NOTA DE PRENSA
A Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña ven de ter coñecemento a través dunha resolución notificada pola Inspección de Traballo da Coruña do inicio dun expediente sancionador pola comisión dunha infracción laboral grave ao Concello da Coruña por mor do Plan de Igualdade.
A CIG, o pasado 29 de xaneiro, puxo en coñecemento da Inspección de Traballo a carencia de Plan de Igualdade no Concello da Coruña, así como a ausencia de acciones orientadas á consecución de medidas definidas polo plan de igualdade anterior.
Ao respecto do Plan de Igualdade, para a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña foi unha prioridade a elaboración do mesmo, e así foi trasladado ao actual goberno dende prácticamente o comezo do seu mandato. Durante todo este tempo, non se apreciou ninguna vontade por parte do actual goberno de iniciar medidas de negociación e elaboración dun novo plan de igualdade, polo que ante a inacción do goberno, a CIG viuse na obriga de acudir á autoridade laboral competente e poñer en coñecemento a gravidade destes feitos.
Para a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña, esta medida sancionadora ven a constatar o que xa viñamos percibindo, que é que para o actual goberno da Concello da Coruña non ten como prioridade a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Instamos á Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a que amose non xa unha conciencia feminista, que promulgou no seu discurso de investidura, senón un compromiso claro e firme no cumprimento da legalidade vixente en materia de igualdade e en materia laboral.