O Servizo de Persoal do Concello da Coruña dificulta a cobertura de 10 vacantes de Policía Local polo sistema de CONCURSO por mobilidade.

ANO 2018

O Concello ante a inminente xubilación de máis de 40 efectivos, o 26 de decembro de 2018 aprobou de urxencia 34 novas prazas de Policía Local, das que 26 son de QUENDA LIBRE e 10 serán cubertas polo sistema de CONCURSO procedentes doutros Corpos de Policía da Comunidade Autónoma Galega atendendo aos requisitos de mobilidade da Lei coordinación de policías locais de Galicia.

Na comisión de Facenda e Administración do Concello da Coruña do 3 de abril de 2018 o Concello da Coruña decidiu delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza a competencia para as convocatorias de selección para a categoría de policía, debendo comunicar á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para que esta desenrolase os procesos.

A pesar de que tanto as prazas de QUENDA LIBRE como os de CONCURSO deberían de pasar pola AGASP, pensamos que dende o servizo de persoal municipal decidiuse unilateralmente só comunicar as da quenda libre, descoñecemos que intereses pode haber para reservar as 10 prazas do sistema de CONCURSO e querer xestionalas dende o propio servizo de persoal, sobre todo pola queixas continuadas sobre a carga de traballo que nel recae.

ANO 2019

O Concello da Coruña tiña a primeiros de ano a previsión da cantidade de xubilacións que se producirían no 2019,  porén ou non quixo ou non foi capaz de tramitar 10 vacantes de Policía Local polo sistema de CONCURSO por mobilidade que aportaría Policías xa formados e operativos dende o minuto 1. 

Ante a urxencia de efectivos na Policía Local e a pasividade demostrada polo Concello da Coruña,  o pasado 16 de abril de 2019 dende a CIG vímonos na obriga de solicitar que se nos informara dos motivos que levaron a non tramitar (ligazón) a cobertura das 10 vacantes de Policía Local reservadas ao sistema de CONCURSO por mobilidade. Tivemos constancia que a nosa solicitude provocou nese momento unha reunión de urxencia entre responsables do servizos de persoal e de asesoría xurídica para abordar este asunto, o resultado final foi a aprobación o 15 de maio dunhas bases de acceso á categoría de policía no Corpo da Policía Local  reservadas para o sistema de CONCURSO por mobilidade, estas foron publicadas no BOP o 10 de xuño, publicación que adoece de erros que impide a súa concreción inmediata. (dende o ano 2016 os requisitos para participar deben ser 3 anos de antigüidade e non de 5 como figura nas bases publicadas)

Agora a primeiros de xullo, atopámonos no medio do período vacacional, coas consecuencias que isto con leva: escaso número de efectivos tanto para a organización interna do servizo coma para as resolucións de calquera tipo de permisos para os/as Policías Locais. 

Dende a CIG queremos MANIFESTAR a nosa indignación pola  xestión realizada polo servizo de Persoal, que fixo que este asunto se demorase moito máis tempo do debido sen estar claro a día de hoxe cando se poderá levar a cabo, quizás deberíamos preguntarnos se existe algún tipo de interese dificultara cobertura das vacantes producidas no servizo da Policía Local do Concello da Coruña.