Ana Isabel Filgueiras, con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de  secretaria da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

EXPOÑEMOS

Que a INSTRUCIÓN 3/2020: PROCEDEMENTO INTERNO DE XESTIÓN DOS PROCESOS DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA

 Ten como:

Primeiro.- Obxecto

A presente circular ten por obxecto o establecemento dos supostos nos que se procederá á provisión temporal de postos de traballo no Concello da Coruña mediante comisións de servizo, adscricións provisionais (nos supostos de persoal funcionario que non estea destinado nun posto con carácter definitivo) e adscricions temporais de funcións, cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

  1. a) Existencia de prazas vacantes.
  2. b) Sustitución transitoria dos titulares con dereito a reserva do posto de traballo.

Que o pasado 10 de maio  o TSXG na sentenza SENTENCIA: 00399/2023 entre outras cousas establece que:

soamente pode conceptuarse como praza vacante, para os efectos da cobertura por comisión de servizo, aquela que non teña un titular para quen se reserve, porque nese caso está provista definitivamente e non pode ser incluída na seguinte convocatoria

Que recentemente houbo convocatorias amparadas na devandita instrución.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITAMOS

En primeiro lugar que non se volvan a convocar máis coberturas temporais sen ter en conta o concepto que establece a sentenza do TSXG 00399/2023 para praza VACANTE, asemade a anulación das convocatorias anunciadas o pasado 1 de xuño que non cumpran este concepto.

En segundo lugar que, tendo en conta a situación da tenencia da ALCALDÍA EN FUNCIÓNS e a falta dun claro responsable de persoal nun futuro próximo, non se proceda á convocatoria de máis comisións de servizo ata a formación dunha nova corporación municipal.

A Coruña a  6 de xuño de 2023

  

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA