parágrafos que son contraditorios entre sí, pouco claros e incluso manifestamente ilegais.
Que ademais, pola información da que dispoñemos, non se está executando ca limpeza que debería.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos convoque de maneira urxente para negociar unhas normas que regulen “con forme a dereito” os chamamentos para a realización de horas extraordinarias no servizo da Policía Local.
A Coruña a 16 de xullo de 2019
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4480
RECURSO DE REPOSICIÓN TAS MAIO 2019
Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 29 de maio publicouse no BOP da Coruña unha as bases dunha convocatoria de 1 praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. Subgrupo A2, nivel 20 e pertencente á escala especial.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
Que en xullo de 2017 publicaronse unhas bases, tamén para unha praza de Técnio de Apoio Social (C.E. 3/16), que foron recorridas no xulgado por non ter como requisito a formación específica de educación social e traballo social, o resultado desta demanda foi unha sentenza en novembro de 2017 206/2017 que dicía:
Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.
Que a pesar da mencionada sentenza, estas novas bases de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. en canto aos requisitos esixidos di: a) TITULACIÓN: Estar en posesión dalgunha das titulacións de grao universitario pertencentes a rama das ciencias sociais e xurídicas do Plan Bolonia que figuran na táboa do Anexo I, ou diplomatura universitaria dalgunha das titulacións que figuran na táboa do Anexo II.
Que segundo a sentenza habería que eliminar a exixencia das titulacións da rama xurídica e a táboa do Anexo I que non gardan ningún tipo de relación co ámbito social, como exemplos Gastronomía, Xeografía, Banca, Xestión Hostelera, Loxística e Negocios Marítimos.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN contra as bases de convocatoria de unha praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16 para que se elimine o ANEXO 1, se corrixan as titulacións requeridas e se circunscriban exclusivamente ao ámbito social.
A Coruña, 4 de xuño de 2019
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4442
ACLARACIÓNS SOBRE MEDICIÓNS RADÓN
José María Calatayud Sánchez con D.I. xxxxxxx e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.
COMUNICA:
Que 24 de outubro de 2018 fomos informados de que a empresa que estivo xestionando as medicións de GAS RADÓN ata ese momento nas dependencias municipais era INTERA.
Que tamén se nos achegou un documento sobre as descricións de actuacións no que se menciona o laboratorio que realizou as medicións, LABORATORIO DE ANÁLISIS DE RADIACIONES (LAR).
Que o mencionado laboratorio non aparece no listado de laboratorios acreditados para medir radón no aire segundo a norma ISO/IEC17025, ubicados en España ou con distribuidores en España.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se nos aclare cal foi o laboratorio que fixo as medicións de gas radón nas depencias municipais .
Que se nos informe que empresa ou empresas fixeron xestións relacionadas co radón.
A Coruña, 28 de maio de 2019.
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4578
Ao respecto do correo do Servizo de Persoal no que informa sobre a entrada en vigor do ACORDO MARCO
Se ben estamos dacordo nas liñas que sinala o Acordo Marco, pois nomea as cuestións que estivemos reclamando, recordámosvos o motivo polo que non asinamos:
páxina 2, apartado B) PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. As bases do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo do Concello da Coruña aprobaranse cunha periodicidade máxima de 18 meses contados a partir da finalización do concurso anterior e rexerase polas bases xenéricas de provisión de postos de traballo aprobadas en MXN de data 27/04/2018.
A coherencia demostrada impídenos asinar un documento que menciona unhas bases que temos recorridas no xulgado, bases que exclúen postos sen xustificación LIGAZÓN
CHÁMANOS A ATENCIÓN QUE O ÚNICO ASUNTO QUE XA FOI NEGOCIADO E APROBADO POR TODOS OS SINDICATOS INCLUIDO A CIG, non aparece na publicación do BOP a pesar de que aparece como anexo na DISPOSICIÓN FINAL. O documento do acordo de Bombeiros podedes consultalo na nosa web LIGAZÓN que por certo non sabemos porqué PERSOAL o trata como asunto de MESA TÉCNICA (pdte de refrendar na MESA XERAL) cando foi refrendado por UNANIMIDADE NA MXN. O acordo de Bombeiros é de aplicación inmediata e o ACORDO MARCO está pendente das negociacións correspondentes.
Cáusanos ESTUPOR o USO POLÍTICO que o Goberno Municipal fai con este asunto, publicando o día anterior ao día das ELECCIÓNS SINDICAIS o ACORDO MARCO, facéndolle campaña electoral aos sindicatos asinantes. CANDO A PATRONAL SE DECANTA POR APOIAR A DETERMINADOS SINDICATOS POR ALGO SERÁ.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3514
SOLICITUDE DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
Que en base a sentenza 068/2019 pola que se lle asigna o complenento de atención ao púlbico AP1 aos postos Psicólogos clínicos (postos nº 1452 e 1502) e para Auxiliares de estación (postos de 1706 a 1718)
SOLICITA
Que se lle aplique este factor aos seguintes postos de traballo xa que, ao noso entender, cumpren as condicións mencionadas na sentenza:
- 116-117 Administrativo
- 118-128 Astte. Admón
- 129-136 Of. Admvo
- 137-138 Aux. Tributario
- 139-145 Aux. Admvo.
- 147 e 149 , Inspector de tributos.
- 150 Astte. Admón
- 151-152 Aux. Inspec. Trib.
- 153 Aux. Admvo.
- 154-157 Agte. Campo
- 204 ,210, Técnico superior orientación profesional.
- 208,209, Técnico superior prom. econ.
- 211, Axente desarr. Local.
- 232, Técnico local emprego
- 321,322, Animador sociocultural
- 474-477, Socorrista
- 541-546 Sarxento seis
- 547-561, Cabo do seis
- 562-686, Bombeiros.
- 688,689, Monitor protección civil
- 690, Oficial de protección civil
- 704-721, Inspector PL
- 722-775, Oficial PL
- 76-1097, Policia local
- 1161-1170, Oficial cemiterios.
- 1171-1186, Axte. cemiterios
- 1263, Xefe departamento recadación.
- 1272-1277, Axente executivo
- 1509,1510, Técnico orientación e inserción laboral
- 1542-1550, Asistente rede acollida.
- 1626,1627 Inspección Intervención edificación.
- 1719-1721, Axudante de estación.
- 1933 , TM xuventude
- 1934 Animador sociocultural
- 1935, Técnico auxiliar xuventude e solidariedade
A Coruña 21 de maio de 2019
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4527
RESUMO CATRO ANOS DO SINDICALISMO DA CIG
Nas eleccións do ano 2015 a CIG continuou incrementando aceptación entre as/os empregadas/os do concello da Coruña acadando un delegado mais respecto as anteriores eleccións sindicais.
A rivalidade existente entre a UGT e o CSIF propiciou que uniramos os nosos votos e os da UGT para nomear os cargos da Xunta de Persoal , asumindo a CIG a súa presidencia. Durante o tempo que a CIG temoneou a Xunta de Persoal fomos quen de acadar un acordo unánime de modificación do Regulamento de Axudas Económicas, que no momento de ser levado a Mesa Xeral de Negociación foi cuestionado polo resto dos sindicatos, cada un deles atendendo aos seus intereses particulares, o que trouxo como consecuencia que a día de hoxe sega sen ser modificado.
Durante un período de 17 meses (xuño 2015 ata novembro 2017) se lle estiveron facendo propostas conxuntas ao Goberno Municipal con mais ou menos fortuna, pero a partir do empeño de executar o Acordo de Policía por parte dos tres sindicatos asinantes, a pesar de que a Lei de Orzamentos do Estado o impedía expresamente, empezou a xerarse unha dinámica na Xunta de persoal que a CIG non podía asumir por ser contraria aos nosos principios e dimitimos dos cargos que ocupabamos en novembro de 2017 , 3 meses despois o resto dos sindicatos repartíronse os cargos e acusáronnos de abandonar a Xunta de Persoal “nun momento crítico e cando mais necesita o persoal estar representado”, dende esa data ate o día de hoxe suspendéronse varios plenos (nov. 2018, xan., marzo, abril 2019). das reunións programadas. Na nosa opinión anularon a Xunta de Persoal en prol dos seus intereses sindicais.
Temos que salientar que a pesar de que non estabamos de acordo co acordo de policía sempre fixemos propostas que, por fora deste, terían como consecuencia un incremento das retribucións da policía, tales como a inversión dos criterios de perigosidade ou a elevación ao nivel 18 o mínimo do subgrupo C1, por certo, neste ultimo caso, a subida de nivel, afectaría tamén ás técnicas auxiliares de bibliotecas (con só 16 efectivos) e por parte da CSIF se nos acusou de intentar utilizar á Policía para beneficiar a outros colectivos.
Durante estes catro anos a CIG realizou un grande número de actuacións de todo xénero das que salientamos as seguintes.
- .Amplos resumos das máis de 30 Mesas Xerais de Negociación e Técnicas
- .Propostas de equiparacións retributivas e de valoración de postos.
- Propostas de subidas de nivel de destino xerais.
- Nas MESAS DE NEGOCIACIÓN tratamos de eliminar de todos os acordos adoptados aquelas cláusulas que a o noso entender supoñían discriminacións ou agravios comparativos, algunhas aceptáronse e se incorporaron aos acordos e para defender o noso criterio cando no foi así acudimos ao xulgado con desigual fortuna, pero sempre tendo coma única meta o beneficio do conxunto dos empregados municipais, coma exemplo as titulacións distintas ao posto que se opta no concurso.
- .Propuxemos varias alternativas ao regulamento da CARREIRA PROFESIONAL
- .Participamos activamente na consecución do Acordo no Servizo do SEIS
- .Denuncias na Inspección de Traballo e na Fiscalía
- .Presionamos para a contratación de persoal nalqueles servizos que eran necesarios .
- .Visitas periódicas na maioría dos centros de traballo
- .Envíos masivos de información sobre saúde laboral e acordos estatais.
De todas estas actuacións fomos dando conta puntualmente a través da nosa páxina Web, (143 publicacións na www.cigconcellocoruna.com) a que por certo e para a nosa satisfacción visitades cada vez un maior número de compañeiras/os, atendemos infinidade de consultas tanto telefónicas como presenciais mantendo o noso local aberto a practica totalidade dos xornadas laborais..
O feito de que as nosas actuacións se adopten sempre en criterios técnicos e de aplicación á totalidade do persoal afectado permítenos dar sempre as explicacións que nos demandan sen necesidade de que , nos supostos de que non se compartan os nosos criterios , nos vexamos obrigados a utilizar desculpas do tipo de “é unha imposición do goberno local e por iso o asinei”
As nosas actuacións baséanse no principio de lealdade e transparencia e por iso non temos ningún reparo en dicir o que facemos nin en facer o que dicimos, e diso son conscientes tanto os políticos coma os técnicos deste concello.
Se acreditas nestes principios e consideras que o sindicalismo debe ser propositivo e combativo ao mesmo tempo e consideras que a CIG e o sindicato que mellor pode defender os teus dereitos, o 23 de maio.
VOTA CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4481
CONSIDERACIÓNS Á SENTENZA 103/2019 BASES CONCURSO
En primeiro lugar recordar que a sentenza non é firme. LIGAZÓN SENTENZA
Ao respecto da afirmación da sentencia, “Tiene que abrirse aquí un paréntesis para advertir que la obligación de convocar el concurso obedece al mandato reglamentario a que se ha hecho referencia y no al hecho de que quien ocupa el puesto de trabajo vacante en comisión de servicios lleve en esa situación más de dos años, puesto que si se sobrepasa ese plazo, se puede volver a cubrir la plaza con otra comisión de servicios, pero también se puede dejar sin cubrir esa vacante o amortizar la plaza.” Isto é contrario a sentenza cont. Adm. Núm 2 098/2018 e a do TSXG 145/2019 pois en ningunha delas valida as comisións de servizo máis alo dos dous anos.
Ao respecto da afirmación de dúas convocatorias diferenciadas entre administración xeral e administración especial, nas propias bases do concurso ordinario dentro dos requisitos comúns de participación establece, “Nos postos da escala de Administración Especial, deberase posuír unha praza a titulación que permita a dedicación profesional para o desempeño do posto.” Ademais dentro da listaxe dos postos ofertados figuran unha morea de postos da administración especial cos seguintes códigos:
0154 - Agente de Campo GT4000 - Inspección Tributos
0156 - Agente de Campo GT4000 - Inspección Tributos
0239 - Ayudante de Mercados PS4000 - Mercados
0240 - Ayudante de Mercados PS4000 - Mercados
0241 - Ayudante de Mercados PS4000 – Mercados
0242 - Ayudante de Mercados PS4000 – Mercados
0243 - Ayudante de Mercados PS4000 – Mercados
0244 - Ayudante de Mercados PS4000 – Mercados
0245 - Ayudante de Mercados PS4000 – Mercados
0333 - Oficial de Exposiciones CI6000 - Exposiciones y Colecciones
0334 - Oficial de ExposicionesCI6000 - Exposiciones y Colecciones
0419 - Técnico Auxiliar de BibliotecaBI1000 – Bibliotecas
1098 - SeñalizadorSE3000 - Señalización Vial
1099 - SeñalizadorSE3000 - Señalización Vial
1100 - SeñalizadorSE3000 - Señalización Vial
1101 - SeñalizadorSE3000 - Señalización Vial
1105 - SeñalizadorSE3000 - Señalización Vial
1161 - Oficial de Cementerios MA2400 – Cementerios
1162 - Oficial de Cementerios MA2400 – Cementerios
1209 - Inspector Adjunto de Medio Ambiente MA5000 - Inspección MA
1628 - Vigilante de Intervención de la Edificación UR4400 - Oficina Técnica
1629 - Vigilante de Intervención de la EdificaciónUR4400 - Oficina Técnica
1679 - Agente de Patrimonio UrbanoUR2400 - Patrimonio Urbano
1705 - Oficial de Mantenimiento de EstaciónMU1200 – EEAA
1726 - Encargado Adjunto del Parque Móvil MU3000 - Parque Móvil
1727 - Jefe de Equipo MU3000 - Parque Móvil
1843 - Inspector de Infraestructuras IE4000 - Inspección de Infraest.
1844 - Inspector de Infraestructuras IE4000 - Inspección de Infraest.
1848 - Inspector Adjunto de Infraestructuras IE4000 – Insp. Infraest.
1849 - Inspector Adjunto de Infraestructuras IE4000 – Insp. Infraest.
1850 - Inspector Adjunto de Infraestructuras IE4000 – Insp. Infraest.
1883 - Encargado de Vía Pública IE7000 - Vía Pública y Patrimonio
1885 - Oficial de Vía Pública y Patrimonio IE7000 - Vía Pública y Patrim.
1886 - Vigilante de Vía Pública y Patrimonio IE7000 - Vía Pública y Patrim.
Á vista está que non hai convocatorias diferenciadas entre administración especial e xeral.
Ao respecto dos postos sinalados a continuación que ou non están orzados ou pertencen a titulares que se atopan en comisión de servizos:
(NOTA NOMES E APELIDOS ELIMINADOS)
DO EXPEDENTE ACHEGADO AO XUIZO POLAS COMISIÓNS DE SERVIZO
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 2.9 PAX 46 E TOMO 4.1 PAX 04 |
Astte. Admón. |
125 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 4.3 PAX 34 |
J. Unidad |
1201 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 2.4 PAX 19 |
Astte. Admon. |
1238 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 4.1 PAX 20 |
Astte. Admon. |
1432 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 4.1 PAX 27 |
Aux. At. Ciud. |
1524 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 1.4 PAX 08 |
Engdo. Gral. V. Pub. |
1882 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
TOMO 1.2 PAX 30 |
J. Unidad |
1949 |
LISTAXE DAS ADSCRIPICIONS DERIVADAS DA NOVA RPT SETEMBRO 2017
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
CS MÍNIMO SET 2017 |
Aux. At. Ciud. |
225 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
ADS PROV MÍN SET 2017 |
Administrativo |
265 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
CS MÍNIMO SET 2017 |
Aux. At. Ciud. |
449 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
CS MÍNIMO SET 2017 |
Aux. At. Ciud. |
463 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
CS POR MOTIVO DE SAUDE |
Oficial de Insp MA |
1215 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
CS MÍNIMO SET 2017 |
Administrativo |
1235 |
|
NOMEXXXXX APELIDOSXXXX |
ADS PROV MÍN SET 2017 |
Astte. Admon. |
1552 |
destes hai dous que son adscricións provisionais polo tanto deberían ter que ser convocados coma día a propia sentenza que nos ocupa “No sucede lo mismo en el caso de la adscripción provisional a un puesto de trabajo, en cuyo caso el artículo 97.5 de la LEPG dispone que el afectado estará obligado a participar en los concursos de provisión que se convoquen para puestos adecuados a su cuerpo o escala, lo que no coincide exactamente con lo previsto en el artículo 4.1 del RPPPG, que dispone que la plaza cubierta provisionalmente se incluirá necesariamente en el primer concurso que se convoque (el artículo 72.2 del RPPAGE se limita a indicar que se cubrirá de forma definitiva por los procedimientos ordinarios, pero sin imponer un límite temporal u otro matiz, si bien tal precepto no resulta aquí aplicable).; hai un dos sinalados que sí obedece a unha comisión de servizos por motivos de saúde o posto 1215 (a pesar que a forma de provisión para estos casos non debería ser esta). Á vista da información exposta todos os postos están ocupados o que significa que están orzados.
Tendo demostrado que non hai dúas convocatorias diferenciadas entre administración xeral e especial, tendo demostrado que os postos están orzados e tendo demostrado que non hai xustificacións de informes médicos ou do servizo de prevención de riscos laborais sobre comisións de servizo por motivo de saúde, cabe reiterar a denuncia nos seguintes postos:
|
servizo |
Cod.un.orga |
Unidad Org |
Ref. Pto |
Pto. Trabajo |
grupo |
nivel |
escala |
||||||
|
Gest. Trib. |
GT3200 |
Gest. Tributos |
123-125 |
Astte. Admón. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
|
Emp. y Empr. |
PS2200 |
Ap. Admvo. PS |
225 |
Aux. At. Ciud. |
|
C1/C2 |
16 |
AG |
|||||
|
Contrat. |
CT1000 |
Contratos |
265 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
|
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
449 |
Aux. At. Ciud. |
C1/C2 |
16 |
AG |
||||||
|
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
463 |
Aux. At. Ciud. |
C2 |
14 |
AG |
||||||
|
M. Amb. |
MA5000 |
Inspeccion MA |
1201 |
J. Unidad |
A2/C1 |
22 |
AE |
||||||
|
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1235 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
|
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1238 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
|
Justicia Soc. |
SS1200 |
Gest. Admva. SS |
1432 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
|
Igualdad |
IG1100 |
Ap. Admvo IG |
1524 |
Aux. At. Ciud. |
|
C2 |
14 |
AG |
|||||
|
Rh. y Viv. |
RV0000 |
Rehab. y Vivienda |
1552 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
|
Infraest. |
IE7000 |
Vía Pub. y Patrim. |
1882 |
Engdo. Gral. V. Pub. |
C1 |
20 |
AE |
||||||
|
Int. y At. Ciud. |
IT2210 |
Atención Ciudadana |
1949 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4933
Resposta ao whatsApp da CSIF sobre a “remunicipalización das bibliotecas”.
O Goberno Municipal decidiu, no exercicio das súas competencias, pasar a xestionar as bibliotecas que estaban en xestión indirecta a través de empresas privadas a xestionalas en forma directa a través da empresa pública EMVSA.
Este feito en concreto non afecta para nada nin á RPT nin ó organigrama municipal, nin ó capitulo I dos orzamentos ( salario dos funcionarios). Para o persoal da concesionaria privada só supón un cambio de empresario, con suxeición ao mesmo convenio que tiñan e mantendo as mesmas condicións laborais e económicas.
Este proceso non é un proceso negociado. As únicas reunións que o Goberno Municipal, representado polo concelleiro de Cultura, mantivo co comité de empresa, tiveron todas carácter informativo e non negociador.
Este feito serviu como desculpa para que o autor desta mensaxe, con grandes doses de ignorancia, rancor e estupidez, tratase de vincular este feito co recurso presentado pola CIG contra a modificación da RPT no servizo de policía sen negociación previa.
Para tratar de iluminalo, imos definir a posición da CIG neste asunto:
- A CIG aposta pola recuperación de todos os servizos públicos xestionados por empresas privadas.
- Cando se iniciou este proceso a Xunta de Persoal do concello, ostentando a CIG a súa presidencia, solicitou formar parte das diferentes comisións que estudaban este asunto pola posible afectación sobre o persoal municipal.
- A CIG defende o criterio de que se debería unificar a xestión da totalidade do servizo municipal de bibliotecas, con preferencia dentro da RPT do concello.
Nas reunións que se mantiveron co Goberno Municipal non estivo nunca representada a sección sindical da CIG no concello, Roberto Tizón acudiu a algunha delas en calidade de asesor dos delegados da CIG na empresa, da mesma maneira que acudiu algún delegado da UGT con responsabilidades mais ala do concello.
Xa para rematar, consideramos que os delegados sindicais non deberiamos incendiar ao persoal, deberiamos limitarnos a informar sen falsidades para que eles poidan sacar as súas propias conclusións.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4439
MOBILIDADE POLICÍA LOCAL A CORUÑA
José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA
1. Que na comisión de Facenda e Administración do Concello da Coruña de 3 de abril de 2018, acordou: “Primeiro.-Delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza a competencia relativa á convocatoria e desenvolvemento do proceso selectivo para o accesos á categoría de policía no Corpo da Policía Local do Concello da Coruña( quenda libre e por mobilidade), segundo as necesidades que lle comunique o Concello da Coruña na forma e prazos establecidos no convenio tipo de delegación e na normativa de aplicación e polo tempo de vixencia deste convenio.”
2. Que na Oferta pública de emprego do ano 2017 entre outras inclúense 5 prazas de Policía Local das que dúas delas deben ser cubertas polo sistema de mobilidade.
3. Que na Oferta pública de emprego 2018 inclúense 8 prazas de mobilidade.
4. Nos consta, que a día de hoxe non se lle enviou requirimento algún á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
5. Que temos coñecemento que proximamente a AGASP iniciará un concurso de mobilidade.
6. Que é sabido e notorio a falta de dotación de efectivos no Corpo da Policía Local da Coruña.
7. Que o proceso de cobertura por mobilidade resulta o máis rápido e económico, recordar que son policías xa formados.
SOLICITA
Que se nos informe da motivación que induciu a non tramitar a cobertura das vacantes reservadas para o sistema de mobilidade das OPE de 2017 e 2018, máximo tendo en conta que a día de hoxe xa foi resolta a parte da quenda libre da oferta de policías do ano 2017.
A Coruña 16 de abril de 2019
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4758
COMITÉ DE SAÚDE LABORAL 19 DE ABRIL 2018
INFORME ENTREGADO NO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL 19/04/2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3401
ACORDO CONCURSO GOBERNO MUNICIPAL ,CSIF, UGT e CCOO
Aquí podedes atopar as BASES DO CONCURSO, das que renegan os propios asinates, acordadas polo Goberno Municipal e os sindicatos CSIF, UGT e CCOO.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3328
RECURSO DE REPOSICIÓN CONCURSO ESPECÍFICO XEFATURAS DE SERVIZO
Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
IV
Que o pasado día 13 de febreiro publicaronse no BOP da Coruña as Bases de convocatoria para a provisión por concurso específico de 14 postos de traballo da Xefaturas de Servizo en:
- EMPREGO E EMPRESA código posto 200 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- CONTRATACIÓN código posto 258 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- BIBLIOTECAS código posto 393 VACANTE
- MEDIO AMBIENTE código posto 1115 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
- IGUALDADE E DIVERSIDADE código posto 1500 OCUPADO EN ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
- MUSEOS CIENTÍFICOS código posto 478 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INTERVENCIÓN URBANÍSTICA E DISCIPLINA URBANÍSTICA código posto 1580 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- MOVILIDADE URBANA código posto 1697 OCUPADO ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
- INTERIOR E ATENCIÓN CIDADÁ código posto 1940 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- EDIFICACIÓN código posto 1911 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECONOLÓXICO código posto 2118 VACANTE dende o 31/12/2018
- XESTIÓN TRIBUTARIA código posto 72 VACANTE dende o 31/12/2018
- REHABILITACIÓN E VIVENDA código posto 1551 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
- INFORMÁTICA código posto 2088 VACANTE dende o 31/12/2018
Asemade publicaronse nas datas que consta a continuación as Bases de convocatorias para a provisión de postos polo sistema de LIBRE DESIGNACIÓN das seguintes xefaturas de servizo:
- ORZAMENTOS E ESTUDOS ECONÓMICOS código posto 72, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
- INFRAESTRUCTURAS código posto 1795, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
- ACCIÓN SOCIAL código posto 1451, publicadas o día 7 de febreiro no BOP da Coruña
Porén existen 6 postos de xefatura de servizo que non foron convocados nin por CONCURSO ESPECÍFICO nin por LIBRE DESIGNACIÓN e que están nas seguintes situacións administrativas:
- PERSONAL código posto 169 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
- PLANEAMENTO E XESTIÓN DO SO código posto 1630 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
- CULTURA código posto 282 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- EDUCACIÓN código posto 1320 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- XUSTIZA SOCIAL código posto 1372 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
- PARTICIPACIÓN CIUD. E INNOV. código posto 1922 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
Das xefaturas de servizo non convocadas mencionadas con anterioridade, os números de código de posto 169, 1630, 1320 e 1372, están sendo ocupados en situación manifestamente ilegal, por exceder o tempo máximo que permite a lexislación vixente para ocupar un posto de traballo en comisión de servizo.
Tendo en conta que prácticamente a totalidade dos que ocupan agora un posto de xefatura de servizo estarían obrigados a participar no proceso, o feito de non convocar todas no mesmo tempo, podería conculcar o principio de igualdade xa que unha vez resolta esta convocatoria quedaría moi retrinxido o persoal que poidese acudir a este último proceso de selección para xefatura de servizo.
En canto ao BAREMO do concurso de méritos:
- No punto 5.1 , deberíase eliminar do primeiro parágrafo todo o que vai despois de 20 puntos, os méritos dun concurso non deben ser eliminatorios como si se tratase dunha oposición.
- No subapartado, 5.1.1.1, a antigüidade debería ser valorada en función do grupo de titulación ou de clasificación do persoal laboral.
- No apartado 5.1.3 VALORACIÓN TRABALLO DESENVOLVIDO, este apartado podería eliminarse si se acepta o recollido na alegación do anterior punto, en todo caso, o segundo parágrafo non ten ningún sentido xa que sempre estariamos falando de postos de A1.
- No subapartado 5.1.4.2 este punto debería ser eliminado, non se deben valorar títulos non oficiais.
- No subapartado 5.1.4.4. non se debería valorar ningunha titulación académica que non teña relación co posto de traballo.
- No subapartado 5.2.1.1.no punto 3 habería que introducir na segunda liña no medio de destino inferior a palabra igual ou quedando de nivel de complemento de destino igual ou inferior ao 24.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución para convocar o resto dos postos vacantes de xefatura de servizo que estén orzamentadas vacantes na Relación de Postos de Traballo do concello da Coruña
A Coruña, 18 de febreiro de 2019
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4788
CONVOCATORIAS PROXECTO SUMA
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que no pasado 31 de xaneiro de 2019, publicaronse na páxina web do Concello da Coruña na súa sección de selección de persoal as seguintes convocatorias:
- PRAZA DE TÉCNICO/A EXPERTO/A EN COACHING LABORAL PARA O PROXECTO “CORUÑA SUMA”
- PRAZA DE COORDINACIÓN XERAL DO PROXECTO “CORUÑA SUMA”
Que no apartado dos requisitos esixidos figuran Masters, Posgrados ou Cursos Especialización en Coaching e Igualdade respectivamente, cando deberían formar parte no apartado de méritos.
Que descoñecemos as funcións que teran estos profesionais do programa SUMA
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se elimine como requisito esixido os Masters, Posgrados ou Cursos Especialización que figuran nas devanditas convocatorias.
Que se nos acheguen as funcións das prazas de convocadas pertencentes ao proxecto CORUÑA SUMA.
A Coruña a 4 de febreiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3279
INCREMENTO RETRIBUTIVO
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que no Real Decreto lei 24/2018 do 21 de decembro, no seu artigo número 3.dos dispón:
Dos. En el año 2019, las retribuciones del personal al servicio del sector público no podrán experimentar un incremento global superior al 2,25 por ciento respecto a las vigentes a 31 de diciembre de 2018, en términos de homogeneidad para los dos períodos de la comparación, tanto por lo que respecta a efectivos de personal como a la antigüedad del mismo y sin considerar a tales efectos los gastos de acción social que, en términos globales, no podrán experimentar ningún incremento en 2019 respecto a los de 2018. A este respecto, se considera que los gastos en concepto de acción social son beneficios, complementos o mejoras distintos a las contraprestaciones por el trabajo realizado cuya finalidad es satisfacer determinadas necesidades consecuencia de circunstancias personales del citado personal al servicio del sector público.
Además de lo anterior, si el incremento del Producto Interior Bruto (PIB) a precios constantes en 2018 alcanzara o superase el 2,5 por ciento se añadiría, con efectos de 1 de julio de 2019, otro 0,25 por ciento de incremento salarial. Para un crecimiento inferior al 2,5 por ciento señalado, el incremento disminuirá proporcionalmente en función de la reducción que se haya producido sobre dicho 2,5 por ciento, de manera que los incrementos globales resultantes serán:
PIB igual a 2,1: 2,30 %.
PIB igual a 2,2: 2,35 %.
PIB igual a 2,3: 2,40 %.
PIB igual a 2,4: 2,45 %.
A los efectos de lo dispuesto en este apartado, en lo que a incremento del PIB se refiere, se considerará la estimación avance del PIB de cada año publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE). Una vez publicado el avance del PIB por el INE y, previa comunicación a la Comisión de Seguimiento del Acuerdo para la mejora del empleo público y de condiciones de trabajo de 9 de marzo de 2018, mediante Acuerdo del Consejo de Ministros se aprobará, en su caso, la aplicación del incremento. Del citado Acuerdo se dará traslado a las Comunidades Autónomas, a las Ciudades Autónomas y a la Federación Española de Municipios y Provincias.
Además, se podrá autorizar un incremento adicional del 0,25 por ciento de la masa salarial para, entre otras medidas, la implantación de planes o proyectos de mejora de la productividad o la eficiencia, la revisión de complementos específicos entre puestos con funciones equiparables, la homologación de complementos de destino o la aportación a planes de pensiones. En las Administraciones y resto de entidades del sector público definido en este artículo en situación de superávit presupuestario en el ejercicio 2018, este incremento adicional podrá alcanzar el 0,3 por ciento.
Que este incremento retributivo no se fixo efectivo na nómina de xaneiro de 2019.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos conteste por escrito os motivos polos que non se nos aboan os incrementos retributivos recollidos no citado Real Decreto.
A Coruña a 4 de febreiro de 2019
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4759
REITERACIÓN ACLARACIÓNS CONVOCATORIA
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada pero que esta foi anulada debido a escritos de discordia.
Que o pasado 24 de xaneiro solicitamos que se nos achegara os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.
Que o 30 de xaneiro recibimos unha comunicación do Xefe accidental da Policía Local na que se afirma que son facultades propias discrecionais da auto organización do Corpo sen ningún tipo de obriga legal:
- Que unha das posibles vacantes deixoru de serla porque un dos policías que realiza esas tarefas aínda que inicialmente manifestou que se acollía á xubilación anticipada xa neste mes de xaneiro agora manifesta que ata finais do ano non se xubilará.
- Que se recibiron varios escritos de discrepancia coa convocatoria respecto a que se constrinxisee tan só á categoría de policía.
Que na comunicación engade que esta decisión é materia incuestionable da propia auto organización do Corpo.
Que nas funcións propias que ten a Policía Local non consta as do destino do que estamos a falar, polo tanto non serviría o argumento de necesidades de servizo.
Que actualmente a provisión de destinos no Corpo da Policía Local da Coruña son obxecto de negociación para adecualas aos principios de Igualdade, Mérito e Capacidade e que o criterio que se está manexando é de utilizar o mesmo método que a provisión de postos de traballo, co mesmo procedemento
Que a presentación de escritos de “discordia” non xustifica a anulación de ningún tipo de procedemento, xa que isto nos levaría a que calquera en calquera momento paralizase un procedemento co único argumento da súa falta de conformidade, o que suporía un autentico esperpento e a negación da practica totalidade da lexislación administrativa vixente.
Deberíaselle recordar ao Xefe Accidental da Policía Local que incluso os procedementos de auto organización dentro das administración públicas cando afectan as condicións de traballo, as retribucións o a calquera das materias recollidas no artigo 37.1 do EBEP, son de negociación obrigada tal como determina o apartado 2a do mencionado artigo.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue a xustificación coa súa base legal para a anulación desta convocatoria.
E REITERO
Que se nos achegue os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.
A Coruña a 31 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4455
SOLICITUDE ESCRITOS ANULACIÓN CONVOCATORIA
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada.
Que o pasado 17 de xaneiro a Xefatura da Policía Local en relación a convocatoria de MACEIROS, publicou (INST XEF. 03/2019) que:
- “Debido a que varios mandos presentaron escritos de discordia con esta convocatoria, se declara ANULADA”
Que a anulación desta convocatoria non está xustificada por non acreditar que si estivera conculcando ningunha norma nin a lexislación que ao respecto puidera ser de aplicación.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se nos achegue os escrito de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito
A Coruña a 24 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 3517
SOLICITUDE CONSULTA AO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA (GRUPO B)
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 2 agosto de 2018 o Concello da Coruña fixo unha consulta a Función Pública de Galicia en relación a si estes postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo.
Que case 6 meses despois dista consulta, o goberno municipal manifesta que non ten resposta dende a Dirección Xeral de Función Pública.
Que se acordou por unanimidade en MXN que a primeira opción para o paso ao grupo B é a reclasificación no caso de existir un aval xurídico no ámbito galego.
Que actualmente están en marcha tres procesos de promoción interna para o grupo B.
Que o Consello Consultivo de Galicia podería emitir un ditame xurídico ao respecto.
Que é urxente coñecer se a reclasificación é unha opción xurídica viable
SOLICITAMOS:
- Que que se faga unha consulta ao CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA atendendo ás seguintes consideracións:
CONSULTA RECLASIFICACIÓN GRUPO B
Ao abeiro do establecido nos artigos 14.3 e 21 da Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, por medio do presente escrito solicito do Órgano que Vd. preside informe facultativo sobre a cuestión que se concreta deseguido, e que ten a ver coa reclasificación no grupo B do persoal que ocupa prazas da subescala de técnicos auxiliares da Escala de Administración Especial, clasificados actualmente no grupo C1 no cadro de persoal do Concello da Coruña, ao que se lle esixiu para o ingreso o título de Técnico Especialista, segundo os antecedentes de feito e xurídicos que se recollen de seguido:
1.- ANTECEDENTES DE FEITO:
No cadro de persoal do Concello de Coruña, existen prazas de técnicos en informática de delineantes, de deseñadores e animadores centros cívicos para as que se indica como titulación requirida para o ingreso os Títulos de Técnico Especialista Formación profesional 2º grao ou equivalente, respectivamente.
As prazas están clasificadas dentro da Escala de Administración Especial, subescala técnica e clase de técnicos auxiliares, e encadradas actualmente no grupo C1.
Algunha das ditas prazas atópase na actualidade vacante ou cuberta interinamente, e está incluída na oferta de emprego público para o 2018, sen que foran aprobadas ata agora as bases específicas para a súa provisión mediante o preceptivo proceso selectivo.
Igualmente, debido á acumulación de tarefas ou para desenvolver programas específicos, o Concello ten necesidade de contratar temporalmente persoal destas cualificacións, ao que se lle debe requirir os Títulos de Técnico Especialista en informática ou delineación, e aplicarlles as retribucións correspondentes ao grupo.
Ao mesmo tempo, algunha das prazas están na actualidade ocupadas por persoal próximo á idade de xubilación, que en breve xerarán vacantes, que deberán ser provistas e encadradas no grupo que corresponda ao abeiro da lexislación básica.
Compre sinalar que na modificación da Relación de Posto de Traballo publicada no BOP número 165 do pasado 31 de agosto de 2017, os postos que corresponden cas devanditas prazas, foron abertos ao grupo B.
Con data 2 de agosto de 2018 remitiuse dende o Concello da Coruña unha consulta a Función Pública en relación si estos postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo. Esta consulta non foi contestada a día de hoxe.
2.- ANTECEDENTES XURÍDICOS:
Para os efectos da clasificación profesional deste persoal, a lexislación básica estatal e a propia da Comunidade Autónoma de Galicia establecen o seguinte:
Artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
“Grupos de clasificación profesional del personal funcionario de carrera.
Los cuerpos y escalas se clasifican, de acuerdo con la titulación exigida para el acceso a los mismos, en los siguientes grupos:
Grupo A: Dividido en dos Subgrupos, A1 y A2.
Para el acceso a los cuerpos o escalas de este Grupo se exigirá estar en posesión del título universitario de Grado. En aquellos supuestos en los que la ley exija otro título universitario será éste el que se tenga en cuenta.
La clasificación de los cuerpos y escalas en cada Subgrupo estará en función del nivel de responsabilidad de las funciones a desempeñar y de las características de las pruebas de acceso.
Grupo B. Para el acceso a los cuerpos o escalas del Grupo B se exigirá estar en posesión del título de Técnico Superior.
Grupo C. Dividido en dos Subgrupos, C1 y C2, según la titulación exigida para el ingreso.
C1: Título de Bachiller o Técnico.
C2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.”
Artigo 131. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
- Las subescalas, clases y categorías quedarán agrupadas conforme a la legislación básica del Estado en los grupos que esta determine, de acuerdo con la titulación exigida para su ingreso
Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:
Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional.
- Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto.
- Transitoriamente, los Grupos de clasificación existentes a la entrada en vigor de la Ley 7/2007, de 12 de abril, se integrarán en los Grupos de clasificación profesional de funcionarios previstos en el artículo 76, de acuerdo con las siguientes equivalencias:
Grupo A: Subgrupo A1.
Grupo B: Subgrupo A2.
Grupo C: Subgrupo C1.
Grupo D: Subgrupo C2.
Grupo E: Agrupaciones Profesionales a que hace referencia la disposición adicional sexta.
Artigo 42 da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Grupos de clasificación dos corpos e escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Os corpos e as escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse nos seguintes grupos e subgrupos, consonte a titulación exixida para o acceso a eles:
- a) Grupo A. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título universitario oficial de grao, agás nos supostos en que unha norma con rango de lei exixa outro título universitario oficial.
– Subgrupo A1. Pertencen a este subgrupo o corpo superior de Administración xeral e o corpo facultativo superior de Administración especial.
– Subgrupo A2. Pertencen a este subgrupo o corpo de xestión de Administración xeral e o corpo facultativo de grao medio de Administración especial.
- b) Grupo B. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título de técnico superior. Pertence a este grupo o corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial.
- c) Grupo C:
– Subgrupo C1. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Pertencen a este subgrupo o corpo administrativo de Administración xeral e o corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial.
- Subgrupo C2. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Pertencen a este subgrupo o corpo auxiliar de Administración xeral e o corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial.
Artigos 243 e 244 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Artigo 243:
- Os funcionarios de carreira da Administración local que non teñan habilitación de carácter nacional integraranse nas escalas de administración xeral e administración especial de cada Corporación, que quedarán agrupadas, conforme o disposto na lexislación básica do Estado sobre función pública, nos grupos que esta determine, de acordo coa titulación esixida para o seu ingreso.
- A escala de administración xeral subdivídese nas subescalas seguintes: a) Técnica. b) Xestión. c) Administrativa. d) Auxiliar. e) Subalterno.
A escala de administración especial subdivídese nas subescalas seguintes:
- a) Técnica.
- b) Servicios especiais.
Artigo 244:
Correspóndelle a cada Corporación local determina–los corpos, as escalas, as prazas e as categorías dos seus funcionarios, que se agruparán de acordo cos grupos de titulación establecidos pola lexislación básica estatal.
Para os efectos da entrada en vigor da nova clasificación profesional establecida no EBEP, a disposición transitoria terceira da propia Lei establece:
“Disposición transitoria tercera.- Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional
1.- Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto.
A respecto dos novos títulos de F.P. A Disposición Adicional Primeira da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, dispón:
“O Goberno, previa consulta coas Comunidades Autónomas , aprobará o calendario de aplicación desta Lei, que terá un ámbito temporal de cinco anos, a partir da entrada en vigor da mesma.”
Neste sentido, o artigo 18.2 Real Decreto 2/2006, de 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, dispón que “A implantación das titulacións correspondentes aos estudios de Formación Profesional e dos respectivos novos currículums comenzará no ano académico 2007/2008 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
No ámbito da Comunidade Autónoma Galega, esta previsión do EBEP xa foi recollida na Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, que define entre os corpos da Administración Especial o seguinte:
Artígo 41.3.- Son corpos de Administración especial os seguintes:
- a) O corpo facultativo superior. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuída a realización de actividades profesionais para o desempeño das cales se precise unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo superior de Administración xeral.
- b) O corpo facultativo de grao medio. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións profesionais para o desempeño das cales se requira unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo de xestión de Administración xeral.
- c) O corpo de técnicos de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións técnicas para o desempeño das cales se requira unha titulación de técnico superior.
- d) O corpo de axudantes de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións de execución, colaboración e apoio aos corpos facultativos de grao superior e medio, no exercicio da súa titulación académica ou profesión.
- e) O corpo de auxiliares de carácter técnico. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións correspondentes ao seu nivel de titulación que non teñan carácter xeral ou común.
A Disposición adicional quinta da Lei 2/2015, establece:
Equivalencia de titulacións a efectos do acceso aos corpos e escalas do persoal funcionario dos subgrupos de clasificación profesional A1, A2 y do grupo B:
- Poden acceder aos corpos e escalas de persoal funcionario do grupo de clasificación profesional B as persoas que estean en posesión da titulación de técnico especialista ou equivalente.
Para máis abondamento, a Disposición Adicional Oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, crea a Escala Técnica de delineantes, encadrada no grupo B, e declárase a extinguir a Escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo. Na Comunidade Autónoma tamén existe xa a Escala Técnica de Sistemas e Informática encadrada no grupo B. E no mesmo senso, a Disposición Adicional Novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, declarou a extinguir as escalas existentes con anterioridade:
Disposición adicional novena. Escalas e especialidades dos corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Decláranse «a extinguir» as seguintes escalas dos corpos de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia:
- a) A escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo.
- b) A escala de axentes facultativos ambientais do corpo de axudantes de carácter facultativo.
- c) A escala de axentes forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico.
Para os efectos da homologación das titulacións de Formación Profesional, compre remitirse ao artigo 10 do RD 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo.
“Artículo 10. Efectos académicos y profesionales del título de Técnico Especialista
El título de Técnico Especialista en la correspondiente especialidad tiene los mismos efectos académicos y profesionales que el título de Técnico superior, tal como se indica en el anexo III, según lo preceptuado en la disposición adicional cuarta, apartado 4, de la Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo.”
Á vista do establecido no artigo 76 da Lei 7/2007 do EBEP, sobre a clasificación no novo grupo B dos técnicos superiores de Formación Profesional e tendo en conta que o artigo 10 de RD 777/1998 de 30 de abril establece que o título de Técnico Especialista na correspondente especialidade ten os mesmos efectos académicos e profesionais que o título de Técnico Superior, establecidos na disposición adicional cuarta apartado catro da LOGSE.
Parece obvio, á vista da lexislación citada, que as condicións establecidas pola Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público,
cúmprense sobradamente, ao estar hoxe plenamente implantadas as novas titulacións ás que fai referencia a propia Lei.
3.- FUNDAMENTACIÓN DA PETICIÓN DO INFORME:
A Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultiva de Galicia, establece:
Artigo 14. Propostas e informes.
3.- Así mesmo, as persoas titulares da presidencia das entidades locais poderán solicitar do Consello Consultivo de Galicia a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Para istos efectos, entenderase que unha cuestión reviste especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia nos seguintes casos:
- a) Cando apareza referida a normas cuxa aplicación ao caso ou cuxa interpretación na súa aplicación ao mesmo resulte dubidosa.
- b) Cando trascenda do caso concreto porque presente unha cuestión xurídica de relevante e xeral repercusión económica ou social.
- c) Cuando hubiese sido resuelta por distintas administraciones públicas de Galicia con criterios jurídicos contradictorios.
Artigo 21. Sección de Estudios e Informes.
Compételle, así mesmo, a realización dos informes que a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia e as persoas titulares da presidencia das entidades locais soliciten.
No caso das entidades locais, na solicitude de informe deberá expoñerse con claridade e precisión a cuestión concreta sobre a que verse a dita solicitude e a xustificación da súa posible consideración como de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia, con invocación expresa do suposto previsto no artigo 14.3 que se considere de aplicación. A solicitude deberá ir acompañada da documentación que lle sirva de fundamento.
A xuízo deste Concello, as cuestións formuladas na presente solicitude de informe facultativo cumpren os requisitos establecidos pola Lei 3/2014 do CCG:
Por unha banda, a solicitude de ditame refírese á aplicación de normas cuxa aplicación resulta dubidosa. Para máis abondamento, agárdase que o ditame do CCG aporte claridade á pretensión de integrar aparentes contradicións entre a aplicación da normativa estatal ou autonómica.
Complementariamente, tamén consideramos que a consulta pode ter transcendencia e repercusión noutras administracións locais galegas (Concellos e Deputacións), que inclúen nos seus respectivos cadros de persoal prazas de persoal funcionario de carreira ao que se lle esixiu para o ingreso a titulación de Formación Profesional de 2º Grao ou equivalente, pendentes de clasificación definitiva no novo grupo B definido polo artigo 76 do EBEP, o que lle confire á consulta relevancia económica e social no conxunto do territorio da Comunidade Autónoma Galega.
4.- CONCRECIÓN DO DITAME SOLICITADO:
Co obxecto de resolver as dúbidas expostas, sométense a informe facultativo dese CCG, a seguinte cuestión:
Determinar si é posible legalmente que aquelas prazas abertas na Relación de Posto de Traballo ao grupo B nas especialidades nas que existen prazas no cadro de persoal para as que se esixiron para o acceso a titulación de Técnicos Especialistas, Técnicos Superiores de Formación profesional ou equivalentes, resulta axustado a dereito adscribir directamente, na nova subescala, clase e grupo, aos postos ocupados polo persoal que se axuste aos requisitos indicados, aplicando ás persoas que desempeñan os ditos postos os efectos retributivos correspondentes, con efectos da aprobación definitiva da dita modificación da RPT.
- Que no caso de ser atendida positivamente, se suspendan os procesos en marcha de promoción interna para o grupo B e se integre ao persoal que cumpra os requisitos directamente neste grupo.
A Coruña a 18 de xaneiro de 2019
SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 5081
RECURSO DE REPOSICIÓN OPE 2018
Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 28 de decembro (LIGAZÓN) publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
IV
Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.
Que descoñecemos si esta OPE esta informada polo Secretario do Concello polo que solicitamos que se nos dé traslado ou vista do dito INFORME.
Que na ampliación da OPE 2018 no proceso de estabilización aparecen encadrados no subgrupo C1 as seguintes prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS.
Que na totalidade dos postos da RPT do Concello da Coruña das prazas mencionadas teñen como requisito específico as seguintes titulacións:
- B04, B09/1, B10/1 para DELINEATES e Xefatura de DELINEACIÓN
- B08/1 para ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS
Que segundo o ANEXO I: CÓDIGOS DE TÍTULOS ACADÉMICOS das Normas de Xestión da Relación de Postos de Traballo, as titulacións que na RPT son requisito específico para Delineantes, Xefatura de Delineación e Animadores Centros Cívicos corresponden únicamente a TITULACIÓNS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL encadradas no GRUPO B.
Que o EBEP no seu artigo número 76 dí: “ Grupo B. Para o acceso aos corpos ou escalas do Grupo B exixirá estar en posesión do título de Técnico Superior.”
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito as prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A CENTROS CÍVICOS encadradas no subgrupo C1 e que éstas sexan ofertadas no grupo B.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2019
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 4995
Páxina 5 de 11