CIG Concello A Coruña
Toggle Navigation
  • ACCIÓN SINDICAL
  • NEGOCIACIÓNS
  • COMISIÓNS DE SERVIZO
  • RPT-RETRIBUCIÓNS
  • PREGUNTAS HABITUAIS
  • SAÚDE LABORAL
  • PRENSA
  • HISTÓRICO
  • AFILIATE

ACCIÓN SINDICAL

O TSXG obriga a incluír ao persoal funcionario interino e laboral temporal da Xunta na carreira profesional

  • imprimir
  • Correo electrónico

A CIG presentou a demanda tras CCOO e UGT sacrificar a este persoal nun acordo discriminatorio da Xunta de Galiza

 24 Mar 2021

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de obrigar a incluír ao persoal funcionario interino e laboral temporal da Xunta de Galiza no ámbito do sistema extraordinario da carreira profesional. A sentenza, ditada a raíz da demanda presentada pola CIG-Administración Autonómica, foi cualifica pola súa responsable nacional, Zeltia Burgos, como “demoledora”.

O Acordo de concertación asinado entre a Xunta CCOO e UGT e o seu desenvolvemento co Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional, excluía ao persoal funcionario interino e laboral temporal do dereito a solicitar e integrarse no sistema de carreira profesional e, polo tanto, de cobrar a mesma. O determinante para acceder, segundo a sentenza, non é se o posto se desempeña con carácter fixo ou temporal, senón as competencias e o desempeño do persoal.

Esta foi unha das razóns polas que a CIG non asinou este acordo que, ademais, condicionaba ao persoal laboral fixo coa obriga da funcionarización para acceder ao sistema extraordinario. “Unha chantaxe pola que tamén interpuxemos outra demanda ante o TSXG, e da que estamos pendentes do xuízo”, sinala Burgos.

Sentenza “demoledora”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda nunha sentenza “demoledora”. A responsábel nacional da CIG-Administración Autonómica entende que “con este novo golpe xudicial á Xunta, demostramos que non valen as chantaxes e que non se pode excluír ao persoal laboral temporal e funcionario interino do dereito á carreira”.

Tamén no caso do Consorcio emitiuse xa a primeira sentenza gañada recoñecendo o dereito ao persoal fixo a acceder ao sistema extraordinario de carreira profesional, algo que con esta nova sentenza do TSXG cobra máis forza.

Dos fundamentos de dereito despréndese que a aplicación do sistema extraordinario ten que abranguer con carácter universal a todo o persoal, independentemente do seu vínculo xurídico, sempre que cumpra os requisitos de ter cinco anos de antigüidade e os fixados no artigo 2 do acordo, sen que caiba discriminar por razón da existencia dun vínculo temporal ou permanente coa administración.

A sentenza non declara a nulidade da Orde, polo que todo o persoal que xa accedeu ao sistema extraordinario conserva os seus dereitos e seguirá cobrando a carreira profesional, pero si anula “... por contraria ao ordenamento xurídico, a mencionada Orde, na medida en que se exclúe ao persoal laboral temporal e aos funcionarios interinos…”, e por tanto obriga a incluír a este persoal no seu ámbito subxectivo.

Por iso Burgos afirma que “parece inconcibible que CCOO e UGT sacrificaran a este persoal nun acordo discriminatorio”.

A CIG-Administración Autonómica  exixe á Xunta de Galiza que sente a negociar a inclusión de todo o persoal no ámbito subxectivo do sistema extraordinario e que se recoñeza o dereito deste persoal con carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2019.

De paso, apunta Zeltia Burgos, “que isto serva de acicate para sacar a CCOO, UGT e á Xunta do limbo da inacción e se poña en marcha xa o sistema anticipado para o acceso ao grao II para todo o persoal, incluíndo as persoas dos subgrupos A1 e A2”.

Xunto a isto exixen que non se recorra a sentenza no Tribunal Supremo, “tendo en conta xa a clara xurisprudencia ao respecto, exposta nos propios fundamentos da sentenza”, e “que non se trate de prolongar a denegación dun dereito ao persoal que eles, CCOO e UGT excluíron”.

Nese sentido, Burgos apunta que “os nosos servizos xurídicos están a estudar as posibilidades para que se faga efectiva esta sentenza, xa sexa mediante negociación o mediante accións individuais”.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 09 Abril 2021
Visitas: 2338

COMPENSACIÓNS HORAS EXTRAORDINARIAS

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA: 

Que no día de hoxe tivemos constancia da existencia da INSTRUCCIÓN 4/2020 SOBRE SERVIZOS EXTRAORDINARIOS PRESTADOS FORA DA XORNADA NORMAL DE TRABALLO POLO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DA CORUÑA

Que nela existe un erro en canto a compensación das horas extraordinarias de unha hora e media por hora traballada e nos días festivos e en horario  nocturno de dúas horas.

Que no convenio colectivo vixente neste concello establece unha compensación de dúas horas de compensación por hora realizada fora da xornada laboral e de dúas e media cando é en festivo ou en horario nocturno

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se corrixa a INSTRUCCIÓN 4/2020 en canto as compensacións de horas extraordinarias:

  • Dúas horas por hora realizada
  • Dúas horas e media por hora realizada en día festivo ou en horario nocturno

A Coruña a  31 de marzo de 2021

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 05 Abril 2021
Visitas: 2814

SOLICITUDES MXN E NON EXCLUSIÓN POSTOS DO CONCURSO

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPÓN:

Que o pasado 15 de decembro de 2020 rexistramos (nº68551) unha solicitude para:

  • Que, tras a realización dos procedementos oportunos, se proceda a perfeccionar a Relación de Postos de Traballovixente no sentido de dotar á totalidade dos postos clasificados na Administración  Especial da titulación ou titulacións necesarias para poder exercer o seu desempeño

Que como mencionamos na exposición desta solicitude o concello acumula máis dunha sentenza neste sentido (exemplo 206/2017)

Que o 19 de xaneiro o servizo de persoal informa da resolución da Xunta de Goberno Local de 15 de xaneiro de 2021 que debido á sentenza FIRME 0000038/2020-M, exclúe da segunda fase de concurso os postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399, pola non esixencia de titulación especifica de educador social ou traballador social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.

Que na propia comunicación da resolución da XGL vincula a necesaria modificación da Relación de Postos de traballo cas sentenzas 145/19 e 25/2019,  que obrigan ao Concello da Coruña a ser dilixente na celebración e terminación dos procesos selectivos convocados para a provisión de postos de traballo (CONCURSOS).

Que a firmeza desta sentenza comunicouse o 19 de novembro de 2020 e polo tanto os prazos na tramitación dunha modificación de RPT para a súa adecuación á sentenza xa se podería ter efectivizado.

Que os postos de referencia de 1390 ao 1399 exceden amplamente os 2 anos na provisión en comisión de servizo e a decisión de excluílos do concurso entendemos que é arbitraria, porque o Concello da Coruña non recorreu a sentenza e ao noso entender tivo tempo suficiente para adaptar a RPT a unha sentenza, que é moi clara e concisa no seu fallo e porque excluir os postos que máis tempo levan en COMISIÓN DE SERVIZOS sen especificar cando se proveeran polo sistema de  CONCURSO non é actuar ca dilixencia que demandan as sentenzas contra o abuso das COMISIÓNS DE SERVIZO no Concello da Coruña.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA:

  • A non exclusión do concurso ordinario dos postos de Director/a de Unidade Técnica, integrados na Unidade Organizativa de Centros e Programas de Servizos Sociais, con números de referencia 1390 a 1399
  • A convocatoria urxente dunha Mesa Xeral de Negociación para tratar unha modificación puntual da RPT para que nos postos de 1390 ao 1399 figure o requisito de acceso a titulación especifica de educador/a social ou traballador/a social ou subsidiariamente daquelas titulacións universitarias que se puidesen considerar relacionadas co ámbito funcional dos citados postos.

A Coruña, 19 de xaneiro 2021

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 19 Xaneiro 2021
Visitas: 2536

ADECUACIÓN RPT ADM.ESPECIAL TITULACIÓNS

  • imprimir
  • Correo electrónico
Aquí tedes a solicitude para unha adecuación da RPT en canto aos postos clasificados na Administración Especial e as titulacións necesarias para exercer o seu desempeño.

Levamos tempo requirindo esta modificación para  evitar o laxa que é a nosa RPT en canto a requirimentos nalgúns postos, pois ocasiona problemas sobre todo cando hai procesos de acceso a postos, sexa por novo ingreso ou as outras formas de provisión (concurso, ads. Prov. e comisións de servizo), pois a día de hoxe non existen impedimentos para que persoal municipal que accedera nun posto de novo ingreso cunha titulación específica (enxeñeiro/a de camiños, técnico/a superior informático, veterinario/a...) poda acceder a calquera posto que sendo de Adm. Especial non especifique a titulación, incluso en postos barrados tamén á Adm. Xeral... a día de hoxe non se quixo corrixir, pois ao marxe doutros argumentos esgrimidos en distintos contenciosos administrativos contra a RPT, na capacidade de auto-organización parece que tamén hai lugar a este disparate.

Tal e como están as BASES DO CONCURSO, poden promover movementos de persoal contrarios aos intereses dun bo funcionamento da administración, isto haberá que agradecerllo as seccións sindicais asinantes (CSIF, UGT e CCOO) que tanto bombo lle deron uns días antes das EESS.

Como sabedes, no concello hai distintas sentenzas (recordamos na propia solicitude unha da CIG LIGAZÓN) que, se ven non van contra a RPT e a súa capacidade organizativa difícil de combater (disto a CIG algo sabe), veñen a corrixila en canto as titulacións requiridas para o desempeño de posto na ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

En canto a recursos contencioso administrativos, á CIG resúltanos moi curioso o comportamento de destacados membros dalgunhas organizacións sindicais, que por un lado piden o voto para un sindicato e por outro litigan contra acordos asinados polo mesmo,...que cada quen faga a súa valoración.

SOLICITUDE NÚMERO REXISTRO 68551

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

EXPÓN:

  1. Que no artigo 170do RDl 781/86 se determina que “ terán a consideración de funcionarios de administración especial os que teñan atribuído o desempeño das funcións que constitúan o abxecto peculiar dunha carreira, profesión, arte ou oficio.

  2. Que , na Relación de Postos de Traballo vixente no concello da Coruña se recollen un gran número de postos clasificados como de Administración Especial nos que non se recolle ningún tipo de titulación que xustifique a clasificación na escala de Administración 

  3. Que esta administración acumula mais dunha sentenza que declaran a nulidade  en procesos selectivos por non ter determinado a titulación especifica requirida para o seu desempeño, entre elas a número 206/2017 do Xulgado do  Contencioso Administrativo  nº 1 da Coruña, do 14 de novembro de 2017.

Polo anteriormente exposto

SOLICITA:

Que, tras a realización dos procedementos oportunos, se proceda a perfeccionar a Relación de Postos de Traballo vixente no sentido de dotar á totalidade dos postos clasificados na Administración  Especial da titulación ou titulacións necesarias para poder exercer o seu desempeño

A Coruña 15 de decembro de 2020

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 15 Decembro 2020
Visitas: 2665

TRANSPARENCIA EN MATERIA DE PERSOAL

  • imprimir
  • Correo electrónico

Aquí podedes consultar a SENTENZA do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo en canto á transparencia en materia de persoal e que asume o razoamento da Sala Social do Tribunal Supremo de 16 de decembro de 2019:

…los datos identificativos recabados sobre las personas que desempeñan el puesto de trabajo en la Administración Pública se encuentran directamente relacionados con la organización y funcionamiento de un organismo público, esto es, son datos asociados al desempeño de una labor o actividad pública de la Agencia Estatal, en el que concurre un interés público relevante y tiene como finalidad suministrar una información a la Junta de Personal que representa a quienes ocupan los puestos de trabajo. Por ende, no cabe considerar aplicable la previsión del artículo 19.3 de la Ley 19/2013, en la forma en la que lo ha interpretado la Audiencia Nacional, teniendo en consideración lo antes razonado y que la ocupación de los puestos de trabajo controvertidos está sometida a publicidad.”

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 02 Novembro 2020
Visitas: 2365

ANALISE DA E-FORMACIÓN 2020

  • imprimir
  • Correo electrónico

Mª Natividad García Teijeiro, responsable da área de Formación da sección sindical CIG deste Concello, para os efectos de notificacións Pazo de Mª Pita s/n

O pasado 1/10/2020 “.anunciouse a apertura do prazo de presentación de solicitudes de participación no Plan de e-formación continua 2020 das empregadas/os públicos do Concello da Coruña…” polo servizo de Persoal, achegando o arquivo onde consta o Plan de e-Formación continua 2020 deste Concello, formación en liña, coa relación de cursos ofertados, cronograma estimativo e os criterios de selección do persoal.

Facendo nosa a primeira liña do primeiro parágrafo do apartado “c) Criterios de selección” “ Co obxecto de garantir a transparencia do proceso…. “,

Sobre isto e outras cuestión en canto a execución deste plan de formación, esta sección sindical ten que formular as seguintes cuestións:

i)Prioridade coa que solicita a acción formativa:

- Primeira opción: 30 puntos

- Segunda opción: 25 puntos

- Terceira opción: 20 puntos

- Cuarta opción: 15 puntos

- Quinta opción: 10 puntos

  1. ii) Vinculación ao posto de traballo. Se xustifica vinculación mediante declaración

responsable ao posto de traballo a desempeñar outorgaranse 40 puntos adicionais.

iii) Non participación en accións formativas do Concello da Coruña (marcar unha soa

resposta)

o No último ano: 10 puntos.

o Nos dous últimos anos: 20 puntos

o Nos tres últimos anos: 30 puntos

Os criterios citado e que recolle a o Plan de e-formación, imos solicitar aclaracións e explicacións.

  1. Vinculación ao posto de traballo.- foi comprobada esta vinculación co traballo?
  2. A participación en acción formativas deste Concello cunha varemación : No último ano: 10 puntos; Nos dous últimos anos: 20 puntos;  Nos tres últimos anos: 30 puntos

Foi comprobada esta participación? Polo que puidemos comprobar hai bastante persoal que participou no 2018 en accións formativas deste concello e que se lles concederon varios cursos dando lugar a un agravio comparativo entre o persoal, polo que nos preguntamos, houbo comprobación?  

O desenvolvemento de TODOS os cursos son do 15/10/2020 ata o 6/11/2020, o persoal que ten máis dun curso e alguha/o ata 4 a unha media dunha 1 hora por curso estará ata 4 horas da xornada laboral facendo isto provocando unha sobrecarga de traballo para o resto do persoal, insistimos, quedaron fóra da selección. moitas compañeiras/os

Non houbo unha publicación detallada de puntos na listaxe provisional publicada, e nos preguntamos,  en que se baseou o servizo de Persoal para conceder un curso a unha compañeira/o que ten os mesmos puntos ca outro,  un entra e outro non, por que sucede isto?

Por que ao terceiro día da publicación das listaxes en Alfresco estas foron eliminadas?  Lembro que estamos a falar de transparencia.

Detectamos que incluso non se aplicaron correctamente os criterios para puntuar cada un dos apartados e ademáis as listases “que se esfumaron sigilosamente”, deberían de ter a puntuación desagregada por conceptos e non só puntuación final.

Ante o exposto

Solicitamos aclaracións a todos estas cuestións o antes posible  e se publiquen as listaxes detallando a “que e por que” se corresponde cada asignación de puntos segundo os criterios de selección establecidas polo servizo de Persoal, aplicando así a Lei de Transparecencia a todos os efectos.

 

A Coruña, 23 de outubro de 2020

Á ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 23 Outubro 2020
Visitas: 2255

CONTESTACIÓN AO RECURSO CIG POLA NON INCLUSIÓN DO POSTO 1881 NA SEGUNDA FASE DE CONCURSO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Na seguinte LIGAZÓN podedes atopar a contestación ao recurso contra a non inclusión dun posto ofertado en COMISIÓN DE SERVIZOS uns días antes da publicación da listaxe de postos ofertados na segunda fase do concurso.

Invitámosvos a que poñades atención aos argumentos esgrimidos no terceiro parágrafo da penúltima folla desta desestimación, valorade por vós mesmos o nivel de coherencia e honestidade do goberno municipal co tratamento que está a facer ca provisión de postos de traballo.

esperamos que esta información fora do voso interese.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 08 Setembro 2020
Visitas: 2904

RECURSO DE REPOSICIÓN ANEXO I CE 1/19

  • imprimir
  • Correo electrónico

 

 REXISTRADO 22/07/2020 NÚMERO REXISTRO 31557

Jose María Calatayud Sánchez con DI XXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

  1. Que o pasado día 10 de xullo publicouse no portal web municipal na sección de selección de personal, unha convocatoria para a cobertura temporal de postos entre eles o de Téc. Protec. Patrimonio Hco. de vía pública e patrimonio (referencia 1881) que é da Administración Especial  e está aberto ao subgrupo A2 e o grupo B.
  2. Que o pasado día 14 de xullo publicouse no BOP número 107, unha correción no ANEXO I, das bases de convoctoria para a provisión por concurso ordinario de postos de traballo, C.E. 1/19 no que non figura este posto.
  3. Que o goberno municipal, na defensa das bases de concurso de provisión de postos por el aprobadas e a pesar de que o propósito do C.E. 1/19 (segunda fase) é a convocatoria do grupo A, afirmou no xulgado que a segunda fase obedecía á ADMINISTRACIÓN ESPECIAL.
  4. Que este posto cumpre as dúas caracteristicas do apartado anterior, é de Administración Especial e está aberto ao grupo A.

Que contra este proceso de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e SOLICITO:

Que se teña por presentado e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución anulando a convocatoria do posto de Téc. Protec. Patrimonio Hco. de vía pública e patrimonio (referencia 1881) e que se proceda a incluir este posto no ANEXO I do concurso ordinario C.E. 1/19.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 22 Xullo 2020
Visitas: 2992

SENTENZA TSXG RPT POLICIA LOCAL

  • imprimir
  • Correo electrónico

Aquí podedes consultar a nosa interpretación da sentenza do TSXG sobre a RPT da Policía Local.

 

LIGAZÓN

 

ligazóns mencionadas na cronoloxía

  • Razóns acordo RPT 2008
  • Consencuecias económicas acordo reclasif 2009
  • Sentenza contencioso administrativo núm 3
  • Sentenza TSXG
Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 06 Xullo 2020
Visitas: 4458

SENTENZA CONTENCIOSO ADM 3 ACORDO RECLASIF PL

  • imprimir
  • Correo electrónico

LIGAZÓN

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 03 Xullo 2020
Visitas: 3924

SENTEZA TSXG RECLASIFICACIÓN PL

  • imprimir
  • Correo electrónico

LIGAZÓN

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 03 Xullo 2020
Visitas: 3929

AMPLIACION XORNADA CONSERXES DE COLEXIO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Dende a sección sindical da CIG queremos denunciar a falta de respecto que a concellaría de educación cultura e memoria historica , a Xefatura do Servizo de Educación e os responsables do Servizo de Persoal co seu concelleiro ao fronte,  mostran cara os conserxes dos colexios e aos seus representantes legais, ao impor por decreto unha ampliación da súa xornada anual no período de descanso estival.

Falamos de falta de respecto aos conserxes ao comunicarlles, vía wassap/mail, que tiñan que prolongar durante dez dias no mes de xullo a súa xornada laboral; diante do rebumbio que isto produciu os convocaron a unha asemblea, con nutrida representación municipal, na que se lles preguntou a súa opinión para despois non respectala en absoluto, ameazando con impoñerllo por Resolución de Persoal ,como así fixeron.

Falamos de falta de respecto aos Órganos de Representación por saltarse os procedementos legais, obviando as disposicións legais en materia de negociación, en concreto o apartado m) do punto 1 do artigo 37 do EBEP. Esta falta de respecto agrávase co feito de que , despois da primeira noticia do vontade de realizar esta ampliación de xornada, dende a CIG instaramos aos responsables de educación e persoal a negociar este asunto sen obter ningún tipo de resposta.

Chéganos a información de que alguén esta barallando, co visto e prace do Servizo de Persoal, de que “ os conserxes abran e pechen os colexios próximos aos seus domicilios durante este período, por acordo entre eles”.  Chapuza sobre chapuza.

Dende a CIG instamos ao Goberno Municipal a que realice unhas das seguintes opcións:

  1. Si a motivación do punto 1º da súa circular é valido e correcto que proceda a negociar, polas canles legais, a compensación deste exceso de xornada.
  2. Si a motivación do punto 1º da súa circular xa non é necesaria, que deixe sen efecto a circular.
Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 01 Xullo 2020
Visitas: 2797

ALEGACIÓNS ORZAMENTOS 2020

  • imprimir
  • Correo electrónico

Jose María Calatayud Sánchez con DIxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 13 de xaneiro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a aprobación inicial do orzamento xeral da corporación para o exercicio 2020 do Concello da Coruña.

No cadro de persoal que acompaña a este orzamento só se incrementan en 23 as prazas de administrativo do subgrupo C1. Esto supón aproximadamente un 10% das prazas de Auxiliar Administrativo subgrupo C2.

O Acordo asinado entre o anterior goberno municipal e a maioría das organizacións sindicais con representación neste concello contemplaba un mínimo do 40% das prazas de Aux Adm. Para a promoción interna ao subgrupo C1 no período 2019/2020 o que suporía un total de 82 prazas máis co que supón unha diferencia de 59 prazas menos. Esto fai que no orzamento non contemple a dotación orzamentaria necesaria para executar o acordo citado.

Tendo en conta que o RDL 2/2004  determina no art. 171 apartado b) como causa de impugnación dos orzamentos o seguinte: “Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións exixibles a la entidade local, en virtude de precepto legal o de calquera outro título lexítimo.”

SOLICITO:

Que se teñan por presentado estas alegacións contra o orzamento municipal 2020 do Concello da Coruña e non se proceda á aprobación definitiva destes, en tanto non se contemplen  un incremento mínimo de 82 prazas de administrativos C1 para cumprir o acordo citado con anterioridade.

 

A Coruña, 27 de xaneiro de 2020

 

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 27 Xaneiro 2020
Visitas: 4281

SOLICITUDE MXN URXENTE

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI XXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

EXPÓN:

Que o pasado 5 de decembro aprobouse na Xunta de Goberno Local unha modificación da RPT.

Que pola información á que tivemos acceso, o servizo de persoal preferiu desestimar unha alegación da CIG contra esta modificación de RPT e así crear unha disfunción nas normas de xestión da RPT en canto as incompatibilidades.

A maiores disto, a sección sindical da CIG, rexistrou as seguintes solicitudes sen ter ningún tipo de resposta ata o día de hoxe:

  • O 27 de setembro en relación a fase de resultas que se adaptara a listaxe de postos ofertados.
  • O 30 de setembro en relación á ocupación efectiva dos postos acadados no concurso.
  • O 4 de outubro en relación a convocatoria da segunda fase de concurso subgrupos A2 e A1.
  • O 18 de novembro sobre as rotacións nas quendas do persoal que traballa na Casa de Acollida, en canto a respectar as libranzas establecidas en anos anteriores.

Dende a CIG consideramos que existen demasiadas cuestións que deberían ser tratadas de maneira inmediata.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

A convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación de carácter URXENTE para tratar os asuntos anteriormente mencionados.

A Coruña a  12  de decembro de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 12 Decembro 2019
Visitas: 4655

MODIFICACIÓN RPT E AS NEFASTAS CONSECUENCIAS DA DESETIMACIÓN DAS ALEGACIÓNS CIG

  • imprimir
  • Correo electrónico

NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE DEC. DE 2019:

Aprobáronse unha serie de modificacións na RPT, coma o do: barrado en grupos superiores no servizo do SEIS (reivindicación histórica da CIG), unha serie de erros materiais en canto a duplicidade de FR (advertido pola CIG en mesas de negociación) e algunhas cuestións  de tramite para executar sentenzas ou corrixir erros, pero  dentro desta suposta corrección de erros inclúen...

Unha modificación das NORMAS DE XESTIÓN  que traerá como consecuencia que AS/OS CONSERXES DE COLEXIOS VEXAN REDUCIDAS AS SÚAS RETRIBUCIÓNS ENTRE 125 E 140€ MENSUAIS.

Vamos a tratar de explicalo porque non é doado de entender:

  1. Antes do 2017 dicía sobre Incompatibilidades entre retribucións.- “ Os elementos retributivos de especial dedicación (ED) e a Dispoñibilidade (DP) son incompatibles coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias.(non menciona para nada nin a JP nin a FN)”
  2. Acompañando a modificación da RPT do ano 2017 publicáronse as Normas de Xestión , que en principio non tiñan que levar cambios, con modificacións do artigo 52 de incompatibilidades retributivas: “A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si e ambas son incompatibles cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN).” Esta modificación  non se aplicou nas retribucións dos postos afectados porque só quen a enviou a publicar tiña coñecemento deste cambio. 
  3. Na proposta de texto das NORMAS DE XESTIÓN para o 2019 non só non se corrixe esta “anomalía” senón que se reitera disfrazada de corrección de erros, todo isto sen aplicala na nova RPT, onde se sigue compatibilizando a DP coa JP FN. Nesta nova redacción non se corrixe a modificación “anómala” do 2017, se non que se mantén ca inclusión da incompatibilidade cos servizos extraordinarios.
  4. Diante destes feitos a CIG fixo a seguinte ALEGACIÓN LIGAZÓN que foi desetimada...

DESESTIMACIÓN ALEGACIÓNS DA CIG

A alegación da CIG foi desestimada en base ao seguinte: Desestimar a alegación presentada en base as seguintes consideracións: as funcións e criterios que determinaron a valoración destes postos de traballo non variaron con respecto á valoración inicial que determinou as características, nivel e complemento específico deste posto; en segundo lugar, por parte dos alegante non acredítase a asunción de novas funcións ou responsabilidades que motiven esta petición, se non que se basean nunha referencia a outros  postos de traballo que non concreta e que por tanto, non ten ningún tipo de interrelación nin en canto a funcións, formación, competencia ou responsabilidades. Por tanto, non existe identidade funcional das tarefas e funcións dos postos de traballo citados, no sentido establecido na Sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo de 18/11/2003, que fixa doutrina legal: para que prospere unha reclamación desta natureza non basta coa coincidencia de denominación entre uns postos e outros, senón que é imprescindible que se acredite a identidade funcional entre someter a contraste, xa que a inclusión na relación de postos de traballo de varios postos coa mesma denominación, pero con diferente nivel de complemento de destino e contía do complemento específico, non implica necesariamente que non poida existir diferenza entre eles no que fai a algúns aspectos do seu contido funcional e ás condicións particulares que legalmente permiten o recoñecemento do complemento en cuestión.

Como podedes comprobar non ten nada que ver a motivación da desestimación, coa petición feita na alegación, nós falamos de normas de xestión e contestan sobre retribución de diferentes postos. (Pregunta: tes fame? Resposta: fai calor?).

A MAIORES DE TODO ISTO FALEMOS DOUTRA SOLICITUDE DA CIG QUE NON FOI ATENDIDA

A raíz da sentenza  dunha demanda presentada pola UGT (e que non solo non foi recorrida polo Concello se non que se allanou nos postos aceptados, estivo dacordo), na que se lle recoñecía AP1 a uns postos determinados, dende a CIG fixemos unha solicitude para que se aplicara a outros  postos cas mesmas características, porque ao noso entender cumprian os fundamentos de dereitos mencionados na sentenza. Nos informes da aprobación de modificación de RPT 2019, nin fan mención á nosa petición LIGAZÓN da que xa informamos en maio.

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Este tipo de actitudes non son novas e ten moito que ver coa desestimación sistemática das alegacións de calquera tipo presentadas por este sindicato ou traballadores/as con parecidas inquietudes. Unha vez máis mantense o esperpento porque, ao noso entender, quen ten que solucionalo mira máis a cara de quen presenta as alegacións que a sustancia destas.

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 05 Decembro 2019
Visitas: 4982

ALEGACIÓN CIG ELIMINACIÓN INCOMPATIBILIDADES DP con XP

  • imprimir
  • Correo electrónico

NÚMERO DE REXISTRO 20860/2019

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxx  e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

MANIFESTO

  • O día 12 de abril de 2019 publicouse no BOP da Coruña a aprobación inicial da modificación puntual e corrección de erros da relación de postos de traballo do Concello da Coruña e das súas normas de xestión.
  • Neste docuemento se declara incompatible o concepto retributivo de Disponibilidade(DP) coa percepción, entre outros, dos elementos retributivos de xornada partida e festivo nocturno.
  • Dende o aprobación inicial da RPT os conserxes de colexio veñen cobrando polo concepto de dispoñibilidade e por xornada partida.
  • A ampliación do número de horas anuais que implica o concepto de disponibilidade non ten relación algunha co ter que traballar en xornada partida durante todo o ano, facer incompatibles estes dous conceptos retributivos levaría a que a xornada que non se corresponde coa de disponibilidade que realicen en período de tarde quedara sen retribución algunha e debe terse en conta que a disponibilidade retribue un incremento de xornada concreto e non o xeito de prestala.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teña por presentada esta ALEGACIÓN e eliminen a incompatibilidade existente entre os conceptos retributivos de disponibilidade e xornada partida.

A Coruña a 4 de Xuño de 2019

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 05 Decembro 2019
Visitas: 4227

RECURSO DE REPOSICIÓN COBERTURA TEMPORAL POSTO A EXTINGUIR

  • imprimir
  • Correo electrónico

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

  1. Que o pasado día 26 de novembro publicouse no  portal web municipal na sección de selección de personal, unha convocatoria para a cobertura temporal dun posto de Técnico/a de Apoio a Dirección de Economía e Facenda coa referencia número 71.
  2. Que este posto foi creado coa condición de “a extinguir”, porque se crearon única e exclusivamente para darlle cobertura aos habilitados/as nacionais que foron removidos do seu posto de xefatura de servizo en cumprimento dunha sentenza xudicial.
  3. A condición de a extinguir, execútase de dúas maneiras: Por decisión organizativa da propia administración ou por devenir este posto vacante por calquera circunstancia.
  4. Cumbrir un posto vacante coa consideración de a extinguir, ainda que sexa de maneira temporal, significa, ao noso entender, que se incumple a condición imposta na RPT, xa que si este posto resulta tan necesario, sería preciso eliminar das observacións, esta consideración de a extinguir.

Que contra este proceso de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e SOLICITO:

Que se teña por presentado e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución anulando esta convocatoria e que se proceda na primeira modificación que se produza na RPT en vigor, á supresión de todas as prazas vacantes que na RPT figuren os postos a extinguir.

A Coruña, 29 de novembro de 2019

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 29 Novembro 2019
Visitas: 4341

SOLICITUDE SEGUNDA FASE CONCURSO C.E./19

  • imprimir
  • Correo electrónico

José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o 3 de outubro o servizo de persoal mediante correo masivo, comunicou unha convocatoria de cobertura temporal de 20 postos de traballo a través de comisións de servizo, 17 para o persoal do Concello da Coruña e 3 abertos a outras administracións.

Que os 6 postos barrados cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 no grupo C (subgrupo C2 e C1) teñen como forma de provisión a Libre Designación.

Que aínda está pendente a convocatoria da segunda fase de concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1.

Que convocatoria C.E./19 quedou parada na publicación do 7 de xuño de 2019, sen mediar máis publicacións ou resolucións.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que os 6 postos cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 sexan provistos con carácter definitivo polo sistema de provisión que consta na RPT, nomeadamente a LIBRE DESIGNACIÓN, xa que os trámites para unha cobertura provisional ou definitiva son os mesmos.

Que se convoque a segunda fase de concurso de provisión de postos de traballo C.E./19. que afecta as vacantes que inclúan algún dos subgrupos A2 e A1.

A Coruña a  4 de outubro de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 04 Outubro 2019
Visitas: 4305

OCUPACIÓN EFECTIVA POSTOS ACADADOS NO CONCURSO

  • imprimir
  • Correo electrónico

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o venres 27 de setembro a primeira hora o servizo de persoal, notificou por correo electrónico a aquelas persoas que acadaron un posto no concurso 1/18.

Que nesta notificación dí :

-La firma del acta de aceptación del puesto adjudicado tendrá lugar durante los días 1, 2 y 3 de octubre, aunque los efectos económicos y administrativos de la firma serán del 1 de octubre de 2019.

 

-Asimismo se informa que, para evitar distorsiones y alteraciones en el funcionamiento de los servicios y la atención a los ciudadanos, y facilitar la adaptación de los compañeros a las nuevas tareas y funciones, las incorporaciones a los nuevos puestos de trabajo se realizarán de forma progresiva cuando así se considere necesario por las Jefaturas de Servicio y/o las Direcciones de Área de los puestos de trabajo de origen, en coordinación y colaboración con las Jefaturas de Servicio y Direcciones de Area de los nuevos destinos.

Que a ocupación efectiva acadada no concurso nin pode nin debe quedar a criterio das diferentes xefaturas de servizo ou direccións de área, xa que veñen directamente marcados na lexislación vixente e tal e como recoñece o mesmo escrito do que estamos falando, os efectos económicos son do 1 de outubro.

Que retribuir ao persoal, cas cantidades determinadas para un posto que non desenvolve podría constituir un delito de malversación de caudales públicos

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se efectivicen a ocupación efectiva dos postos de traballo aos prazos legalmente establecidos.

 

 

A Coruña, 30 de setembro de 2019

 

 

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 30 Setembro 2019
Visitas: 4285

FASE RESULTAS CONVOCATORIA 1/18

  • imprimir
  • Correo electrónico

Jose María Calatayud Sánchez con DI XXXXXX e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que as bases definitivas para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/18, no seu apartado 3.4.  di “Así mesmo, o persoal funcionario que o desexen poderán solicitar, no prazo especialmente habilitado a este efecto, os postos que poidan resultar vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no Anexo I. A adxudicación dun posto en resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no Anexo I.”

Que o pasado 13 de setembro publicouse  a listaxe de postos ofertados na fase de resultas.

Que unha vez examinada a listaxe, atopamos que aparecen postos que non formaron parte dos postos ofertados inicialmente no convocatoria (exemplos, código 0059 e 1328) e que outros que resultaron vacantes logo da adxudicación de postos, non son ofertados nesta fase de resultas.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

1º) Que se cumplan as bases na súa totalidade, tanto na inclusión de postos vacantes derivados da execución da primeria fase coma a exclusión dos postos que non formaban parte do concurso inical

2º) Que se adapte á legalidade a listaxe de postos ofertados na fase de resultas e se inicie de novo o prazo de solicitudes.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA

Detalles
Escrito por CIG Concello A Coruña
Categoría: INICIO
Published: 27 Setembro 2019
Visitas: 4566

Páxina 4 de 11

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • ...
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Vostede está aquí:  
  • Home

Back to Top

© 2026 CIG Concello A Coruña