Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o pasado día 26 de xuño publicáronse no BOP da Coruña as bases para a provisión de postos de traballo por Concurso Ordinario do concello da Coruña, convocatoria 1/2018 acompañadas dun anexo cos postos a ofertar.
Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN
FUNDAMENTOS.
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
II LEXITIMACION- Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).
III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.
IV
- Descoñecemos si estas bases estan informadas polo Secretario/a do Concello polo que solicitamos que se nos de traslado ou vista do dito INFORME.
- O apartado 5.3 das Bases da Convocatoria so permite a valoración de dous niveis por encima do nivel do posto ao que se opta, ao non ter en conta aos candidatos que superen esa marxe se lles estaría discriminando ao non ter en conta a totalidade da súa carreira profesional para os efectos do concurso
5.3 – Grao persoal consolidado. O grao persoal consolidado valorarase en relación co nivel dos postos aos que se opta ata un máximo de 4 puntos do seguinte xeito: Nivel do grao persoal consolidado en relación co do posto ao que se opta Puntos Superior en dous niveis 4,00 Superior nun nivel 3,34 Igual 2,68 Inferior nun nivel 2,02 Inferior en dous niveis 1,36.
- O apartado 5.4 das Bases da Convocatoria equipara aos Colexios Profesionais e as Administracións Públicas para os efectos de homologación de cursos de formación cando a Lei 11/2001 de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galiza no seu artigo 9, que determina as súas, funcións non lle recoñece esa competencia nesta materia, exclusivamente no apartado j) fala de organizar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos seus colexiados. Non debemos esquecer que esta mesma lei no sei artigo 3 exime de colexiarse para o exercicio das súas funcións aos profesionais ao servizo das Administracións Públicas
5.4 Cursos de formación e perfeccionamento.. Todos os cursos deberán ser impartidos por organismos oficiais ou homologados polas Administracións Públicas e Colexios Profesionais. Terán esta consideración os cursos organizados polo Concello da Coruña, os recibidos na EGAP, no INAP, Servizos de Prevención e Mutuas ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. 5.4.2 Por cada título propio (master ou outro título de especialización) directamente relacionados
- O apartado 5.4.4 da bases ao valorar calquera tipo de titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo dende o que se concurse é contraria ao recollido no artigo 44, 18 a) do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado que di que so poderán valorarse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto que se determinen nas respectivas convocatorias. Asemade, naqueles postos barrados a dous grupos de titulación, podería suceder que houbera dous candidatos, un de cada grupo de titulación, coa mesma titulación académica, a do grupo superior, que suporía un mérito a valorar só ao que concursa dende o grupo inferior, o que é manifestamente discriminatorio.
5.4.4 Titulacións académicas. Valorarase a titulación académica ou master oficial sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso no corpo desde o que se concurse e sexa de igual ou superior nivel académico
- Non saen a concurso os postos que a continuación se relacionan, todos eles cubertos nestes momentos ou en adscrición provisional ou en comisión de servizo a excepción o posto co CÓD 1895 que está vacante, o que impedira que os que estean en adscrición provisional que están obrigados a concursar non o podan facer ao posto que están desempeñando e que os que están en comisión de servizo non teñan a obriga de facelo para seguir neles ao impedir que se podan prover de xeito definitivo.
servizo |
Cod.un.orga |
Unidad Org |
Ref. Pto |
Pto. Trabajo |
grupo |
nivel |
escala |
||||||
Pr. Es. Ec. |
SH0000 |
Presup. y Est. Eco. |
98 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT3200 |
Gest. Tributos |
113-114-115 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT3200 |
Gest. Tributos |
123-125 |
Astte. Admón. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Gest. Trib. |
GT5000 |
Inf. y Reg. Franja |
159 |
Admvo. At. Tribut. |
C1 |
20 |
AG |
||||||
Emp. y Empr. |
PS2200 |
Ap. Admvo. PS |
225 |
Aux. At. Ciud. |
|
C1/C2 |
16 |
AG |
|||||
Contrat. |
CT1000 |
Contratos |
265 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
449 |
Aux. At. Ciud. |
C1/C2 |
16 |
AG |
||||||
Deportes |
DJ1100 |
Gest. Admva. DJ |
463 |
Aux. At. Ciud. |
C2 |
14 |
AG |
||||||
M. Amb. |
MA5000 |
Inspeccion MA |
1201 |
J. Unidad |
A2/C1 |
22 |
AE |
||||||
M. Amb. |
MA5000 |
Inspeccion MA |
1215 |
Of. Inspec. MA |
C2 |
14 |
AG/AE |
||||||
Int. Gral. |
IG1300 |
Ap. J. Serv. IG |
1231 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1235 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Int. Gral. |
IG1400 |
Gestion admva |
1238 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Tes. Gral. |
TG1000 |
Recaudacion |
1270-1271 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Tes. Gral. |
TG3000 |
Ap. Admvo. TG |
1305 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Educac. |
ED0000 |
Educacion |
1328 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Justicia Soc. |
SS1200 |
Gest. Admva. SS |
1430 |
Administrativo |
|
C1 |
20 |
AG |
|||||
Justicia Soc. |
SS1200 |
Gest. Admva. SS |
1432 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
Igualdad |
IG1100 |
Ap. Admvo IG |
1524 |
Aux. At. Ciud. |
|
C2 |
14 |
AG |
|||||
Rh. y Viv. |
RV0000 |
Rehab. y Vivienda |
1552 |
Astte. Admon. |
|
C1/C2 |
18 |
AG |
|||||
I. Ed. D. Urb. |
UR4300 |
Disciplina Urb. |
1610 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Mov. Urb. |
MU4000 |
Ap. Admvo. MU |
1750 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Infraest. |
IE7000 |
Vía Pub. y Patrim. |
1882 |
Engdo. Gral. V. Pub. |
C1 |
20 |
AE |
||||||
Infraest. |
IE9000 |
Delineacion IE |
1895 |
J. Delineación |
B/C1 |
20 |
AE |
||||||
Int. y At. Ciud. |
IT2210 |
Atención Ciudadana |
1949 |
J. Unidad |
|
A2/C1 |
22 |
AG |
|||||
Int. y At. Ciud. |
IT2500 |
Ap. Admvo. IT |
2077 |
Of. Admvo |
|
C1/C2 |
16 |
AG |
|||||
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito e se anulen os apartados 5.3 e 5.4.4 das bases de convocatoria, se corrixa o apartado 5.4 no que se refire aos colexios profesionais e se inclúan nesta convocatoria os postos recollidos no punto 5 deste recurso.
A Coruña, 5 de xullo de 2018
Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña