CIG-Saúde exixe á Xunta que proceda á devolución desta cantidade a todo o persoal do SERGAS e das fundacións e empresas públicas adscritas á consellaría de Sanidade
Abuín entende que ao igual que o persoal cumpre coas súas obrigas laborais a administración, neste caso a consellaría de Sanidade, non se debe comportar como “unha patronal á que temos que levar o xulgado para que faga efectivo o noso dereito a percibir as nosas retribucións”.
Unha vez gañada esta sentenza, a CIG-Saúde vai pedir a extensión da mesma a todos os afiliados e afiliadas da central sindical.
Ao igual que en Sanidade, as organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública de Galiza xa presentaron máis de 400 demandas pola vía do contencioso-administrativo relativas á paga extra do ano 2012 do funcionariado galego e demandan tamén da administración o pagamento da parte correspondente desa paga extra sen chegar á vía xudicial para evitar as custas derivadas.